{"id":1219,"date":"2024-09-07T20:27:38","date_gmt":"2024-09-07T18:27:38","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1219"},"modified":"2024-11-21T19:06:04","modified_gmt":"2024-11-21T18:06:04","slug":"idade-contemporanea","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/idade-contemporanea\/","title":{"rendered":"Idade Contempor\u00e1nea"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>Esta etapa in\u00edciase cun acontecemento hist\u00f3rico de gran relevancia como foi a invasi\u00f3n das tropas napole\u00f3nicas na pen\u00ednsula ib\u00e9rica e a posterior&nbsp;<strong>Guerra da Independencia<\/strong>, que tivo unha notable repercusi\u00f3n nas terras da Costa da Morte, sobre todo nas vilas de Cee e Corcubi\u00f3n, que foron saqueadas e incendiadas polas tropas francesas en abril de 1809.<\/p>\n\n\n\n<p>Dous meses antes un destacamento do ex\u00e9rcito franc\u00e9s ocupou a vila de Corcubi\u00f3n coa intenci\u00f3n de facerse cun bot\u00edn para manter o ex\u00e9rcito invasor. A partir deste momento comeza a organizarse neste n\u00facleo unha Xunta de Defensa para frear unha segunda ofensiva, ante a negaci\u00f3n das autoridades desta localidade de aceptar esa imposici\u00f3n. Constitu\u00eduse unha alarma ou ex\u00e9rcito popular co recrutamento de paisanos baixo o mando dos p\u00e1rrocos&nbsp;<strong>Pedro Lapido<\/strong>, de Morquinti\u00e1n (Mux\u00eda) e&nbsp;<strong>Juan Domingo Pizpieiro<\/strong>, do \u00c9zaro (Dumbr\u00eda), apoiada pola fragata&nbsp;<em>Endymion<\/em>, fondeada na r\u00eda de Corcubi\u00f3n, que lle subministrou armas e munici\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Lapido concentrou as tropas na Ponte Olveira, en Ba\u00ed\u00f1as e Vilastose. Enterados de que os franceses sa\u00edran de Santiago en direcci\u00f3n a Corcubi\u00f3n, a Xunta de Defensa decide facerlle fronte na Ponte Olveira, paso obrigado para cruzar o r\u00edo Xallas. Cando os invasores chegaron a este lugar tan s\u00f3 se atoparon cunha reducida gornici\u00f3n que apenas lle fixo resistencia, xa que a maior\u00eda do ex\u00e9rcito popular se atopaba en Paiz\u00e1s (Cambeda, Vimianzo) e cando chegou a aquel punto, as tropas francesas xa cruzaran o r\u00edo e dirix\u00edanse \u00e1s vilas de Cee e Corcubi\u00f3n. Unha vez al\u00ed, actuaron cunha feroz violencia sobre a s\u00faa poboaci\u00f3n. Incendiaron as d\u00faas igrexas parroquiais e moitas casas, cometeron roubos e violaci\u00f3ns e todo tipo de atropelos. Isto sucedeu o 13 de abril de 1809, pero d\u00edas despois a\u00ednda volver\u00edan a arrasar o pouco que deixaran en p\u00e9. Sobre a actuaci\u00f3n dos franceses na vila de Camari\u00f1as, dispo\u00f1emos de pouca informaci\u00f3n obxectiva, pero a versi\u00f3n lendaria fala de saqueos e de moitos mortos.<\/p>\n\n\n\n<p>Trala Guerra da Independencia e a volta ao absolutismo do reinado de Fernando VII, volverase \u00e1s mesmas condici\u00f3ns de vida que hab\u00eda no Antigo R\u00e9xime. Continuar\u00e1 a mesma divisi\u00f3n territorial de coutos e xurisdici\u00f3ns e a p\u00e9sima situaci\u00f3n do campesi\u00f1ado, clase social maioritaria. A desesperaci\u00f3n dalg\u00fans labregos por esas condici\u00f3ns extremas fixo que nalgunhas zonas se organizasen grupos de bandoleiros ou gavelas coa finalidade de asaltar casas de cregos, fidalgos ou doutra xente con recursos. Nestas terras occidentais foi co\u00f1ecida a gavela de Vimianzo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/52.-Ponte-Olveirapola-que-atravesaron-os-franceses-que-atacaron-as-vilas-de-Cee-e-Corcubion-1024x683.webp\" alt=\"52. Ponte Olveira,pola Que Atravesaron Os Franceses Que Atacaron As Vilas De Cee E Corcubio\u0301n\" class=\"wp-image-368\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/52.-Ponte-Olveirapola-que-atravesaron-os-franceses-que-atacaron-as-vilas-de-Cee-e-Corcubion-1024x683.