{"id":1266,"date":"2024-09-08T04:14:50","date_gmt":"2024-09-08T02:14:50","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1266"},"modified":"2024-11-21T22:01:39","modified_gmt":"2024-11-21T21:01:39","slug":"vila-de-fisterra","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-fisterra\/","title":{"rendered":"Vila de Fisterra"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>As boas condici\u00f3ns que ofrece a zona costeira na que se asenta a actual vila de Fisterra determinaron que estivese habitada desde tempos prehist\u00f3ricos, a\u00ednda que carecemos de datos para confirmalo. A vila formouse no medievo para aproveitar os recursos que ofrec\u00eda o mar tanto relacionados coa a pesca como coas as actividades comerciais.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"678\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/69.-A-vila-de-Fisterra-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano-1024x678.webp\" alt=\"69. A Vila De Fisterra Polos Anos 30 Do Pasado Se\u0301culo (r. Caaman\u0303o)\" class=\"wp-image-345\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/69.-A-vila-de-Fisterra-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano-1024x678.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/69.-A-vila-de-Fisterra-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano-300x199.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/69.-A-vila-de-Fisterra-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano-768x509.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/69.-A-vila-de-Fisterra-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>A vila de Fisterra polos anos 30 do pasado se\u0301culo (R. Caaman\u0303o)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde finais do s\u00e9culo XIII, ata finais do seguinte, esta vila mari\u00f1eira pertenceu aos Mari\u00f1o, unha familia nobre con abundantes posesi\u00f3ns nestas terras occidentais. Un dos seus membros, Vasco P\u00e9rez Mari\u00f1o, chegou a ser bispo de Ourense, o que explica que a vila fisterr\u00e1 pertencese ao cabido ourens\u00e1n. M\u00e1is tarde, a trav\u00e9s dun intercambio entre o arcebispo compostel\u00e1n e o cabido daquela cidade, Fisterra pasou ao poder da mitra compostel\u00e1, dominio que se prolongar\u00e1 durante varios s\u00e9culos.<\/p>\n\n\n\n<p>A mediados do s\u00e9culo XVI, ademais da igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda das Areas, situada nas aforas do n\u00facleo urbano, hab\u00eda en Fisterra tres ermidas: a de San Guillerme, na aba do monte que leva este nome; a de santa Catalina, situada na r\u00faa con esta denominaci\u00f3n; e a de San Roque, \u00e1 entrada do n\u00facleo urbano, preto do cruceiro da Cruz de Baixar. Exist\u00eda tam\u00e9n un hospital de peregrinos fronte \u00e1 parroquial, fundado polo p\u00e1rroco Alonso Garc\u00eda no ano 1469.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a Idade Media a vila fisterr\u00e1 sufriu as invasi\u00f3ns da pirater\u00eda estranxeira, primeiro de normandos e musulm\u00e1ns e despois, de ingleses e franceses. No 1552, piratas franceses atacan Fisterra e saquean a ermida de San Guillerme e dise que levaron o seu corpo e un relicario no que se gardaba un brazo deste santo que hab\u00eda na igrexa parroquial, as\u00ed o recolle o cardeal Del Hoyo nas s\u00faas&nbsp;<em>Memorias<\/em>&nbsp;a comezos do s\u00e9culo XVII, quen, ademais, nos conta que a poboaci\u00f3n desta localidade mari\u00f1eira era moi pobre e as s\u00faas casas foran queimadas en varias ocasi\u00f3ns, que contaba con sesenta veci\u00f1os e todos eles se dedicaban \u00e1 pesca.<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1809, Fisterra sofre a invasi\u00f3n das tropas francesas, que ademais de saquear a vila, incendiaron o castelo de San Carlos. Moitos veci\u00f1os, ante a imposibilidade de facerlle fronte aos invasores, decidiron subir a bordo de embarcaci\u00f3ns e protexerse no interior da r\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>A comezos do s\u00e9culo XX, Fisterra era xa unha vila grande con m\u00e1is de dous mil habitantes, que viv\u00eda da pesca, que ti\u00f1a como embarcadoiro a praia da Ribeira ou a de Calafigueira. Dispo\u00f1\u00eda de f\u00e1bricas de salgadura, un variado comercio, sociedade recreativa e P\u00f3sito de pescadores.