{"id":1256,"date":"2024-09-07T20:27:38","date_gmt":"2024-09-07T18:27:38","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1256"},"modified":"2024-11-21T19:07:01","modified_gmt":"2024-11-21T18:07:01","slug":"gastronomia-duplicar","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/gastronomia-duplicar\/","title":{"rendered":"GASTRONOM\u00cdA"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large destacada\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"668\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/05GastronomiaGCM-668x1024.webp\" alt=\"05gastronomiagcm\" class=\"wp-image-355\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/05GastronomiaGCM-668x1024.webp 668w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/05GastronomiaGCM-196x300.webp 196w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/05GastronomiaGCM-768x1178.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/05GastronomiaGCM-1002x1536.webp 1002w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/05GastronomiaGCM-1336x2048.webp 1336w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/05GastronomiaGCM-scaled.webp 1670w\" sizes=\"auto, (max-width: 668px) 100vw, 668px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>A gastronom\u00eda nos tempos actuais constit\u00fae un dos grandes valores de atracci\u00f3n tur\u00edstica dun territorio, xunto co patrimonio natural e hist\u00f3rico. Coidar este recurso resulta esencial dentro de calquera planificaci\u00f3n dun destino tur\u00edstico.<\/p>\n\n\n\n<p>Estamos a percibir a diario como os programas de coci\u00f1a enchen espazos televisivos e de radio, e p\u00e1xinas de xornais e revistas e espertan cada vez m\u00e1is o interese dos viaxeiros.<\/p>\n\n\n\n<p>A riqueza gastron\u00f3mica dunha rexi\u00f3n como a da Costa da Morte depende de varios factores, entre os esenciais estar\u00edan a materia prima existente, \u00e9 dicir, os produtos ou ingredientes necesarios para a elaboraci\u00f3n dos diferentes pratos, a cultura gastron\u00f3mica que ao longo da historia foron forxando os seus habitantes e a formaci\u00f3n acad\u00e9mica do persoal que se dedica \u00e1 restauraci\u00f3n nos diferentes establecementos que ofertan ese servizo.<\/p>\n\n\n\n<p>A gastronom\u00eda ou arte de coci\u00f1ar, entendida dun xeito xeneralizado, forma parte dos intereses da sociedade actual que goza dun certo grao de benestar. Esta demanda noutros tempos estaba vinculada tan s\u00f3 \u00e1s clases privilexiadas: nobreza, fidalgu\u00eda ou burgues\u00eda, xa que as clases populares, que viv\u00edan fundamentalmente no medio rural centraban a s\u00faa preocupaci\u00f3n na consecuci\u00f3n de produtos para poder alimentarse diante da penuria na que viv\u00edan.<\/p>\n\n\n\n<p>Se temos en conta que a maior\u00eda da poboaci\u00f3n da Costa da Morte viv\u00eda e a\u00ednda vive en pequenos n\u00facleos, excepto aquela que o fai nas vilas costeiras, entendemos que a nosa coci\u00f1a estivese moi pouco evolucionada en tempos atr\u00e1s, igual que ocorr\u00eda no resto da Galicia rural. A carne de porco formaba a base da alimentaci\u00f3n nas terras do interior, complementada con outros produtos que obti\u00f1a o campesi\u00f1o co seu traballo, como leite, ovos e algunhas hortalizas, verduras ou froitas. Na zona costeira a base alimentaria centr\u00e1base m\u00e1is nos produtos do mar: sardi\u00f1as, xurelos, polbo e outras especies, mais tampouco faltaba a carne porcina.<\/p>\n\n\n\n<p>Curiosamente, aos mariscos e moitos peixes que actualmente forman a exquisitez da gastronom\u00eda da Costa da Morte, d\u00e1baselle pouco valor na mesa das familias m\u00e1is humildes.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/64.-Os-percebeiros-enfrontanse-cada-dia-de-traballo-a-un-mar-bravo-1024x685.webp\" alt=\"64. Os Percebeiros Enfro\u0301ntanse Cada Di\u0301a De Traballo A Un Mar Bravo\" class=\"wp-image-354\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/64.