{"id":1270,"date":"2024-09-09T04:54:23","date_gmt":"2024-09-09T02:54:23","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1270"},"modified":"2024-11-21T22:02:36","modified_gmt":"2024-11-21T21:02:36","slug":"de-fisterra-a-muxia","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/de-fisterra-a-muxia\/","title":{"rendered":"De Fisterra a Mux\u00eda"},"content":{"rendered":"\n<p>Despois de visitar a vila e a pen\u00ednsula de Fisterra, \u00e1s que lle dedicaremos unha xornada, emprendemos a ruta que nos conduce a Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 sa\u00edda de Fisterra, na recta da Anchoa, collemos a estrada \u00e1 esquerda cara a Ermedesuxo, Denle, Castromi\u00f1\u00e1n e praia do Rostro. A v\u00eda atravesa o&nbsp;<strong>val de Duio<\/strong>, no que se situar\u00eda a hipot\u00e9tica cidade deste nome. O top\u00f3nimo perdura nas parroquias de San Marti\u00f1o e San Vicenzo. Despois de Denle a estrada pasa a car\u00f3n da aldea de&nbsp;<strong>Castromi\u00f1\u00e1n<\/strong>, que recibe a denominaci\u00f3n do poboado castrexo situado na beiramar, no que se aprecian con claridade os seus muros defensivos. Algo m\u00e1is ao norte, sit\u00faase a punta do Castelo, onde o 5 de decembro de 1987 embarrancou o cargueiro de bandeira paname\u00f1a&nbsp;<strong><em>Cas\u00f3n<\/em><\/strong>, accidente no que morreron 23 dos 31 tripulantes que \u00edan a bordo. Entre a poboaci\u00f3n da zona creouse unha grande alarma e p\u00e1nico debido \u00e1 toxicidade da carga que transportaba.<\/p>\n\n\n\n<p>A estrada vaise achegando ao mar e pasa paralela \u00e1&nbsp;<strong>praia do Rostro<\/strong>, un extenso areal salvaxe duns dous quil\u00f3metros, de mar aberto e moi brav\u00edo, que produce un roncar continuo e envolvente, que paga a pena escoitar. As\u00ed o expresa o refr\u00e1n: \u201cMar do Rostro, se casaras, ablandaras\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Continuamos cami\u00f1o e pasamos polas aldeas de Padr\u00eds e A Canosa e chegamos a&nbsp;<strong>Lires<\/strong>, parroquia xa do concello de Cee. O seu n\u00facleo est\u00e9ndese pola beira da estrada que conduce \u00e1 pequena r\u00eda e \u00e1 praia. Neste lugar desemboca o&nbsp;<strong>r\u00edo Castro<\/strong>, que nace nas terras altas da parroquia vimiancesa de Castrelo. Fai de linde entre os concellos de Vimianzo, Cee e Mux\u00eda. O seu nome procede do lugar do Castro de Coucieiro, por onde pasa e forma o fermoso espazo natural das Caldeiras do Castro. Na s\u00faa desembocadura forma un pequeno esteiro ou r\u00eda, que constit\u00fae un espazo natural de grande interese pola abundancia de aves que habitan este pl\u00e1cido lugar. Unha parte deste espazo est\u00e1 ocupado por unha extensa piscifactor\u00eda de troitas que se instalou no ano 1969, pertencente ao grupo \u201cTres Mares\u201d, que produce unhas 3500 t ao ano. O esteiro prol\u00f3ngase a trav\u00e9s da canle do regato de Lires e as augas&nbsp;da marea chegan ata a mesma aldea. Despois de atravesar o n\u00facleo e cruzar o regato, acheg\u00e1monos \u00e1&nbsp;<strong>pequena r\u00eda<\/strong>, que nos sorprende polo ambiente tranquilo e sosegado que se percibe durante o percorrido, tan s\u00f3 interrompido polo piar dalgunhas aves que habitan este espazo natural ou polo brinco dalg\u00fan peixe sobre as augas.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/77.-Caminantes-atravesando-a-praia-do-Rostro-1024x768.webp\" alt=\"77. Camin\u0303antes Atravesando A Praia Do Rostro\" class=\"wp-image-340\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/77.-Caminantes-atravesando-a-praia-do-Rostro-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/77.-Caminantes-atravesando-a-praia-do-Rostro-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/77.