{"id":1308,"date":"2024-09-08T06:06:14","date_gmt":"2024-09-08T04:06:14","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1308"},"modified":"2024-11-21T21:51:11","modified_gmt":"2024-11-21T20:51:11","slug":"vila-de-laxe","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-laxe\/","title":{"rendered":"Vila de Laxe"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"763\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/108.-Antiga-fachada-maritima-de-Laxe-Arquivo-Vidal-1024x763.webp\" alt=\"108. Antiga Fachada Mari\u0301tima De Laxe (arquivo Vidal)\" class=\"wp-image-308\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/108.-Antiga-fachada-maritima-de-Laxe-Arquivo-Vidal-1024x763.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/108.-Antiga-fachada-maritima-de-Laxe-Arquivo-Vidal-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/108.-Antiga-fachada-maritima-de-Laxe-Arquivo-Vidal-768x572.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/108.-Antiga-fachada-maritima-de-Laxe-Arquivo-Vidal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Antiga fachada mari\u0301tima de Laxe (Arquivo Vidal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>&nbsp;<strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A vila de Laxe (1.700 hab.) pola s\u00faa situaci\u00f3n presenta certas semellanzas coa de Mux\u00eda, ambas as d\u00faas est\u00e1n sobre unha pen\u00ednsula, ao sur da r\u00eda e \u00e1 beira dunha praia que fac\u00eda de embarcadoiro, a\u00ednda que Laxe est\u00e1 m\u00e1is protexida dos ventos do sur e do oeste.<\/p>\n\n\n\n<p>O pouco espazo dispo\u00f1ible para a pr\u00e1ctica da agricultura determinou que a pesca se convertese na actividade esencial dos habitantes que se asentaron neste espazo areento.<\/p>\n\n\n\n<p>Se Malpica, Mux\u00eda ou Fisterra estiveron baixo o dominio da igrexa compostel\u00e1, Laxe, Camari\u00f1as e Corcubi\u00f3n depend\u00edan da nobreza laica, neste caso da poderosa familia dos Moscoso, condes de Altamira, donos das fortalezas de Mens e Vimianzo. Laxe estaba baixo a xurisdici\u00f3n de Vimianzo e historicamente actuou como o porto de Soneira.<\/p>\n\n\n\n<p>A Casa do Arco, a m\u00e1is antiga da vila, pertenceu a aquela familia nobre, que tam\u00e9n mandou constru\u00edr a igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda da Atalaia a finais do s\u00e9culo XV, a iniciativa de dona Urraca de Moscoso, por orde testamentaria da s\u00faa nai, Xoana de Castro e Lara.<\/p>\n\n\n\n<p>Sobre a importancia pesqueira de Laxe, xa nos informa o licenciado Molina a mediados do s\u00e9culo XVI, refer\u00edndose \u00e1 abundancia de congro e pescada. Na segunda metade do s\u00e9culo XVIII recibe a chegada dos catal\u00e1ns atra\u00eddos pola abundancia de sardi\u00f1a que hab\u00eda nesta r\u00eda. A familia Dom\u00e8nech instala neste porto unha factor\u00eda de salgadura deste peixe e vai exercer unha destacada influencia social e pol\u00edtica nesta localidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando no s\u00e9culo XIX se produciu a decadencia dos Altamira, a Casa do Arco, igual que a fortaleza de Vimianzo, pasa a mans dos Martelo. Finalmente pasar\u00e1 a ser propiedade dos Dom\u00e8nech. O primeiro alcalde do concello constitucional de Laxe foi precisamente un membro desta estirpe for\u00e1nea.<\/p>\n\n\n\n<p>Este porto, como moitos outros, sufriu tam\u00e9n as incursi\u00f3ns piratas. No ano 1748, a pirater\u00eda inglesa ataca este n\u00facleo e apod\u00e9rase das pezas de maior valor que hab\u00eda na igrexa parroquial.