{"id":1182,"date":"2024-09-07T20:27:38","date_gmt":"2024-09-07T18:27:38","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1182"},"modified":"2024-11-21T18:59:04","modified_gmt":"2024-11-21T17:59:04","slug":"vexetacion-e-fauna","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vexetacion-e-fauna\/","title":{"rendered":"Vexetaci\u00f3n e fauna"},"content":{"rendered":"\n<p>Pola s\u00faa situaci\u00f3n \u00e1 beira do oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico e na parte intermedia de Galicia, A Costa da Morte est\u00e1 inclu\u00edda na rexi\u00f3n floral Eurosiberiana, que se estende polo centro e norte do continente europeo e que determina o tipo de vexetaci\u00f3n, pero esta tam\u00e9n est\u00e1 influ\u00edda por outros factores propios desta nosa rexi\u00f3n occidental, como o seu clima atl\u00e1ntico e o tipo de solo, neste caso maioritariamente \u00e1cido.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>carballeira<\/strong>&nbsp;constit\u00fae o bosque aut\u00f3ctono por excelencia de toda a rexi\u00f3n, pero a intensa acci\u00f3n humana sobre o territorio ao longo de moitos anos provocou que esa formaci\u00f3n natural practicamente desaparecese, limit\u00e1ndose a reducidas presenzas nas beiras dos r\u00edos, e xunto con outras especies arb\u00f3reas, como ameneiros, freixos, salgueiros, bidueiros, abeleiras, loureiros ou espi\u00f1os, formen o denominado&nbsp;<strong>bosque de ribeira<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>O espazo que antigamente ocupaba a carballeira foi substitu\u00eddo primeiro por toxeiras e queirugais, e m\u00e1is tarde, por especies de repoboaci\u00f3n forestal, como os pi\u00f1eiros e os eucaliptos, que actualmente cobren a maior\u00eda da superficie dos nosos montes, chegando a invadir as terras de cultivo. Pero ademais desta paisaxe arb\u00f3rea dominante, cando percorremos A Costa da Morte, percibimos tam\u00e9n outros espazos paisax\u00edsticos diferentes situados na zona costeira ou nas terras do interior.<\/p>\n\n\n\n<p>Polo que se refire \u00e1 costa, ao longo do amplo litoral que comprende esta rexi\u00f3n, atop\u00e1monos con interesantes espazos naturais que dispo\u00f1en dunha flora e fauna espec\u00edfica e forman unha paisaxe singular.<\/p>\n\n\n\n<p>Existen extensos areais con dunas, marismas, e incluso alg\u00fans con lagoas costeiras, nos que a diversidade de flora e fauna \u00e9 moi notable, como ocorre en&nbsp;<strong>Razo e Baldaio<\/strong>, no concello de Carballo, un interesante espazo natural con ecosistemas diferentes: a praia, as dunas, a marisma e a lagoa. Nel destaca sobre todo a s\u00faa riqueza ornitol\u00f3xica, formada especialmente por aves asociadas a ambientes acu\u00e1ticos. Entre as especies m\u00e1is co\u00f1ecidas e que corren un maior perigo est\u00e1 a p\u00edllara das dunas (<em>Charadrius alexandrinus<\/em>) por ani\u00f1ar sobre as propias formaci\u00f3ns areentas.<\/p>\n\n\n\n<p>O seguinte espazo natural que disp\u00f3n dun extenso areal e lagoa costeira \u00e9 o&nbsp;<strong>da praia de Traba de Laxe<\/strong>, unha \u00e1rea tam\u00e9n afundida con respecto aos montes circundantes, os co\u00f1ecidos&nbsp;<strong>Penedos de Pasarela e Traba<\/strong>, declarados Paisaxe Natural desde o ano 2009, polo seu gran interese xeol\u00f3xico e paisax\u00edstico.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste medio natural costeiro, difer\u00e9ncianse dous ecosistemas: a praia, xunto coas dunas e a lagoa litoral. Cada un deles coa s\u00faa fauna espec\u00edfica. Entre as s\u00faas especies vexetais hai citas da presenza da&nbsp;<em>Centaurea corcubionensis<\/em>, un endemismo desta nosa costa.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/20.-Pillara-das-dunas-Charadrius-alexandrinus-Grupo-Habitat-1024x768.webp\" alt=\"20. Pi\u0301llara Das Dunas (charadrius Alexandrinus) (grupo Ha\u0301bitat)\" class=\"wp-image-400\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/20.