<\/p>\n\n\n\n<p>As casas m\u00e1is antigas situ\u00e1banse entorno ao areal da Ribeira que cumpr\u00eda a funci\u00f3n de porto natural. O n\u00facleo urbano configur\u00e1base en dous barrios: o m\u00e1is antigo, co\u00f1ecido como Cabo da Xesta, que ti\u00f1a como v\u00eda principal a que parte da praci\u00f1a Ara Solis e vai dar \u00e1 praza da Constituci\u00f3n e logo contin\u00faa pola r\u00faa Real, e o denominado Cabo da Vila, barrio m\u00e1is moderno, que ten como arteria principal a r\u00faa Santa Catalina, que conduce ao concello e ao final do n\u00facleo. Ambos os dous separados antigamente polo regato Mixirica, actualmente canalizado, onde se sit\u00faa a r\u00faa Federico \u00c1vila, arteria principal pola que se accede ao porto.<\/p>\n\n\n\n<p>Polos anos vinte deste mesmo s\u00e9culo Carr\u00e9 Aldao descr\u00edbenos Fisterra como unha vila con r\u00faas regulares e casas de boa construci\u00f3n, ao contrario de como a percibe o viaxeiro ingl\u00e9s Aubrey F. G. Bell, que nos di que as s\u00faas casas parecen miserables e as r\u00faas descoidadas, cheas de lixo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large inferior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/70.-A-Fisterra-actual-e-moi-diferente-a-de-hai-cen-anos-1024x768.webp\" alt=\"70. A Fisterra Actual E\u0301 Moi Diferente A\u0301 De Hai Cen Anos\" class=\"wp-image-336\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/70.-A-Fisterra-actual-e-moi-diferente-a-de-hai-cen-anos-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/70.-A-Fisterra-actual-e-moi-diferente-a-de-hai-cen-anos-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/70.-A-Fisterra-actual-e-moi-diferente-a-de-hai-cen-anos-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/70.-A-Fisterra-actual-e-moi-diferente-a-de-hai-cen-anos.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>A Fisterra actual e\u0301 moi diferente a\u0301 de hai cen anos<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A Fisterra actual \u00e9 moi distinta a esa que se nos describe hai cen anos, a\u00ednda que conserva boa parte da estrutura antiga, a maior\u00eda das s\u00faas casas son de nova construci\u00f3n ou reformadas. Onde o cambio se percibe con maior intensidade \u00e9 na zona portuaria, lugar no que se concentra a actividade econ\u00f3mica relacionada coa pesca e o sector tur\u00edstico. O edificio que m\u00e1is nos impacta \u00e9 a nova lonxa, obra do arquitecto Juan Creus, onde a diario se poxan as capturas da flota pesqueira.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>\u00b7 Ruta a p\u00e9 pola vila<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Iniciamos este percorrido urbano, precisamente, na\u00a0<strong>explanada portuaria<\/strong>\u00a0e emprendemos unha ruta a p\u00e9 que\u00a0nos leva a co\u00f1ecer esta vila mari\u00f1eira. Un paseo polo peirao permitiranos contemplar as instalaci\u00f3ns portuarias, as embarcaci\u00f3ns que enchen de colorido as augas do porto e os m\u00faltiples establecementos hostaleiros coas s\u00faas terrazas. Na ampla chanceira do peirao sit\u00faase a\u00a0<strong>lonxa<\/strong>, un edificio moderno, arredor do que se move toda a actividade pesqueira. Nesta mesma zona chama a atenci\u00f3n unha enorme\u00a0<strong>\u00e1ncora<\/strong>\u00a0pintada de negro. Se nos achegamos a ela vemos que fai referencia ao naufraxio do\u00a0<em>Cas\u00f3n<\/em>, barco de bandeira paname\u00f1a, que embarrancou en 1987 nesta costa e que sementou o p\u00e1nico entre os habitantes da zona pola perigosa carga que transportaba.<\/p>\n\n\n\n<p>Detr\u00e1s do porto sit\u00faase a&nbsp;<strong>praia da Ribeira<\/strong>, unha pequena cala que en tempos pasados fac\u00eda de embarcadoiro, convertida no presente en praia urbana. Rodeando este pequeno e protexido areal, situ\u00e1banse as casas m\u00e1is antigas da vila, das que apenas quedan vestixios. Unha das poucas que se conservan destaca por ter a entrada en arco apuntado, que lembra a Fisterra medieval. No extremo sur desta pequena cala lev\u00e1ntase sobre o acantilado o&nbsp;<strong>castelo de San Carlos<\/strong>, unha das catro fortalezas que os Borb\u00f3ns ordenaron constru\u00edr para a defensa desta costa a mediados do s\u00e9culo XVIII, baixo os planos do enxe\u00f1eiro franc\u00e9s Carlos Lemaur. A forma irregular do seu per\u00edmetro est\u00e1 motivada pola base rochosa sobre a que se asenta.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large inferior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/70bis.-Praia-da-Ribeira-e-castelo-de-San-Carlos-a-esquerda-1024x686.webp\" alt=\"70bis. Praia Da Ribeira E Castelo De San Carlos, A\u0301 Esquerda\" class=\"wp-image-343\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/70bis.-Praia-da-Ribeira-e-castelo-de-San-Carlos-a-esquerda-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/70bis.-Praia-da-Ribeira-e-castelo-de-San-Carlos-a-esquerda-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/70bis.