{"id":1216,"date":"2024-09-07T20:27:38","date_gmt":"2024-09-07T18:27:38","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1216"},"modified":"2024-11-21T19:05:43","modified_gmt":"2024-11-21T18:05:43","slug":"idade-media","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/idade-media\/","title":{"rendered":"Idade Media"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-left\">Este longo per\u00edodo hist\u00f3rico que comprende uns mil anos (s. V-XV), por mor da escasa documentaci\u00f3n existente e a falta de escavaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas, resulta pouco co\u00f1ecido nestas terras m\u00e1is occidentais de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>Atop\u00e1ronse restos da \u00e9poca sueva e visigoda nalg\u00fans lugares nos que tam\u00e9n se descubriran restos de orixe romana, como&nbsp;<strong>Moraime<\/strong>&nbsp;(Mux\u00eda),&nbsp;<strong>Tines<\/strong>&nbsp;(Vimianzo),&nbsp;<strong>Cores<\/strong>&nbsp;(Ponteceso) ou&nbsp;<strong>Cances<\/strong>&nbsp;(Carballo), pero apenas foron estudados e a informaci\u00f3n obtida sobre estes xacementos resulta moi escasa. De realizarse un labor de investigaci\u00f3n maior o n\u00famero de xacementos xerm\u00e1nicos na zona aumentar\u00eda considerablemente.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"608\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/40.-Tumba-da-necropole-visigoda-descuberta-en-Moraime-1024x608.webp\" alt=\"40. Tumba Da Necro\u0301pole Visigoda Descuberta En Moraime\" class=\"wp-image-381\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/40.-Tumba-da-necropole-visigoda-descuberta-en-Moraime-1024x608.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/40.-Tumba-da-necropole-visigoda-descuberta-en-Moraime-300x178.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/40.-Tumba-da-necropole-visigoda-descuberta-en-Moraime-768x456.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/40.-Tumba-da-necropole-visigoda-descuberta-en-Moraime.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Tumba da necro\u0301pole visigoda descuberta en Moraime<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Moitos historiadores afirman que na Alta Idade Media o territorio da Costa da Morte estaba pouco poboado pola s\u00faa situaci\u00f3n perif\u00e9rica e polo seu afastamento de n\u00facleos de poboaci\u00f3n importantes nos que se centralizaba o poder pol\u00edtico e eclesi\u00e1stico. Esta consideraci\u00f3n estar\u00eda en contra do que semella unha intensa ocupaci\u00f3n do territorio durante etapas anteriores como a megal\u00edtica ou castrexa, se nos atemos ao elevado n\u00famero de restos arqueol\u00f3xicos destes dous per\u00edodos. A falta de documentaci\u00f3n hist\u00f3rica que permita co\u00f1ecer con maior detalle estes primeiros tempos medievais impide aclarar se esa ocupaci\u00f3n humana foi maior do que se sup\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo o&nbsp;<strong>Parroquial Suevo<\/strong>&nbsp;(572), as terras que comprende A Costa da Morte estaban inclu\u00eddas dentro dos distritos ou parroquias extensas de&nbsp;<strong>Bregantinos<\/strong>,&nbsp;<strong>Coporos<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>C\u00e9lticos<\/strong>, pois daquela a\u00ednda non aparecen citadas as comarcas hist\u00f3ricas de Berganti\u00f1os, Soneira e Nemancos.