-Pillara-das-dunas-Charadrius-alexandrinus-Grupo-Habitat-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/20.-Pillara-das-dunas-Charadrius-alexandrinus-Grupo-Habitat-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/20.-Pillara-das-dunas-Charadrius-alexandrinus-Grupo-Habitat-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/20.-Pillara-das-dunas-Charadrius-alexandrinus-Grupo-Habitat.webp 1200w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Pi\u0301llara das dunas (Charadrius alexandrinus) (Grupo Ha\u0301bitat)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O \u00faltimo gran espazo areento \u00e9 a extensa&nbsp;<strong>praia de Carnot<\/strong>a, coas dunas e marismas asociadas. Tr\u00e1tase do areal m\u00e1is longo de Galicia, que acada case os 7 km de lonxitude. Unha praia de area fina e branca polos grans de seixo&nbsp;procedentes da erosi\u00f3n do granito e das cunchas. A diversidade de flora e fauna de todo o conxunto conv\u00e9rteo tam\u00e9n nun lugar de gran interese natural.<\/p>\n\n\n\n<p>Alternando con estes extensos areais atop\u00e1monos con amplos tramos de&nbsp;<strong>costa acantilada<\/strong>&nbsp;sobre todo nas contornas das pen\u00ednsulas ou promontorios que forman as puntas e cabos, nos que o vento sopra con forza e o mar rompe intensamente contra as rochas.<\/p>\n\n\n\n<p>A vexetaci\u00f3n arb\u00f3rea nestas zonas costeiras desaparece polas duras condici\u00f3ns ambientais que se dan, no seu lugar formouse un monte raso constitu\u00eddo por toxos e queiroas como ocorre na costa acantilada entre Razo e Malpica, no cabo de Santo Adri\u00e1n e illas Sisargas, na pen\u00ednsula do Roncudo, no tramo costeiro de Camelle ao cabo Vil\u00e1n, nas pen\u00ednsulas que forman as puntas da Bu\u00edtra e o cabo Touri\u00f1\u00e1n e no cabo A Nave e cabo Fisterra.<\/p>\n\n\n\n<p>O terceiro e \u00faltimo grupo de espazos costeiros de interese natural sit\u00faase nos esteiros dos r\u00edos m\u00e1is importantes: Anll\u00f3ns, Porto, Castro e Xallas e as r\u00edas nas que desembocan, zonas m\u00e1is protexidas con respecto ao resto da costa e con grande variedade de flora e fauna.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>esteiro do r\u00edo Anll\u00f3ns<\/strong>, denominado tam\u00e9n enseada da Insua, comprende o \u00faltimo tramo do r\u00edo berganti\u00f1\u00e1n que se estende desde a ponte de Ponteceso ata a Barra. Tr\u00e1tase dun amplo espazo natural pechado por unha barra ou frecha areenta, na que se formou unha duna, que, debido aos ventos que sopran, cubriu de area a ladeira sur do monte Branco. Tanto a zona de limos como as marismas que a circundan acollen unha rica e variada vexetaci\u00f3n e fauna propias destes ecosistemas. Destaca a gran riqueza de aves acu\u00e1ticas que te\u00f1en aqu\u00ed o seu h\u00e1bitat permanente ou temporal, catalogadas polo co\u00f1ecido ornit\u00f3logo Jos\u00e9 Luis Rabu\u00f1al Pati\u00f1o, durante as numerosas visitas que leva realizado a este lugar<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"769\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/21.-Ultimo-tramo-do-esteiro-do-rio-Anllons-1024x769.webp\" alt=\"21. U\u0301ltimo Tramo Do Esteiro Do Ri\u0301o Anllo\u0301ns\" class=\"wp-image-388\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/21.-Ultimo-tramo-do-esteiro-do-rio-Anllons-1024x769.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/21.-Ultimo-tramo-do-esteiro-do-rio-Anllons-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/21.-Ultimo-tramo-do-esteiro-do-rio-Anllons-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/21.-Ultimo-tramo-do-esteiro-do-rio-Anllons.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>U\u0301ltimo tramo do esteiro do ri\u0301o Anllo\u0301ns<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>esteiro do r\u00edo do Porto<\/strong>&nbsp;comeza a partir da ponte de Ponte do Porto onde o r\u00edo ampl\u00eda a s\u00faa canle. A partir da Baixa de Dor as augas corren m\u00e1is remansadas e f\u00f3rmanse pequenas illas nas que ani\u00f1an algunhas das aves acu\u00e1ticas que hai na contorna.