-Caminantes-atravesando-a-praia-do-Rostro-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/77.-Caminantes-atravesando-a-praia-do-Rostro.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Camin\u0303antes atravesando a praia do Rostro<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Ao final desta estrada gozamos dunha magn\u00edfica panor\u00e1mica sobre a extensa&nbsp;<strong>praia de Nemi\u00f1a<\/strong>. Para chegar a ela teremos que coller a estrada que leva ao cabo Touri\u00f1\u00e1n e desviarnos \u00e1 esquerda. Este amplo areal pres\u00e9ntasenos como un lugar id\u00f3neo para gozar dunha praia protexida do vento do nord\u00e9s. Nos \u00faltimos anos converteuse nun dos lugares m\u00e1is atractivos para a pr\u00e1ctica do surf.<\/p>\n\n\n\n<p>Por Lires pasa o&nbsp;<strong>cami\u00f1o xacobeo costeiro de Fisterra a Mux\u00eda<\/strong>, citado por viaxeiros e peregrinos antigos, que cruzaban o r\u00edo Castro a trav\u00e9s duns pasais, que nos \u00faltimos anos estaban anegados polas augas da presa que abastece \u00e1 piscifactor\u00eda. Coa construci\u00f3n no ano 2011 da ponte peonil p\u00faxose fin \u00e1 dificultade que supo\u00f1\u00eda cruzar o r\u00edo por este lugar. Da outra banda est\u00e1 o casal de&nbsp;<strong>Vaosilveiro<\/strong>, soar da familia dos Oreiro. Top\u00f3nimo que lle serviu de inspiraci\u00f3n ao escritor muxi\u00e1n Gonzalo L\u00f3pez Abente para unha das s\u00faas novelas.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/78.-Ponte-peonil-de-Vaosilveiro-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia-1024x768.webp\" alt=\"78. Ponte Peonil De Vaosilveiro No Camin\u0303o Xacobeo De Fisterra Muxi\u0301a\" class=\"wp-image-333\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/78.-Ponte-peonil-de-Vaosilveiro-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/78.-Ponte-peonil-de-Vaosilveiro-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/78.-Ponte-peonil-de-Vaosilveiro-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/78.-Ponte-peonil-de-Vaosilveiro-no-camino-xacobeo-de-Fisterra-Muxia.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Ponte peonil de Vaosilveiro no camin\u0303o xacobeo de Fisterra Muxi\u0301a<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Lires foi un lugar pioneiro en apostar polo turismo rural. Aqu\u00ed abriuse o primeiro establecemento deste tipo na Costa da Morte. Se anteriormente a s\u00faa xente viv\u00eda fundamentalmente do traballo agr\u00edcola, na actualidade o turismo converteuse na actividade principal.<\/p>\n\n\n\n<p>Deixamos Lires pola estrada cara a Pereiri\u00f1a e a uns tres quil\u00f3metros, desvi\u00e1monos \u00e1 esquerda cara ao cabo Touri\u00f1\u00e1n. Cruzamos o r\u00edo Castro pola Ponte Nova e pasamos por&nbsp;<strong>Frixe<\/strong>. A s\u00faa igrexa parroquial de Santa Locaia conserva restos rom\u00e1nicos. A 2,5 km, atopar\u00e9monos coa desviaci\u00f3n \u00e1 esquerda que conduce \u00e1 praia de Nemi\u00f1a, por se nos apetece achegarnos a este lugar. Seguimos pola estrada que leva ao cabo Touri\u00f1\u00e1n.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":216,"template":"","pagina-padre":[83,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1270","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-1-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1270","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1270\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1290,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1270\/revisions\/1290"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1270"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1270"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1270"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}