{"id":1271,"date":"2024-09-09T04:50:53","date_gmt":"2024-09-09T02:50:53","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1271"},"modified":"2024-11-21T22:02:44","modified_gmt":"2024-11-21T21:02:44","slug":"cabo-tourinan","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/cabo-tourinan\/","title":{"rendered":"Cabo Touri\u00f1\u00e1n"},"content":{"rendered":"\n<p>Esta punta \u00e9 a m\u00e1is occidental de Galicia, e, polo tanto, da Espa\u00f1a continental (Coordenadas: 43\u00ba 03\u2019 20\u2019\u2019 lat. N e 9\u00ba 17\u2019 54\u2019\u2019 lonx. O).<\/p>\n\n\n\n<p>Hai d\u00faas \u00e9pocas do ano nas que neste lugar se pon o \u00faltimo raio de sol da Europa continental. A&nbsp;primeira, entre o 21 de marzo e o 23 de abril e a segunda, entre o 13 de agosto e o 22 de setembro, segundo o estudo realizado polo f\u00edsico bai\u00e9s Jorge Mira P\u00e9rez. Touri\u00f1\u00e1n toma o relevo do cabo Roca en Portugal e c\u00e9dello ao cabo Vardetangen, en Noruega.<\/p>\n\n\n\n<p>O promontorio est\u00e1 constitu\u00eddo por unha pen\u00ednsula duns dous quil\u00f3metros de longo, que remata na punta Buxeirados e uns 900 m na parte m\u00e1is ancha, pero cun istmo de 300 m entre o Porto da Insua e a enseada do Saco de Touri\u00f1\u00e1n. Tr\u00e1tase dunha lingua de terra agreste moi afectada polo vento que non permite a vexetaci\u00f3n arb\u00f3rea, toda ela est\u00e1 cuberta por un manto de toxo e queiroas.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa li\u00f1a litoral est\u00e1 formada por unha costa escarpada e rochosa, con perigosos baixos, que dificultan a navegaci\u00f3n nas s\u00faas proximidades. O m\u00e1is perigoso de todos eles \u00e9 a<strong>&nbsp;Laxe de Touri\u00f1\u00e1n<\/strong>, situado a tres cuartos de milla cara ao oeste do cabo. Un lugar no que embarrancaron numerosos barcos. Esta cantiga popular recolle a dificultade para cruzar esta punta:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>Santo Cristo de Fisterra,<\/em> <em>santo da barba dourada,<\/em> <em>ax\u00fadame a remontar<\/em> <em>a Laxe de Touri\u00f1ana.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Na parte oeste sit\u00faase o&nbsp;<strong>illote do Herboso ou Castelo<\/strong>, ao que se pode acceder a p\u00e9 de marea baixa. Sobre el as\u00e9ntanse os restos dun castro, do que recibe o nome.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>faro<\/strong>&nbsp;sit\u00faase na punta occidental do promontorio. O edificio antigo, de planta cadrada, est\u00e1 cho\u00eddo en canter\u00eda, recebado de branco, deixando a pedra \u00e1 vista nas aberturas e nos esquinais. Inaugurouse o 15 de decembro 1898. Os planos son obra do enxe\u00f1eiro Adolfo Peque\u00f1o, un dos redactores do proxecto do novo Vil\u00e1n, e datan de 1884. Tr\u00e1tase dun edificio cuadrangular de 14 m de lado, con tellado a catro vertentes e unha pequena torre que apenas sobresae do v\u00e9rtice superior do tellado, rodeada por un balc\u00f3n con varandas de ferro e unha lanterna de cristais planos e montantes verticais. Arredor desta torre octogonal que ocupaba o centro do edificio distribu\u00edanse as dependencias para vivir os dous torreiros coas s\u00faas familias e outros espazos para o servizo. Este primeiro faro emit\u00eda unha luz branca fixa cun alcance de 10 millas, producida por unha l\u00e1mpada \u201cMares\u201d de parafina e cun aparello \u00f3ptico procedente do faro antigo do cabo Vil\u00e1n. No ano 1918 reformouse a \u00f3ptica, para producir ocultaci\u00f3ns en grupos de 2 e 1 cada 15 segundos. Tam\u00e9n se lle instalou unha nova l\u00e1mpada que funcionaba con vapor de petr\u00f3leo a presi\u00f3n, cun alcance de luz de 20 millas (37 km).<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/80.-Edificio-antigo-e-novo-do-faro-Tourinan-1024x685.webp\" alt=\"80. Edificio Antigo E Novo Do Faro Tourin\u0303a\u0301n\" class=\"wp-image-325\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/80.-Edificio-antigo-e-novo-do-faro-Tourinan-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/80.-Edificio-antigo-e-novo-do-faro-Tourinan-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/80.-Edificio-antigo-e-novo-do-faro-Tourinan-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/80.-Edificio-antigo-e-novo-do-faro-Tourinan.