-Os-percebeiros-enfrontanse-cada-dia-de-traballo-a-un-mar-bravo-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/64.-Os-percebeiros-enfrontanse-cada-dia-de-traballo-a-un-mar-bravo-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/64.-Os-percebeiros-enfrontanse-cada-dia-de-traballo-a-un-mar-bravo-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/64.-Os-percebeiros-enfrontanse-cada-dia-de-traballo-a-un-mar-bravo.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Os percebeiros enfro\u0301ntanse cada di\u0301a de traballo a un mar bravo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O que hoxe est\u00e1 considerado como o rei do marisco, o percebe, ti\u00f1a pouco atractivo para as familias mari\u00f1eiras e com\u00edase se non hab\u00eda outra cousa, igual pasaba con outros mariscos moi apreciados na gastronom\u00eda actual. A\u00ednda se lles escoita dicir a algunhas persoas maiores da beiramar que comer percebes con cachelos era comida de pobres.<\/p>\n\n\n\n<p>Os mariscos e moitos dos peixes comezaron a adquirir valor a partir dos anos sesenta e setenta do pasado s\u00e9culo, cando o poder adquisitivo das familias aumentou e a demanda destes produtos elevouse moito sobre todo en certos momentos do ano, como o Nadal, Semana Santa ou no ver\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;gastronom\u00eda na Costa da Morte recobra importancia a finais do s\u00e9culo XX e comezos do seguinte, cando o turismo se converte nun dos maiores recursos desta rexi\u00f3n costeira. A afluencia de visitantes aumentou a demanda de servizos hostaleiros e de produtos de alimentaci\u00f3n propios da zona como o peixe e o marisco.<\/p>\n\n\n\n<p>A apertura de novos restaurantes contribu\u00edu \u00e1 evoluci\u00f3n da coci\u00f1a tradicional e \u00e1 demanda de persoal m\u00e1is cualificado, capaz de elaborar pratos m\u00e1is creativos e variados, unha coci\u00f1a m\u00e1is moderna, a\u00ednda sen perder a esencia da tradicional e tomando como base a excelente materia prima existente no noso territorio.<\/p>\n\n\n\n<p>Poucas zonas de Galicia dispo\u00f1en dunha ampla gama de produtos naturais de tan boa calidade coma a Costa da Morte. Do seu extenso litoral extr\u00e1ese todo tipo de peixes e mariscos, e nas terras do interior prod\u00facense excelentes hortalizas e verduras; as\u00ed como extraordinarias carnes que, no seu conxunto, constit\u00faen a mellor materia prima para a elaboraci\u00f3n de apetecibles pratos. Ao dispo\u00f1er de produtos de mar e terra, a coci\u00f1a da nosa rexi\u00f3n p\u00f3dese considerar como unha mostra representativa da gastronom\u00eda galega, xa que existe case toda a variedade de ingredientes que se dan no resto do noso pa\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p>Sen lugar a d\u00fabidas, os pratos m\u00e1is demandados nos restaurantes locais son aqueles que se elaboran con produtos do mar. A s\u00faa extraordinaria calidade e un prezo relativamente accesible fan que a inmensa maior\u00eda dos visitantes soliciten men\u00fas que conte\u00f1an estes ingredientes.<\/p>\n\n\n\n<p>Ag\u00e1s as ostras e vieiras, procedentes das R\u00edas Baixas, temos aqu\u00ed todo tipo de mariscos. De todos eles, o m\u00e1is atractivo para os comensais son&nbsp;<strong>os percebes<\/strong>, un marisco abundante na nosa costa e de calidade suprema.<\/p>\n\n\n\n<p>O prezo que acada esta especie no mercado en certos momentos do ano resulta comprensible cando se co\u00f1ece o perigo que sup\u00f3n a s\u00faa extracci\u00f3n das rochas. A preparaci\u00f3n resulta moi sinxela, con cocelos en auga con sal ou de mar, xa chega. No mes de xullo cel\u00e9brase unha festa de exaltaci\u00f3n deste apreciado marisco na vila de Corme.