{"id":1272,"date":"2024-09-08T04:25:05","date_gmt":"2024-09-08T02:25:05","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1272"},"modified":"2024-11-21T22:03:06","modified_gmt":"2024-11-21T21:03:06","slug":"vila-de-muxia-duplicar","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-muxia-duplicar\/","title":{"rendered":"Vila de Mux\u00eda"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"913\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/82.-Vila-de-Muxia-a-comezos-do-seculo-XX-1024x913.webp\" alt=\"82. Vila De Muxi\u0301a A Comezos Do Se\u0301culo Xx\" class=\"wp-image-329\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/82.-Vila-de-Muxia-a-comezos-do-seculo-XX-1024x913.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/82.-Vila-de-Muxia-a-comezos-do-seculo-XX-300x267.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/82.-Vila-de-Muxia-a-comezos-do-seculo-XX-768x685.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/82.-Vila-de-Muxia-a-comezos-do-seculo-XX.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Vila de Muxi\u0301a a comezos do se\u0301culo XX<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Esta pequena localidade de pouco m\u00e1is de mil habitantes sit\u00faase sobre o t\u00f3mbolo de area que se formou entre o monte Corpi\u00f1o, ao norte, e o monte do Enfesto, ao sur, na estreita pen\u00ednsula que remata na punta da Barca.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa orixe est\u00e1 vencellada ao antigo mosteiro de San Xuli\u00e1n de Moraime, pr\u00f3ximo a ela. O nome de Mux\u00eda (terra de monxes), fai alusi\u00f3n \u00e1 comunidade relixiosa deste mosteiro, foco evanxelizador das terras da contorna.<\/p>\n\n\n\n<p>A primeira referencia hist\u00f3rica ao n\u00facleo muxi\u00e1n aparece no s\u00e9culo XII, na que se cita a parroquia de Santa Mar\u00eda. No ano 1346, o rei Alfonso IX conc\u00e9delle a este porto o foro da Coru\u00f1a, que lle permit\u00eda aos seus veci\u00f1os gozar de certos dereitos, pero que ti\u00f1an a obriga de respectar os privilexios que o mosteiro de Moraime ti\u00f1a sobre esta vila.<\/p>\n\n\n\n<p>O cardeal J. del Hoyo nas s\u00faas&nbsp;<em>Memorias<\/em>&nbsp;recolle que a pesca era o \u00fanico medio de vida dos seus habitantes e que o espazo xurisdicional desta vila era tan reducido que os muxi\u00e1ns depend\u00edan da parroquia de Moraime para aprovisionarse de elementos tan b\u00e1sicos como a le\u00f1a, a auga ou os produtos agr\u00edcolas.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo Del Hoyo o emperador Carlos&nbsp;V&nbsp;trocoulle aos monxes de Moraime o porto muxi\u00e1n por outro e despois cedeullo ao arcebispo compostel\u00e1n, deste xeito Mux\u00eda pasar\u00e1 a estar baixo o se\u00f1or\u00edo da mitra santiaguesa.<\/p>\n\n\n\n<p>A mediados do s\u00e9culo XVIII, segundo o&nbsp;<em>Catastro de Ensenada<\/em>, esta vila ti\u00f1a 94 veci\u00f1os (uns 350 hab.) e a s\u00faa maior\u00eda dedic\u00e1base \u00e1 pesca da sardi\u00f1a e do congro. A artesan\u00eda do encaixe xa ti\u00f1a certa relevancia tanto polo n\u00famero de mulleres que a practicaban como polo n\u00famero de familias que se dedicaba \u00e1 s\u00faa venda.<\/p>\n\n\n\n<p>No s\u00e9culo XIX a econom\u00eda dos muxi\u00e1ns segu\u00eda vinculada \u00e1 pesca e ao comercio mar\u00edtimo. Destacaban tam\u00e9n os secadoiros de congro e os encaixes. A mediados deste s\u00e9culo, Mux\u00eda cumpr\u00eda a funci\u00f3n de centro comercial e de servizos das parroquias do concello. Ademais de tabernas, ferraxer\u00edas, hab\u00eda tendas de encaixe, m\u00e9dico, boticario e avogado.