{"id":1220,"date":"2024-09-07T20:27:38","date_gmt":"2024-09-07T18:27:38","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1220"},"modified":"2024-11-21T19:06:33","modified_gmt":"2024-11-21T18:06:33","slug":"lendas","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/lendas\/","title":{"rendered":"Lendas"},"content":{"rendered":"\n<p>O patrimonio lendario creado polos habitantes dun territorio resulta dun gran valor para co\u00f1ecer a historia do mesmo, xa que a trav\u00e9s desta riqueza cultural imaxinaria m\u00f3strase a resposta da s\u00faa poboaci\u00f3n aos interrogantes transcendentais que presentaron os humanos que formaban parte desa comunidade. Preguntas que tratan de explicar a s\u00faa procedencia, o seu papel na Terra e o que hai m\u00e1is Al\u00e1 da vida terreal.<\/p>\n\n\n\n<p>As respostas a estas preguntas en cada cultura son diferentes e deron orixe a un conxunto de mitos, lendas, crenzas ou ritos que son os que lle atribu\u00edron identidade a ese grupo humano e lle dan personalidade propia.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai territorios que, pola s\u00faa situaci\u00f3n xeogr\u00e1fica, as caracter\u00edsticas do seu medio f\u00edsico, polo contacto con outras culturas ou por outras circunstancias, crearon un imaxinario cultural de maior riqueza e que se prolongou no tempo cunha enorme fortaleza. Isto sucedeu na Costa da Morte, un territorio na periferia da periferia do continente europeo, onde a terra remata e comeza a inmensidade das augas do oc\u00e9ano.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta situaci\u00f3n extrema do continente europeo foi o motivo principal da riqueza lendaria desta rexi\u00f3n occidental de Galicia. Toda ela vinculada a lugares concretos da s\u00faa xeograf\u00eda: pedras, lagoas, montes, covas, \u00e1rbores ou restos hist\u00f3ricos, lugares sagrados relacionados con antigas divindades e m\u00e1is tarde cristianizados, onde actualmente se sit\u00faan os principais santuarios que hai nesta rexi\u00f3n costeira.<\/p>\n\n\n\n<p>O propio nome da&nbsp;<strong>Costa da Morte<\/strong>&nbsp;tam\u00e9n participa dese imaxinario lendario que trata de explicar a s\u00faa orixe. Hai quen opina que poder\u00eda estar relacionado coa morte do sol que cada d\u00eda se mergulle nas augas atl\u00e1nticas, a\u00ednda que haxa unha maior\u00eda que defende que procede dos numerosos naufraxios que aconteceron nesta perigosa costa.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas cat\u00e1strofes mari\u00f1as tampouco se libraron dunha aura lendaria que fala de que eran provocadas por malvados para aproveitarse do seu bot\u00edn, desalmados que nas noites de temporais se achegaban \u00e1 costa acompa\u00f1ados de vacas \u00e1s que lle po\u00f1\u00edan farois nos cornos para que simularan embarcaci\u00f3ns que navegaban m\u00e1is pr\u00f3ximas ao litoral, incitando aos barcos a arrimarse \u00e1 costa e provocando as\u00ed o naufraxio. Todos os estudosos destes accidentes desmentiron a veracidade desta lenda macabra, que a\u00ednda segue viva na memoria dalgunha xente.<\/p>\n\n\n\n<p>O granito \u00e9 a rocha predominante nas terras da Costa da Morte sobre todo nas costeiras. Cando se erosiona pola acci\u00f3n do vento ou da auga reproduce formas singulares, algunhas de tipo antropom\u00f3rfico ou zoom\u00f3rfico, que espertaron a curiosidade dos habitantes da contorna e que lles outorgaron a esas penas un valor transcendental, convert\u00e9ndoas en obxectos de culto sobre as que realizaban certas pr\u00e1cticas rituais para curar enfermidades ou coa intenci\u00f3n de conseguir outro tipo de beneficio para a xente.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/58.-Romeiros-nas-pedras-de-Abalar-e-dos-Cadris-de-Muxia-1024x685.webp\" alt=\"58. Romeiros Nas Pedras De Abalar E Dos Cadri\u0301s De Muxi\u0301a\" class=\"wp-image-348\" style=\"width:840px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/58.-Romeiros-nas-pedras-de-Abalar-e-dos-Cadris-de-Muxia-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/58.