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero se o percebe se considera o marisco rei desta costa, as n\u00e9coras, centolas, bois, lagostas, lumbrigantes ou camar\u00f3ns, a\u00ednda que hoxe escasean, en tempos atr\u00e1s eran moi abundantes en todo este litoral. Na coci\u00f1a tradicional a preparaci\u00f3n destes mariscos non precisaba ning\u00fan tipo de receita, simplemente se com\u00edan cocidos en auga con sal. Con alg\u00fans coma a lagosta ou o boi, fac\u00edase tam\u00e9n salpic\u00f3n. Na coci\u00f1a actual hai m\u00e1is maneiras de coci\u00f1alos. A&nbsp;<strong>lagosta<\/strong>&nbsp;e o&nbsp;<strong>lumbrigante<\/strong>&nbsp;poden facerse \u00e1 prancha, este \u00faltimo preparado con arroz ofrece un dos pratos de maior aceptaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Os mariscos de&nbsp;cuncha, como berberechos, ameixas, navallas ou longueir\u00f3ns, te\u00f1en tam\u00e9n unha destacada presenza nas r\u00edas de Corcubi\u00f3n, Camari\u00f1as&nbsp;e Laxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Os&nbsp;<strong>berberechos<\/strong>, como ben dic\u00eda Alvaro Cunqueiro, cr\u00faos son como mellor se aprecia o seu sabor natural a mar. Pero tam\u00e9n est\u00e1n moi apetitosos abertos ao vapor, con arroz ou en empanada. A&nbsp;<strong>ameixa<\/strong>, coma no resto de Galicia, prep\u00e1rase con salsa \u00e1 mari\u00f1eira, pero tam\u00e9n abertas ao vapor, con polbo, \u00e1 prancha, con fabas ou con fideos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"808\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/65.-Preparacion-de-polbo-a-feira-1024x808.webp\" alt=\"65. Preparacio\u0301n De Polbo A\u0301 Feira\" class=\"wp-image-346\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/65.-Preparacion-de-polbo-a-feira-1024x808.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/65.-Preparacion-de-polbo-a-feira-300x237.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/65.-Preparacion-de-polbo-a-feira-768x606.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/65.-Preparacion-de-polbo-a-feira.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Preparacio\u0301n de polbo a\u0301 feira<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Os&nbsp;<strong>longueir\u00f3ns<\/strong>&nbsp;e as&nbsp;<strong>navallas<\/strong>&nbsp;son outros mariscos que est\u00e1n a ter moita demanda. Case non se diferenza un do outro. A navalla ten a cuncha algo curvada e m\u00e1is curta que o longueir\u00f3n. Como m\u00e1is a mi\u00fado se presentan na mesa \u00e9 \u00e1 prancha e cunhas pingas de aceite de oliva, pero tam\u00e9n se poden elaborar en empanada. Na vila de Fisterra, polo mes de agosto faise a&nbsp;<strong>Festa do Longueir\u00f3n<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>polbo<\/strong>&nbsp;representa unha das especies m\u00e1is atractivas do noso litoral. A maneira m\u00e1is tradicional de presentarse segue sendo \u00e1 feira, \u00e9 dicir, cocido, servido en pratos de madeira, ao que se lle engade sal, aceite de oliva e pemento. Nos \u00faltimos anos coc\u00ed\u00f1ase de moitas outras formas: \u00e1 prancha, en empanada, con ameixas etc.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro dos cefal\u00f3podos de gran calidade gastron\u00f3mica \u00e9 a&nbsp;<strong>lura<\/strong>, sobre todo a que se pesca con poteira. Unha forma moi saborosa de preparala \u00e9 na s\u00faa borra, acompa\u00f1ada de arroz, pero tam\u00e9n se poden presentar fritidas ou enceboladas.