<\/p>\n\n\n\n<p>A comezos do s\u00e9culo seguinte, a s\u00faa poboaci\u00f3n acheg\u00e1base aos mil habitantes, e o seu casar\u00edo, constru\u00eddo a base de granito e tella do pa\u00eds, mostraba unha notable harmon\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>A aparici\u00f3n das embarcaci\u00f3ns a motor a finais dos anos vinte supo\u00f1er\u00e1 un avance significativo para o sector pesqueiro. Ademais das familias mari\u00f1eiras, que eran a gran maior\u00eda, hab\u00eda outras que viv\u00edan do comercio e doutras actividades, que constitu\u00edan unha pequena burgues\u00eda ilustrada que se reun\u00eda no casino local. O estalido da Guerra Civil supuxo unha profunda ruptura social e unha crise econ\u00f3mica que se prolongar\u00e1 ata finais dos anos cincuenta.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos anos sesenta a pesca comeza a recobrar un notable valor econ\u00f3mico no mercado e o descubrimento do caladoiro do Canto a finais desta d\u00e9cada supo\u00f1er\u00e1 un gran auxe econ\u00f3mico para as familias mari\u00f1eiras. Boa parte destes recursos empregaranse na construci\u00f3n, que ocasionar\u00e1 unha considerable transformaci\u00f3n urban\u00edstica do n\u00facleo muxi\u00e1n, realizada sen unha planificaci\u00f3n axeitada. A construci\u00f3n do dique de abrigo e do peirao, as\u00ed como do paseo mar\u00edtimo e do porto deportivo, modificar\u00e1n tam\u00e9n por completo a fachada mar\u00edtima antiga.<\/p>\n\n\n\n<p>A crise do sector pesqueiro que se desenvolveu na d\u00e9cada dos anos noventa e que contin\u00faa no actual s\u00e9culo conduciu \u00e1 desaparici\u00f3n de moitos postos de traballo. O turismo atra\u00eddo polo rico patrimonio natural e hist\u00f3rico da zona, xunto coa promoci\u00f3n do cami\u00f1o xacobeo, est\u00e1 a crear emprego, a\u00ednda que sexa de tipo temporal, pero far\u00eda falta reactivar a pesca e o marisqueo, que se complementan moi ben co turismo.<\/p>\n\n\n\n<p>Ruta a p\u00e9 pola pen\u00ednsula muxi\u00e1<\/p>\n\n\n\n<p>A situaci\u00f3n xeogr\u00e1fica de Mux\u00eda nunha pen\u00ednsula perm\u00edtenos rodear todo o seu n\u00facleo urbano bordeando o mar, e gozar de atractivas panor\u00e1micas sobre a r\u00eda, o cabo Vil\u00e1n e a punta da Bu\u00edtra.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/84.-A-Muxia-actual-co-monte-Corpino-ao-fondo-1024x686.webp\" alt=\"84. A Muxi\u0301a Actual Co Monte Corpin\u0303o Ao Fondo\" class=\"wp-image-318\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/84.-A-Muxia-actual-co-monte-Corpino-ao-fondo-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/84.-A-Muxia-actual-co-monte-Corpino-ao-fondo-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/84.-A-Muxia-actual-co-monte-Corpino-ao-fondo-768x515.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/84.-A-Muxia-actual-co-monte-Corpino-ao-fondo.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>A Muxi\u0301a actual co monte Corpin\u0303o ao fondo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Comezamos esta ruta no&nbsp;<strong>miradoiro da Cruz<\/strong>, denominado as\u00ed polo cruceiro que serv\u00eda de l\u00edmite entre as parroquias de Mux\u00eda e Moraime. Tam\u00e9n lle d\u00e1 nome \u00e1 praia que est\u00e1 \u00e1 entrada da vila. Se ollamos cara ao leste vemos as praias da Cruz e do Espi\u00f1eirido. A primeira recibe aos visitantes que entran a trav\u00e9s da estrada de Berdoias, e a segunda d\u00e1lle a benvida aos peregrinos que chegan a trav\u00e9s da ruta Hospital de Logoso-Mux\u00eda. Se ollamos cara ao noroeste percibimos unha boa panor\u00e1mica do porto muxi\u00e1n e da fachada urbana que d\u00e1 \u00e1 r\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir de aqu\u00ed seguimos o paseo mar\u00edtimo ata chegar ao monumento que honra ao poeta muxi\u00e1n&nbsp;<strong>Gonzalo L\u00f3pez<\/strong>&nbsp;<strong>Abente<\/strong>&nbsp;(1878-1963), emparentado por li\u00f1a materna con Eduardo Pondal. Este monumento, obra do artista negreir\u00e9s Andr\u00e9s Barbaz\u00e1n, f\u00edxose co motivo de dedicarlle en 1971 o D\u00eda das Letras Galegas a este escritor.