{"id":1274,"date":"2024-09-09T05:15:49","date_gmt":"2024-09-09T03:15:49","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1274"},"modified":"2024-11-21T22:03:28","modified_gmt":"2024-11-21T21:03:28","slug":"conxunto-historico-artistico-de-moraime","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/conxunto-historico-artistico-de-moraime\/","title":{"rendered":"Conxunto hist\u00f3rico-art\u00edstico de Moraime"},"content":{"rendered":"\n<p>A historia de Moraime rem\u00f3ntase a \u00e9pocas anteriores ao cristianismo. Nas escavaci\u00f3ns realizadas por Manuel Chamoso Lamas no ano 1972 na leira situada ao sur do actual templo descubr\u00edronse estruturas e obxectos que corresponden a diferentes momentos hist\u00f3ricos. Os m\u00e1is antigos son romanos, pero tam\u00e9n se descubriron outros de orixe visigoda.<\/p>\n\n\n\n<p>Da fundaci\u00f3n do antigo&nbsp;<strong>mosteiro<\/strong>&nbsp;<strong>beneditino<\/strong>&nbsp;carecemos de datos, pero as s\u00faas orixes poder\u00edan remontarse ao s\u00e9culo XI. A primeira documentaci\u00f3n sobre o mesmo data do ano 1095.<\/p>\n\n\n\n<p>Moraime sufriu os ataques da pirater\u00eda normanda e musulm\u00e1. A igrexa primitiva foi destru\u00edda polos almor\u00e1bides, segundo un documento do rei Alfonso VII, que pasou uns anos da s\u00faa infancia neste mosteiro, protexido por Pedro Froilaz, da familia nobre dos Traba.<\/p>\n\n\n\n<p>O monarca neste documento reco\u00f1ece o estado ruinoso do templo e amosa a intenci\u00f3n de restauralo e achegarlle todo o necesario para manter a comunidade mon\u00e1stica. A partir deste momento ser\u00e1 cando se levante a igrexa e o mosteiro.<\/p>\n\n\n\n<p>A decadencia deste centro relixioso comeza a partir do s\u00e9culo XIII, cando a familia dos Traba perde poder e a pequena nobreza local comeza a apoderarse das propiedades e rendas do mosteiro.<\/p>\n\n\n\n<p>A finais do s\u00e9culo XV incorp\u00f3rase a San Bieito de Valladolid e no s\u00e9culo XVII pasar\u00e1 a depender de San Marti\u00f1o Pinario de Santiago. A comezos deste s\u00e9culo xa non hab\u00eda monxes e o edificio est\u00e1base arruinando, segundo nos relata o cardeal Del Hoyo.<\/p>\n\n\n\n<p>Tanto a igrexa coma a&nbsp;<strong>casa reitoral<\/strong>, situada ao seu car\u00f3n, edificada a mediados do s\u00e9culo XVIII, foron declaradas en 1972 Conxunto Hist\u00f3rico-Art\u00edstico.<\/p>\n\n\n\n<p>A actual&nbsp;<strong>igrexa<\/strong>&nbsp;\u00e9 o \u00fanico vestixio que queda do antigo mosteiro. Tr\u00e1tase dun edificio rom\u00e1nico, de planta basilical, formado por tres naves e tres \u00e1bsidas.<\/p>\n\n\n\n<p>Se observamos o&nbsp;<strong>exterior<\/strong>&nbsp;da igrexa apreciamos o pronunciado desnivel que hai entre a fachada principal e a cabeceira. Por iso, para acceder ao interior do templo, temos que descender dous tramos de escaleiras.<\/p>\n\n\n\n<p>Na cabeceira da igrexa sobresaen as tres \u00e1bsidas. A central de maior altura e forma rectangular, e as laterais&nbsp;semicirculares.&nbsp;Os canzorros de todas elas est\u00e1n decorados con motivos xeom\u00e9tricos ou vexetais.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"553\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/89.-Porta-sur-da-igrexa-de-Moraime.webp\" alt=\"89. Porta Sur Da Igrexa De Moraime\" class=\"wp-image-331\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/89.-Porta-sur-da-igrexa-de-Moraime.webp 553w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/89.-Porta-sur-da-igrexa-de-Moraime-201x300.webp 201w\" sizes=\"auto, (max-width: 553px) 100vw, 553px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Porta sur da igrexa de Moraime<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>No muro norte sobresaen os contrafortes unidos por arcos de medio punto, de influencia compostel\u00e1. Achegada a este muro at\u00f3pase a sancrist\u00eda, constru\u00edda posteriormente.