-Romeiros-nas-pedras-de-Abalar-e-dos-Cadris-de-Muxia-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/58.-Romeiros-nas-pedras-de-Abalar-e-dos-Cadris-de-Muxia-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/58.-Romeiros-nas-pedras-de-Abalar-e-dos-Cadris-de-Muxia.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Romeiros nas pedras de Abalar e dos Cadri\u0301s de Muxi\u0301a<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Existen varios lugares da Costa da Morte nos que se practicaron e a\u00ednda practican ritos relacionados coas pedras, de todos eles o m\u00e1is co\u00f1ecido \u00e9 a&nbsp;<strong>punta da Barca de Mux\u00eda<\/strong>&nbsp;onde, segundo o profesor muxi\u00e1n Ant\u00f3n Castro, houbo un destacado santuario de culto prehist\u00f3rico \u00e1s pedras, posteriormente cristianizado a trav\u00e9s do santuario da Virxe da Barca. O que na s\u00faa orixe puido ser un espazo de culto \u00e1 fecundidade converter\u00edase logo no santuario cristi\u00e1n m\u00e1is salientable de toda esta rexi\u00f3n costeira. Os monxes do mosteiro de Moraime ser\u00edan os impulsores deste centro relixioso, asimilando antigos cultos pag\u00e1ns e os inventores da lenda da chegada da Virxe nunha barca de pedra, integrando nela os penedos m\u00e1is singulares deste espazo sagrado como a&nbsp;<strong>Pedra de Abalar<\/strong>&nbsp;ou a&nbsp;<strong>Pedra dos Cadr\u00eds<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Existen neste territorio occidental outras pedras senlleiras \u00e1s que se lles atrib\u00faen propiedades fertilizantes, como a chamada&nbsp;<strong>Cama do Santo<\/strong>, situada na desaparecida capela de San Guillerme de Fisterra, \u00e1 que, segundo o padre Sarmiento, acud\u00edan os matrimonios est\u00e9riles para teren descendencia. Este mesmo monxe ilustrado tam\u00e9n cita a existencia destas pr\u00e1cticas nalg\u00fans penedos do monte Pindo.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai pedras que polo seu volume ou pola s\u00faa situaci\u00f3n conservan tam\u00e9n lendas, como o enorme penedo fendido denominado&nbsp;<strong>Sala do Perello<\/strong>, pr\u00f3ximo ao santuario da Barca, un lugar retirado do n\u00facleo urbano de Mux\u00eda e axeitado para agocharse as parellas, e polo tanto propenso ao pecado, ao que os rapaces lles estaba prohibido achegarse.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"620\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/59.-Pedra-da-Serpe-de-Gondomil-en-Corme.webp\" alt=\"59. Pedra Da Serpe De Gondomil, En Corme.\" class=\"wp-image-361\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/59.-Pedra-da-Serpe-de-Gondomil-en-Corme.webp 620w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/59.-Pedra-da-Serpe-de-Gondomil-en-Corme-225x300.webp 225w\" sizes=\"auto, (max-width: 620px) 100vw, 620px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Pedra da Serpe de Gondomil, en Corme.<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>pedra da Serpe<\/strong>&nbsp;de Gondomil, en Corme, na que se ve esculpida a figura dunha serpe alada, a xeito de drag\u00f3n, deu lugar \u00e1 lenda de Santo Adri\u00e1n, patr\u00f3n desta parroquia, segundo a cal, aquel val estaba inzado de serpes que atacaban aos veci\u00f1os, pero ao chegar al\u00ed o santo e dar un peto forte co p\u00e9, todos os r\u00e9ptiles quedaron soterrados debaixo do penedo.<\/p>\n\n\n\n<p>Da&nbsp;<strong>pedra do Frade,<\/strong>&nbsp;situada no cami\u00f1o de Vilaseco cara a Mux\u00eda, c\u00f3ntase que ao seu car\u00f3n foi devorado polos lobos un frade que se dirix\u00eda ao mosteiro de Moraime, do que deixaron tan s\u00f3 as sandalias e parte da vestimenta. En sinal deste suceso chantouse unha cruz enriba.