{"id":1184,"date":"2024-09-07T20:27:38","date_gmt":"2024-09-07T18:27:38","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1184"},"modified":"2024-11-21T19:00:00","modified_gmt":"2024-11-21T18:00:00","slug":"recursos-economico","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/recursos-economico\/","title":{"rendered":"Recursos econ\u00f3mico"},"content":{"rendered":"\n<p>A Costa da Morte presenta boas perspectivas para un desenvolvemento econ\u00f3mico equilibrado tanto polas posibilidades do seu medio natural para exercer todo tipo de actividades como pola potencialidade dos recursos que se poden extraer da terra e do mar.<\/p>\n\n\n\n<p>O feito de que sexa unha rexi\u00f3n pouco desenvolvida economicamente e cunha baixa creaci\u00f3n de emprego d\u00e9bese sobre todo a unha serie de causas que condicionaron un escaso aproveitamento dos seus recursos.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa situaci\u00f3n no extremo m\u00e1is occidental da pen\u00ednsula ib\u00e9rica, e polo tanto tam\u00e9n da Europa continental, levou a este territorio a un illamento permanente e a unha falta de v\u00edas de comunicaci\u00f3n&nbsp;que retrasou moito a chegada de iniciativas de progreso. Non existe ning\u00fan outro territorio en Galicia coa superficie desta rexi\u00f3n de case 2000 km<sup>2<\/sup>&nbsp;que non estivese atravesada por unha v\u00eda ferroviaria. Houbo un intento de trazar unha desde A Coru\u00f1a a Corcubi\u00f3n, \u00e1 que se denominou \u201cdas tres ces\u201d (polos tres n\u00facleos que un\u00eda: Coru\u00f1a, Carballo e Corcubi\u00f3n) ou \u201ctren da riqueza\u201d, polo progreso e prosperidade que traer\u00eda para esta nosa rexi\u00f3n. A pesar de varios intentos nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo pasado para que este proxecto fose adiante por parte de concellos e personalidades destacadas da pol\u00edtica e econom\u00eda local, non se deu logrado. No caso de dispo\u00f1er desta v\u00eda f\u00e9rrea as condici\u00f3ns de desenvolvemento do territorio ser\u00edan moi distintas.<\/p>\n\n\n\n<p>A Costa da Morte tam\u00e9n se quedou marxinada no trazado de estradas proxectadas nos s\u00e9culos XIX e XX, pois tampouco cruza o seu espazo ningunha estrada nacional. A m\u00e1is importante v\u00eda deste tipo foi a comarcal AC-552 da Coru\u00f1a a Fisterra, constru\u00edda con moita lentitude na segunda metade do s\u00e9culo XIX. A mellora desta v\u00eda que se acometeu nas \u00faltimas d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX tam\u00e9n se fixo con retraso.<\/p>\n\n\n\n<p>A primeira autoestrada en cruzar este territorio foi a AG-55 de Coru\u00f1a a Carballo, nos anos noventa, case toda ela constru\u00edda con recursos p\u00fablicos, sen embargo acabou sendo de peaxe directo, o que supuxo un atranco m\u00e1is para ese desenvolvemento. A prolongaci\u00f3n desta autoestrada entre Carballo e Baio, a\u00ednda se inaugurou en 2016 cunha peaxe encuberta, pero necesitar\u00eda unha prolongaci\u00f3n ata Cee, que xa deber\u00eda estar rematada.<\/p>\n\n\n\n<p>A conexi\u00f3n coa cidade de Santiago por estrada a\u00ednda presenta peores condici\u00f3ns, sobre todo co centro e norte da Costa da Morte, desde Baio ou Carballo. Estes dous n\u00facleos ter\u00edan que estar comunicados con esa cidade con mellores estradas, que conectaran coa autov\u00eda AG-56 de Santiago-Noia.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas limitaci\u00f3ns nas v\u00edas de comunicaci\u00f3n, xunto co abandono por parte das administraci\u00f3ns que durante moitos anos mantiveron con esta zona, explica en boa parte o baixo desenvolvemento econ\u00f3mico desta rexi\u00f3n, feito que obrigou a s\u00faa a poboaci\u00f3n a emprender o cami\u00f1o da emigraci\u00f3n desde \u00e9pocas moi antigas, un problema end\u00e9mico desta terra e que a\u00ednda se mant\u00e9n nos tempos actuais.<\/p>\n\n\n\n<p>A econom\u00eda da Costa da Morte en tempos pasados estaba baseada no sector primario, na agricultura, na gander\u00eda e na pesca. A explotaci\u00f3n destes recursos de xeito tradicional prolongouse ata moi tarde, o que motivou que a evoluci\u00f3n cara a unha econom\u00eda moderna se realizase con moito retraso e sen unha planificaci\u00f3n ordenada.