<\/p>\n\n\n\n<p>A finais do s\u00e9culo XIX Laxe era una vila de arredor dos mil habitantes. O seu casar\u00edo estend\u00edase de norte a sur, paralelo \u00e1 li\u00f1a costeira, no que destacaba a igrexa parroquial, situada na parte m\u00e1is alta, co seu campanario en forma de torre. Na parte central deste n\u00facleo situ\u00e1base a praza, arredor da que se desenvolv\u00eda a vida econ\u00f3mica e social. A comezos do s\u00e9culo seguinte chegou a haber ata cinco f\u00e1bricas de salgadura fronte \u00e1 praia, nas que traballaban fundamentalmente mulleres. Tam\u00e9n desempe\u00f1ou un importante papel econ\u00f3mico a mina de caol\u00edn que comezou a s\u00faa actividade nos anos vinte. Na posguerra, despois das melloras realizadas no seu porto, este, ademais das actividades pesqueiras, tam\u00e9n se converteu nun importante embarcadoiro comercial, sobre todo no que respecta \u00e1 exportaci\u00f3n de caol\u00edn e madeira.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"736\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/109.-Isidro-Parga-Pondal-xeologo-laxes-1024x736.webp\" alt=\"109. Isidro Parga Pondal, Xeo\u0301logo Laxe\u0301s..\" class=\"wp-image-313\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/109.-Isidro-Parga-Pondal-xeologo-laxes-1024x736.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/109.-Isidro-Parga-Pondal-xeologo-laxes-300x216.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/109.-Isidro-Parga-Pondal-xeologo-laxes-768x552.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/109.-Isidro-Parga-Pondal-xeologo-laxes.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Isidro Parga Pondal, xeo\u0301logo laxe\u0301s..<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Entre os persoeiros salientables que deu esta vila destacamos o fot\u00f3grafo\u00a0<strong>Jos\u00e9 Vidal Garc\u00eda<\/strong>\u00a0(1900-1986), que deixou testemu\u00f1o gr\u00e1fico das paisaxes e xentes de Laxe e contorna. O insigne xe\u00f3logo\u00a0<strong>Isidro Parga Pondal<\/strong>\u00a0(1900-1986), profesor da Universidade de Santiago, apartado da docencia tralo golpe militar de 1936. Fundou o Laboratorio Xeol\u00f3xico de Laxe, ao que acudiron a formarse estudantes de varios pa\u00edses europeos. E o poeta\u00a0<strong>Ant\u00f3n Zapata Garc\u00eda<\/strong>\u00a0(1866-1953), que de mozo emigrou a Bos Aires, onde desenvolveu un intenso labor cultural. A s\u00faa poes\u00eda est\u00e1 inspirada na paisaxe e no mar da s\u00faa vila natal.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ruta a p\u00e9 pola vila<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A ruta urbana que propo\u00f1emos pola vila de Laxe coincide co itinerario circular de 1,6 km, que prop\u00f3n este concello, que nos parece acertado, e que est\u00e1 dispo\u00f1ible na p\u00e1xina web municipal, no apartado de turismo e vai acompa\u00f1ado dun plano, a\u00ednda que a nosa proposta ampl\u00eda un pouco m\u00e1is a informaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>In\u00edciase este percorrido no&nbsp;<strong>Paseo Mar\u00edtimo<\/strong>, ao lado dos paneis que informan sobre as rutas de sendeirismo polo concello. Collemos en direcci\u00f3n \u00e1 igrexa parroquial ata a&nbsp;<strong>praza de Ram\u00f3n Juega<\/strong>. Este espazo, aberto ao mar, actuaba como centro econ\u00f3mico e social da localidade. O edificio m\u00e1is emblem\u00e1tico repres\u00e9ntao a&nbsp;<strong>Casa do Arco<\/strong>, denominada as\u00ed polo arco oxival que d\u00e1 acceso \u00e1 r\u00faa Real. Posiblemente fose mandada constru\u00edr por dona Urraca de Moscoso e o seu marido Pedro Osorio no s\u00e9culo XV, que, a\u00ednda que ti\u00f1an a s\u00faa residencia na cidade de Santiago, pasar\u00edan tempadas no castelo de Vimianzo e nesta casa de Laxe, cando visitaban as propiedades que ti\u00f1an na xurisdici\u00f3n vimiancesa. Mant\u00edvose no poder desta familia nobre ata que no ano 1870, Mar\u00eda Lu\u00edsa Osorio de Moscoso vende o castelo de Vimianzo e a Casa do Arco a Ram\u00f3n Martelo N\u00fa\u00f1ez que proced\u00eda da casa fidalga do Pombal, situada en Boa\u00f1o (Traba de Laxe), e que por li\u00f1a materna descend\u00eda tam\u00e9n dos Moscoso.