<\/p>\n\n\n\n<p>Un tipo de lendas abundantes na Costa da Morte son as relacionadas coas augas das lagoas, r\u00edos ou do mar. As lendas das cidades asolagadas est\u00e1n moi presentes nesta parte occidental de Galicia. Algunhas delas a\u00ednda se conservan na memoria da xente que rodea estes espazos como a da&nbsp;<strong>lagoa de Alcai\u00e1n<\/strong>&nbsp;en Seavia (Coristanco), actualmente convertida nunha bra\u00f1a, co\u00f1ecida como a Bra\u00f1a Rubia, pola cor avermellada das s\u00faas terras. C\u00f3ntase dela que un d\u00eda chegaron \u00e1 cidade que hab\u00eda neste sitio Xesucristo e San Pedro disfrazados de esmoleiros a pedir pousada e os veci\u00f1os non os quixeron acoller nas s\u00faas casas e, ademais, encirr\u00e1ronlles os cans. Ent\u00f3n Xesucristo pronunciou estas verbas:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>Adeus vila de Alcai\u00e1n<\/em> <em>que me encirraches os cans.<\/em> <em>Te afundir\u00e1s<\/em> <em>e nunca arriba volver\u00e1s.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>E a continuaci\u00f3n afundiuse a cidade baixo as augas da lagoa. Por iso alg\u00fans d\u00edas se oen naquel lugar tocar as camp\u00e1s, cantar os galos ou ladrar os cans.<\/p>\n\n\n\n<p>Na&nbsp;<strong>lagoa de Traba de Laxe<\/strong>, segundo a lenda, existiu a cidade de Valverde, \u00e1 que chegou un d\u00eda o Ap\u00f3stolo Santiago, patr\u00f3n da parroquia, a pedir pousada e ning\u00fan veci\u00f1o lla quixo dar, tan s\u00f3 unha anci\u00e1 lle ofreceu hospitalidade. Ao d\u00eda seguinte convidou a esta se\u00f1ora que o acompa\u00f1ara ao alto da Moa. Cando chegaron al\u00ed, ollaron para atr\u00e1s e viron como a vila desaparec\u00eda baixo as augas da lagoa<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/60.-Lagoa-de-Traba-de-Laxe-1024x768.webp\" alt=\"60. Lagoa De Traba De Laxe\" class=\"wp-image-356\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/60.-Lagoa-de-Traba-de-Laxe-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/60.-Lagoa-de-Traba-de-Laxe-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/60.-Lagoa-de-Traba-de-Laxe-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/60.-Lagoa-de-Traba-de-Laxe.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Lagoa de Traba de Laxe<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Unha versi\u00f3n semellante as d\u00faas lendas anteriores \u00e9 a da&nbsp;<strong>cidade de Duio<\/strong>, en Fisterra, onde tam\u00e9n debeu haber unha lagoa no fondo do val. Hai varias versi\u00f3ns do relato, un deles di que chegou Xesucristo e parouse diante do cruceiro do Rapadoiro e desde al\u00ed dixo: \u201cque Deus vos converta, que n\u00f3s non podemos\u201d, e a cidade desapareceu.<\/p>\n\n\n\n<p>A cidade m\u00edtica de Duio tam\u00e9n est\u00e1 presente na lenda da translaci\u00f3n dos restos do Ap\u00f3stolo Santiago a Galicia, pois nela era onde viv\u00eda o rei ou gobernador romano ao que a ra\u00ed\u00f1a Lupa enviou aos disc\u00edpulos que portaban o corpo do Ap\u00f3stolo para solicitar un lugar onde soterralo, historia que se recolle no&nbsp;<em>C\u00f3dice Calixtino<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>Lendas semellantes ser\u00edan a da cidade de Valverde da praia da Ermida, en Corme, a cidade de Galilea na lagoa de Baldaio ou a cidade da lagoa das Xarfas de Louro.<\/p>\n\n\n\n<p>As fontes, pozos ou r\u00edos tam\u00e9n son lugares propicios para a aparici\u00f3n de seres fant\u00e1sticos. Na fonte de San Paio (Coristanco), aparece pola noite unha gali\u00f1a con pitos; na de San Xo\u00e1n do Esto (Cabana de Berganti\u00f1os) na noite de San Xo\u00e1n vense uns gravados nunha rocha que hai ao seu car\u00f3n; no pozo da Forca (Riob\u00f3, Cabana de Berganti\u00f1os) at\u00f3pase unha grade de ouro, e no pozo da Xerpa, na desembocadura do r\u00edo Anll\u00f3ns, emerxe un ser fant\u00e1stico, metade corpo de muller e metade de serpe, que engaiola e atrae aos que ollen para el.<\/p>\n\n\n\n<p>Abundantes son tam\u00e9n as lendas que fan referencia aos montes, como o&nbsp;<strong>monte Neme<\/strong>, cuxo nome significa \u2018bosque sagrado\u2019, que seguramente te\u00f1a que ver coa existencia no seu cume dun c\u00edrculo l\u00edtico ou cr\u00f3mlech, co\u00f1ecido popularmente como Eira das Meigas, onde, segundo a tradici\u00f3n oral, se xuntaban as meigas da contorna na noite de San Xo\u00e1n para ditar sentenzas xudiciais contra os humanos. Espazo que ser\u00eda m\u00e1is tarde cristianizado coa capela de Santa Cristina.