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/52.-Ponte-Olveirapola-que-atravesaron-os-franceses-que-atacaron-as-vilas-de-Cee-e-Corcubion-300x200.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/52.-Ponte-Olveirapola-que-atravesaron-os-franceses-que-atacaron-as-vilas-de-Cee-e-Corcubion-768x512.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/52.-Ponte-Olveirapola-que-atravesaron-os-franceses-que-atacaron-as-vilas-de-Cee-e-Corcubion.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Ponte Olveira,pola que atravesaron os franceses que atacaron as vilas de Cee e Corcubio\u0301n<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Moi pouca incidencia tivo nesta zona o carlismo, por carecer de grandes mosteiros ou estar afastada de cidades cun poder\u00edo eclesi\u00e1stico. Hai noticias de dous ataques carlistas \u00e1 vila de Carballo. Un primeiro o 14 de xaneiro de 1838, no que saquearon a localidade e se apoderaron de cartos; e un segundo, o 7 de maio dese mesmo ano con peores consecuencias, xa que houbo 13 mortos e o secuestro do xu\u00edz liberal Jos\u00e9 V\u00e1zquez de Parga, que apareceu morto nun monte de Arz\u00faa.<\/p>\n\n\n\n<p>Na d\u00e9cada dos anos trinta do s\u00e9culo XIX vaise producir a nova divisi\u00f3n do territorio estatal en provincias, partidos xudiciais e concellos, reforma levada a cabo polo ministro da rexenta Mar\u00eda Cristina, Javier de Burgos, a\u00ednda que xa houbera intentos de realizar esta nova divisi\u00f3n nas Cortes de C\u00e1diz e durante o Trienio Liberal.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta mesma d\u00e9cada tam\u00e9n ter\u00e1 lugar a denominada Desamortizaci\u00f3n de Mendiz\u00e1bal, que permitir\u00eda a venda por parte do Estado de bens relixiosos. A intenci\u00f3n era que os campesi\u00f1os puidesen acceder \u00e1 propiedade da terra, pero isto non suceder\u00eda porque ao realizarse a poxa en grandes lotes, estes foron adquiridos por xente que dispo\u00f1\u00eda de cartos (nobres ou burgueses).<\/p>\n\n\n\n<p>Na Costa da Morte os bens do mosteiro de Moraime foron poxados no ano 1841, adquiridos nun principio por un tal J. M\u00e9ndez, pero logo pasar\u00e1n a mans de Francisco Leiro, un adi\u00f1eirado da mesma parroquia.<\/p>\n\n\n\n<p>Se realizamos un percorrido pola evoluci\u00f3n da poboaci\u00f3n da Costa da Morte durante a \u00c9poca Contempor\u00e1nea, observaremos que se produciu un moderado aumento do n\u00famero de habitantes desde comezos do s\u00e9culo XIX ata o \u00faltimo terzo do s\u00e9culo XX, logo estancouse e despois sufriu un notable descenso, que se acelerar\u00eda nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XXI, debido \u00e1 pronunciada ca\u00edda da natalidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Ese crecemento moderado que se deu ao longo do s\u00e9culo XIX e boa parte do seguinte foi provocado pola emigraci\u00f3n, fen\u00f3meno que se acentuou a partir de 1880 e que se prolongar\u00e1 ata 1930. Un \u00e9xodo masivo que se dirixiu cara aos pa\u00edses de Am\u00e9rica Latina, principalmente Cuba, Arxentina, Uruguai e Brasil e que freou como consecuencia das restrici\u00f3ns impostas por eses mesmos pa\u00edses, polo estalido da Guerra Civil espa\u00f1ola e polo illamento ao que foi sometido o r\u00e9xime franquista durante a posguerra.<\/p>\n\n\n\n<p>Estes emigrantes americanos constitu\u00edron asociaci\u00f3ns nos pa\u00edses aos que chegaron, como a&nbsp;<em>Sociedad Agraria y Cultural de los Hijos del Partido de Corcubi\u00f3n<\/em>, creada en Arxentina en 1922, que m\u00e1is tarde pasar\u00e1 a denominarse&nbsp;<em>Asociaci\u00f3n Ben\u00e9fica y Cultural del Partido de Corcubi\u00f3n<\/em>, editora da revista&nbsp;<strong><em>Alborada<\/em><\/strong>&nbsp;e que levou a cabo unha intensa actividade sociocultural e ben\u00e9fica relacionada coa zona de procedencia dos seus asociados. Unha das s\u00faas iniciativas foi a creaci\u00f3n de escolas para elevar o baixo nivel educativo que hab\u00eda nas terras da Costa da Morte. A intenci\u00f3n era crear unha escola en cada un dos concellos do Partido Xudicial de Corcubi\u00f3n, pero o estalido da Guerra Civil truncou o proxecto e s\u00f3 se constru\u00edron catro:&nbsp;<strong>Nemi\u00f1a<\/strong>&nbsp;(Mux\u00eda),&nbsp;<strong>Pasarela<\/strong>&nbsp;(Vimianzo),&nbsp;<strong>Suarriba<\/strong>&nbsp;(Fisterra) e&nbsp;<strong>Estorde<\/strong>&nbsp;(Cee).