{"id":1181,"date":"2024-09-07T20:27:38","date_gmt":"2024-09-07T18:27:38","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1181"},"modified":"2024-11-21T18:58:35","modified_gmt":"2024-11-21T17:58:35","slug":"clima-duplicar","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/clima-duplicar\/","title":{"rendered":"Clima"},"content":{"rendered":"\n<p>As condici\u00f3ns clim\u00e1ticas da Costa da Morte sem\u00e9llanse moito \u00e1s do resto da fachada atl\u00e1ntica galega, que participa dun clima atl\u00e1ntico, pero a s\u00faa situaci\u00f3n m\u00e1is occidental matiza as s\u00faas caracter\u00edsticas con respecto \u00e1s zonas lim\u00edtrofes do norte e do sur, m\u00e1is protexidas dos ventos oce\u00e1nicos e dos temporais de inverno.<\/p>\n\n\n\n<p>Dentro da propia rexi\u00f3n costeira tam\u00e9n se producen certas variaci\u00f3ns entre as terras do litoral e do interior, e tam\u00e9n as situadas m\u00e1is ao norte ou ao sur. Todo este amplo territorio que comprende a Costa da Morte est\u00e1 inclu\u00eddo dentro dos dominios clim\u00e1ticos denominados&nbsp;<strong>oce\u00e1nico h\u00famido<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>oce\u00e1nico hiperh\u00famido<\/strong>, que se caracterizan por temperaturas suaves, baixa oscilaci\u00f3n t\u00e9rmica e abondosas precipitaci\u00f3ns. No caso do hiperh\u00famido, no que se incl\u00faen as terras situadas m\u00e1is ao sur, as chuvias a\u00ednda son m\u00e1is frecuentes.<\/p>\n\n\n\n<p>As temperaturas medias mensuais durante o inverno non baixan do 6\u00ba e no ver\u00e1n apenas superan os 20\u00ba. Os meses m\u00e1is fr\u00edos son os de xaneiro e febreiro, cunhas temperaturas medias entre os 7\u00ba e os 10\u00ba, que van descendendo \u00e1 medida que nos afastamos do litoral.<\/p>\n\n\n\n<p>Na beiramar apenas hai xeadas, pero si que se producen nas zonas onde a influencia do mar \u00e9 escasa e a altitude aumenta. Nestes lugares as xeadas prol\u00f3nganse de novembro a marzo ou abril, tal como sucede na meseta do Xallas e zonas m\u00e1is altas de Berganti\u00f1os e Soneira.<\/p>\n\n\n\n<p>Os ver\u00e1ns son agradables porque a temperatura media mantense en torno aos 20\u00ba en terras do interior e no litoral non baixa dos 18\u00ba. Agosto \u00e9 o mes m\u00e1is c\u00e1lido. A influencia oce\u00e1nica, que se introduce no territorio a trav\u00e9s dos vales da rede hidrogr\u00e1fica, fai que a oscilaci\u00f3n t\u00e9rmica sexa baixa e apenas supere os 10\u00ba entre a media m\u00e1is baixa e a m\u00e1is elevada. Esta oscilaci\u00f3n vai aumentando desde a costa \u00e1s terras m\u00e1is interiores. Tam\u00e9n se percibe unha lixeira elevaci\u00f3n t\u00e9rmica de norte a sur, sobre todo a partir do cabo Fisterra cara a abaixo.<\/p>\n\n\n\n<p>As precipitaci\u00f3ns en forma de chuvia son abondosas, non obstante, a neve moi excepcionalmente fai acto de presenza. En todos os lugares do territorio non baixan dos 1000 mm anuais. Na metade das estaci\u00f3ns meteorol\u00f3xicas da zona superan os 1500 mm e nalg\u00fans sitios chegan aos 2000 mm.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas precipitaci\u00f3ns, polo xeral, aumentan do oc\u00e9ano cara ao interior, dado que as frontes h\u00famidas procedentes do mar ao bater coas primeiras elevaci\u00f3ns do terreo descargan parte desa humidade. As\u00ed en zonas da comarca do Xallas as precipitaci\u00f3ns superan os 1800 mm, tam\u00e9n noutras do interior de Vimianzo. Non obstante, no sector norte da Costa da Morte as chuvias son menos abundantes. O per\u00edodo m\u00e1is chuvioso vai de novembro a marzo, a\u00ednda que os meses da primavera adoitan ser tam\u00e9n h\u00famidos. Todas estas precipitaci\u00f3ns caen de xeito moderado ou suave ao longo do ano.<\/p>\n\n\n\n<p>O tempo m\u00e1is inestable e cambiante d\u00e1se nos meses de primavera e outono, como consecuencia do desprazamento do anticicl\u00f3n das Azores, cara ao norte durante a primavera e en direcci\u00f3n contraria, no outono. Esta retirada do anticicl\u00f3n cara ao sur permite a entrada de sistemas frontais do oeste ou suroeste, o que fai que as precipitaci\u00f3ns vaian en aumento, intensific\u00e1ndose m\u00e1is nos \u00faltimos meses do outono e no inverno, momento no que o anticicl\u00f3n se atopa na posici\u00f3n m\u00e1is meridional.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante o ver\u00e1n o tempo m\u00e1is estable d\u00e1se cando o anticicl\u00f3n das Azores se sit\u00faa na posici\u00f3n m\u00e1is ao norte e impide a entrada de borrascas, ocasionando un tempo caloroso e seco, a\u00ednda que na Costa da Morte este tempo v\u00e9n acompa\u00f1ado do vento fresco do nord\u00e9s, que sopra entre as illas Sisargas e Fisterra, e modera a sensaci\u00f3n de calor. Mais durante a estaci\u00f3n estival nesta zona tam\u00e9n nos podemos atopar con d\u00edas anubrados e chuviosos, sobre todo cando o anticicl\u00f3n se afasta cara ao oeste e permite a entrada de perturbaci\u00f3ns do Atl\u00e1ntico norte, ocasionando precipitaci\u00f3ns e baixada de temperaturas, principalmente no litoral.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos \u00faltimos anos estase a percibir unha modificaci\u00f3n nas condici\u00f3ns meteorol\u00f3xicas desta nosa rexi\u00f3n costeira, que se manifestan nunha menor pluviosidade, que se concentra en menor n\u00famero de d\u00edas e cae de forma m\u00e1is intensa, tam\u00e9n nunha prolongaci\u00f3n do tempo de ver\u00e1n cara aos comezos do outono e uns invernos m\u00e1is curtos, m\u00e1is secos e menos rigorosos, como consecuencia do cambio clim\u00e1tico que estamos a sufrir.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/19.-Bosque-de-ribeira-no-curso-medio-do-rio-do-Porto-1024x768.webp\" alt=\"19. Bosque De Ribeira No Curso Medio Do Ri\u0301o Do Porto\" class=\"wp-image-401\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/19.-Bosque-de-ribeira-no-curso-medio-do-rio-do-Porto-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/19.-Bosque-de-ribeira-no-curso-medio-do-rio-do-Porto-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/19.-Bosque-de-ribeira-no-curso-medio-do-rio-do-Porto-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/19.-Bosque-de-ribeira-no-curso-medio-do-rio-do-Porto.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Bosque de ribeira no curso medio do ri\u0301o do Porto<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":7,"template":"","pagina-padre":[71],"level-pagina":[66],"class_list":["post-1181","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-contexto-xeografico","level-pagina-66"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1181","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1181\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1254,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1181\/revisions\/1254"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1181"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1181"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1181"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}