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/61.-Monte-Neme-desde-a-lagoa-de-Baldaio-1024x766.webp\" alt=\"61. Monte Neme Desde A Lagoa De Baldaio\" class=\"wp-image-353\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/61.-Monte-Neme-desde-a-lagoa-de-Baldaio-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/61.-Monte-Neme-desde-a-lagoa-de-Baldaio-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/61.-Monte-Neme-desde-a-lagoa-de-Baldaio-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/61.-Monte-Neme-desde-a-lagoa-de-Baldaio.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em> Monte Neme desde a lagoa de Baldaio<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Nos penedos de Pasarela e Traba, aut\u00e9ntico parque tem\u00e1tico natural, sit\u00faase o&nbsp;<strong>Torre da Moa<\/strong>, unha atalaia sobre o val e a praia de Traba, formada por un enorme penedo que semella unha moa de mu\u00ed\u00f1o ou dental. C\u00f3ntase que debaixo dela estaba a Capela dos Mouros, constru\u00edda por estes m\u00edticos personaxes, onde agochaban os seus tesouros. Tam\u00e9n se di que hab\u00eda un t\u00fanel que comunicaba este lugar coa lagoa de Traba.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>monte Facho de Fisterra<\/strong>&nbsp;que remata no co\u00f1ecido cabo ou promontorio Nerio \u00e9 tam\u00e9n un monte cheo de historias e lendas. Son varios os lugares deste monte que conservan relatos fant\u00e1sticos, como&nbsp;<strong>as pedras Santas<\/strong>, das que se di que sobre elas descansou a Virxe ou sitio no que se situaba a&nbsp;<strong>capela de San Guillerme<\/strong>, \u00e1 que fixemos anteriormente alusi\u00f3n. Hai quen identificou este santo como o duque de Aquitania, Guillerme X, inmortalizado no personaxe de don Gaiferos, pero tam\u00e9n hai quen di que puido tratarse dun ermit\u00e1n que viviu al\u00ed. Coa figura de San Guillerme tam\u00e9n se identifica a lenda do barril de vi\u00f1o, que relata o viaxeiro polaco Erich Lassota no s\u00e9culo XVI.<\/p>\n\n\n\n<p>A co\u00f1ecida&nbsp;<strong>lenda de Orcavella<\/strong>&nbsp;tam\u00e9n se localiza nun lugar do monte Facho de Fisterra, recollida no s\u00e9culo XVI polo cabaleiro navarro Juli\u00e1n \u00cd\u00f1eguez, peregrino que chegou a Fisterra e que escoitou este relato sobre unha muller anci\u00e1 que viviu 176 anos, esperta en artes m\u00e1xicas, que roubaba e com\u00eda todos os meni\u00f1os que ca\u00edan nas s\u00faas mans. Cansa de vivir retirouse a este monte e escavou unha tumba entre uns penedos e, coa axuda dun pastor que ela ti\u00f1a preso e encantado, cubriu o sepulcro cunha enorme lousa e abrazada a el morreu aos tres d\u00edas. Os compa\u00f1eiros do pastor, ao o\u00edr os seus berros, intentaron rescatalo, pero non puideron porque a tumba estaba rodeado de serpes.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/62.-O-Pindo-e-o-monte-mais-mitico-e-lendario-da-Costa-da-1024x768.webp\" alt=\"62. O Pindo E\u0301 O Monte Ma\u0301is Mi\u0301tico E Lendario Da Costa Da\" class=\"wp-image-351\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/62.-O-Pindo-e-o-monte-mais-mitico-e-lendario-da-Costa-da-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/62.-O-Pindo-e-o-monte-mais-mitico-e-lendario-da-Costa-da-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/62.-O-Pindo-e-o-monte-mais-mitico-e-lendario-da-Costa-da-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/62.-O-Pindo-e-o-monte-mais-mitico-e-lendario-da-Costa-da.