-Praia-da-Ribeira-e-castelo-de-San-Carlos-a-esquerda-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/70bis.-Praia-da-Ribeira-e-castelo-de-San-Carlos-a-esquerda.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praia da Ribeira e castelo de San Carlos, a\u0301 esquerda<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>As troneiras ori\u00e9ntanse en tres direcci\u00f3ns: cabo Fisterra, centro da r\u00eda e o propio n\u00facleo urbano. No seu interior dispo\u00f1\u00eda dunha nave para albergar unha pequena tropa. Durante a invasi\u00f3n francesa foi arrasado. A finais do s\u00e9culo XIX pasou a ser propiedade do empresario fisterr\u00e1, asentado en Corcubi\u00f3n, Pl\u00e1cido Castro Rivas, quen lle ceder\u00e1 o edificio ao concello de Fisterra coa finalidade de que se crease unha escola, m\u00e1is este obxectivo non se cumpriu por falta de recursos econ\u00f3micos. Na posguerra houbo un intento de convertelo en museo, m\u00e1is tampouco se logrou. Despois de que o edificio pasase por diferentes entidades e se destinase a funci\u00f3ns diversas, no ano 2006, a Confrar\u00eda de Pescadores conseguiu os fondos econ\u00f3micos para acondicionalo como&nbsp;<strong>Museo de Pesca<\/strong>, que abriu as s\u00faas instalaci\u00f3ns dous anos despois. No tempo que leva aberto xa recibiu m\u00e1is de 100 000 visitantes, que tiveron a posibilidade de escoitar as amenas e interesantes explicaci\u00f3ns do seu gu\u00eda Francisco Manuel L\u00f3pez Mart\u00ednez, un co\u00f1ecido poeta local, que asina a s\u00faa obra baixo o pseud\u00f3nimo de Alexandre Nerium. Ning\u00fan viaxeiro que se achegue a Fisterra deber\u00eda deixar de visitar este pequeno, pero interesante museo.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde o castelo de San Carlos traslad\u00e1monos \u00e1&nbsp;<strong>praza de Ara Solis<\/strong>, na que destaca a&nbsp;<strong>capela do Bo Suceso<\/strong>, fundada polo p\u00e1rroco Mateo P\u00e9rez Porr\u00faa no ano 1743, de estilo barroco, como apreciamos na s\u00faa fachada. O retablo da capela maior, tam\u00e9n deste mesmo estilo, est\u00e1 presidido pola Virxe do Socorro. O cruceiro e a fonte que est\u00e1n ao seu car\u00f3n complementan o conxunto.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta mesma praci\u00f1a hai unha casa antiga cun escudo e un reloxo solar que data de comezos do s\u00e9culo XVII e mostra a presenza fidalga nesta vila. Continuamos a trav\u00e9s da r\u00faa principal e chegamos \u00e1&nbsp;<strong>praza da Constituci\u00f3n<\/strong>, centro urbano do n\u00facleo hist\u00f3rico, onde se conservan algunhas casas da pequena burgues\u00eda comercial con balc\u00f3n ou galer\u00eda, a diferencia das vivendas mari\u00f1eiras, m\u00e1is modestas. Seguimos pola r\u00faa Real, arteria principal da vila, ata desembocar na r\u00faa que baixa ao porto. \u00c1 esquerda, facendo esquina est\u00e1 o&nbsp;<strong>albergue de peregrinos<\/strong>, constru\u00eddo no ano 2001, para dar acollida aos numerosos peregrinos que se achegan a Fisterra. Se continuamos de fronte pola r\u00faa Santa Catalina, dirix\u00edmonos&nbsp;\u00e1 casa do Concello e \u00e1 sa\u00edda da vila.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta r\u00faa central que atravesa o n\u00facleo fisterr\u00e1n de leste a oeste e que recibe diferentes nomes ao longo do seu trazado, correspond\u00edase coa antiga estrada que conduc\u00eda \u00e1 igrexa parroquial e ao faro. Entorno a ela foise configurando o n\u00facleo urbano e concentrando a actividade comercial, social, cultural e l\u00fadica da vila. Estaba atravesada en sentido transversal por r\u00faas estreitas ou calellas que conduc\u00edan \u00e1 ribeira, onde se desenvolv\u00eda toda a actividade pesqueira. Trala construci\u00f3n da nova zona portuaria e a apertura da nova v\u00eda de comunicaci\u00f3n co faro, a fisionom\u00eda da vila&nbsp;transformouse.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-left\"><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><br><br><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":206,"template":"","pagina-padre":[83,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1266","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-1-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1266","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1266\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1280,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1266\/revisions\/1280"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1266"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1266"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1266"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}