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta evoluci\u00f3n ou modernizaci\u00f3n, no caso do sector agr\u00edcola e gandeiro, orientouse cara a unha gander\u00eda bovina intensiva dedicada \u00e1 produci\u00f3n de leite, que apenas creou novos postos de traballo. As\u00ed a maior parte das terras de cultivo foron ocupadas con plantas forraxeiras para alimentar esa nova cabana gandeira. Sen embargo, non se apostou por desenvolver unha agricultura moderna que poder\u00eda ser rendible de cara ao mercado, practicada sobre todo naquelas terras m\u00e1is f\u00e9rtiles, que producisen produtos como trigo, fabas, patacas, verduras e hortalizas ou alg\u00fan tipo de froitas que se adaptasen ben a este clima e tipo de solos. Para isto ser\u00eda necesario ampliar a extensi\u00f3n das parcelas de cultivo para que fosen rendibles, a trav\u00e9s da creaci\u00f3n de cooperativas que se especializasen na produci\u00f3n e comercializaci\u00f3n dalg\u00fans deses produtos. Tam\u00e9n re\u00fane boas condici\u00f3ns este territorio para a pr\u00e1ctica dunha agricultura de produtos ecol\u00f3xicos, cada vez m\u00e1is demandados por unha parte dos consumidores m\u00e1is concienciados cara a unha alimentaci\u00f3n m\u00e1is saudable.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/24.-As-explotacions-gandeiras-son-abundantes-no-interior-da-Costa-da-Morte-1024x686.webp\" alt=\"24. As Explotacio\u0301ns Gandeiras Son Abundantes No Interior Da Costa Da Morte\" class=\"wp-image-393\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/24.-As-explotacions-gandeiras-son-abundantes-no-interior-da-Costa-da-Morte-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/24.-As-explotacions-gandeiras-son-abundantes-no-interior-da-Costa-da-Morte-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/24.-As-explotacions-gandeiras-son-abundantes-no-interior-da-Costa-da-Morte-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/24.-As-explotacions-gandeiras-son-abundantes-no-interior-da-Costa-da-Morte.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>As explotacio\u0301ns gandeiras son abundantes no interior da Costa da Morte<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Todos aqueles traballadores que abandonaron a agricultura tradicional, por ser pouco rendible e non se incorporaron a esas explotaci\u00f3ns gandeiras, reconvert\u00e9ronse en operarios da construci\u00f3n, que exerceron ben no propio pa\u00eds ou como emigrantes nos pa\u00edses de Europa Occidental.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas vilas da beiramar, como Cai\u00f3n, Malpica, Corme, Laxe, Camelle, Camari\u00f1as, Mux\u00eda ou Fisterra a pesca foi a actividade econ\u00f3mica predominante. Unha pesca fundamentalmente de baixura dedicada ao cerco, para a captura de sardi\u00f1a e xurelo, a m\u00e1is representativa nos portos de Malpica ou Camari\u00f1as; ao palangre para a pesca da pescada, ollomol, dourada ou palometa, propia de portos como Mux\u00eda ou Fisterra; ou a artes varias na que se utilizan nasas para o polbo ou n\u00e9cora, ou artes menores de enmalle (trasmallos, betas e mi\u00f1os) para capturar diversos tipos de mariscos ou peixes, que se practica en todos os portos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/25.Embarcacions-de-pesca-no-porto-de-Malpica-de-Bergantinos-1024x766.webp\" alt=\"25.embarcacio\u0301ns De Pesca No Porto De Malpica De Bergantin\u0303os\" class=\"wp-image-406\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/25.Embarcacions-de-pesca-no-porto-de-Malpica-de-Bergantinos-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/25.Embarcacions-de-pesca-no-porto-de-Malpica-de-Bergantinos-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/25.Embarcacions-de-pesca-no-porto-de-Malpica-de-Bergantinos-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/25.Embarcacions-de-pesca-no-porto-de-Malpica-de-Bergantinos.