{"id":1303,"date":"2024-09-08T05:27:51","date_gmt":"2024-09-08T03:27:51","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1303"},"modified":"2024-11-21T21:49:13","modified_gmt":"2024-11-21T20:49:13","slug":"vila-de-camarinas","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-camarinas\/","title":{"rendered":"Vila de Camari\u00f1as"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A vila mari\u00f1eira de Camari\u00f1as, cuxo top\u00f3nimo procede da carami\u00f1a (<em>Corema album<\/em>), planta arbustiva que medraba nas dunas sobre as que se asentar\u00eda este n\u00facleo, tivo unha orixe m\u00e1is tard\u00eda que as primitivas aldeas da parroquia de San Xurxo de Buria. Os monxes do pequeno mosteiro de Tosto, en Santa Mari\u00f1a, contribu\u00edron \u00e1 cristianizaci\u00f3n destas terras, a\u00ednda que curiosamente esta fregues\u00eda pertenceu desde o s\u00e9culo X \u00e1 diocese de Mondo\u00f1edo.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir do s\u00e9culo XIII comezaron a establecerse na beiramar os primeiros habitantes aproveitando as boas condici\u00f3ns que ofrec\u00eda a praia do Curbeiro como porto natural para a pr\u00e1ctica da pesca e do comercio mar\u00edtimo, dando orixe \u00e1 vila camari\u00f1\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde o s\u00e9culo XV este porto pasar\u00e1 a estar baixo o dominio dos Moscoso de Altamira, que ti\u00f1an a cabeza da xurisdici\u00f3n no castelo de Vimianzo.<\/p>\n\n\n\n<p>A mediados do s\u00e9culo XVI, o licenciado Molina xa destacaba a importancia deste n\u00facleo. Na primeira metade do s\u00e9culo XVIII, segundo se recolle no&nbsp;<em>Compendio del Estado de Altamira<\/em>&nbsp;(1724), Camari\u00f1as ti\u00f1a unha poboaci\u00f3n de 140 veci\u00f1os (uns 600 hab.), que se dedicaban \u00e1 pesca. Era un porto co\u00f1ecido que frecuentaban barcos de diferentes pa\u00edses que navegaban por esta costa. No&nbsp;<em>Catastro de Ensenada<\/em>&nbsp;(1753) c\u00edtase a existencia de dous trincados ou gale\u00f3ns que se dedicaban \u00e1 pesca da sardi\u00f1a, de varios pataches que transportaban sardi\u00f1a salgada ao Pa\u00eds Vasco e pequenas embarcaci\u00f3ns que se dedicaban \u00e1 pesca do congro.<\/p>\n\n\n\n<p>Os frecuentes ataques piratas a este porto promoveron a creaci\u00f3n de baluartes defensivos, sendo o m\u00e1is importante o castelo do Soberano, constru\u00eddo a mediados do s\u00e9culo XVIII, do que s\u00f3 se conservan os cimentos.<\/p>\n\n\n\n<p>A principios do s\u00e9culo XX, Camari\u00f1as era unha activa vila pesqueira, cun bo casar\u00edo, -en palabras de Carr\u00e9 Aldao-, unha branca pomba, cun aspecto de vila andaluza, de r\u00faas estreitas que desembocan no porto. As actividades pesqueiras complement\u00e1banse cunha certa actividade comercial. A trav\u00e9s do seu porto export\u00e1banse cereais e madeira, e import\u00e1banse mercador\u00edas manufacturadas e diversos produtos alimentarios.<\/p>\n\n\n\n<p>Ser\u00e1 a partir dos anos sesenta cando o aspecto da vila comece a transformarse coas novas construci\u00f3ns,&nbsp;pouco respectuosas co urbanismo tradicional, o que supuxo un cambio substancial na fisionom\u00eda desta localidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade Camari\u00f1as \u00e9 unha vila duns 2500 habitantes cun n\u00facleo urbano moderno, que se constru\u00edu sobre o anterior, ampli\u00e1ndose cara \u00e1 zona rural. Ademais da pesca, a s\u00faa poboaci\u00f3n traballa na industria conserveira, na artesan\u00eda do encaixe e nos servizos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"702\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/99.-Plano-do-castelo-do-Soberano-1024x702.webp\" alt=\"99. Plano Do Castelo Do Soberano\" class=\"wp-image-315\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/99.-Plano-do-castelo-do-Soberano-1024x702.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/99.-Plano-do-castelo-do-Soberano-300x206.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/99.-Plano-do-castelo-do-Soberano-768x527.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/99.-Plano-do-castelo-do-Soberano.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Plano do castelo do Soberano<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Se o n\u00facleo urbano camari\u00f1\u00e1n perdeu moito do seu encanto tradicional, a beleza incomparable do seu litoral, xunto coa artesan\u00eda do encaixe e o espectacular faro Vil\u00e1n, converte a Camari\u00f1as nun lugar de gran atractivo tur\u00edstico.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ruta a p\u00e9 pola vila de Camari\u00f1as<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O viaxeiro que se achega a Camari\u00f1as ten a oportunidade de visitar o&nbsp;<strong>museo do Encaixe<\/strong>, no que se lle ofrece informaci\u00f3n sobre o pasado e presente desta artesan\u00eda. Logo emprender\u00e1 un paseo bordeando o mar no que se atopar\u00e1 con algunhas construci\u00f3ns que formaban a fachada mar\u00edtima antiga, tendas de encaixe, terrazas de bares e restaurantes con vistas ao mar,&nbsp;e, xa na zona portuaria, coas embarcaci\u00f3ns pesqueiras e deportivas, que enchen de colorido este espazo.