<\/p>\n\n\n\n<p>Alg\u00fans destes emigrantes acumularon fortuna e actuaron como benfeitores na s\u00faa localidade de orixe como sucedeu co ceense&nbsp;<strong>Fernando Blanco de Lema<\/strong>, emigrante en Cuba, quen doou os cartos para a construci\u00f3n dun importante centro de ensino de primaria e secundaria na s\u00faa vila natal. O mesmo sucedeu co corcubion\u00e9s J<strong>os\u00e9 Carrera F\u00e1bregas<\/strong>&nbsp;e o malpic\u00e1n&nbsp;<strong>Anselmo Villar Amigo<\/strong>, que legaron os recursos para a creaci\u00f3n dun centro escolar nas s\u00faas respectivas vilas natais.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou-1024x686.webp\" alt=\"53. Escultura De Fernando Blanco Diante Do Edificio Escolar Que Fundou\" class=\"wp-image-367\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Escultura de Fernando Blanco diante do edificio escolar que fundou<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A finais dos anos cincuenta volver\u00e1 a iniciarse este movemento migratorio, primeiro cara a Venezuela e despois cara aos pa\u00edses de Europa Occidental: Su\u00edza, Alema\u00f1a, Inglaterra, Francia ou Holanda. Producirase tam\u00e9n unha emigraci\u00f3n interior cara a Madrid, Catalu\u00f1a, Pa\u00eds Vasco ou Canarias. Nos \u00faltimos anos estase a dar un \u00e9xodo de xente moza, na s\u00faa maior\u00eda con estudos universitarios, que, ao non atopar oportunidades de traballo en Galicia, vese na obriga de buscalas f\u00f3ra.<\/p>\n\n\n\n<p>A meirande parte da poboaci\u00f3n da Costa da Morte durante o s\u00e9culo XIX e no seguinte ti\u00f1a como actividade econ\u00f3mica prioritaria a agricultura. Ata a abolici\u00f3n do sistema foral no ano 1926 moitos labregos non tiveron acceso \u00e1 propiedade das terras que traballaban, pero incluso unha vez que se fixeron donos delas, hab\u00eda outros factores, como as reducidas dimensi\u00f3ns das explotaci\u00f3ns ou a falta de mecanizaci\u00f3n, que imped\u00edan un desenvolvemento do campo.<\/p>\n\n\n\n<p>Os produtos m\u00e1is cultivados continuaban a ser o millo, as patacas, o trigo, o centeo, o li\u00f1o, as fabas e algunhas hortalizas e froitas. Trat\u00e1base dunha agricultura e gander\u00eda de subsistencia, que polo seu baixo rendemento converteuse na principal causa da emigraci\u00f3n da poboaci\u00f3n do medio rural.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas vilas costeiras a pesca e o comercio mar\u00edtimo continuaron a ocupar a maior\u00eda da s\u00faa poboaci\u00f3n. A sardi\u00f1a, o congro, a pescada e o abadexo segu\u00edan a ser as especies m\u00e1is capturadas.<\/p>\n\n\n\n<p>A sardi\u00f1a fallaba por tempadas e creaba unha grave crise tanto para os pescadores como para as factor\u00edas de salgadura, que quedaban paralizadas. Un destes momentos de crise rec\u00f3llese no&nbsp;<em>Diccionario<\/em>&nbsp;do ilustrado Pascual Madoz, na d\u00e9cada dos anos corenta do s\u00e9culo XIX, cando se refire \u00e1 r\u00eda de Camari\u00f1as. Ser\u00e1 neste mesmo s\u00e9culo e no seguinte cando se instalen as factor\u00edas de salgadura deste peixe ao longo da costa, en Quilmas, Brens, Corcubi\u00f3n, Fisterra, Merexo, Camari\u00f1as, Camelle, Laxe, Corme ou Malpica. De todas elas, tan s\u00f3 a da familia Cerdeiras, en Camari\u00f1as, chegou ata a actualidade como conserveira. Temos outra importante f\u00e1brica conserveira, a de Calvo, en Carballo, pero esta, fundada nos anos corenta do pasado s\u00e9culo, tivo unha orixe diferente.