<\/p>\n\n\n\n<p>No denominado&nbsp;<strong>documento de Tructino<\/strong>&nbsp;(868) en toda esta nosa ampla rexi\u00f3n costeira s\u00f3 se citan d\u00faas igrexas:&nbsp;<strong>San Saturnino de Vimianzo<\/strong>, en Soneira, e&nbsp;<strong>Santa Eulalia de Dumbr\u00eda<\/strong>, en Nemancos, pertencentes daquela \u00e1 diocese de Iria Flavia. \u00c1 parte desta divisi\u00f3n eclesi\u00e1stica, a monarqu\u00eda astur-galaico-leonesa, repartiu o territorio en&nbsp;<strong><em>comitatus<\/em><\/strong>&nbsp;(condados), sobre os que un conde exerc\u00eda as competencias militares, xudiciais, tributarias e gobernativas en nome do rei. No s\u00e9culo XI este territorio occidental estaba repartido entre cinco condados: Carnota, C\u00e9lticos, Nemancos, Soneira e Berganti\u00f1os, que se correspond\u00edan coas denominadas parroquias extensas de Entines, C\u00e9lticos, Nemancos, Soneira, Seaia e Berganti\u00f1os, transformadas en arciprestados a partir da reforma realizada en 1177 polo arcebispo compostel\u00e1n Pedro III. Os cinco primeiros constitu\u00edan o arcediagado de Trast\u00e1mara, que ti\u00f1a a s\u00faa sede na vila de Cee.<\/p>\n\n\n\n<p>Na Costa da Morte non temos noticias da existencia dunha nobreza, ata que a finais do s\u00e9culo XI apareceron as primeiras novas sobre o grupo familiar dos Traba, que posiblemente recibise o seu nome da parroquia laxense de Santiago de Traba, onde puido ter unha fortaleza no alto da Torre da Moa.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"508\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/41.-O-rei-Alfonso-VII-pasou-parte-da-sua-infancia-no-mosteiro-de-Moraime-508x1024.webp\" alt=\"41. O Rei Alfonso Vii, Pasou Parte Da Su\u0301a Infancia No Mosteiro De Moraime\" class=\"wp-image-380\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/41.-O-rei-Alfonso-VII-pasou-parte-da-sua-infancia-no-mosteiro-de-Moraime-508x1024.webp 508w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/41.-O-rei-Alfonso-VII-pasou-parte-da-sua-infancia-no-mosteiro-de-Moraime-149x300.webp 149w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/41.-O-rei-Alfonso-VII-pasou-parte-da-sua-infancia-no-mosteiro-de-Moraime.webp 591w\" sizes=\"auto, (max-width: 508px) 100vw, 508px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>O rei Alfonso VII, pasou parte da su\u0301a infancia no mosteiro de Moraime<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A cabeza m\u00e1is visible deste grupo nobiliario foi don&nbsp;<strong>Pedro Froilaz<\/strong>, co\u00f1ecido tam\u00e9n como Conde de Traba, que se educou na corte do rei Alfonso VI e ganou a confianza de Raimundo de Borgo\u00f1a, xenro deste monarca e pai de Alfonso Reim\u00fandez, futuro Alfonso VII, quen durante a s\u00faa infancia estivo baixo a protecci\u00f3n de don Pedro (parte desta infancia pasouna no mosteiro de Moraime). Este nobre galego ademais defendeu os dereitos do infante ao&nbsp;trono e, que co apoio do arcebispo compostel\u00e1n Diego Xelm\u00edrez, ser\u00eda nomeado rei de Galicia en 1111 co nome de Alfonso VII. Trala morte da s\u00faa nai, dona Urraca (1126), converterase tam\u00e9n en rei de Le\u00f3n e a continuaci\u00f3n de Castela.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir da vinculaci\u00f3n que a familia dos Traba tivo coas terras da Costa da Morte, producirase tam\u00e9n a relaci\u00f3n da monarqu\u00eda e a igrexa compostel\u00e1 con este noso territorio. Alfonso VII, en agradecemento \u00e1 acollida que lle prestaron os monxes de Moraime, en 1119 faralle a concesi\u00f3n a este mosteiro dun extenso couto. Neste mesmo s\u00e9culo XII, D. Pedro tam\u00e9n lle far\u00e1 doaz\u00f3n \u00e1 s\u00e9 compostel\u00e1 de varias igrexas que ti\u00f1a en Nemancos. O protagonismo que a familia dos Traba acadou nestas terras m\u00e1is occidentais de Galicia durante os s\u00e9culo X e XI perc\u00edbese na participaci\u00f3n que tivo na fundaci\u00f3n de varios pequenos mosteiros que houbo aqu\u00ed, como o de&nbsp;<strong>San Xuli\u00e1n de Moraime<\/strong>&nbsp;(Mux\u00eda),&nbsp;<strong>Santiago de Mens<\/strong>&nbsp;(Malpica),&nbsp;<strong>San Mamede de Seavia<\/strong>&nbsp;(Coristanco) ou&nbsp;<strong>San Xo\u00e1n de Borneiro<\/strong>&nbsp;(Cabana