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"551\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/85.-Gonzalo-Lopez-Abente-escritor-muxian-R.-Caamano.webp\" alt=\"85. Gonzalo Lo\u0301pez Abente, Escritor Muxia\u0301n (r. Caaman\u0303o)\" class=\"wp-image-330\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/85.-Gonzalo-Lopez-Abente-escritor-muxian-R.-Caamano.webp 551w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/85.-Gonzalo-Lopez-Abente-escritor-muxian-R.-Caamano-200x300.webp 200w\" sizes=\"auto, (max-width: 551px) 100vw, 551px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Gonzalo Lo\u0301pez Abente, escritor muxia\u0301n (R. Caaman\u0303o)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><br>Continuamos polo paseo da beiramar ata chegar ao&nbsp;<strong>peirao de don Manolo<\/strong>, pequeno embarcadoiro constru\u00eddo polo empresario muxi\u00e1n Manuel Lastres para atraque das s\u00faas embarcaci\u00f3ns dedicadas ao transporte mar\u00edtimo. Facendo de bita vemos un antigo can\u00f3n procedente do baluarte defensivo que hab\u00eda no lugar da Gurita.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasamos por diante da&nbsp;<strong>Casa do Concello<\/strong>, un edificio moderno, e continuamos pola r\u00faa da Mari\u00f1a ata a&nbsp;<em>Rambleta<\/em>. Na casa que fai esquina, onde se atopa o bar \u201cA Marina\u201d, estaba a casa na que se aloxou a poeta Rosal\u00eda de Castro cando no ano 1853 veu \u00e1 Romar\u00eda da Barca, acompa\u00f1ada de Eduarda Pondal, irm\u00e1 do bardo de Ponteceso. Esta estancia inspiroulle o poema sobre esta romar\u00eda e a novela&nbsp;<em>La hija del mar<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>Subimos cara a R\u00faa Real ata chegar \u00e1&nbsp;<strong>praza da Constituci\u00f3n<\/strong>, centro do antigo n\u00facleo urbano, onde se celebraban o mercado e as festas. Aqu\u00ed situ\u00e1base a antiga Casa do Concello, no edificio novo que conserva unhas columnas de pedra na planta baixa.<\/p>\n\n\n\n<p>Preto desta praza hai un grupo de casas restauradas que nos mostran como era a vivenda tradicional muxi\u00e1. Fronte a elas est\u00e1 a que fora a casa do escritor&nbsp;<strong>Gonzalo L\u00f3pez Abente<\/strong>, actualmente reformada. Continuamos de fronte ata chegar \u00e1 seguinte praci\u00f1a. No pinch\u00f3n dunha casa de pedra observamos un escudo que mostra os mesmos s\u00edmbolos que a casa dos Pazos de Senande, o que nos indica que esta familia fidalga ti\u00f1a casa en Mux\u00eda. Na mesma praza hai outra casa cun escudo na fachada, moi erosionado, que pertenceu \u00e1 familia fidalga dos Dios e Castro. No lugar onde actualmente se atopa a Casa do Mar era onde se situaba o antigo alfol\u00edn, concesi\u00f3n que lle foi outorgada ao porto muxi\u00e1n no s\u00e9culo XV. Uns metros m\u00e1is adiante volvemos a atoparnos cun grupi\u00f1o de casas restauradas, nunha delas sit\u00faase a biblioteca municipal e noutra a oficina de informaci\u00f3n tur\u00edstica.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/86.