{"id":1165,"date":"2024-08-02T20:27:38","date_gmt":"2024-08-02T18:27:38","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1165"},"modified":"2024-09-13T23:17:30","modified_gmt":"2024-09-13T21:17:30","slug":"orixe-do-nome-costa-da-morte","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/orixe-do-nome-costa-da-morte\/","title":{"rendered":"ORIXE DO NOME COSTA DA MORTE"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large destacada\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"668\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/02OrixeGCM-668x1024.webp\" alt=\"02orixegcm\" class=\"wp-image-365\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/02OrixeGCM-668x1024.webp 668w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/02OrixeGCM-196x300.webp 196w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/02OrixeGCM-768x1178.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/02OrixeGCM-1002x1536.webp 1002w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/02OrixeGCM-1336x2048.webp 1336w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/02OrixeGCM-scaled.webp 1670w\" sizes=\"auto, (max-width: 668px) 100vw, 668px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>O top\u00f3nimo que actualmente define a zona costeira m\u00e1is occidental de Galicia naceu a finais do s\u00e9culo XIX cando neste perigoso litoral se produciron as maiores cat\u00e1strofes mari\u00f1as nas proximidades do cabo Vil\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"591\" height=\"932\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01-Mascaron-da-proa-do-Serpent.webp\" alt=\"01 Mascaro\u0301n Da Proa Do Serpent\" class=\"wp-image-410\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01-Mascaron-da-proa-do-Serpent.webp 591w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/01-Mascaron-da-proa-do-Serpent-190x300.webp 190w\" sizes=\"auto, (max-width: 591px) 100vw, 591px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Mascaro\u0301n da proa do Serpent<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A primeira delas foi a do cargueiro ingl\u00e9s&nbsp;<strong><em>Iris Hull<\/em><\/strong>, en 1883, no denominado baixo de Ant\u00f3n, pr\u00f3ximo \u00e1 punta do Boi. Dos 38 tripulantes que \u00edan a bordo, tan s\u00f3 se salvou un deles.<\/p>\n\n\n\n<p>Sete anos despois, o 10 de novembro de 1890, o cruceiro brit\u00e1nico&nbsp;<strong><em>H.M.S. Serpent<\/em><\/strong>, procedente Plymouth, que se dirix\u00eda a Serra<strong>&nbsp;<\/strong>Leoa bateu contra a punta do Boi, ocasionando a maior das cat\u00e1strofes mari\u00f1as desta zona costeira, xa que dos 176 tripulantes que levaba, tan s\u00f3 lograron salvarse 3 deles. Este naufraxio produciu un enorme impacto en<strong>&nbsp;<\/strong>Inglaterra tanto polo n\u00famero de v\u00edtimas como polo tipo de persoas que formaban a tripulaci\u00f3n deste buque da armada brit\u00e1nica.<\/p>\n\n\n\n<p>O goberno ingl\u00e9s verteu duras cr\u00edticas contra o espa\u00f1ol daquel momento pola deficiente sinalizaci\u00f3n deste perigoso tramo litoral, pois daquela tan s\u00f3 estaba en funcionamento o faro Vil\u00e1n antigo, de cuarta orde, con escasa potencia luminosa, que deixaba unha zona escura de 21\u00ba producida polo cume do Vil\u00e1n de Terra, na que inclu\u00eda a temida punta do Boi.<\/p>\n\n\n\n<p>Tres anos despois deste tr\u00e1xico suceso, preto deste lugar, no baixo de Luc\u00edn, ao oeste do anterior sa\u00ednte, embarrancou o cargueiro brit\u00e1nico&nbsp;<strong><em>Trinacria<\/em><\/strong>, o 7 de febreiro de 1893, deixando un total de 30 v\u00edtimas, dos 37 tripulantes que levaba.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas tres traxedias ocorridas case no mesmo lugar, nun per\u00edodo de tempo de tan s\u00f3 dez anos e con m\u00e1is de 200 mortos dun mesmo pa\u00eds, causou unha grande conmoci\u00f3n a nivel social e pol\u00edtico na sociedade inglesa, pero tam\u00e9n en Galicia e no resto de Espa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>Ser\u00eda a partir desta fat\u00eddica d\u00e9cada de finais do s\u00e9culo XIX cando se comezar\u00eda a bautizar este tramo costeiro coa l\u00fagubre denominaci\u00f3n de Costa da Morte. Desco\u00f1ecemos se o novo top\u00f3nimo foi creado en territorio brit\u00e1nico ou galego.