{"id":1276,"date":"2024-09-08T04:28:12","date_gmt":"2024-09-08T02:28:12","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1276"},"modified":"2024-11-21T22:03:59","modified_gmt":"2024-11-21T21:03:59","slug":"vila-de-corcubion","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-corcubion\/","title":{"rendered":"Vila de Corcubi\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A orixe desta vila e parroquia corresp\u00f3ndese co pequeno n\u00facleo que se formou ao p\u00e9 da antiga igrexa de Santo Andr\u00e9s da Canle, m\u00e1is afastado da costa. Cando a partir do s\u00e9culo XIII as invasi\u00f3ns mar\u00edtimas foron a menos, a poboaci\u00f3n asentouse na beiramar, fund\u00e1ndose as\u00ed o n\u00facleo actual de Corcubi\u00f3n e a nova igrexa parroquial dedicada a San Marcos, patr\u00f3n de Venecia. A substituci\u00f3n do primitivo patr\u00f3n polo actual de San\u00a0Marcos m\u00f3stranos a importancia dos intercambios comerciais que hab\u00eda naquela \u00e9poca con esa rep\u00fablica italiana.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"628\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/92.-Antigo-porto-de-Corcubion-R.-Caamano-1024x628.webp\" alt=\"92. Antigo Porto De Corcubio\u0301n (r. Caaman\u0303o)\" class=\"wp-image-327\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/92.-Antigo-porto-de-Corcubion-R.-Caamano-1024x628.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/92.-Antigo-porto-de-Corcubion-R.-Caamano-300x184.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/92.-Antigo-porto-de-Corcubion-R.-Caamano-768x471.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/92.-Antigo-porto-de-Corcubion-R.-Caamano.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Antigo porto de Corcubio\u0301n (R. Caaman\u0303o)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A vila estivo baixo o dominio, primeiro da familia dos Traba, e despois dos Moscoso, condes de Altamira, que ti\u00f1an aqu\u00ed a s\u00faa casa se\u00f1orial, cabeza dunha extensa xurisdici\u00f3n. O conde era o encargado de nomear o xu\u00edz e os rexedores da localidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Na primeira metade do s\u00e9culo XVIII, Corcubi\u00f3n era un n\u00facleo duns 200 habitantes, que viv\u00edan fundamentalmente da pesca da sardi\u00f1a e do congro. Na segunda metade deste s\u00e9culo chegan os catal\u00e1ns e comezan a instalar factor\u00edas de salgadura de sardi\u00f1a, actividade que continuar\u00e1 no s\u00e9culo seguinte.<\/p>\n\n\n\n<p>A comezos do s\u00e9culo XIX esta vila sufriu o ataque das tropas francesas, que incendiaron e saquearon a localidade. Sen embargo, a inicios do seguinte, este n\u00facleo converteuse nun dos m\u00e1is activos e pr\u00f3speros da Costa da Morte. Dispo\u00f1\u00eda de alumado el\u00e9ctrico, tel\u00e9grafo, posto de carabineiros e garda civil, casas de banca, industrias de salgadura, sociedades de recreo etc. Por ser cabeceira de partido xudicial, resid\u00edan aqu\u00ed autoridades xudiciais e administrativas.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante o primeiro terzo do s\u00e9culo XX produciuse unha intensa emigraci\u00f3n cara aos pa\u00edses americanos, sobre todo a Arxentina. Na s\u00faa capital fundouse en 1922 a&nbsp;<em>Sociedad Agraria de los Hijos del Partido de Corcubi\u00f3n<\/em>, que m\u00e1is tarde pasar\u00e1 a denominarse&nbsp;<em>Asociaci\u00f3n Ben\u00e9fico Cultural del Partido de Corcubi\u00f3n<\/em>, que, entre outras moitas actividades, editou a revista&nbsp;<em>Alborada<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos anos da II Rep\u00fablica tanto Corcubi\u00f3n como Cee foron dous n\u00facleos con moita actividade sindical e pol\u00edtica, que ser\u00e1&nbsp;totalmente anulada tralo golpe de estado de 1936.<\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade Corcubi\u00f3n pres\u00e9ntasenos como unha pequena vila hist\u00f3rica de 1400 habitantes, que vive fundamentalmente do sector servizos e do turismo. Conta cun importante patrimonio hist\u00f3rico. No ano 1984 o seu n\u00facleo foi declarado Conxunto Hist\u00f3rico-Art\u00edstico.<br><br><strong>Ruta a pie por la villa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Para percorrer o n\u00facleo de Corcubi\u00f3n tomamos como lugar de sa\u00edda a&nbsp;<strong>praza de Castelao<\/strong>, onde se aprecian algunhas casas de pedra con galer\u00eda, coma a da familia Mi\u00f1ones, que acadou un gran protagonismo econ\u00f3mico e pol\u00edtico antes da Guerra Civil. O persoeiro m\u00e1is relevante foi Xos\u00e9 Mi\u00f1ones, deputado nas cortes da II Rep\u00fablica e v\u00edtima da represi\u00f3n franquista. Preto desta casa est\u00e1 o pazo da familia dos Dios e Pose, coa&nbsp;<strong>capela do Pilar<\/strong>&nbsp;de par, convertida en auditorio municipal.