{"id":1304,"date":"2024-09-08T05:30:45","date_gmt":"2024-09-08T03:30:45","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1304"},"modified":"2024-11-21T21:49:37","modified_gmt":"2024-11-21T20:49:37","slug":"cabo-e-faro-vilan","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/cabo-e-faro-vilan\/","title":{"rendered":"Cabo e faro Vil\u00e1n"},"content":{"rendered":"\n<p>O promontorio gran\u00edtico que d\u00e1 lugar ao cabo Vil\u00e1n prol\u00f3ngase en direcci\u00f3n norte, e remata no illote do Vil\u00e1n de F\u00f3ra. Toda esta punta est\u00e1 constitu\u00edda por unha costa moi escarpada con pronunciados cant\u00eds que descenden case en vertical cara ao mar. Estamos diante dun litoral rodeado de abundantes baixos rochosos e moi perigoso para a navegaci\u00f3n, de a\u00ed as numerosas cat\u00e1strofes que se produciron ao longo do tempo e a necesidade de constru\u00edr un faro neste lugar.<\/p>\n\n\n\n<p>A primeira sinal mar\u00edtima que se instala data do ano 1854, tr\u00e1tase do&nbsp;<strong>faro antigo<\/strong>&nbsp;que se constru\u00edu sobre unha pequena elevaci\u00f3n que hai ao sur do faro actual. Unha obra mal proxectada e que non reun\u00eda as condici\u00f3ns de sinalizaci\u00f3n que precisaba este perigoso tramo costeiro. Un faro de escasa potencia e pequenas dimensi\u00f3ns, e por riba, cunha localizaci\u00f3n inadecuada. Desa primeira construci\u00f3n tan s\u00f3 se conservan restos da s\u00faa torre.<\/p>\n\n\n\n<p>A mala situaci\u00f3n deste primeiro faro e as precarias condici\u00f3ns t\u00e9cnicas do mesmo determinaron que axi\u00f1a se pensase na construci\u00f3n dun&nbsp;<strong>novo faro<\/strong>, situado no promontorio m\u00e1is achegado ao mar.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/102.-Faro-Vilan-1024x686.webp\" alt=\"102. Faro Vila\u0301n\" class=\"wp-image-303\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/102.-Faro-Vilan-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/102.-Faro-Vilan-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/102.-Faro-Vilan-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/102.-Faro-Vilan.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Faro Vila\u0301n<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Os enxe\u00f1eiros Francisco Liz\u00e1rraga e Adolfo Peque\u00f1o foron os encargados de realizar o proxecto desta nova obra, que sa\u00edu a apoxa en 1886. A pedra extraerase da canteira de Pena Maior, situada a uns cinco quil\u00f3metros. A obra prolongouse durante alg\u00fans anos por mor da s\u00faa complexidade. O 15 de xaneiro de 1896 entrou en funcionamento.<\/p>\n\n\n\n<p>Foi o primeiro faro de Espa\u00f1a en utilizar enerx\u00eda el\u00e9ctrica, producida por d\u00faas m\u00e1quinas de vapor. O cadro de persoal estaba constitu\u00eddo por seis torreiros, inclu\u00eddos o maquinista e o fogueiro, ampli\u00e1ndose m\u00e1is tarde con outro maquinista e un torreiro.<\/p>\n\n\n\n<p>A torre, de forma octogonal, esta cho\u00edda con pezas de granito, e xunto coa lanterna, acada unha altura duns 25 metros do terreo e 104 con respecto ao nivel do mar.<\/p>\n\n\n\n<p>A falta de superficie arredor da torre obrigou a constru\u00edr o edificio de vivendas e a sala de m\u00e1quinas na explanada que hab\u00eda m\u00e1is abaixo. Nun principio o edificio para albergar aos fareiros era dunha soa planta e en 1909 engad\u00eduselle a segunda. Cara ao ano 1924, coa chegada da corrente el\u00e9ctrica por cable, derrubouse o edificio de m\u00e1quinas de vapor e o soar converteuse na explanada que hai diante das vivendas.<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1922, p\u00faxose en funcionamento o radiofaro&nbsp;<em>Telefunken<\/em>&nbsp;de chispa, que daba un sinal en c\u00f3digo morse igual que o luminoso. No 1926 substitu\u00eduse o mecanismo de rotaci\u00f3n do faro, e en 1962 instalouse a sirena e unha nova \u00f3ptica e lanterna.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos \u00faltimos anos cos materiais que se foron retirando nas diferentes reformas, instalouse nunha parte do baixo do edificio un pequeno&nbsp;<strong>museo<\/strong>, con pezas, como a turbina da antiga m\u00e1quina ou a \u00f3ptica con l\u00e1mpada de arco voltaico que se retirou no ano 1962.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/103.-Cemiterio-dos-Ingleses-1024x686.webp\" alt=\"103. Cemiterio Dos Ingleses\" class=\"wp-image-311\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/103.-Cemiterio-dos-Ingleses-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/103.-Cemiterio-dos-Ingleses-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/103.-Cemiterio-dos-Ingleses-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/103.-Cemiterio-dos-Ingleses.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Cemiterio dos Ingleses<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O entorno do cabo Vil\u00e1n ten especial interese tam\u00e9n pola colonia de aves mari\u00f1as que ani\u00f1an aqu\u00ed, como a gaivota trid\u00e1ctila, o arao dos cons ou o corvo mari\u00f1o cristado.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":174,"template":"","pagina-padre":[88,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1304","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-2-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1304","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1304\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1321,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1304\/revisions\/1321"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1304"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1304"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1304"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}