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>O Pindo e\u0301 o monte ma\u0301is mi\u0301tico e lendario da Costa da<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Outro dos lugares m\u00edticos da Costa da Morte \u00e9 o&nbsp;<strong>monte Pindo<\/strong>, tam\u00e9n co\u00f1ecido como o Olimpo Celta. A s\u00faa proximidade ao mar e as escarpadas cumes gran\u00edticas convert\u00e9rono nun espazo propenso para as lendas. A intensa fragmentaci\u00f3n das s\u00faas rochas creou unha orograf\u00eda chea de cristas, covas e barrancos que dificultan cami\u00f1ar pola s\u00faa superficie. Ao padre Sarmiento cham\u00e1ronlle a atenci\u00f3n as m\u00faltiples historias que se contaban sobre este macizo pedroso, como que nel medraba moito a herba durante a noite, que estaba cheo de plantas medicinais ou que a el acud\u00edan os matrimonios est\u00e9riles para teren familia. F\u00e1lase de que houbo d\u00faas fortalezas, unha no cume de Penafiel, derribada polos irmandi\u00f1os e outra no Pedrullo, que databa do s\u00e9culo X. Sobre esta dise que a ra\u00ed\u00f1a Lupa ti\u00f1a al\u00ed un dos seus palacios. Tam\u00e9n se contaba desta m\u00edtica ra\u00ed\u00f1a que estaba soterrada no cume da Moa, acompa\u00f1ada dun tesouro.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai un t\u00fanel natural neste monte co\u00f1ecido como a&nbsp;<strong>Casa de Xoana<\/strong>, do que se conta que a noite de San Xo\u00e1n se xuntan as meigas da contorna para preparar os meigallos do ano e logo dir\u00edxense ao Chan das Lamas, unha chanceira tam\u00e9n deste monte, e desde al\u00ed cada unha colle rumbo ao seu destino.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai lendas creadas sobre covas ou t\u00faneles. De todas elas a m\u00e1is co\u00f1ecida \u00e9 a&nbsp;<strong>lenda da Buserana<\/strong>, situada no extremo norte do monte Cachelmo de Mux\u00eda, preto do actual parador de turismo da Costa da Morte. Dentro desta cova esc\u00f3itanse os ronquidos do mar nos d\u00edas de temporal, que seguramente foron os que deron orixe a esta historia e dos que falan os mari\u00f1eiros de Mux\u00eda, pero foi o poeta muxi\u00e1n Gonzalo L\u00f3pez Abente o que realizou a recreaci\u00f3n literaria desta lenda na s\u00faa novela curta&nbsp;<em>Buserana<\/em>, publicada en 1925. O relato fant\u00e1stico relaciona esta cova co castro de Xans\u00f3n, situado nun monte pr\u00f3ximo, no que se situar\u00eda o hipot\u00e9tico castelo do pai de Florinda, a moza protagonista, namorada do trobeiro Buser\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/62bis.-Furna-da-Buserana-1024x768.webp\" alt=\"62bis. Furna Da Buserana\" class=\"wp-image-350\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/62bis.-Furna-da-Buserana-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/62bis.-Furna-da-Buserana-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/62bis.-Furna-da-Buserana-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/62bis.-Furna-da-Buserana.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Furna da Buserana<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>As lendas sobre t\u00faneles son moi abundantes nos restos hist\u00f3ricos, como castros ou fortalezas medievais; unha das m\u00e1is populares \u00e9 a que fala dun t\u00fanel que hab\u00eda entre as torres e a igrexa de Santiago de Mens (Malpica). C\u00f3ntase que un conde que viv\u00eda nestas torres raptou unha moza e t\u00ed\u00f1aa presa no castelo. Os veci\u00f1os para liberala decidiron asaltar a fortaleza e o conde ao verse acurralado intentou fuxir a trav\u00e9s do pasadizo, pero os veci\u00f1os prend\u00e9ronlle lume nas d\u00faas bocas e o nobre morreu no interior. Conta a veci\u00f1anza que desde aquela o trigo que se planta por onde pasaba o t\u00fanel medra menos e marelece antes.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai \u00e1rbores aos&nbsp;que, pola s\u00faa antig\u00fcidade ou por estaren situados ao p\u00e9 dun santuario, se lles outorga poderes curativos ou sobrenaturais. As\u00ed, do vello&nbsp;<strong>carballo de Santo Ant\u00f3n de Vilardefrancos<\/strong>&nbsp;(Artes, Carballo), considerado como o m\u00e1is antigo deste territorio, dise que naceu no interior da capela dedicada a este santo. A el atrib\u00faenselle dotes casamenteiros. Se se achega a el unha moza e d\u00e1 tres voltas arredor da \u00e1rbore e consegue introducir unha pedra nun dos seus ocos, casar\u00e1 antes dun ano.