{"id":1306,"date":"2024-09-08T05:34:31","date_gmt":"2024-09-08T03:34:31","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1306"},"modified":"2024-11-21T21:50:15","modified_gmt":"2024-11-21T20:50:15","slug":"vila-marineira-de-camelle","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-marineira-de-camelle\/","title":{"rendered":"Vila mari\u00f1eira de Camelle"},"content":{"rendered":"\n<p>A orixe desta vila poder\u00eda estar na existencia dunha base baleeira. A comezos de s\u00e9culo XVI xa se cita a capela do Esp\u00edrito Santo en Camelle, pertencente \u00e1 parroquia de San Pedro do Porto, pois Camelle no se converteu en fregues\u00eda independente ata 1964.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"624\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/104.-Vila-marineira-de-Camelle-no-ano-1934-Arquivo-Vidal-1024x624.webp\" alt=\"104. Vila Marin\u0303eira De Camelle No Ano 1934 (arquivo Vidal)\" class=\"wp-image-319\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/104.-Vila-marineira-de-Camelle-no-ano-1934-Arquivo-Vidal-1024x624.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/104.-Vila-marineira-de-Camelle-no-ano-1934-Arquivo-Vidal-300x183.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/104.-Vila-marineira-de-Camelle-no-ano-1934-Arquivo-Vidal-768x468.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/104.-Vila-marineira-de-Camelle-no-ano-1934-Arquivo-Vidal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Vila marin\u0303eira de Camelle no ano 1934 (Arquivo Vidal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A comezos do s\u00e9culo XVIII as poucas casas que constitu\u00edan este pequeno porto, xunto coas terras que hab\u00eda ao seu redor, estaban baixo o se\u00f1or\u00edo do conde de Altamira. Este n\u00facleo comezou a prosperar cara a finais deste s\u00e9culo, despois de redimir os foros que obrigaban aos veci\u00f1os ao pago de rendas a esta familia nobre. A partir de ent\u00f3n os seus habitantes puideron dispo\u00f1er libremente das s\u00faas terras. Ao seu desenvolvemento tam\u00e9n contribu\u00edu o establecemento da Estaci\u00f3n de Salvamento Mar\u00edtimo Barbeito e C\u00eda, que se dedicaba \u00e1 extracci\u00f3n de chatarra e despece de barcos afundidos, pero tam\u00e9n realizaba acci\u00f3ns de salvamento mari\u00f1o. Durante os anos vinte do pasado s\u00e9culo, hab\u00eda neste porto tres f\u00e1bricas de salgadura e secadoiros de congro.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/105.-Vila-de-Camelle-na-actualidade-1024x766.webp\" alt=\"105. Vila De Camelle Na Actualidade\" class=\"wp-image-296\" title=\"\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/105.-Vila-de-Camelle-na-actualidade-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/105.-Vila-de-Camelle-na-actualidade-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/105.-Vila-de-Camelle-na-actualidade-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/105.-Vila-de-Camelle-na-actualidade.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Vila de Camelle na actualidade<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O maior desenvolvemento deuse a partir dos anos sesenta e setenta do s\u00e9culo XX, cando o peixe e marisco adquiren un maior valor no mercado. A partir desta \u00e9poca melloran as instalaci\u00f3ns portuarias e as vivendas tradicionais de canter\u00eda ser\u00e1n substitu\u00eddas por outras constru\u00eddas con novos materiais, o que supuxo un cambio profundo do aspecto urbano deste n\u00facleo mari\u00f1eiro.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"662\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/106-Man-de-Camelle-1024x662.webp\" alt=\"106 Man De Camelle\" class=\"wp-image-310\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/106-Man-de-Camelle-1024x662.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/106-Man-de-Camelle-300x194.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/106-Man-de-Camelle-768x496.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/106-Man-de-Camelle.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Man de Camelle<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Man, o alem\u00e1n de Camelle<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Camelle \u00e9 co\u00f1ecido sobre todo pola figura e a obra de Man, un alem\u00e1n de nome Manfred Gn\u00e4ndinger, que de xeito casual chegou a este porto en 1962, que daquela era un mozo de 26 anos, alto, rubio e de ollos azuis.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de levar dez anos convivindo cos veci\u00f1os, nunha casa que lle cedeu a familia Ba\u00f1a Heim, de ascendencia alem\u00e1 por parte materna, este mozo decidiu retirarse \u00e1 beiramar onde constru\u00edu un habit\u00e1culo no que permaneceu o resto da s\u00faa vida. Levaba unha vida illada, pero ao mesmo tempo desenvolv\u00eda unha intensa actividade art\u00edstica tanto na pintura como na escultura ao aire libre, que foi deixando arredor da s\u00faa vivenda e na contorna. Unha obra acorde coa s\u00faa filosof\u00eda art\u00edstica baseada no c\u00edrculo como orixe de todo.<\/p>\n\n\n\n<p>Mudou tam\u00e9n os seus h\u00e1bitos alimentarios, faise vexetariano, pretendendo nun futuro ser capaz de vivir tan s\u00f3 coa enerx\u00eda solar, o que lle poder\u00eda permitir alg\u00fan d\u00eda facerse cunha esfera de cristal e vivir \u00e1 deriva no mar.<\/p>\n\n\n\n<p>Vai ser a gran cat\u00e1strofe do&nbsp;<em>Prestige<\/em><em>&nbsp;<\/em>quen o fira de morte. Un home tan sensible coma el ante a natureza non puido sobrepo\u00f1erse a semellante desfeita ecol\u00f3xica. A marea negra cebouse co seu contorno e co seu museo. Era moito tormento convivir diariamente con tanto chapapote que o mar depositara no seu espazo vital.<\/p>\n\n\n\n<p>Man ti\u00f1a enferma a s\u00faa alma e o 28 de decembro de 2002, curiosamente o d\u00eda dos santos inocentes, os veci\u00f1os descobren que non retirara a bolsa de alimentos da s\u00faa porta. M\u00e1is tarde comprobouse que o seu corpo permanec\u00eda sen vida no interior da s\u00faa vivenda. Era a primeira v\u00edtima humana do&nbsp;<em>Prestige<\/em>. Foi velado e enterrado coma un veci\u00f1o m\u00e1is do pobo, a pesar de que todos sab\u00edan que era moi diferente.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa persoa e a s\u00faa obra trala morte recobrou unha gran forza e permanece entre n\u00f3s como un s\u00edmbolo de pureza espiritual e compromiso coa natureza, fronte ao materialismo que domina o mundo actual.<\/p>\n\n\n\n<p>El era consciente da importancia da s\u00faa obra para as vindeiras xeraci\u00f3ns, por iso lle preocupou o seu futuro. Fixo testamento e deixou responsable dela ao Estado. Legado que lle foi cedido ao concello de Camari\u00f1as. Na s\u00faa honra en 2015 constru\u00eduse na zona portuaria o&nbsp;<strong>Museo Man de Camelle<\/strong>, no que se exp\u00f3n parte da s\u00faa obra e no ano 2017 rehabilitouse a que fora a s\u00faa casa, na que se depositaron as s\u00faas cinzas ao ano seguinte.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":181,"template":"","pagina-padre":[88,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1306","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-2-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1306","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1306\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1327,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1306\/revisions\/1327"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1306"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1306"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1306"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}