<\/p>\n\n\n\n<p>No seu tramo final, as marxes do r\u00edo v\u00f3lvense areentas e forman as praias do Ari\u00f1o, na banda de Xavi\u00f1a e a de Area Grande, na de Leis. A vantaxe deste esteiro consiste en que a partir de Cereixo e ata o seu remate na r\u00eda de Camari\u00f1as, as s\u00faas beiras est\u00e1n cubertas de vexetaci\u00f3n, sen a existencia de ning\u00fan tipo de construci\u00f3n, polo que a intervenci\u00f3n antr\u00f3pica \u00e9 escasa, convert\u00e9ndoo nun lugar moi tranquilo para a fauna que habita nel.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>r\u00edo Castro<\/strong>&nbsp;forma un esteiro moi reducido na s\u00faa desembocadura e foi modificado pola construci\u00f3n da piscifactor\u00eda de troita&nbsp;<em>Tres Mares<\/em>, instalada aqu\u00ed desde 1969. Este espazo prol\u00f3ngase a trav\u00e9s da desembocadura do r\u00edo de Lires e forma un lugar de gran concentraci\u00f3n de aves, no que \u00e9 doado observar especies diversas.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>r\u00edo Xallas<\/strong>, que desemboca formando unha gran fervenza, ten un esteiro de reducidas dimensi\u00f3ns, situado ao p\u00e9 do inmenso monte Pindo, antes de conflu\u00edr coas augas da r\u00eda de Corcubi\u00f3n. A marxe dereita do esteiro est\u00e1 moi transformada pola construci\u00f3n das instalaci\u00f3ns da central hidroel\u00e9ctrica e polas casas do \u00c9zaro que se levantaron \u00e1 s\u00faa beira, esta intervenci\u00f3n humana condicionou a vida da fauna que aqu\u00ed habita. O maior atractivo natural deste lugar \u00e9 o singular enclave gran\u00edtico que o rodea e a impresionante fervenza que forma o r\u00edo Xallas.<\/p>\n\n\n\n<p>Todos estes espazos naturais descritos anteriormente te\u00f1en as s\u00faas medidas de protecci\u00f3n desde hai uns anos, polo que deber\u00e1n ser coidados e respectados para que non sufran ning\u00fan tipo de alteraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A parte costeira desta rexi\u00f3n est\u00e1 inclu\u00edda dentro da Rede Natura 2000 a trav\u00e9s da ZEC (Zona Especial de Conservaci\u00f3n) Costa da Morte, que comprende a parte do litoral que se estende desde Sab\u00f3n (Arteixo) ata Fisterra sobre unha superficie de 11809 ha e da ZEC Carnota \u2013 Monte Pindo, que comprende o \u00faltimo tramo do r\u00edo Xallas, o monte Pindo, a praia e marismas de Carnota e as illas Lobeiras, cunha superficie de 4628 ha.<\/p>\n\n\n\n<p>A grande riqueza ornitol\u00f3xica que hai nalg\u00fans destes espazos costeiros fixo que tam\u00e9n a estes se lle aplicara a protecci\u00f3n ZEPA (Zona Especial Protecci\u00f3n para Aves) Costa da Morte, que comprende unha superficie de 7962 ha.<\/p>\n\n\n\n<p>Con respecto \u00e1s zonas de interese natural situadas no interior da Costa da Morte, as medidas de protecci\u00f3n corresponden \u00e1 ZEC r\u00edo Anll\u00f3ns, dentro da Rede Natura 2000, que abarca a maior parte do curso principal deste r\u00edo e do seu afluente o Rosende, que se estende sobre unha superficie de 162 ha e \u00e1 Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, sobre unha superficie de 212 ha, dentro dos concellos de Vimianzo e Laxe.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":8,"template":"","pagina-padre":[71],"level-pagina":[66],"class_list":["post-1182","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-contexto-xeografico","level-pagina-66"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1182","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1182\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1203,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1182\/revisions\/1203"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1182"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1182"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1182"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}