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-de-Muxia-1024x768.webp\" alt=\"86. Igrexa Parroquial De Santa Mari\u0301a De Muxi\u0301a\" class=\"wp-image-324\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/86.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-de-Muxia-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/86.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-de-Muxia-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/86.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-de-Muxia-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/86.-Igrexa-parroquial-de-Santa-Maria-de-Muxia.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Igrexa parroquial de Santa Mari\u0301a de Muxi\u0301a<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Seguimos en direcci\u00f3n ao santuario da Barca, ao chegar ao cemiterio subimos cara a\u00a0<strong>igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda<\/strong>, construci\u00f3n g\u00f3tica con reminiscencias rom\u00e1nicas, inclu\u00edda dentro do denominado g\u00f3tico mari\u00f1eiro. Consta dunha soa nave con teitume de madeira e unha \u00e1bsida rectangular cuberta con b\u00f3veda apuntada. No seu muro norte sit\u00faase a capela do Rosario con b\u00f3veda de crucer\u00eda. O campanario el\u00e9vase sobre unhas rochas que hai ao p\u00e9 do templo. Baixamos de novo ao paseo que bordea o mar, e se ollamos cara a dereita veremos unha estrutura de troncos, son as\u00a0<strong>cabrias<\/strong>\u00a0que se utilizaban para secar o congro ao aire libre. Nesta zona houbo varios secadoiros, que comercializaban este peixe curado a poboaci\u00f3ns do interior peninsular. Seguimos o paseo que m\u00e1is adiante nos depara excelentes vistas sobre o litoral norte da r\u00eda de Camari\u00f1as, a capela da Virxe do Monte e o faro Vil\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/87.-Santuario-da-Virxe-da-Barca-de-Muxia-1024x686.webp\" alt=\"87. Santuario Da Virxe Da Barca De Muxi\u0301a\" class=\"wp-image-314\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/87.-Santuario-da-Virxe-da-Barca-de-Muxia-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/87.-Santuario-da-Virxe-da-Barca-de-Muxia-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/87.-Santuario-da-Virxe-da-Barca-de-Muxia-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/87.-Santuario-da-Virxe-da-Barca-de-Muxia.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Santuario da Virxe da Barca de Muxi\u0301a<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Chegamos \u00e1&nbsp;<strong>capela da Virxe da Barca<\/strong>, constru\u00edda en 1719 coa achega econ\u00f3mica do conde de Frigiliana e os seus descendentes, os condes de Maceda. Tr\u00e1tase dunha construci\u00f3n barroca, robusta e sobria que acoll\u00eda no seu interior un valioso retablo barroco do escultor santiagu\u00e9s Miguel de Romay, destru\u00eddo polo incendio que se produciu o 25 de decembro de 2013.<\/p>\n\n\n\n<p>A sonada romar\u00eda que se celebra en honra desta Virxe ten lugar a segunda fin de semana de setembro, ag\u00e1s que caia domingo o d\u00eda 8, que ent\u00f3n trasl\u00e1dase ao terceiro.<\/p>\n\n\n\n<p>Baixamos as escaleiras do adro e acheg\u00e1monos \u00e1s m\u00edticas pedras de&nbsp;<strong>Abalar&nbsp;<\/strong>e dos&nbsp;<strong>Cadr\u00eds<\/strong>, que despois da cristianizaci\u00f3n deste lugar, pasaron a constitu\u00edr as partes da embarcaci\u00f3n que transportou \u00e1 Virxe ata este lugar, segundo conta a lenda. Abalar a Pedra e pasar nove veces por debaixo da dos Cadr\u00eds \u00e9 un ritual que romeiros e demais visitantes desexan cumprir.