<\/p>\n\n\n\n<p>Ata o momento, a data m\u00e1is temper\u00e1 da que dispo\u00f1emos por escrito \u00e9 a do 14 de xaneiro de 1904, que aparece publicado no xornal coru\u00f1\u00e9s&nbsp;<em>El Noroeste<\/em>, nun apartado baixo o ep\u00edgrafe de \u201cSiniestros Mar\u00edtimos\u201d e que leva por titular \u201cTres buques n\u00e1ufragos\u201d e debaixo, como subt\u00edtulo \u201cLa Costa de la Muerte\u201d, a nova refer\u00edase aos naufraxios do carboeiro ingl\u00e9s&nbsp;<strong><em>Kenmore<\/em><\/strong><strong>,<\/strong>&nbsp;afundido fronte \u00e1 praia de Traba de Laxe; \u00e1 draga holandesa&nbsp;<strong><em>Rosario<\/em><\/strong>, que naufragou na enseada de Santa Mari\u00f1a e \u00e1 goleta espa\u00f1ola&nbsp;<strong><em>Francisco Rosa<\/em><\/strong>, embarrancada \u00e1 entrada do porto de Corcubi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao mes seguinte de publicarse esta noticia no peri\u00f3dico herculino produciuse o naufraxio do vapor, tam\u00e9n brit\u00e1nico,&nbsp;<strong><em>Yeoman<\/em><\/strong>, na sinistra Pedra do Porto, \u00e1 entrada da enseada de Camelle. Levaba unha tripulaci\u00f3n de 86 persoas, das que 4 perderon a vida.<\/p>\n\n\n\n<p>Os xornais que recollen esta noticia xa citan o top\u00f3nimo \u201cCosta de la Muerte\u201d, o que sup\u00f3n un uso xeneralizado do mesmo, referido sobre todo \u00e1 parte do litoral comprendida entre Camelle e cabo Vil\u00e1n. Entre os diarios que citan este nome alg\u00fans son madrile\u00f1os como&nbsp;<em>El Heraldo de Madrid<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>El Imparcial<\/em>. Neste mesmo ano tam\u00e9n xa se recolle o nome \u201cCosta Brava o de la Muerte\u201d, no proxecto de reforma do Plan Xeral de Balizamento da costa do noroeste de Espa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>En febreiro deste mesmo 1904 a escritora coru\u00f1esa Emilia Pardo Baz\u00e1n nun dos seus artigos publicados na revista barcelonesa&nbsp;<em>La Ilustraci\u00f3n Art\u00edstica<\/em>&nbsp;tam\u00e9n fai alusi\u00f3n a este nome.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cExiste en mi tierra una costa brava que recibe, en el lenguaje popular, el nombre de Costa de la Muerte\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>O bardo Eduardo Pondal \u00e9 o primeiro que escribe esta denominaci\u00f3n en galego. Faino nun dos seus poemas, do que non temos a s\u00faa dataci\u00f3n exacta, pero posiblemente se corresponda con estes primeiros anos do s\u00e9culo XX. Pondal out\u00f3rgalle unha intensa carga negativa a este top\u00f3nimo, influ\u00eddo seguramente polo ambiente tr\u00e1xico producido polas continuas cat\u00e1strofes mari\u00f1as do momento, sobre todo de barcos brit\u00e1nicos, que eran, con diferencia, os que m\u00e1is circulaban por esta nosa costa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>O fero Britano<\/em> <em>cruzando do norte,<\/em> <em>de medo tembrando, escrama de longe:<\/em> <em>\u201c\u00a1A costa do pranto,<\/em> <em>a costa da morte!\u201d.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\">Eduardo Pondal<\/p>\n\n\n\n<p>Pouco despois aparece recollido na lingua inglesa este novo termo. A primeira cita da que temos constancia \u00e9 a da viaxeira e escritora Annette Meakin, quen anotou no seu diario o nome de&nbsp;<em>Coast of Death<\/em>&nbsp;(Costa da Morte), que parece ser que lle escoitara aos mari\u00f1eiros herculinos e que deixou impreso varias veces no seu libro&nbsp;<em>Galicia, the Switzerland of Spain<\/em>, en 1909. Meakin inf\u00f3rmanos de que esta denominaci\u00f3n era xa co\u00f1ecida entre a xente do mar de Inglaterra debido aos numerosos naufraxios de barcos deste pa\u00eds nesta parte do litoral galego.