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em><strong>Edificio antigo e novo do faro Tourin\u0303a\u0301n<\/strong><\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>En 1981 constru\u00eduse o novo faro, con moi pouco gusto est\u00e9tico, que substitu\u00edu ao antigo. Unha torre cil\u00edndrica de formig\u00f3n de 3 m de di\u00e1metro e 14 de altura, con dous balconci\u00f1os circulares con varandas met\u00e1licas e unha c\u00fapula que acolle a lanterna. Funciona cunha l\u00e1mpada el\u00e9ctrica de 1500 vatios, que proxecta a luz a unha distancia de 24 millas.<\/p>\n\n\n\n<p>Retornamos do cabo Touri\u00f1\u00e1n e ao chegar ao cruce do Seixo, a uns 4 km, viramos \u00e1 esquerda en direcci\u00f3n a Viseo e ao chegar a esta aldea, collemos de novo \u00e1 esquerda a estrada que leva a Cu\u00f1o, Lourido e Mux\u00eda. Unha estrada estreita e con bastantes curvas que bordea a costa, pero que nos permite gozar de espl\u00e9ndidas paisaxes sobre este litoral.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao chegar a&nbsp;<strong>Lourido<\/strong>&nbsp;a estrada anch\u00e9ase debido ao novo trazado que se realizou para dar servizo ao&nbsp;<strong>Parador Costa da Morte<\/strong>, situado preto deste n\u00facleo<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/81.-Parador-Costa-da-Morte-situado-en-Lourido-Muxia-1024x768.webp\" alt=\"81. Parador Costa Da Morte, Situado En Lourido (muxi\u0301a\" class=\"wp-image-321\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/81.-Parador-Costa-da-Morte-situado-en-Lourido-Muxia-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/81.-Parador-Costa-da-Morte-situado-en-Lourido-Muxia-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/81.-Parador-Costa-da-Morte-situado-en-Lourido-Muxia-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/81.-Parador-Costa-da-Morte-situado-en-Lourido-Muxia.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Parador Costa da Morte, situado en Lourido (Muxi\u0301a)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A idea de constru\u00edr este parador xurdiu a ra\u00edz da cat\u00e1strofe do Prestige, que no ano 2002 produciu unha enorme marea negra en todo o litoral galego, sobre todo na Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>O obxectivo deste proxecto era impulsar a econom\u00eda desta zona a trav\u00e9s do turismo, pero a s\u00faa execuci\u00f3n foi moi lenta, pois prolongouse durante 18 anos. Este novo establecemento hoteleiro non abriu as s\u00faas portas ata o 25 de xu\u00f1o de 2020, pero f\u00edxoo con moito \u00e9xito pola numerosa demanda que tivo ese ver\u00e1n e que se est\u00e1 a consolidar co paso do tempo.<\/p>\n\n\n\n<p>O autor do proxecto foi o arquitecto vigu\u00e9s Alfonso Penela, que ideou un edificio constru\u00eddo en escaleira para que se adaptase ao desnivel do terreo, e reducir deste xeito o impacto ambiental. Contrib\u00faen tam\u00e9n neste sentido as cubertas vexetais dos pavill\u00f3ns nos que se sit\u00faan os cuartos, que gozan de extraordinarias vistas sobre a praia de Lourido.<\/p>\n\n\n\n<p>O conxunto ocupa unha parcela de 128.000 m<sup>2<\/sup>&nbsp;e consta de 63 habitaci\u00f3ns, sal\u00f3n de actos, restaurante, cafeter\u00eda, spa, piscina e outros espazos com\u00fans. Unha construci\u00f3n cunha li\u00f1a vangardista na que o cristal e a madeira destacan como materiais utilizados.<\/p>\n\n\n\n<p>Para o seu mobiliario e elementos decorativos t\u00edvose en conta a natureza, a historia e cultura da zona, realizado cun dese\u00f1o sinxelo e atemporal, no que o pasado se combina co presente. Na decoraci\u00f3n interior perc\u00edbese unha mostra da arte, fotograf\u00eda ou da artesan\u00eda de Mux\u00eda e da Costa da Morte. Esta influencia local tam\u00e9n se observa na colecci\u00f3n de libros que ocupan os andeis da s\u00faa biblioteca.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Lourido traslad\u00e1monos a<strong>&nbsp;Mux\u00eda<\/strong>, unha parada obrigada dentro deste primeiro roteiro.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":221,"template":"","pagina-padre":[83,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1271","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-1-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1271","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1271\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1292,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1271\/revisions\/1292"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1271"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1271"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1271"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}