de Berganti\u00f1os). Ademais dos anteriores cenobios, en Nemancos, Soneira e Berganti\u00f1os houbo outros m\u00e1is:&nbsp;<strong>San Marti\u00f1o de Oz\u00f3n<\/strong>&nbsp;(Mux\u00eda),&nbsp;<strong>San Antol\u00edn de Ba\u00ed\u00f1as<\/strong>&nbsp;(Vimianzo),&nbsp;<strong>Santa Mar\u00eda de Cabo Tosto<\/strong>&nbsp;(Xavi\u00f1a, Camari\u00f1as),&nbsp;<strong>San Vicente da Gra\u00f1a<\/strong>&nbsp;(Ponteceso),&nbsp;<strong>San Marti\u00f1o de Canduas<\/strong>&nbsp;(Cabana de Berganti\u00f1os),&nbsp;<strong>Santo Tom\u00e9 de Neme\u00f1o<\/strong>&nbsp;(Ponteceso) e&nbsp;<strong>San Pedro de Soandres<\/strong>&nbsp;(A Laracha). Case todos eles de fundaci\u00f3n familiar, dos que desco\u00f1ecemos a s\u00faa orixe. Alg\u00fans moi antigos, dos s\u00e9culos IX ou X, a\u00ednda que a maior\u00eda naceron ao longo do s\u00e9culo XI e conseguir\u00e1n o seu momento de esplendor no seguinte.<\/p>\n\n\n\n<p>De todos eles os que acadaron unha maior relevancia foron o de San Xuli\u00e1n de Moraime, na Terra de Nemancos e o de San Pedro de Soandres, no extremo leste da comarca de Berganti\u00f1os. O&nbsp;<strong>mosteiro de Moraime<\/strong>&nbsp;foi fundado posiblemente no s\u00e9culo X (o primeiro documento que se conserva del \u00e9 de 1095). Hai investigadores que atrib\u00faen a s\u00faa fundaci\u00f3n \u00e1 familia dos Traba, pois varios dos seus membros foron os primeiros benfeitores deste cenobio, tam\u00e9n recibe privilexios e doaz\u00f3ns reais, entre elas destaca a que lle outorgou Alfonso VII, que pasara unha parte da s\u00faa infancia ao coidado dos monxes moraimeses, e que servir\u00e1 para reconstru\u00edr as s\u00faas dependencias, que foran arruinadas pola incursi\u00f3n dos piratas musulm\u00e1ns.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/42.-Conxunto-historico-de-Moraine-1024x768.webp\" alt=\"42. Conxunto Histo\u0301rico De Moraine\" class=\"wp-image-374\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/42.-Conxunto-historico-de-Moraine-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/42.-Conxunto-historico-de-Moraine-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/42.-Conxunto-historico-de-Moraine-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/42.-Conxunto-historico-de-Moraine.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em><strong>Conxunto histo\u0301rico de Moraine<\/strong><\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A partir do s\u00e9culo XIII comeza a s\u00faa decadencia polo acoso sufrido da nobreza local, que se apodera de parte das s\u00faas rendas e terras. En 1499 pasar\u00e1 a depender do mosteiro de San Bieito de Valladolid e a partir de 1633 de San Marti\u00f1o Pinario de Santiago de Compostela ata a Desamortizaci\u00f3n de Mendiz\u00e1bal (1835). As propiedades de Moraime estend\u00edanse sobre todo pola comarca de Nemancos, pero ti\u00f1a tam\u00e9n terras en Xallas, Soneira e Berganti\u00f1os. Obti\u00f1a tam\u00e9n beneficios polo padro\u00e1dego que exerc\u00eda sobre unhas vinte parroquias distribu\u00eddas por toda A Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>Como vestixios deste importante mosteiro muxi\u00e1n qu\u00e9danos a magn\u00edfica&nbsp;<strong>igrexa de San Xuli\u00e1n<\/strong>, a mellor obra rom\u00e1nica de toda esta rexi\u00f3n costeira e a&nbsp;<strong>casa reitoral<\/strong>, convertida en albergue de peregrinos, ambos edificios mostran o escudo de San Marti\u00f1o Pinario.