<\/p>\n\n\n\n<p>A pescada e o abadexo export\u00e1banse salgados, pero a s\u00faa demanda diminu\u00edu coa chegada ao mercado do bacallau, que pola s\u00faa abundancia e prezo desprazou a aquelas d\u00faas especies salgadas, que despois pasar\u00e1n a comercializarse en fresco.<\/p>\n\n\n\n<p>O congro continu\u00e1base a secar ao aire como se vi\u00f1a facendo desde s\u00e9culos pasados. Houbo secadoiros en distintos portos: Mux\u00eda, Camelle, Malpica ou Cai\u00f3n. Os \u00fanicos que chegaron ata a actualidade foron os de Mux\u00eda, \u00fanicos en toda Europa, e de non protexerse, corren o risco de desapareceren.<\/p>\n\n\n\n<p>A escasa industrializaci\u00f3n da Costa da Morte foi outra das eivas destas terras m\u00e1is occidentais de Galicia, a pesar de dispo\u00f1er de abundantes materias primas derivadas da agricultura e gander\u00eda, da pesca ou do sector forestal. Unha das primeiras f\u00e1bricas en instalarse foi a de carburos de Cee a comezos do s\u00e9culo XX. Por estas mesmas datas aparecer\u00e1n tam\u00e9n os primeiros serradoiros de madeira de pi\u00f1eiro, pola abundante materia prima existente e a demanda deste produto por parte da miner\u00eda e da construci\u00f3n, sen embargo non se chegou a crear unha industria de transformaci\u00f3n da madeira. Moitos destes serradoiros localiz\u00e1banse nas marxes das r\u00edas ou preto da costa para facilitar a exportaci\u00f3n da madeira por mar. Nos anos setenta do pasado s\u00e9culo creouse a f\u00e1brica de UNEMSA, en Erbecedo (Coristanco), que produce diferentes tipos de aglomerado de madeira.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"567\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/55.-No-pasado-seculo-abundaban-os-serradoiros-na-Costa-da-Morte-Arquivo-Vidal-1024x567.webp\" alt=\"55. No Pasado Se\u0301culo Abundaban Os Serradoiros Na Costa Da Morte (arquivo Vidal)\" class=\"wp-image-371\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/55.-No-pasado-seculo-abundaban-os-serradoiros-na-Costa-da-Morte-Arquivo-Vidal-1024x567.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/55.-No-pasado-seculo-abundaban-os-serradoiros-na-Costa-da-Morte-Arquivo-Vidal-300x166.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/55.-No-pasado-seculo-abundaban-os-serradoiros-na-Costa-da-Morte-Arquivo-Vidal-768x426.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/55.-No-pasado-seculo-abundaban-os-serradoiros-na-Costa-da-Morte-Arquivo-Vidal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>No pasado se\u0301culo abundaban os serradoiros na Costa da Morte (Arquivo Vidal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A Costa da Morte desde tempos antigos dispo\u00f1\u00eda dunha feble rede viaria que atravesaba o seu territorio. No s\u00e9culo XIX os seus cami\u00f1os atop\u00e1banse en p\u00e9simo estado. Pontes coma a de Baio sobre o r\u00edo do Porto ou a de Ponteceso sobre o r\u00edo Anll\u00f3ns botaban anos en estado ruinoso. O cami\u00f1o m\u00e1is importante era o da Coru\u00f1a a Corcubi\u00f3n e Fisterra, que na segunda metade dese s\u00e9culo se converteu en estrada. A partir dela trazaranse os ramais que comunicaban esta v\u00eda coas vilas de Malpica, Camari\u00f1as e Mux\u00eda. De levarse a cabo o trazado da v\u00eda f\u00e9rrea da Coru\u00f1a a Corcubi\u00f3n a inicios do s\u00e9culo XX, o desenvolvemento econ\u00f3mico desta nosa rexi\u00f3n costeira ser\u00eda maior.