{"id":1162,"date":"2024-08-03T02:27:59","date_gmt":"2024-08-03T00:27:59","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1162"},"modified":"2024-12-29T10:09:26","modified_gmt":"2024-12-29T09:09:26","slug":"introducion","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/introducion\/","title":{"rendered":"INTRODUCI\u00d3N"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large destacada\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"668\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/01IntroducionGCM-668x1024.webp\" alt=\"01introduciongcm\" class=\"wp-image-359\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01IntroducionGCM-668x1024.webp 668w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01IntroducionGCM-196x300.webp 196w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01IntroducionGCM-768x1178.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01IntroducionGCM-1002x1536.webp 1002w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01IntroducionGCM-1336x2048.webp 1336w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01IntroducionGCM-scaled.webp 1670w\" sizes=\"auto, (max-width: 668px) 100vw, 668px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>A Costa da Morte constit\u00fae a rexi\u00f3n costeira m\u00e1is occidental de Galicia, que \u00e9 o mesmo que dicir a m\u00e1is occidental da pen\u00ednsula ib\u00e9rica e da Europa continental, un extenso territorio que comprende unha quinta parte da provincia da Coru\u00f1a, formado polas comarcas de Berganti\u00f1os, Terra de Soneira e Fisterra (antiga Nemancos), e os concellos de Mazaricos e Carnota. A s\u00faa denominaci\u00f3n \u00e9 relativamente recente e d\u00e9bese aos numerosos naufraxios que se produciron neste litoral a finais do s\u00e9culo XIX.<\/p>\n\n\n\n<p>Un territorio definido sobre todo pola s\u00faa extensa costa, configurada por espectaculares cant\u00eds nas zonas m\u00e1is expostas ao mar, ese mar \u201cabalante, inquedo, forte e rexo\u201d, en palabras do poeta muxi\u00e1n L\u00f3pez Abente, que alternan con extensos areais e pequenas r\u00edas. Un singular litoral no que a natureza imp\u00f3n a s\u00faa inmensa forza, dando lugar a un patrimonio de extraordinario valor<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a costa a influencia do mar penetra nas terras do interior a trav\u00e9s dos vales dos r\u00edos Anll\u00f3ns, Porto, Castro ou Xallas. \u00c1 beira destas arterias fluviais \u00e9 onde se mostra o bosque aut\u00f3ctono mellor conservado. Vales f\u00e9rtiles coas s\u00faas \u201cdoces veigas\u201d, como expresou o bardo Eduardo Pondal.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas terras m\u00e1is occidentais do gran continente euroasi\u00e1stico foron poboadas desde tempos inmemoriais, deixando os seus moradores numerosos vestixios desde o Neol\u00edtico ata os tempos actuais.<\/p>\n\n\n\n<p>Os primeiros restos que conservamos corresponden \u00e1 \u00e9poca megal\u00edtica, que se caracteriza pola construci\u00f3n de m\u00e1moas e dolmens, cunha funci\u00f3n funeraria. A continuaci\u00f3n chegar\u00e1 o per\u00edodo castrexo, no que a construci\u00f3n de poboados fortificados de forma circular, \u00e9 a s\u00faa principal singularidade. Ao longo deste territorio existen moitos destes recintos.<\/p>\n\n\n\n<p>A Costa da Morte tampouco foi allea \u00e1 romanizaci\u00f3n. Brandomil, Moraime ou Tines son emprazamentos nos que a presenza romana se mostra con maior evidencia. Da chegada do cristianismo preservamos unha das primeiras inscrici\u00f3ns sobre a relixi\u00f3n cat\u00f3lica en Galicia: a estela de Victorinus, atopada en Tines, datada a finais do s\u00e9culo IV. Nesta rexi\u00f3n non se fundaron grandes congregaci\u00f3ns relixiosas, pero houbo pequenos mosteiros. Desta presenza relixiosa conservamos un notable patrimonio.<\/p>\n\n\n\n<p>En paralelo a estes asentamentos relixiosos irase instalando no territorio unha nobreza laica. Primeiro a familia dos Traba, e logo outras como os Mari\u00f1o de Lobeira, Moscoso de Altamira, Berm\u00fadez de Castro, Rioboo ou Pardi\u00f1as. Da s\u00faa presenza mantemos magn\u00edficos edificios como o castelo de Vimianzo, as Torres do Allo, as Torres de Mens ou o pazo de Vilardefrancos. A rexi\u00f3n disp\u00f3n tam\u00e9n dunha abundante arquitectura popular na que os h\u00f3rreos, cruceiros e mu\u00ed\u00f1os, son os exemplos m\u00e1is visibles. Rico \u00e9 tam\u00e9n o patrimonio inmaterial, sobre todo as lendas, vinculadas a elementos naturais, haxiogr\u00e1ficos ou restos hist\u00f3ricos.