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>mosteiro de San Pedro de Soandres<\/strong>&nbsp;tivo tam\u00e9n grande importancia nas terras situadas m\u00e1is ao norte da Costa da Morte, a s\u00faa influencia estendeuse polos concellos da Laracha, Cerceda e Carballo. Desco\u00f1\u00e9cese tam\u00e9n a data da s\u00faa fundaci\u00f3n. Os documentos m\u00e1is antigos nos que aparece citado son de mediados do s\u00e9culo X, pero puido existir unha congregaci\u00f3n relixiosa anterior, incluso da \u00e9poca romana, pois apareceu unha ara dedicada ao deus X\u00fapiter. A partir do s\u00e9culo XIV sufrir\u00e1 continuos ataques da nobreza local e dos seus escudeiros coa intenci\u00f3n de apoderarse dos seus bens, sobre todo da familia dos Mari\u00f1as, propietarios das torres de Cillobre (A Laracha). En 1499 pasar\u00e1 como priorado a depender de San Marti\u00f1o Pinario.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"624\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/43.-Igrexa-de-San-Pedro-de-Soandres-coa-sua-cabeceira-gotica-1024x624.webp\" alt=\"43. Igrexa De San Pedro De Soandres, Coa Su\u0301a Cabeceira Go\u0301tica.\" class=\"wp-image-375\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/43.-Igrexa-de-San-Pedro-de-Soandres-coa-sua-cabeceira-gotica-1024x624.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/43.-Igrexa-de-San-Pedro-de-Soandres-coa-sua-cabeceira-gotica-300x183.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/43.-Igrexa-de-San-Pedro-de-Soandres-coa-sua-cabeceira-gotica-768x468.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/43.-Igrexa-de-San-Pedro-de-Soandres-coa-sua-cabeceira-gotica.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Igrexa de San Pedro de Soandres, coa su\u0301a cabeceira go\u0301tica.<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O maior interese arquitect\u00f3nico de Soandres que se conserva na actualidade sit\u00faase na parte g\u00f3tica da cabeceira da igrexa, o resto do templo corresponde a \u00e9poca barroca. Arrimada \u00e1 parte sur da igrexa sit\u00faase a casa reitoral constru\u00edda no s\u00e9culo XVIII, pero conserva a forma do antigo mosteiro co seu claustro.<\/p>\n\n\n\n<p>Os continuos ataques da pirater\u00eda normanda e musulm\u00e1 durante o medievo supuxeron unha constante ameaza tanto para as comunidades relixiosas situadas preto da costa como para o resto da poboaci\u00f3n do litoral, que, en certos momentos do ano, se v\u00eda obrigada a refuxiarse en terras m\u00e1is ao interior. Esta pirater\u00eda mar\u00edtima explicar\u00eda o baixo poboamento da zona costeira nos s\u00e9culos centrais da Idade Media e a construci\u00f3n das primeiras igrexas parroquiais retiradas da beiramar para evitar o seu espolio. Exemplos disto ser\u00edan San Andr\u00e9s da Canle (Corcubi\u00f3n), San Paio de Refoxos (Cee), San Xurxo de Bur\u00eda (Camari\u00f1as), San Pedro do Porto (Camari\u00f1as), Santo Adri\u00e1n de Corme Aldea (Ponteceso) ou Santa Mar\u00eda de Cai\u00f3n (A Laracha). Para vixilancia e protecci\u00f3n desta pirater\u00eda costeira levant\u00e1ronse algunhas fortalezas, coma a de San Xurxo, na ladeira oeste do monte Pindo ou a de Canedo en San Mamede de Carnota.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir do s\u00e9culo XIII, tras finalizar o imperio almor\u00e1bide e logo dun maior control por parte dos reinos cristi\u00e1ns das costas do sur peninsular, producirase unha diminuci\u00f3n desta pirater\u00eda mar\u00edtima, que favorecer\u00e1 as actividades comerciais entre os mercadores italianos con Flandres. Este feito repercutir\u00e1 no aumento das transacci\u00f3ns comerciais nas costas galegas, xa que parte das embarcaci\u00f3ns fac\u00edan escala nalg\u00fan dos nosos portos naturais que se aproveitaba para a venda de produtos. Esta actividade comercial, xunto co aumento da actividade pesqueira, atraeu \u00e1 poboaci\u00f3n cara ao litoral, o que dar\u00eda orixe ao nacemento das vilas costeiras de Fisterra, Corcubi\u00f3n, Cee, Mux\u00eda, Camari\u00f1as, Laxe, Corme ou Malpica.