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao carballo centenario que hai a car\u00f3n da&nbsp;<strong>capela de San Fins de Cambeda<\/strong>&nbsp;(Vimianzo) atrib\u00faenselle propiedades para curar enfermidades como hernias ou males de barriga. Para sandar os nenos herniados realiz\u00e1base o rito de pasar nove veces a trav\u00e9s dunha p\u00f3la fendida. Se a rama volve a prender, o cativo cura. Tam\u00e9n se practica a tradici\u00f3n de dar nove voltas arredor da \u00e1rbore para curar calquera tipo de doenza.<\/p>\n\n\n\n<p>Os restos hist\u00f3ricos m\u00e1is antigos, como dolmens ou castros, son proclives \u00e1 invenci\u00f3n de lendas que tratan de explicar a s\u00faa orixe ou a s\u00faa funci\u00f3n. As\u00ed foi como naceron as&nbsp;<strong>lendas de mouras e mouros<\/strong>, relacionadas con estes monumentos prehist\u00f3ricos.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai quen defende que as lendas de mouras construtoras de meg\u00e1litos son anteriores aos romanos e por iso se semellan \u00e1s doutros territorios atl\u00e1nticos, como Breta\u00f1a ou Irlanda.<\/p>\n\n\n\n<p>Os dolmens na antig\u00fcidade puideron ser lugares de culto \u00e1 fertilidade ou de cura de doenzas, polo que a igrexa cat\u00f3lica lles outorgou connotaci\u00f3ns negativas aos persoeiros desas lendas, convertendo as mouras en bruxas ou meigas noxentas para que a xente non se achegase a eses espazos. Mais eses antigos seres, con poderes para transportar enormes penedos, poder\u00edan representar antigas divindades femininas, como deusas da fertilidade \u00e1s que se lle rend\u00eda culto.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"769\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/63.-A-Pedra-da-Arca-de-Malpica-e-un-dos-dolmens-que-conserva-a-lenda-da-moura-1024x769.webp\" alt=\"63. A Pedra Da Arca De Malpica E\u0301 Un Dos Dolmens Que Conserva A Lenda Da Moura\" class=\"wp-image-338\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63.-A-Pedra-da-Arca-de-Malpica-e-un-dos-dolmens-que-conserva-a-lenda-da-moura-1024x769.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63.-A-Pedra-da-Arca-de-Malpica-e-un-dos-dolmens-que-conserva-a-lenda-da-moura-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63.-A-Pedra-da-Arca-de-Malpica-e-un-dos-dolmens-que-conserva-a-lenda-da-moura-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63.-A-Pedra-da-Arca-de-Malpica-e-un-dos-dolmens-que-conserva-a-lenda-da-moura.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>A Pedra da Arca de Malpica e\u0301 un dos dolmens que conserva a lenda da moura<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O personaxe da moura tam\u00e9n se pode representar como unha moza fermosa de cabelos louros e moi atractiva. Aparece en lugares relacionados coa auga (fontes, r\u00edos ou pozos), d\u00e1ndolle o peito a un cativo, lavando a roupa ou peiteando os seus cabelos, pero os poderes sobrenaturais perm\u00edtenlle desaparecer ou converterse en serpe. E para que volva a ser muller \u00e9 preciso saber desencantala.<\/p>\n\n\n\n<p>Os mouros est\u00e1n m\u00e1is relacionados cos castros, nalg\u00fans casos foron os seus habitantes e os construtores destes recintos. Os seus modos de vida presentan certas similitudes cos humanos, pero difer\u00e9ncianse en que pos\u00faen poderes&nbsp;sobrenaturais, como volverse invisibles ou levantar unha construci\u00f3n nunha noite. Viven baixo terra, acompa\u00f1ados de grandes tesouros.<\/p>\n\n\n\n<p>Na Costa da Morte son tam\u00e9n abundantes as&nbsp;<strong>lendas sobre virxes ou santos<\/strong>, lendas haxiogr\u00e1ficas, que te\u00f1en por finalidade explicar o porqu\u00e9 da construci\u00f3n dun santuario en determinado lugar ou a aparici\u00f3n da divindade \u00e1 que est\u00e1 dedicado. En moitos dos santuarios desta nosa rexi\u00f3n costeira a lenda dinos que o seu patr\u00f3n ou patroa chegou a trav\u00e9s do mar como o Cristo de Fisterra, a Virxe da Xunqueira, o San Marcos de Corcubi\u00f3n, a Virxe da Barca, a Virxe do Monte de Camari\u00f1as ou o Esp\u00edrito Santo de Camelle. Outras lendas falan de que os veci\u00f1os intentaron levar para a igrexa parroquial a imaxe aparecida, pero esta volve ao lugar de aparici\u00f3n, para mostrar que \u00e9 nese sitio onde desexa que lle levanten a capela.