{"id":1267,"date":"2024-09-09T04:21:08","date_gmt":"2024-09-09T02:21:08","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1267"},"modified":"2024-11-21T22:01:50","modified_gmt":"2024-11-21T21:01:50","slug":"igrexa-parroquial-de-santa-maria-das-areas","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/igrexa-parroquial-de-santa-maria-das-areas\/","title":{"rendered":"Igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda das Areas"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-left\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/72.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-das-Areas-1024x768.webp\" alt=\"72. Igrexa Parroquial De Santa Mari\u0301a Das Areas\" class=\"wp-image-341\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/72.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-das-Areas-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/72.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-das-Areas-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/72.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-das-Areas-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/72.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-das-Areas.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Igrexa parroquial de Santa Mari\u0301a das Areas<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Este templo sit\u00faase \u00e1 sa\u00edda da vila de Fisterra, en direcci\u00f3n ao faro. O motivo de localizarse f\u00f3ra do n\u00facleo urbano e m\u00e1is afastada da costa, seguramente, se deba a unha medida de protecci\u00f3n contra os ataques da pirater\u00eda mar\u00edtima, frecuentes neste litoral.<\/p>\n\n\n\n<p>O edificio presenta unha planta de sal\u00f3n, formada por unha capela maior rectangular, con b\u00f3veda de crucer\u00eda e unha nave da mesma forma, cuberta con armaz\u00f3n de madeira e tella, dividida en catro tramos a trav\u00e9s de arcos apuntados, apoiados sobre columnas arrimadas nos muros e reforzadas no exterior por contrafortes. O arco triunfal, tam\u00e9n apuntado, sostense sobre tres semicolumnas en cada lado.<\/p>\n\n\n\n<p>A fachada principal mostra un trazado liso, con dous contrafortes nos extremos, e como elemento decorativo, as arquivoltas rom\u00e1nicas que delimitan a porta. Fronte a ela vemos catro arcos de medio punto sobre piares, que se levantaron para soportar o peso do p\u00f3rtico, hoxe desaparecido. No extremo sur, arrimada \u00e1 nave, \u00e9rguese a torre campanario do s\u00e9culo XVI.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 estrutura primitiva de base rom\u00e1nica, f\u00f3ronselle engadindo varias construci\u00f3ns a ambos lados dos muros, que desfiguran a s\u00faa forma orixinal. Na parte norte, engad\u00eduselle a&nbsp;<strong>capela do santo Cristo<\/strong>, a m\u00e1is ampla, que consta de dous tramos: un cuadrangular e outro rectangular. Data de finais do s\u00e9culo XVII ou comezos do XVIII, de feitura barroca. O retablo, deste mesmo estilo, incorpor\u00f3u-<\/p>\n\n\n\n<p>selle en 1721, esculpido polo artista santiagu\u00e9s Miguel de Romay. Non obstante, a imaxe do Cristo \u00e9 g\u00f3tica e foi doada por Vasco P\u00e9rez Mari\u00f1o, natural de Fisterra e bispo de Ourense, quen doou outra semellante para a catedral ourens\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"620\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/73.-Retablo-do-Santo-Cristo.webp\" alt=\"73. Retablo Do Santo Cristo\" class=\"wp-image-344\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/73.-Retablo-do-Santo-Cristo.webp 620w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/73.-Retablo-do-Santo-Cristo-225x300.webp 225w\" sizes=\"auto, (max-width: 620px) 100vw, 620px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Retablo do Santo Cristo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O aspecto humano que se percibe na forma do corpo, na vestimenta e no pelo, as\u00ed como as mostras de dor e sufrimento, ach\u00e9ganlle a esta imaxe un gran realismo, coa intenci\u00f3n de conmover ao crente e conducilo ao arrepentimento.<\/p>\n\n\n\n<p>Son moitas as lendas que se crearon ao redor do Santo Cristo. Desde atribu\u00edrlle propiedades humanas, como que lle medran as u\u00f1as ou o pelo, ata dicir que \u00e9 obra do propio Nicodemo, o xudeu que axudara a desencravar a Cristo. Outra lenda trata de explicar a s\u00faa chegada a Fisterra a trav\u00e9s do mar. Segundo esta foi botado nunha caixa sobre as augas por un barco ingl\u00e9s ameazado por un forte temporal que non lle permit\u00eda partir. Despois de desprenderse da imaxe, o temporal amainou e o barco emprendeu a sa\u00edda. Logo esta caixa foi recollida por uns mari\u00f1eiros fisterr\u00e1ns e levada \u00e1 igrexa.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao oeste da capela do Cristo, sit\u00faase a antiga capela do Rosario, hoxe do Carme, de estilo prateresco, fundada por Mar\u00eda Branca en 1534. Neste mesmo muro norte \u00e1brese unha fermosa&nbsp;<strong>porta de arco mixtil\u00edneo<\/strong>, cun escudo a cada lado, na que se percibe a influencia do arquitecto Enrique Eg\u00e1s, autor do antigo Hospital dos Reis Cat\u00f3licos de Santiago.<\/p>\n\n\n\n<p>No muro sur sobresaen a sancrist\u00eda e a capela de san Miguel e das Angust\u00edas, de finais do s\u00e9culo XV.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais da imaxe do Cristo, no interior te\u00f1en interese art\u00edstico a de Santa Mar\u00eda das Areas, a patroa da parroquia, do s\u00e9culo XVI e a de Santiago Peregrino, do s\u00e9culo seguinte, que pon de manifesto a tradici\u00f3n xacobea de Fisterra.<\/p>\n\n\n\n<p>No campo que hai na parte sur da igrexa o domingo de Pascua escenif\u00edcase a&nbsp;<strong>Resurrecci\u00f3n de Cristo<\/strong>, \u00e1 que acoden milleiros de romeiros. Diante dunha gruta que hai ao p\u00e9 do monte, cel\u00e9brase o ritual. Desde a ma\u00f1anci\u00f1a un grupo de soldados caracterizados de romanos vix\u00edan a cova, onde supostamente se garda o corpo do Crucificado. Diante dun forte estrondo, os soldados atemorizados foxen, derr\u00fabase a porta da cova e sae un anxo. As tres Mar\u00edas, de loito e aflixidas, ach\u00e9ganse ao lugar e establecen unha conversa co anxo que trata de convencelas de que Xes\u00fas resucitou. Madalena comun\u00edcalle a nova \u00e1 Virxe, a quen alaba. En sinal de x\u00fabilo el\u00e9vanse bandeiras, s\u00f3ltanse pombas, estouran foguetes e a m\u00fasica comeza a soar. Un grupo de nenas vestidas de branco executan o canto da V\u00edtima Pascual. Remata o acto co baile tradicional da Danza das Areas.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":207,"template":"","pagina-padre":[83,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1267","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-1-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1267","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1267\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1282,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1267\/revisions\/1282"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1267"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1267"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1267"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}