<\/p>\n\n\n\n<p>A variedade de peixes \u00e9 tan abundante que resulta dif\u00edcil expo\u00f1er unha enumeraci\u00f3n de todas as especies que se consomen: rodaballo, linguado, mero, pescada, ollomol, abadexo, robaliza, congro, pinto, maragota, sardi\u00f1a, xarda e xurelo son as m\u00e1is co\u00f1ecidas. A&nbsp;<strong>caldeirada<\/strong>, prato que inventaron os propios homes do mar, \u00e9 como m\u00e1is a mi\u00fado se prepara o peixe. O&nbsp;<strong>mero<\/strong>, a&nbsp;<strong>raia<\/strong>, a&nbsp;<strong>pescada<\/strong>, o&nbsp;<strong>congro<\/strong>, o&nbsp;<strong>escarapote<\/strong>, o&nbsp;<strong>pinto<\/strong>, a&nbsp;<strong>maragota<\/strong>&nbsp;ou&nbsp;<strong>abadexo&nbsp;<\/strong>son as especies m\u00e1is propias para preparar este prato. O seu segredo, ademais da boa calidade do peixe, est\u00e1 en salgalo unhas horas antes de cocelo e na allada que se lle faga. En calquera dos nosos portos pesqueiros p\u00f3dense tomar excelentes caldeiradas. Os peixes planos, coma o&nbsp;<strong>rodaballo<\/strong>&nbsp;ou o&nbsp;<strong>linguado<\/strong>, como mellor est\u00e1n \u00e9 \u00e1 prancha ou \u00e1 brasa.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/66.-Prato-de-caldeirada-de-peixe-1024x766.webp\" alt=\"66. Prato De Caldeirada De Peixe\" class=\"wp-image-337\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/66.-Prato-de-caldeirada-de-peixe-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/66.-Prato-de-caldeirada-de-peixe-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/66.-Prato-de-caldeirada-de-peixe-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/66.-Prato-de-caldeirada-de-peixe.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Prato de caldeirada de peixe<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Hai tam\u00e9n peixes, como a robaliza, a pescada, o sargo e outras especies que se coci\u00f1an \u00e1 prancha ou \u00e1 brasa e se presentan na mesa sen espi\u00f1as e con aceite de oliva e unhas patacas en branco.<\/p>\n\n\n\n<p>Un dos pratos m\u00e1is apetecibles en todo o noso litoral nos meses de ver\u00e1n son as&nbsp;<strong>sardi\u00f1as<\/strong>&nbsp;asadas. \u00c1 tardi\u00f1a, ao pasear por calquera das nosas vilas costeiras, resulta doado percibir o seu atractivo recendo. Hai bares ou restaurantes da zona portuaria que nos ofrecen este prato, que, acompa\u00f1ado cun bo pan e uns cachelos, resulta un manxar. Arredor dunha sardi\u00f1ada, cel\u00e9branse moitas das nosas festas tradicionais.<\/p>\n\n\n\n<p>A sardi\u00f1a pequena ou&nbsp;<strong>xouba&nbsp;<\/strong>prep\u00e1rase fritida, en caldeirada ou en empanada, esta \u00faltima, elaborada con masa de fari\u00f1a de millo, resulta un dos pratos m\u00e1is t\u00edpicos da nosa coci\u00f1a tradicional. Asados ou \u00e1 prancha tam\u00e9n est\u00e1n moi saborosos os&nbsp;<strong>xurelos<\/strong>&nbsp;e as&nbsp;<strong>xardas<\/strong>, peixes humildes pero cun sabor atractivo e un gran valor nutricional. A xarda afumada ou \u00e1 prancha tam\u00e9n resulta gustosa.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai outros produtos do mar que nos \u00faltimos anos se est\u00e1n incorporando \u00e1 coci\u00f1a con gran \u00e9xito como as&nbsp;<strong>algas<\/strong>&nbsp;ou os&nbsp;<strong>ourizos<\/strong>. Estes, preparados en forma de pat\u00e9 ou de salsa, ap\u00f3rtanlle un caracter\u00edstico sabor a mar aos pratos.<\/p>\n\n\n\n<p>As algas son abundantes no litoral da Costa da Morte, unha vez recollidas e secas, vend\u00edanse para elaborar produtos diversos. Nos \u00faltimos anos, pola influencia da coci\u00f1a de pa\u00edses orientais como Xap\u00f3n, China ou Corea e tam\u00e9n polo cambio de h\u00e1bitos alimentarios, estanse a incorporar \u00e1 nosa coci\u00f1a, polo seu baixo aporte cal\u00f3rico e o alto contido en fibra e minerais. Existen moitas maneiras de preparalas segundo o tipo de algas que sexan. Como acompa\u00f1amento ou gornici\u00f3n de varios pratos, en ensaladas, salteadas de verduras, con arroz, en sopas ou caldos etc.<\/p>\n\n\n\n<p>Se os men\u00fas preparados con ingredientes de mar constit\u00faen os mellores pratos da coci\u00f1a desta nosa rexi\u00f3n, as&nbsp;<strong>carne<\/strong>s, as&nbsp;<strong>verduras<\/strong>&nbsp;e as&nbsp;<strong>hortalizas&nbsp;<\/strong>son produtos abundantes e de moi boa calidade. En calquera restaurante temos a posibilidade de degustar exquisitos pratos preparados a base de carne.