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Embarcacio\u0301ns de pesca no porto de Malpica de Bergantin\u0303os<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta flota foise renovando a partir dos anos setenta do pasado s\u00e9culo cando a pesca aumentou de valor no mercado e as capturas eran abundantes. Tam\u00e9n se incorporaron nalg\u00fans&nbsp;destes portos embarcaci\u00f3ns de arrastre de litoral dedicadas \u00e1 captura de especies varias tanto de peixe como de marisco.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir dos anos noventa do s\u00e9culo pasado perc\u00edbese un descenso nas capturas debido a que os caladoiros mostran certo esgotamento e tam\u00e9n polas limitaci\u00f3ns impostas polas cada vez m\u00e1is restritivas normas que regulan o sector. Mais este tam\u00e9n se atopa cun grave problema como \u00e9 a falta de relevo xeracional nas familiares mari\u00f1eiras para continuar coa actividade, o que motivou que moitas destas empresas se desfixesen das embarcaci\u00f3ns por esa falta de relevo e se acollesen \u00e1s subvenci\u00f3ns da CEE, coa intenci\u00f3n de reducir a flota pesqueira de baixura, isto levou a unha diminuci\u00f3n das embarcaci\u00f3ns nos diferentes portos. Esta situaci\u00f3n conduciu a un descenso da actividade pesqueira na maior\u00eda dos portos da zona e a unha orientaci\u00f3n cada vez maior cara ao sector tur\u00edstico, a pesar de que esta nova actividade e a pesca se complementasen \u00e1 perfecci\u00f3n, xa que esta aporta a materia prima esencial para a excelente e variada gastronom\u00eda existente nesta parte do litoral galego.<\/p>\n\n\n\n<p>A Costa da Morte \u00e9 un territorio cunha baixa industrializaci\u00f3n. Unha das primeiras iniciativas industriais da zona foi a f\u00e1brica de aliaxes de Cee, que a\u00ednda existe actualmente, baixo a denominaci\u00f3n de XEAL (Xallas Electricidad y Aleaciones). A esta segu\u00edronlle as conserveiras Cerdeimar, en Camari\u00f1as, a de Calvo, en Carballo e a de pranchas de aglomerado UNENSA, en Coristanco.<\/p>\n\n\n\n<p>M\u00e1is tarde cre\u00e1ronse os pol\u00edgonos empresariais de Cee, Vimianzo, Baio, Ponteceso, Carballo ou A Laracha nos que se situar\u00edan a maior\u00eda das empresas, moitas delas relacionadas co sector da construci\u00f3n, autom\u00f3bil, hostalar\u00eda e alimentaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/26.-Fabrica-de-Conservas-Calvo-nas-aforas-de-Carballo-1024x686.webp\" alt=\"26. Fa\u0301brica De Conservas Calvo Nas Aforas De Carballo\" class=\"wp-image-404\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/26.-Fabrica-de-Conservas-Calvo-nas-aforas-de-Carballo-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/26.-Fabrica-de-Conservas-Calvo-nas-aforas-de-Carballo-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/26.-Fabrica-de-Conservas-Calvo-nas-aforas-de-Carballo-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/26.-Fabrica-de-Conservas-Calvo-nas-aforas-de-Carballo.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Fa\u0301brica de Conservas Calvo nas aforas de Carballo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Existe unha carencia de empresas industriais que poder\u00edan transformar as materias primas m\u00e1is abundantes neste territorio, como ser\u00edan aquelas que se extraen da agricultura ou da gander\u00eda, e que constituir\u00edan a base dunha s\u00f3lida industria alimentaria. O mesmo poder\u00eda suceder coa madeira extra\u00edda do monte, que se comercializa en gran parte sen transformar, cando o l\u00f3xico ser\u00eda que se convertese na base dunha industria madeireira do moble ou da construci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>As boas condici\u00f3ns da Costa da Morte para a produci\u00f3n de enerx\u00eda el\u00e9ctrica a trav\u00e9s de parques e\u00f3licos instalados naqueles montes que re\u00fanen as condici\u00f3ns axeitadas para situalos,&nbsp;deber\u00edan constitu\u00edr outro factor favorable para a industrializaci\u00f3n local, sen embargo practicamente toda esta enerx\u00eda producida \u00e9 exportada a outros territorios.