<\/p>\n\n\n\n<p>Relacionada co cami\u00f1o xacobeo de Fisterra e Mux\u00eda temos a lenda sobre o&nbsp;<strong>v\u00e1kner<\/strong>, un desco\u00f1ecido animal salvaxe ao que fai referencia o peregrino armenio M\u00e1rtir, bispo de Adzenj\u00e1n co que se atopou ao cruzar unha zona montes\u00eda, preto do Marco do Couto (Os Buxantes, Dumbr\u00eda), no cami\u00f1o a Fisterra no ano 1492. Este viaxeiro relixioso chega a Santiago de Compostela despois de peregrinar por varios pa\u00edses europeos entre os anos 1489 e 1496.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"844\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/63bis2.-Escultura-do-vakner-elaborada-por-Candido-Pazos-844x1024.webp\" alt=\"63bis2. Escultura Do Va\u0301kner Elaborada Por Ca\u0301ndido Pazos\" class=\"wp-image-342\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63bis2.-Escultura-do-vakner-elaborada-por-Candido-Pazos-844x1024.webp 844w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63bis2.-Escultura-do-vakner-elaborada-por-Candido-Pazos-247x300.webp 247w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63bis2.-Escultura-do-vakner-elaborada-por-Candido-Pazos-768x932.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63bis2.-Escultura-do-vakner-elaborada-por-Candido-Pazos.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 844px) 100vw, 844px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Escultura do va\u0301kner elaborada por Ca\u0301ndido Pazos<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A escasa descrici\u00f3n que o peregrino fai desta fera fixo que resultase dif\u00edcil identificar o estra\u00f1o animal co que se atopou naquel tempo en terras tan solitarias desta ruta e que se manifestasen diferentes interpretaci\u00f3ns sobre esta enigm\u00e1tica besta, tanto desde unha visi\u00f3n realista como mitol\u00f3xica.<\/p>\n\n\n\n<p>A parte do texto deste peregrino no que se fai referencia a este animal, escrito en armenio vulgar, traducido primeiro ao franc\u00e9s a comezos do s\u00e9culo XIX por Antoine Jean Saint Martin e logo ao castel\u00e1n por Emilia Gayangos de Ria\u00f1o \u00e9 esta:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>\u201cPadec\u00edn moitos traballos e fatigas nesa viaxe, na que me atopei con gran cantidade de bestas bravas e moi perigosas. E encontreime co v\u00e1kner, animal salvaxe, grande e moi danoso.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>-Como puideches salvarte \u2013dic\u00edanme-, cando grupos de vinte persoas non puideron pasar?<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>Pasei deseguido ao pa\u00eds de Holani no que os habitantes se alimentaban tam\u00e9n de peixe e non comprend\u00eda a s\u00faa lingua. Trat\u00e1ronme coa maior consideraci\u00f3n, lev\u00e1ndome de casa en casa e admir\u00e1ndose de que fose quen de escapar do v\u00e1kner\u201d.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Para o tradutor franc\u00e9s o animal salvaxe ao que fai alusi\u00f3n M\u00e1rtir par\u00e9celle que ser\u00eda un touro ou un oso, non obstante, Gayangos, que realizou a versi\u00f3n en castel\u00e1n, identificouno cun lobo cerval (un lince boreal, que habitou na cornixa cant\u00e1brica ata o s\u00e9culo XIX). Estudosos como Jos\u00e9 Luis Pensado, Aurora Lest\u00f3n ou Fernando Alonso Romero non descartan que fose un animal imaxinario ou m\u00edtico. Para o primeiro poder\u00eda tratarse dun ser creado pola igrexa cat\u00f3lica coa intencionalidade de perseguir cultos pag\u00e1ns arraigados neste afastado territorio; a segunda considerouno como un drag\u00f3n e Alonso Romero incl\u00ednase por unha figura m\u00edtica do folclore popular de orixe indoeuropea pola semellanza co&nbsp;<em>besajaun<\/em>&nbsp;vasco, que habita nos bosques ou o&nbsp;<em>busgosu<\/em>&nbsp;asturiano, besta forzuda con pelaxe e cornos, e que en Galicia se poder\u00eda corresponder co nubeiro, ser maligno, causante de raios e tronadas. Mais tampouco descarta que fose un lobo ou un lobishome, unha figura tam\u00e9n indoeuropea.