<\/p>\n\n\n\n<p>Se nos achegamos \u00e1 punta do Boi ou do Castelo, atop\u00e1monos coas ru\u00ednas do&nbsp;<strong>castelo do Soberano<\/strong>, constru\u00eddo a mediados do s\u00e9culo XVIII. Esta fortaleza camari\u00f1\u00e1 constaba dunha parte curva orientada cara ao mar, que se adaptaba \u00e1 forma do promontorio costeiro no que se asentaba e outra parte en forma poligonal, que daba cara a terra, propia da arquitectura militar da \u00e9poca, esta formada por baluartes triangulares nas esquinas e un apuntado no centro, unidos por dous lenzos rectil\u00edneos, nos que se situaban os accesos.<\/p>\n\n\n\n<p>No interior hab\u00eda unha serie de construci\u00f3ns en li\u00f1a que fac\u00edan de segundo muro defensivo, destinadas a gardar a p\u00f3lvora e munici\u00f3n e cuartos para oficiais e tropa. Un paso central daba acceso \u00e1 explanada de artiller\u00eda, na que se situaba unha bater\u00eda curva con espazo para 17 pezas de can\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/100.-Fachada-da-igrexa-de-San-Xurxo-de-Camarinas-1024x768.webp\" alt=\"100. Fachada Da Igrexa De San Xurxo De Camarin\u0303as\" class=\"wp-image-312\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/100.-Fachada-da-igrexa-de-San-Xurxo-de-Camarinas-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/100.-Fachada-da-igrexa-de-San-Xurxo-de-Camarinas-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/100.-Fachada-da-igrexa-de-San-Xurxo-de-Camarinas-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/100.-Fachada-da-igrexa-de-San-Xurxo-de-Camarinas.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Fachada da igrexa de San Xurxo de Camarin\u0303as<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Daquela construci\u00f3n, que nunca chegou a ter unha utilidade militar, tan s\u00f3 se conservan os cimentos, pois as s\u00faas pezas de canter\u00eda foron utilizadas nos anos corenta do pasado s\u00e9culo para&nbsp;a construci\u00f3n do porto.<\/p>\n\n\n\n<p>Dentro do n\u00facleo urbano, a\u00ednda que afastada do mar, enc\u00f3ntrase a&nbsp;<strong>igrexa parroquial de San Xurxo<\/strong>, unha obra barroca que merece a pena visitar pola s\u00faa arquitectura e tam\u00e9n polos interesantes retablos que conserva no seu interior.<\/p>\n\n\n\n<p>Este templo constru\u00eduse entre os anos 1788 e 1797, grazas \u00e1 achega econ\u00f3mica do benfeitor Antonio Domingo Rodr\u00edguez Canosa, un emigrante mexicano natural da Casa do Rego da Horta, do lugar do Cotro. Presenta unha planta de cruz latina, dunha soa nave, con b\u00f3veda de aresta e cuberta a d\u00faas augas. A sancrist\u00eda sit\u00faase na parte posterior.<\/p>\n\n\n\n<p>A fachada, feita en pezas de boa canter\u00eda de granito, mostra un maior movemento arquitect\u00f3nico que o resto do edificio no que apenas se ven elementos decorativos. Nela destacan a torre campanario e a porta, onde se perciben os motivos decorativos barrocos.<\/p>\n\n\n\n<p>No seu interior acolle varios retablos de grande interese. O maior, de corte neocl\u00e1sico, posible obra do importante escultor noi\u00e9s&nbsp;<strong>Xos\u00e9 Ferreiro<\/strong>, est\u00e1 presidido pola Virxe do Monte e San Xurxo. A este mesmo autor tam\u00e9n se lle atrib\u00faen outros dous retablos situados no brazo esquerdo da cruz: o de Xes\u00fas atado \u00e1 columna e o Nazareno. No brazo dereito sit\u00faase o retablo barroco dedicado \u00e1 Dolorosa.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas r\u00faas estreitas do interior do n\u00facleo urbano, salientamos a&nbsp;<strong>capela da Virxe do Carme<\/strong>, de mediados do s\u00e9culo XIX, que garda no interior un interesante retablo barroco dedicado a esta Virxe, patroa dos mari\u00f1eiros. Na s\u00faa honra cel\u00e9branse as principais festas desta vila o 16 de xullo. E a&nbsp;<strong>Casa dos Altos ou dos Romero<\/strong>, un pazo urbano que pertenceu a esta familia fidalga, que loce na s\u00faa fachada un ostentoso escudo, coa simbolox\u00eda semellante \u00e1 do pazo de Loroxo (Cerqueda, Malpica), tam\u00e9n desta mesma familia.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"654\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/101.-Danza-de-Arcos-de-Camarinas-1024x654.webp\" alt=\"101. Danza De Arcos De Camarin\u0303as\" class=\"wp-image-304\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/101.-Danza-de-Arcos-de-Camarinas-1024x654.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/101.-Danza-de-Arcos-de-Camarinas-300x191.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/101.-Danza-de-Arcos-de-Camarinas-768x490.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/101.-Danza-de-Arcos-de-Camarinas.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em> Danza de Arcos de Camarin\u0303as<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Unha vez visitada a vila de Camari\u00f1as, traslad\u00e1monos ao cabo e ao faro Vil\u00e1n, situado a uns 5 km. A estrada dep\u00e1ranos fermosas vistas sobre a costa de Mux\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":173,"template":"","pagina-padre":[88,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1303","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-2-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1303","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1303\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1323,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1303\/revisions\/1323"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1303"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1303"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1303"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}