<\/p>\n\n\n\n<p>O turismo representa outra das grandes potencialidades da Costa da Morte. O singular patrimonio natural, hist\u00f3rico, cultural e gastron\u00f3mico fan desta rexi\u00f3n un dos lugares m\u00e1is atractivos de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>As s\u00faas incomparables paisaxes costeiras formadas por impresionantes cant\u00eds, coidos, areais salvaxes e pequenas r\u00edas, con escasa presi\u00f3n urban\u00edstica, constit\u00faen un dos seus grandes potenciais tur\u00edsticos. Mais tampouco hai que esquecer a riqueza paisax\u00edstica interior localizada ao p\u00e9 dos cursos dos r\u00edos Anll\u00f3ns, Porto, Castro ou Xallas, ou noutros lugares como os Penedos de Pasarela e Traba ou o monte Pindo.<\/p>\n\n\n\n<p>O patrimonio hist\u00f3rico, cultural e gastron\u00f3mico representa outro dos grandes atractivos tanto pola abundancia como pola calidade dos seus elementos. Dentro do patrimonio hist\u00f3rico destacan os dolmens, os castros, as igrexas e capelas, os pazos, os faros ou os h\u00f3rreos, que forman un singular e valioso conxunto arquitect\u00f3nico. O patrimonio cultural tam\u00e9n constit\u00fae unha gran riqueza que se manifesta en diversos eidos, como as lendas, os costumes, a lingua, a literatura, a m\u00fasica, a artesan\u00eda ou a gastronom\u00eda<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/9.-O-rio-do-Porto-ao-seu-paso-pola-carballeira-da-Devesa-de-Baio-1024x686.webp\" alt=\"9. O Ri\u0301o Do Porto Ao Seu Paso Pola Carballeira Da Devesa De Baio\" class=\"wp-image-390\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/9.-O-rio-do-Porto-ao-seu-paso-pola-carballeira-da-Devesa-de-Baio-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/9.-O-rio-do-Porto-ao-seu-paso-pola-carballeira-da-Devesa-de-Baio-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/9.-O-rio-do-Porto-ao-seu-paso-pola-carballeira-da-Devesa-de-Baio-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/9.-O-rio-do-Porto-ao-seu-paso-pola-carballeira-da-Devesa-de-Baio.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>O ri\u0301o do Porto ao seu paso pola carballeira da Devesa de Baio<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Outro gran potencial tur\u00edstico deste territorio \u00e9 o cami\u00f1o xacobeo de Santiago a Fisterra-Mux\u00eda, que cada vez est\u00e1 a recibir m\u00e1is peregrinos de todas as partes do mundo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/27.Peregrina-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia-1024x686.webp\" alt=\"27.peregrina No Camin\u0303o Xacobeo De Fisterra Muxi\u0301a\" class=\"wp-image-407\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/27.Peregrina-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/27.Peregrina-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/27.Peregrina-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/27.Peregrina-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Peregrina no camin\u0303o xacobeo de Fisterra Muxi\u0301a<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Poucos territorios dispo\u00f1en tam\u00e9n dunha valiosa artesan\u00eda como a do encaixe de Camari\u00f1as ou a cer\u00e1mica de Bu\u00f1o. Ao ser A Costa da Morte unha rexi\u00f3n costeira e con terras de interior, fai que dispo\u00f1a dunha gran variedade de produtos tanto do mar coma do campo, que constit\u00faen a materia prima da s\u00faa excelente gastronom\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":10,"template":"","pagina-padre":[71],"level-pagina":[66],"class_list":["post-1184","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-contexto-xeografico","level-pagina-66"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1184","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1184\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1211,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1184\/revisions\/1211"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1184"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1184"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1184"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}