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro viaxeiro e escritor que utiliza o nome da Costa da Morte na s\u00faa obra e que contribu\u00edu a espallalo na fala inglesa foi Aubrey Fitz Gerald Bell (1881-1950), xornalista, escritor e tradutor. Na s\u00faa etapa de correspondente do xornal brit\u00e1nico&nbsp;<em>Mornig Post<\/em>&nbsp;en Portugal, viaxou por Galicia e o resto de Espa\u00f1a, inclu\u00edda a Costa da Morte, que, segundo el, este litoral estend\u00edase desde Vigo ata Malpica.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cNa calma acolledora da estrada de Fisterra esqu\u00e9cese todo o referente \u00e1 Costa da Morte, que \u00e9 o nome que se lle d\u00e1 \u00e1 costa galega desde Vigo ata Malpica e as illas Sisargas\u201d. (Aubrey F. G. Bell, 1922).<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"591\" height=\"825\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/1bis.Portada-da-novela-Costa-de-la-Muerte-de-Jose-Mas-1928.webp\" alt=\"1bis.portada Da Novela Costa De La Muerte De Jose\u0301 Ma\u0301s (1928)\" class=\"wp-image-413\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/1bis.Portada-da-novela-Costa-de-la-Muerte-de-Jose-Mas-1928.webp 591w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/1bis.Portada-da-novela-Costa-de-la-Muerte-de-Jose-Mas-1928-215x300.webp 215w\" sizes=\"auto, (max-width: 591px) 100vw, 591px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Portada da novela Costa de la Muerte de Jose\u0301 Ma\u0301s (1928)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n axudou a dar a co\u00f1ecer a&nbsp;denominaci\u00f3n&nbsp;Costa da Morte o escritor andaluz Jos\u00e9 Mas, autor da novela que precisamente levaba por t\u00edtulo&nbsp;<em>La Costa de la Muerte,<\/em>&nbsp;en 1928, cuxa acci\u00f3n se desenvolve sobre todo no porto de Malpica, con incursi\u00f3ns a outros lugares deste&nbsp;litoral, como Corme, Laxe, Camari\u00f1as, Mux\u00eda ou Fisterra.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao contrario doutros escritores, Mas, val\u00e9ndose dun dos seus personaxes, Adri\u00e1n, trata de desmentir as distintas lendas negativas que se crearon sobre a Costa da Morte, como que os seus habitantes provocaban os naufraxios ou que eran insolidarios ante as cat\u00e1strofes mari\u00f1as, atribu\u00edndo estes accidentes a fen\u00f3menos atmosf\u00e9ricos naturais, como os frecuentes temporais do inverno ou aos fortes ventos que afectan a este litoral, e tam\u00e9n \u00e1 deficiencia de sistemas de sinalizaci\u00f3n, como os faros, ou aos fallos humanos.<\/p>\n\n\n\n<p>Como contraposici\u00f3n a esa visi\u00f3n t\u00e9trica que transmit\u00eda este top\u00f3nimo, el propo\u00f1\u00eda a denominaci\u00f3n de Costa da Vida, termo positivo ao que se sumaron moitos outros autores, como Eugenio Carr\u00e9 Aldao, Francisco Ram\u00f3n y Ballesteros ou Jos\u00e9 Ba\u00f1a Heim.<\/p>\n\n\n\n<p>Non obstante, a denominaci\u00f3n que vai triunfar ser\u00e1 de Costa da Morte, sobre todo cando a partir do \u00faltimo terzo do s\u00e9culo XX comezan a editarse publicaci\u00f3ns nas que aparece ese termo e a zona se converte nun gran reclamo tur\u00edstico debido aos seus atractivos recursos naturais, hist\u00f3ricos, culturais ou gastron\u00f3micos.<\/p>\n\n\n\n<p>A carga negativa que nun principio conti\u00f1a este nome transformouse nun atractivo m\u00e1is, aport\u00e1ndolle un car\u00e1cter misterioso, lendario e singular, que, unido aos demais potenciais, converter\u00e1 esta Fisterra europea nun dos lugares m\u00e1is visitados de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":365,"parent":0,"menu_order":1,"template":"","pagina-padre":[77],"level-pagina":[65],"class_list":["post-1165","libro","type-libro","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","pagina-padre-orixe-do-nome-costa-da-morte","level-pagina-65"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1165","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1165\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1169,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1165\/revisions\/1169"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/365"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1165"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1165"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1165"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}