<\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade as v\u00edas de comunicaci\u00f3n por estrada melloraron notablemente, sobre todo coa cidade da Coru\u00f1a despois da construci\u00f3n da autoestrada que une esta cidade coa vila de Carballo e coa apertura do tramo da autov\u00eda da Costa da Morte entre Carballo e Baio, que xa se deber\u00eda ter prolongado ata Cee. A comunicaci\u00f3n con Santiago e co sur de Galicia \u00e9 m\u00e1is precaria e precisa de v\u00edas de mellores condici\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>O comercio en tempos atr\u00e1s tam\u00e9n estaba pouco desenvolvido e case todo el se realizaba por mar, xa que as v\u00edas terrestres eran escasas e deficitarias. No interior das r\u00edas era onde se localizaban os pequenos portos comerciais. Fisterra, Corcubi\u00f3n e Cee, na r\u00eda de Corcubi\u00f3n; Mux\u00eda, Camari\u00f1as e Ponte do Porto, na de Camari\u00f1as; e Laxe, Corme e Ponteceso, na r\u00eda de Corme e Laxe. Desde estes portos distribu\u00edanse \u00e1s localidades de interior os produtos que chegaban (vi\u00f1o, aceite, ferro, cal, sal etc.) e tam\u00e9n se lle daba sa\u00edda a aqueles que se exportaban, que eran sobre todo agr\u00edcolas: trigo, millo, centeo, patacas, fabas ou cebolas; peixe curado ou salgado: sardi\u00f1as, congro ou pescada; madeira de pi\u00f1eiro, pero tam\u00e9n encaixe e oler\u00eda de Bu\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>O comercio por v\u00eda terrestre realiz\u00e1base nas feiras que hab\u00eda distribu\u00eddas por todo o territorio. As de maior entidade eran as de Cee, A Picota, Ba\u00ed\u00f1as, Quint\u00e1ns, Ponte do Porto, Baio, A Agualada, Anll\u00f3ns, Leiloio, Verdillo e Paiosaco. De todas elas as d\u00faas m\u00e1is importantes eran a de&nbsp;<strong>Baio<\/strong>, na Terra de Soneira, que se celebraba o terceiro domingo de cada mes no campo da Piroga (Bamiro, Vimianzo), cando menos desde o ano 1741 e a de&nbsp;<strong>Verdillo<\/strong>, na comarca de Berganti\u00f1os, que se celebraba na parroquia de Artes o cuarto domingo. Esta no ano 1941 trasladarase \u00e1 vila de Carballo despois de varios anos de protesta dos veci\u00f1os e cregos das parroquias de Verdillo, Artes e Sof\u00e1n. En todas elas, ademais da transacci\u00f3n de todo tipo de gando e produtos agr\u00edcolas, tam\u00e9n se vend\u00eda panos, calzado, ferramentas, cer\u00e1mica e moitos outros produtos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"677\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/56.-Feira-da-Trabe-Ponteceso-Arquivo-Vidal-1024x677.webp\" alt=\"56. Feira Da Trabe, Ponteceso (arquivo Vidal)\" class=\"wp-image-370\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/56.-Feira-da-Trabe-Ponteceso-Arquivo-Vidal-1024x677.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/56.-Feira-da-Trabe-Ponteceso-Arquivo-Vidal-300x198.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/56.-Feira-da-Trabe-Ponteceso-Arquivo-Vidal-768x508.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/56.-Feira-da-Trabe-Ponteceso-Arquivo-Vidal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Feira da Trabe, Ponteceso (Arquivo Vidal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A nivel hist\u00f3rico o acontecemento m\u00e1is importante que sucedeu no pasado s\u00e9culo XX foi o estalido da&nbsp;<strong>Guerra Civil<\/strong>, que traer\u00eda graves consecuencias para as terras da Costa da Morte, sobre todo naquelas vilas onde hab\u00eda un activo movemento sindical, como eran as de Cee pola existencia da f\u00e1brica de Carburos ou a da Ponte do Porto, polos serradoiros de madeira.<\/p>\n\n\n\n<p>A represi\u00f3n que exerceu o r\u00e9xime franquista durante os anos do conflito ou na posguerra contra persoas de ideas republicanas ou sindicalistas foi enorme. Co\u00f1ecemos moitas destas actuaci\u00f3ns grazas ao labor investigador do corcubion\u00e9s Luis Lamela Garc\u00eda, recollidas no seu libro&nbsp;<em>Cr\u00f3nica de una represi\u00f3n en la \u201cCosta da Morte\u201d<\/em>&nbsp;(1995), no que aparecen procesos militares, depuraci\u00f3ns, incautaci\u00f3ns, \u201cpaseos\u201d e sanci\u00f3ns que sufriron moitos veci\u00f1os durante estes terribles anos. Houbo uns 110 exiliados, m\u00e1is de 100 mortos e numerosos encarcerados e fuxidos, moitos destes \u00faltimos agoch\u00e1ronse entre os penedos do monte Pindo.