<\/p>\n\n\n\n<p>No muro sur destacan os contrafortes de tama\u00f1o e altura desigual e a esplendorosa&nbsp;<strong>porta<\/strong>&nbsp;<strong>rom\u00e1nica<\/strong>&nbsp;\u201cdescuberta\u201d cara ao ano 1975. Componse de tres arquivoltas con arcos de medio punto. As d\u00faas interiores ap\u00f3ianse en columnas arrimadas, e a exterior faino sobre o propio muro. Columnas e plintos est\u00e1n profundamente decorados a base de motivos xeom\u00e9tricos e vexetais. Pola contra, os capiteis dec\u00f3ranse con figuras de animais ou humanas. Resulta dif\u00edcil a s\u00faa identificaci\u00f3n debido ao mal estado de conservaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>No t\u00edmpano repres\u00e9ntase a&nbsp;<strong>\u00daltima Cea<\/strong>, con Xesucristo no centro en actitude de bendici\u00f3n, acompa\u00f1ado de sete ap\u00f3stolos. Na parte interior deste mesmo t\u00edmpano aparece esculpido un&nbsp;<strong>Agnus Dei<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>fachada,<\/strong>&nbsp;protexida por un p\u00f3rtico de construci\u00f3n m\u00e1is tard\u00eda, componse de tres arquivoltas de medio punto que repousan sobre columnas arrimadas. Todo o conxunto est\u00e1 densamente decorado. En cada columna aparecen representados dous personaxes, a xeito de estatua-columna de influencia compostel\u00e1. Os capiteis dec\u00f3ranse con motivos vexetais.<\/p>\n\n\n\n<p>No&nbsp;<strong>t\u00edmpano<\/strong>&nbsp;m\u00f3stranse sete persoeiros enmarcados en arcadas de medio punto. O central leva un b\u00e1culo na man esquerda, e coa dereita d\u00e1 a bendici\u00f3n. Poder\u00eda representar a San Xuli\u00e1n e os seus disc\u00edpulos, ou San Bieito e membros da s\u00faa orde.<\/p>\n\n\n\n<p>O t\u00edmpano est\u00e1 enmarcado por tres arquivoltas de medio punto. Cada unha delas decorada con figuras de trazo r\u00fastico e esquem\u00e1tico.<\/p>\n\n\n\n<p>A elevada torre campanario do lado sur data de finais do s\u00e9culo XIX, a\u00ednda que a s\u00faa forma semella a dun campanario barroco.<\/p>\n\n\n\n<p>No&nbsp;<strong>interior<\/strong>, tanto o arco triunfal como os de entrada \u00e1s \u00e1bsidas laterais son de medio punto e dobrados. As tres naves div\u00eddense en cinco tramos a trav\u00e9s de piares de secci\u00f3n cuadrangular con semi- columnas arrimadas en cada un dos seus lados. Sobre as semicolumnas ap\u00f3ianse os arcos formeiros e os arcos faix\u00f3ns que arrancan a maior altura. Os capiteis presentan unha gran riqueza ornamental a base de motivos vexetais.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"624\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/90.-A-ira-un-dos-pecados-capitais-representados-nas-pinturas-goticas-de-Moraime.webp\" alt=\"90. A Ira, Un Dos Pecados Capitais Representados Nas Pinturas Go\u0301ticas De Moraime.\" class=\"wp-image-326\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/90.-A-ira-un-dos-pecados-capitais-representados-nas-pinturas-goticas-de-Moraime.webp 624w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/90.-A-ira-un-dos-pecados-capitais-representados-nas-pinturas-goticas-de-Moraime-226x300.webp 226w\" sizes=\"auto, (max-width: 624px) 100vw, 624px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>A ira, un dos pecados capitais representados nas pinturas go\u0301ticas de Moraime.<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>No muro norte m\u00f3stranse as excelentes\u00a0<strong>pinturas g\u00f3ticas<\/strong>\u00a0do s\u00e9culo XV, nas que se representan escenas dos sete pecados capitais e da morte, descubertas na d\u00e9cada dos anos setenta do pasado s\u00e9culo e restauradas no 2018.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":230,"template":"","pagina-padre":[83,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1274","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-1-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1274","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1274\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1296,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1274\/revisions\/1296"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1274"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1274"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1274"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}