<\/p>\n\n\n\n<p>Volvemos da Barca polo&nbsp;<strong>cami\u00f1o da Pel<\/strong>, no alto chamaranos a atenci\u00f3n a enorme mole gran\u00edtica fendida que forma a&nbsp;<strong>escultura da Ferida<\/strong>, colocada co motivo da cat\u00e1strofe do Prestige. Desde aqu\u00ed collemos o cami\u00f1o que sobe ao&nbsp;<strong>monte Corpi\u00f1o<\/strong>, o mellor miradoiro de Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Retornamos ao cami\u00f1o da Pel que nos ofrece fermosas panor\u00e1micas sobre o oc\u00e9ano e as puntas do Cachelmo e da Bu\u00edtra. Espertar\u00e1n a nosa curiosidade os&nbsp;<strong>valados<\/strong>&nbsp;de pedra que circundan as pequenas hortas, que ofrecen certa semellanza coas paredes das vivendas dos castros. Estes muros levant\u00e1banse para delimitar as propiedades e protexer os cultivos dos ventos mareiros e do salitre que arrastraban. Un pouco antes das primeiras casas hai un cami\u00f1o que baixa \u00e1&nbsp;<strong>fonte da Pel<\/strong>, lugar onde se lavaban e aseaban os peregrinos e romeiros antes de chegar ao santuario. Volvemos e baixamos pola r\u00faa Atalaia cara ao Co\u00eddo. Na r\u00faa Matadoiro n\u00famero 12 est\u00e1 a casa do fot\u00f3grafo muxi\u00e1n&nbsp;<strong>Ram\u00f3n Caama\u00f1o Bent\u00edn<\/strong>&nbsp;(1908-2007) quen inmortalizou coa s\u00faa c\u00e1mara a paisaxe e a xente da Costa da Morte. No baixo desta casa hai un pequeno museo particular no que se expo\u00f1en as s\u00faas fotos e obxectos persoais.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"664\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/88.-Ramon-Caamano-fotografo-muxian.webp\" alt=\"88. Ramo\u0301n Caaman\u0303o, Foto\u0301grafo Muxia\u0301n\" class=\"wp-image-334\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/88.-Ramon-Caamano-fotografo-muxian.webp 664w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/88.-Ramon-Caamano-fotografo-muxian-241x300.webp 241w\" sizes=\"auto, (max-width: 664px) 100vw, 664px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Ramo\u0301n Caaman\u0303o, foto\u0301grafo muxia\u0301n<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde a casa de Caama\u00f1o, volvemos \u00e1 r\u00faa Atalaia e a trav\u00e9s da r\u00faa A Pedri\u00f1a acheg\u00e1monos ao secadoiro de congro que hai nesta zona. Desde aqu\u00ed bordeando a costa chegamos \u00e1\u00a0<strong>praza do Co\u00eddo<\/strong>, considerada a zona cero na cat\u00e1strofe do Prestige, que mobilizou a milleiros de voluntarios que colaboraron na recuperaci\u00f3n do litoral. En agradecemento a este nobre labor, no ano 2007 colocouse un monumento na s\u00faa honra. Como remate desta ruta visitaremos a\u00a0<strong>Exposici\u00f3n<\/strong>\u00a0<strong>Permanente<\/strong>\u00a0que hai no edificio do Voluntariado, formada por unha ampla colecci\u00f3n de fotograf\u00edas que de xeito gr\u00e1fico nos amosan esta grave cat\u00e1strofe ecol\u00f3xica ocorrida en novembro de 2002.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":222,"template":"","pagina-padre":[83,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1272","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-1-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1272","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1272\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1547,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1272\/revisions\/1547"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1272"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1272"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1272"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}