<\/p>\n\n\n\n<p>A gastronom\u00eda supo\u00f1e outro dos grandes atractivos da Costa da Morte, ao dispo\u00f1er esta rexi\u00f3n de costa e terras de interior, a materia prima para elaborar os men\u00fas resulta m\u00e1is abundante e variada. Do mar extr\u00e1ense peixes e mariscos de \u00f3ptima calidade e da terra excelentes hortalizas, verduras e carnes, produtos, que, elaborados nunha coci\u00f1a que mant\u00e9n os sabores orixinais, dan apetecibles pratos.<\/p>\n\n\n\n<p>O que pretende esta Gu\u00eda da Costa da Morte \u00e9 descubrir e po\u00f1er en valor toda esta riqueza patrimonial facilitando o co\u00f1ecemento daqueles lugares m\u00e1is emblem\u00e1ticos do territorio, para que o potencial visitante se achegue a eles a trav\u00e9s dunha proposta de rutas.<\/p>\n\n\n\n<p>O contido da publicaci\u00f3n div\u00eddese en dous grandes apartados: un primeiro que fai referencia ao contexto desta rexi\u00f3n litoral, no que se recolle informaci\u00f3n sobre a orixe do top\u00f3nimo \u201cCosta da Morte\u201d, aspectos xeogr\u00e1ficos alusivos \u00e1 paisaxe, clima, vexetaci\u00f3n, fauna, poboaci\u00f3n e recursos econ\u00f3micos; e tam\u00e9n sobre historia, lendas e gastronom\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>E un segundo cap\u00edtulo, o m\u00e1is extenso, de rutas por toda esta ampla zona costeira tanto para realizar en veh\u00edculo como a p\u00e9. No primeiro caso prop\u00f3\u00f1ense seis rutas que percorren os 17 concellos da Costa da Morte, a trav\u00e9s das que se visitar\u00e1n todos aqueles lugares de maior interese natural, paisax\u00edstico, hist\u00f3rico ou cultural. A meirande parte delas te\u00f1en un trazado circular co cal o viaxeiro poder\u00e1 incorporarse en calquera punto do percorrido. Cada unha est\u00e1 pensada para realizar durante unha xornada e o propio turista ten a posibilidade de elixir as paradas que mellor se adapten aos seus intereses.<\/p>\n\n\n\n<p>Dentro das rutas a p\u00e9, hainas de curto e longo percorrido, unhas e outras conducen ao cami\u00f1ante a manter un contacto m\u00e1is pr\u00f3ximo e intenso co territorio, concretamente con aqueles espazos nos que a natureza e a historia acadan unha maior potencialidade. Prop\u00f3\u00f1ense 13 rutas de curto percorrido para dedicarlle unha xornada a cada unha delas e d\u00faas de longa distancia: o Cami\u00f1o dos Faros e o cami\u00f1o xacobeo de Fisterra e Mux\u00eda, para facer en varios d\u00edas.<\/p>\n\n\n\n<p>En resumo, a Gu\u00eda trata de ofertar unha informaci\u00f3n e un contacto co territorio da Costa da Morte desde distintas miradas e intereses, para que o viaxeiro, primeiro adquira un co\u00f1ecemento do espazo xeogr\u00e1fico e hist\u00f3rico que vai visitar, e logo, ofr\u00e9censelle un abano de propostas de visitas para que elixa aquelas que mellor se adapten a s\u00faa disposici\u00f3n de tempo ou expectativas persoais. Unha informaci\u00f3n sinxela e \u00fatil para que calquera visitante que escolla este destino tur\u00edstico se lle facilite confeccionar un programa de viaxe ao seu gusto.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":359,"parent":0,"menu_order":1,"template":"","pagina-padre":[75],"level-pagina":[65],"class_list":["post-1162","libro","type-libro","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","pagina-padre-introduccion-gl","level-pagina-65"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1162","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1162\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1164,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1162\/revisions\/1164"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/359"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1162"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1162"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1162"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}