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a praza de Castelao, subimos pola r\u00faa San Marcos. Ao inicio vemos \u00e1 nosa esquerda a que fora&nbsp;<strong>casa se\u00f1orial dos Altamira<\/strong>, unha antiga fortaleza que data do s\u00e9culo XV, a\u00ednda que foi reformada nos s\u00e9culos XVII e XVIII. Residencia dos condes cando se achegaban a esta vila, c\u00e1rcere e audiencia. A r\u00faa cond\u00facenos a&nbsp;<strong>igrexa parroquial de San Marcos<\/strong>, que conserva alg\u00fan resto rom\u00e1nico na s\u00faa cabeceira, a\u00ednda que a meirande parte pertence ao estilo g\u00f3tico. A principios do s\u00e9culo XVIII engad\u00edron- selle as capelas do Socorro e da Virxe do Carme. A fachada levantouse a finais do s\u00e9culo XIX en estilo neog\u00f3tico, obra do arquitecto Domingo Rodr\u00edguez Sesmero. A anterior fora afectada por varios raios, a \u00faltima vez en 1884, que causou 3 mortos e 60 feridos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"620\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/93.-Fachada-da-igrexa-de-San-Marcos-de-Corcubion.webp\" alt=\"93. Fachada Da Igrexa De San Marcos De Corcubio\u0301n\" class=\"wp-image-322\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/93.-Fachada-da-igrexa-de-San-Marcos-de-Corcubion.webp 620w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/93.-Fachada-da-igrexa-de-San-Marcos-de-Corcubion-225x300.webp 225w\" sizes=\"auto, (max-width: 620px) 100vw, 620px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Fachada da igrexa de San Marcos de Corcubio\u0301n<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>No seu interior cons\u00e9rvase a talla de&nbsp;<strong>San Marcos da Cadeira<\/strong>, patr\u00f3n da parroquia, unha imaxe g\u00f3tica da escola veneciana da segunda metade do s\u00e9culo XV. Posiblemente fose unha doaz\u00f3n do conde de Altamira.<\/p>\n\n\n\n<p>Subimos pola r\u00faa das Mercedes e ao comezo atop\u00e1monos coa&nbsp;<strong>casa da Teixeira<\/strong>, un dos varios pazos que se conservan neste n\u00facleo urbano, co seu grande escudo. Seguimos esta r\u00faa ata o final e chegamos \u00e1&nbsp;<strong>Praza do Campo do Rollo<\/strong>, top\u00f3nimo que fai alusi\u00f3n a un rolo ou columna onde se axustizaban os reos condenados a pena de morte. Desde este lugar collemos a r\u00faa M\u00e1rtires, que pasa pola praza do m\u00e9dico Ram\u00f3n Carrera e cond\u00facenos \u00e1 praza de abastos e \u00e1&nbsp;<strong>Casa do Concello<\/strong>, esta situada no antigo edificio que mandou constru\u00edr o fil\u00e1ntropo Jos\u00e9 Carreras F\u00e1bregas, quen acumulou unha notable riqueza en Arxentina. A s\u00faa idea era crear na s\u00faa vila natal unha escola de artes e oficios. A obra foi dese\u00f1ada polo arquitecto e compositor coru\u00f1\u00e9s Eduardo Rodr\u00edguez Losada en 1924. Baixamos pola r\u00faa Clotilde Salomoni, e retornamos de novo \u00e1 praza de Castelao. Continuamos \u00e1 esquerda pola r\u00faa Antonio Porr\u00faa, a principal, que daba entrada \u00e1 vila. Nela observamos interesantes construci\u00f3ns de finais do s\u00e9culo XIX e comezos do XX, con galer\u00eda ou balc\u00f3ns. Subimos pola r\u00faa Peligros ata a&nbsp;<strong>capela de Santo Ant\u00f3n<\/strong>, unha pequena ermida constru\u00edda a finais do s\u00e9culo XVII. Desde este lugar contemplamos unha fermosa panor\u00e1mica sobre a r\u00eda e a propia vila. A partir de aqu\u00ed, temos a opci\u00f3n de seguir pola r\u00faa Salvador Allende ata o final e logo regresar polo paseo mar\u00edtimo, ou, se non, baixar pola r\u00faa Peligros e ao chegar a de Rafael Juan tomar \u00e1 esquerda unha calella transversal, que nos leva tam\u00e9n ao mesmo paseo. Continuamos por el, pasamos polo miradoiro de Ram\u00f3n Pais, e seguimos ata o porto, onde finalizamos este roteiro urbano.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"783\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/94.-Rua-Antonio-Porrua-1024x783.webp\" alt=\"94. Ru\u0301a Antonio Porru\u0301a\" class=\"wp-image-307\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/94.-Rua-Antonio-Porrua-1024x783.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/94.-Rua-Antonio-Porrua-300x229.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/94.-Rua-Antonio-Porrua-768x587.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/94.-Rua-Antonio-Porrua.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Ru\u0301a Antonio Porru\u0301a<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde Corcubi\u00f3n a trav\u00e9s da estrada AC-552 regresamos de novo a Fisterra, punto de partida desta primeira ruta.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":234,"template":"","pagina-padre":[83,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1276","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-1-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1276","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1276\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1300,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1276\/revisions\/1300"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1276"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1276"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1276"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}