<\/p>\n\n\n\n<p>Debido \u00e1 influencia dos nosos emigrantes de Sudam\u00e9rica, son abundantes os restaurantes que preparan a carne \u00e1 grella. Moi demandado tam\u00e9n \u00e9 o solombo de tenreira ou porco \u00e1 brasa e as costeletas de a\u00f1o ou tenreira. O prato tradicional de tenreira asada est\u00e1 presente tam\u00e9n en moitas das cartas, pero a s\u00faa demanda \u00e9 menor que en \u00e9pocas pasadas. Outros pratos de carne de boa calidade son o galo de curral e o a\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Os callos, constit\u00faen un dos pratos m\u00e1is tradicionais das nosas festas e feiras. O primeiro d\u00eda das festas de San Cristovo de Carn\u00e9s, cel\u00e9brase a&nbsp;<strong>Fagu\u00eda<\/strong>, unha comida que naceu a comezos do s\u00e9culo XVI trala fundaci\u00f3n da confrar\u00eda do patr\u00f3n desta parroquia vimiancesa e que actualmente consiste en repartir callos a todos os asistentes.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/67.-Celebracion-da-Faguia-de-Carnes-Vimianzo-1024x686.webp\" alt=\"67. Celebracio\u0301n Da Fagui\u0301a De Carne\u0301s (vimianzo)\" class=\"wp-image-347\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/67.-Celebracion-da-Faguia-de-Carnes-Vimianzo-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/67.-Celebracion-da-Faguia-de-Carnes-Vimianzo-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/67.-Celebracion-da-Faguia-de-Carnes-Vimianzo-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/67.-Celebracion-da-Faguia-de-Carnes-Vimianzo.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Celebracio\u0301n da Fagui\u0301a de Carne\u0301s (Vimianzo)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>En tempo de inverno, sobre todo cando se achega a festa do Entroido, os nosos restaurantes ofrecen os t\u00edpicos pratos de&nbsp;<strong>cocido galego<\/strong>&nbsp;ou de&nbsp;<strong>lac\u00f3n con grelos<\/strong>, men\u00fas consistentes para combater o fr\u00edo nesta \u00e9poca do ano. Hai casas de comidas ou restaurantes especializados nestes men\u00fas que se ofertan sobre todo para grupos.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos \u00faltimos anos os restaurantes est\u00e1n adaptando os seus pratos aos cambios de h\u00e1bitos alimentarios que se est\u00e1n a producir na sociedade actual, que se caracterizan sobre todo por un maior consumo de verduras e hortalizas.<\/p>\n\n\n\n<p>As terras da Costa da Morte, sobre todo as comarcas de Berganti\u00f1os e Soneira, presentan boas condici\u00f3ns para o cultivo destes produtos e para a pr\u00e1ctica dunha agricultura ecol\u00f3xica que cada vez acada unha maior demanda entre os consumidores. Os vales costeiros da nosa rexi\u00f3n te\u00f1en tradici\u00f3n de producir hortalizas e verduras de boa calidade, como os de Baldaio (Carballo), Barizo (Malpica), Traba (Laxe) ou Merexo (Mux\u00eda), que antigamente produc\u00edan gran cantidade de allos e cebolas que se exportaban para outras zonas de Galicia e de f\u00f3ra. Pero existen outros vales de interior con terras de boa calidade para o cultivo de horta que poder\u00edan abastecer os restaurantes da zona con estes produtos de proximidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Comprobamos como nas cartas dos establecementos hostaleiros se incorporan cada vez m\u00e1is pratos de ensaladas de todo&nbsp;tipo tanto fr\u00edas como mornas, e tam\u00e9n verduras, como verzas ou grelos que acompa\u00f1an moitos dos men\u00fas.<\/p>\n\n\n\n<p>A nosa&nbsp;<strong>pataca<\/strong>&nbsp;tam\u00e9n resulta de excelente&nbsp;calidade tanto a variedade aut\u00f3ctona fina de Carballo como outras especies de f\u00f3ra que se adaptaron perfectamente a estas terras. Ten sona a pataca de Coristanco, onde se celebra a&nbsp;<strong>Festa da Pataca<\/strong>, unha importante exaltaci\u00f3n deste tub\u00e9rculo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/68.