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas novas vilas espertaron o interese tanto da mitra compostel\u00e1 como da nobreza laica coa intenci\u00f3n de conseguir o control econ\u00f3mico destes novos n\u00facleos costeiros. O arcebispado compostel\u00e1n far\u00edase cos portos de Fisterra, Mux\u00eda e Malpica, mentres que os Moscoso de Altamira pasar\u00e1n a controlar os de Corcubi\u00f3n, Camari\u00f1as e Laxe. A vila de Cee depend\u00eda do arcediago de Trast\u00e1mara, lugar onde ti\u00f1a a s\u00faa residencia.<\/p>\n\n\n\n<p>A familia dos Traba, que tanto poder\u00edo acadou na Costa da Morte e noutras zonas de Galicia ao longo dos s\u00e9culos XI e XII, a partir deste \u00faltimo o seu dominio esmoreceu, no seu lugar apareceron novas li\u00f1axes, moitas delas vinculadas a don Pedro Froilaz, xa que este tivo unha gran descendencia dos seus dous matrimonios. Deste tronco dos Traba proceder\u00e1n varias ramas da nova nobreza galega: os&nbsp;<strong>Mari\u00f1o, Moscoso, Mantaos, Andrade ou Mari\u00f1as<\/strong>. As d\u00faas primeiras estar\u00e1n moi vinculadas con estas terras m\u00e1is occidentais de Galicia. Os Mari\u00f1o ser\u00edan os primeiros en facerse cun bo patrimonio na zona, que comeza coa doaz\u00f3n que o rei Sancho IV lle fai a Mart\u00edn E\u00e1ns Mari\u00f1o cara a finais do s\u00e9culo XIII das fregues\u00edas de Santa Mar\u00eda de Fisterra e San Vicenzo de Duio. No s\u00e9culo seguinte, cando entroncan coas ramas dos Soga e Lobeira, estender\u00e1n a s\u00faa influencia a moitos outros lugares de Galicia. A finais deste mesmo s\u00e9culo esta familia nobre caer\u00e1 en desgraza por problemas entre alg\u00fans dos seus membros e tam\u00e9n polas d\u00e9bedas \u00e1 coroa, deste xeito Rui Soga de Lobeira, un dos seus persoeiros m\u00e1is notables, acabar\u00e1 preso e decapitado na vila de Noia (1393).<\/p>\n\n\n\n<p>O poder\u00edo e influencia dos Mari\u00f1o na zona de Santiago e na Costa da Morte pasar\u00e1 aos&nbsp;<strong>Moscoso de Altamira<\/strong>, familia tam\u00e9n ori\u00fanda das terras compostel\u00e1s. A trav\u00e9s de cargos eclesi\u00e1sticos e laicos que foron ocupando, faranse co poder, primeiro en terras de Compostela e m\u00e1is tarde nesta nosa rexi\u00f3n occidental. Este dominio vaille supo\u00f1er un enfrontamento co arcebispado santiagu\u00e9s, os dous con intereses econ\u00f3micos no mesmo espazo xeogr\u00e1fico. Durante o s\u00e9culo XV os conflitos entre ambos bandos ser\u00e1n frecuentes, como ocorreu no asalto (1457) dunha escuadra dos partidarios do arcebispo compostel\u00e1n Rodrigo de Luna ao porto de Corcubi\u00f3n, que estaba baixo o poder dos Moscoso.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/45.-O-porto-de-Corcubion-foi-asaltado-polas-tropas-do-arcebispo-Rodrigo-de-Luna-en-1457-1024x685.webp\" alt=\"45. O Porto De Corcubio\u0301n Foi Asaltado Polas Tropas Do Arcebispo Rodrigo De Luna En 1457\" class=\"wp-image-373\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/45.-O-porto-de-Corcubion-foi-asaltado-polas-tropas-do-arcebispo-Rodrigo-de-Luna-en-1457-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/45.-O-porto-de-Corcubion-foi-asaltado-polas-tropas-do-arcebispo-Rodrigo-de-Luna-en-1457-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/45.-O-porto-de-Corcubion-foi-asaltado-polas-tropas-do-arcebispo-Rodrigo-de-Luna-en-1457-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/45.-O-porto-de-Corcubion-foi-asaltado-polas-tropas-do-arcebispo-Rodrigo-de-Luna-en-1457.