<\/p>\n\n\n\n<p>O bi\u00f3logo Marti\u00f1o Nercellas pretendeu ofrecer unha versi\u00f3n nova sobre este misterioso animal partindo das interpretaci\u00f3ns aportadas por anteriores autores e considerando aspectos zool\u00f3xicos relacionados con determinados sucesos acontecidos durante varios s\u00e9culos en toda Europa.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo el resulta moi dif\u00edcil que se tratase dun lobo cerval ou dun oso, especies que non ti\u00f1an presenza nesta zona naquela \u00e9poca. Tam\u00e9n resulta improbable identificalo cun touro salvaxe (uro), do que tampouco hai rastro da s\u00faa presenza nestes montes m\u00e1is occidentais. Desbota tam\u00e9n a posibilidade dun lobo nun estado biol\u00f3xico normal por ser un animal incapaz de atemorizar a un grupo de 20 persoas, pero non descarta que puidese ser un lobo contaxiado por un virus capaz de alterar o seu comportamento, que na fase m\u00e1is cr\u00faa do contaxio actuase con extrema violencia, un lobo diab\u00f3lico como puido ser a Besta de G\u00e9vaudan, que tanto dano causar\u00eda no sur de Francia. Cita casos destes animais enfermos noutros pa\u00edses de Europa, en Galicia e incluso na Costa da Morte. Ser\u00eda este animal rabioso o que viu o bispo M\u00e1rtir na s\u00faa peregrinaci\u00f3n a Fisterra? Preg\u00fantase Nercellas.<\/p>\n\n\n\n<p>O concello de Dumbr\u00eda despois de m\u00e1is de 500 anos dese relato do relixioso armenio prop\u00faxose potenciar a figura deste desco\u00f1ecido ser, coa finalidade de que poder\u00eda significar un atractivo m\u00e1is para dinamizar esta ruta xacobea de Fisterra e Mux\u00eda e tam\u00e9n un s\u00edmbolo de identidade e un recurso tur\u00edstico deste concello.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"684\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/63-Festival-Vakner-celebrado-o-28-de-maio-de-2022-1024x684.webp\" alt=\"63 Festival Va\u0301kner Celebrado O 28 De Maio De 2022\" class=\"wp-image-349\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63-Festival-Vakner-celebrado-o-28-de-maio-de-2022-1024x684.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63-Festival-Vakner-celebrado-o-28-de-maio-de-2022-300x200.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63-Festival-Vakner-celebrado-o-28-de-maio-de-2022-768x513.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/63-Festival-Vakner-celebrado-o-28-de-maio-de-2022.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Festival Va\u0301kner celebrado o 28 de maio de 2022<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Para acadar estes obxectivos e promocionar esta figura xa convertida en lenda programou unha ser\u00eda de actos nestes \u00faltimos anos como foron a organizaci\u00f3n dun Encontro Internacional sobre o Territorio V\u00e1kner en outubro de 2019 baixo o t\u00edtulo \u201cO V\u00e1kner, un mostro do medievo no Cami\u00f1o de Fisterra e Mux\u00eda\u201d, no que participaron investigadores deste tema ou relacionado con el; a instalaci\u00f3n dunha escultura de bronce de case 5 metros de alto que representase esta m\u00edtica figura creada polo artista C\u00e1ndido Pazos, nas proximidades do cruceiro do Marco do Couto; a celebraci\u00f3n do Festival V\u00e1kner. Estes dous \u00faltimos actos tiveron lugar o 28 de maio de 2022 e a convocatoria do Certame Literario Territorio V\u00e1kner, que vai na s\u00faa terceira edici\u00f3n, dirixido a escolares e persoas adultas.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":18,"template":"","pagina-padre":[95],"level-pagina":[66],"class_list":["post-1220","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-raices-historicas-gl","level-pagina-66"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1220","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1220\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1251,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1220\/revisions\/1251"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1220"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1220"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1220"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}