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/110.-Praza-de-Ramon-Juega-1024x768.webp\" alt=\"110. Praza De Ramo\u0301n Juega\" class=\"wp-image-306\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/110.-Praza-de-Ramon-Juega-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/110.-Praza-de-Ramon-Juega-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/110.-Praza-de-Ramon-Juega-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/110.-Praza-de-Ramon-Juega.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praza de Ramo\u0301n Juega<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O seu fillo, o poeta, Evaristo Martelo, venderalle esta casa \u00e1 familia de fomentadores catal\u00e1ns, Dom\u00e8nech, que se instalaron en Laxe. O seguinte propietario da Casa do Arco pasar\u00e1 a ser Ernesto Pons, e finalmente chegar\u00e1 a mans de Calixto A\u00f1\u00f3n Vazquez, quen instalar\u00e1 nela un negocio de hostalar\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Tr\u00e1tase dun amplo edificio de tres alturas, con tellado a catro augas, sen apenas elementos decorativos. A fachada m\u00e1is vistosa \u00e9 a que d\u00e1 \u00e1 praza, pero a entrada principal sit\u00faase no lado oeste, entre d\u00faas chemineas. O \u00fanico compo\u00f1ente que destaca na fachada \u00e9 un balc\u00f3n situado no terceiro andar que apoia sobre catro canzorros.<\/p>\n\n\n\n<p>Debaixo do arco, \u00e1 esquerda, vemos un escudo antigo de Galicia, co c\u00e1liz e a hostia e unha inscrici\u00f3n en letra g\u00f3tica. E outro escudo coa cabeza dun lobo, que representa aos Moscoso e as seis rodelas dos Castro, en referencia aos antigos propietarios desta casa.<\/p>\n\n\n\n<p>As casas con balc\u00f3ns e galer\u00eda, que cerran a praza pola parte oeste, foron constru\u00eddas na segunda metade do s\u00e9culo XIX por familias da pequena burgues\u00eda local, entre elas est\u00e1 a que pertencera \u00e1 familia do xe\u00f3logo Isidro Parga Pondal. Se subimos pola calella situada a car\u00f3n da Casa do Arco l\u00e9vanos \u00e1 entrada do&nbsp;<strong>Museo do Mar<\/strong>, situado nun edificio antigo da zona hist\u00f3rica que fora cuartel da Garda Civil. Est\u00e1 distribu\u00eddo en catro plantas e o seu contido c\u00e9ntrase no patrimonio hist\u00f3rico, antropol\u00f3xico e visual da vila e do concello de Laxe.<\/p>\n\n\n\n<p>A cultura mari\u00f1eira adquire unha especial presenza por ser a actividade principal desta vila en tempos pasados, tam\u00e9n podemos contemplar o seu pasado mineiro e a vida e obra dos seus persoeiros m\u00e1is ilustres, como o xe\u00f3logo Isidro Parga Pondal, pero o seu maior valor est\u00e1 no&nbsp;<strong>Arquivo Fotogr\u00e1fico Vidal<\/strong>, declarado Ben de Interese Cultural, que conserva a obra dos fot\u00f3grafos Pl\u00e1cido Vidal D\u00edaz e do seu fillo Jos\u00e9 M.\u00aa Vidal Garc\u00eda, composta por un fondo de 67 000 fotograf\u00edas. Ultimamente tam\u00e9n incorporou o arquivo do fillo de Jos\u00e9 M.\u00aa, Jos\u00e9 M.\u00aa Vidal Eiroa constitu\u00eddo por unhas 73 000 fotos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/111.-Museo-do-Mar-de-Laxe.