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>O porto de Corcubio\u0301n foi asaltado polas tropas do arcebispo Rodrigo de Luna en 1457<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Moita da riqueza patrimonial desta nova nobreza laica proced\u00eda dos abusos de poder que exerc\u00edan contra as propiedades dos mosteiros, a trav\u00e9s da usurpaci\u00f3n de rendas ou de terras. A pesar das reiteradas queixas dos abades ou priores das congregaci\u00f3ns eclesi\u00e1sticas dirixidas aos reis para que evitasen estas pr\u00e1cticas abusivas, na maior\u00eda dos casos non se ti\u00f1an en conta. A dinast\u00eda dos Trast\u00e1mara favoreceu este tipo de atropelos, o que lle permitiu a esta nobreza actuar con plena liberdade. A familia dos Moscoso utilizou moito estes abusos de poder, como sucedeu co mosteiro de Moraime, pero outros nobres coma os Mari\u00f1as tam\u00e9n aplicaran o mesmo m\u00e9todo contra os monxes do mosteiro de Soandres. O empoderamento desta nobreza rapineira tam\u00e9n levou a aproveitarse de bens da mitra compostel\u00e1 ou incluso da coroa. Os Moscoso chegaron a cobrar pola forza impostos, como o da alcabala nas vilas de Cee, Mux\u00eda ou Fisterra, que estaban baixo se\u00f1or\u00edo eclesi\u00e1stico.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/46.-Torres-de-Mens-unha-das-fortalezas-derrubadas-polos-Irmandinos-1024x686.webp\" alt=\"46. Torres De Mens, Unha Das Fortalezas Derrubadas Polos Irmandin\u0303os\" class=\"wp-image-372\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/46.-Torres-de-Mens-unha-das-fortalezas-derrubadas-polos-Irmandinos-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/46.-Torres-de-Mens-unha-das-fortalezas-derrubadas-polos-Irmandinos-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/46.-Torres-de-Mens-unha-das-fortalezas-derrubadas-polos-Irmandinos-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/46.-Torres-de-Mens-unha-das-fortalezas-derrubadas-polos-Irmandinos.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Torres de Mens, unha das fortalezas derrubadas polos Irmandin\u0303os<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta actitude violenta e abusiva da nobreza supo\u00f1eralle un enfrontamento co poder eclesi\u00e1stico e coa monarqu\u00eda, e incluso cos seus propios vasalos, e converterase na causa principal do&nbsp;<strong>movemento irmandi\u00f1o<\/strong>, que, en nome do rei, levantarase contra esta nobreza hostil. Esta revolta social de 1467, apoiada tam\u00e9n por alg\u00fans se\u00f1ores da baixa nobreza, estendeuse por toda Galicia e tivo unha notable incidencia na Costa da Morte, que se mostrou no derrubamento de varias fortalezas, como a de Vimianzo, Mens, A Penela ou Ferreira. Non obstante, a s\u00faa duraci\u00f3n foi curta, tan s\u00f3 dous anos, xa que aqueles nobres que se viran obrigados a fuxir, volveranse a organizar e, apoiados pola monarqu\u00eda, recuperar\u00e1n de novo as s\u00faas terras e fortificaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>A subida ao poder dos Reis Cat\u00f3licos supo\u00f1er\u00e1 un maior control desta clase aristocr\u00e1tica e parte dela acompa\u00f1araos na corte, afast\u00e1ndose da s\u00faa terra de orixe. Con este novo reinado desapareceu tam\u00e9n a autonom\u00eda dos mosteiros. Os m\u00e1is pequenos pasar\u00e1n a depender das grandes congregaci\u00f3ns e estas ser\u00e1n controladas polo mosteiro de San Bieito de Valladolid.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":15,"template":"","pagina-padre":[95],"level-pagina":[66],"class_list":["post-1216","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-raices-historicas-gl","level-pagina-66"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1216","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1216\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1241,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1216\/revisions\/1241"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1216"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1216"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1216"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}