<\/p>\n\n\n\n<p>Trala morte do ditador Franco, comeza un novo per\u00edodo democr\u00e1tico coa aprobaci\u00f3n da Constituci\u00f3n de 1978 e as primeiras elecci\u00f3ns do ano seguinte. Nesta nova etapa produc\u00edronse na Costa da Morte certas melloras nas actividades do sector primario e increment\u00e1ronse o da construci\u00f3n e servizos, pero isto non foi suficiente para frear a emigraci\u00f3n da poboaci\u00f3n cara a outras zonas m\u00e1is desenvolvidas do Estado ou cara a outros pa\u00edses europeos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"742\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/57.-Polos-anos-setenta-e-oitenta-a-pesca-era-abundante-nos-portos-da-Costa-da-Morte-Lonxa-de-Muxia-1024x742.webp\" alt=\"57. Polos Anos Setenta E Oitenta A Pesca Era Abundante Nos Portos Da Costa Da Morte (lonxa De Muxi\u0301a)\" class=\"wp-image-360\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/57.-Polos-anos-setenta-e-oitenta-a-pesca-era-abundante-nos-portos-da-Costa-da-Morte-Lonxa-de-Muxia-1024x742.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/57.-Polos-anos-setenta-e-oitenta-a-pesca-era-abundante-nos-portos-da-Costa-da-Morte-Lonxa-de-Muxia-300x217.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/57.-Polos-anos-setenta-e-oitenta-a-pesca-era-abundante-nos-portos-da-Costa-da-Morte-Lonxa-de-Muxia-768x556.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/57.-Polos-anos-setenta-e-oitenta-a-pesca-era-abundante-nos-portos-da-Costa-da-Morte-Lonxa-de-Muxia.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Polos anos setenta e oitenta a pesca era abundante nos portos da Costa da Morte (Lonxa de Muxi\u0301a)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>La pesca costera en las d\u00e9cadas de los a\u00f1os setenta y ochenta vivi\u00f3 momentos de bonanza, pero despu\u00e9s los caladeros dieron muestras de agotamiento y por parte de la CEE se impusieron las limitaciones en las capturas, lo que ocasionar\u00eda una crisis en el sector. <\/p>\n\n\n\n<p>En el campo no se produjo una modernizaci\u00f3n a no ser en las explotaciones ganaderas y tampoco se cre\u00f3 una industria de transformaci\u00f3n de las materias primas existentes en el territorio, por lo que la creaci\u00f3n de puestos de trabajo no ser\u00e1 suficiente para emplear a toda la poblaci\u00f3n activa que hab\u00eda. En estos momentos el sector tur\u00edstico es el m\u00e1s din\u00e1mico y el que est\u00e1 creando mayor n\u00famero de empleos, aunque estos sean temporales. A Costa da Morte dispone de suficientes recursos para atraer un turismo de calidad, por lo que habr\u00eda que apostar.<\/p>\n\n\n\n<p>Su rico patrimonio natural que se extiende a lo largo de toda la zona costera y tambi\u00e9n por zonas del interior, junto con un espl\u00e9ndido patrimonio hist\u00f3rico y cultural, unido a una rica y variada gastronom\u00eda, convierten a esta regi\u00f3n en una de las de mayor potencial tur\u00edstico de Galicia, siempre que estos bienes patrimoniales se cuiden y se pongan en valor.<br><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":17,"template":"","pagina-padre":[95],"level-pagina":[66],"class_list":["post-1219","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-raices-historicas-gl","level-pagina-66"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1219","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1219\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1248,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1219\/revisions\/1248"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1219"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1219"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1219"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}