-A-festa-da-Pataca-de-Coristanco-ten-moita-tradicion-entre-as-celebracions-gastromicas-da-Costa-da-Morte-1024x768.webp\" alt=\"68. A Festa Da Pataca De Coristanco Ten Moita Tradicio\u0301n Entre As Celebracio\u0301ns Gastro\u0301micas Da Costa Da Morte\" class=\"wp-image-332\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/68.-A-festa-da-Pataca-de-Coristanco-ten-moita-tradicion-entre-as-celebracions-gastromicas-da-Costa-da-Morte-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/68.-A-festa-da-Pataca-de-Coristanco-ten-moita-tradicion-entre-as-celebracions-gastromicas-da-Costa-da-Morte-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/68.-A-festa-da-Pataca-de-Coristanco-ten-moita-tradicion-entre-as-celebracions-gastromicas-da-Costa-da-Morte-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/68.-A-festa-da-Pataca-de-Coristanco-ten-moita-tradicion-entre-as-celebracions-gastromicas-da-Costa-da-Morte.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>A festa da Pataca de Coristanco ten moita tradicio\u0301n entre as celebracio\u0301ns gastro\u0301micas da Costa da Morte<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>As&nbsp;<strong>fabas<\/strong>&nbsp;de Berganti\u00f1os e da Terra de Soneira son de excelente calidade e comercial\u00edzanse nas feiras de Carballo, Baio e Ponteceso. Neste \u00faltimo concello organ\u00edzase a denominada&nbsp;<strong>Feira das Fabas<\/strong>&nbsp;a finais do mes de outubro, que xa data do ano 1990.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas hortas tam\u00e9n se dan ben algunhas&nbsp;<strong>froitas<\/strong>, como amorodos, cereixas, maz\u00e1s, peras, figos ou noces, coas que se poden elaborar variados pratos, sobre todo de sobremesa. A cerdeira \u00e9 unha \u00e1rbore delicada, \u00e1 que lle afecta moito a contaminaci\u00f3n ambiental, por iso nos \u00faltimos anos a produci\u00f3n descendeu moito, pero antigamente no val do Anll\u00f3ns esta froita era abundante. Nas feiras de Carballo e Paiosaco, cando era a \u00e9poca, d\u00e1baselle sa\u00edda comercial a esta produci\u00f3n. O primeiro domingo do mes de xullo en Paiosaco cel\u00e9brase a&nbsp;<strong>Feira das Cereixas<\/strong>, un evento festivo en lembranza da abundancia desta froita en tempos pasados.<\/p>\n\n\n\n<p>As&nbsp;<strong>sobremesas<\/strong>&nbsp;que podemos degustar nos diferentes establecementos hostaleiros son moi diversas. Hai unhas que se ofertan en certas \u00e9pocas do ano como son as filloas e as orellas, propias da festa do Entroido e que acaen moi ben co cocido ou co lac\u00f3n con grelos. Outras eran t\u00edpicas das festas tradicionais, como o queixo con marmelo, o arroz con leite, o pan de ovo, o biscoito, o brazo de xitana ou diferentes tipos de tortas. Non obstante, a gran maior\u00eda das sobremesas que se presentan nas cartas son de elaboraci\u00f3n propia de cada restaurante. Variada tam\u00e9n \u00e9 a carta de vi\u00f1os que se ofrece tanto galegos coma doutras zonas vin\u00edcolas e que cada quen deber\u00e1 elixir segundo o men\u00fa que escolla.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":355,"parent":0,"menu_order":19,"template":"","pagina-padre":[73],"level-pagina":[65],"class_list":["post-1256","libro","type-libro","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","pagina-padre-gastronomia-gl","level-pagina-65"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1256","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1256\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1261,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1256\/revisions\/1261"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/355"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1256"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1256"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1256"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}