-Espazo-dedicado-ao-insigne-xeologo-Isidro-Parga-Pondal-1024x768.webp\" alt=\"111. Museo Do Mar De Laxe. Espazo Dedicado Ao Insigne Xeo\u0301logo Isidro Parga Pondal\" class=\"wp-image-305\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/111.-Museo-do-Mar-de-Laxe.-Espazo-dedicado-ao-insigne-xeologo-Isidro-Parga-Pondal-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/111.-Museo-do-Mar-de-Laxe.-Espazo-dedicado-ao-insigne-xeologo-Isidro-Parga-Pondal-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/111.-Museo-do-Mar-de-Laxe.-Espazo-dedicado-ao-insigne-xeologo-Isidro-Parga-Pondal-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/111.-Museo-do-Mar-de-Laxe.-Espazo-dedicado-ao-insigne-xeologo-Isidro-Parga-Pondal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Museo do Mar de Laxe. Espazo dedicado ao insigne xeo\u0301logo Isidro Parga Pondal<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Todas estas imaxes recollen as paisaxes, a vida social, econ\u00f3mica e l\u00fadica dos habitantes de Berganti\u00f1os e da Terra de Soneira ao longo do todo o s\u00e9culo XX.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a praza de Ram\u00f3n Juega, cruzamos por debaixo do arco e continuamos pola r\u00faa Real ata a&nbsp;<strong>igrexa de Santa Mar\u00eda da Atalaia<\/strong>, situada nun lugar elevado da vila, desde o que se domina o porto e o n\u00facleo urbano, de a\u00ed que ademais de cumprir a funci\u00f3n relixiosa tam\u00e9n se utilizou con fins defensivos. A finais do s\u00e9culo XVI constru\u00eduse no seu adro un muro para colocar varias pezas de artiller\u00eda como defensa deste porto.<\/p>\n\n\n\n<p>As obras desta igrexa iniciounas Juana de Castro y Lara, probablemente sobre un soar dun templo anterior do s\u00e9culo XIII, e rematounas a s\u00faa filla Urraca de Moscoso a finais do s\u00e9culo XV ou comezos do seguinte.<\/p>\n\n\n\n<p>Tr\u00e1tase dun templo dunha soa nave rectangular, dividida en tres tramos por arcos apuntados, que descansan en semicolumnas de fuste poligonal que se corresponden cos contrafortes exteriores, cuberta cun teitume de madeira e tella. A capela maior, de forma tam\u00e9n rectangular, c\u00f3brese con b\u00f3veda de crucer\u00eda con nervios que se apoian sobre columnas arrimadas con capiteis cil\u00edndricos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/112.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Atalaia-1024x768.webp\" alt=\"112. Igrexa De Santa Mari\u0301a Da Atalaia\" class=\"wp-image-302\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/112.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Atalaia-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/112.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Atalaia-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/112.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Atalaia-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/112.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Atalaia.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Igrexa de Santa Mari\u0301a da Atalaia<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Arrimada ao muro sur levantouse a torre campanario cun aspecto defensivo, posterior \u00e1 construci\u00f3n da igrexa, do s\u00e9culo XVI ou VXII, \u00e1 que se accede a trav\u00e9s dunha escaleira, cunha varanda de pedra na que se incrustaron as imaxes dunha Virxe co Neno, un frade franciscano e un anxo, figuras que foron reutilizadas.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste mesmo muro \u00e1brese unha porta de arco oxival de grandes doelas e sobre ela vemos unha imaxe p\u00e9trea da Virxe. Tam\u00e9n hai outra porta de acceso ao templo no muro norte e sobre a s\u00faa lumieira repres\u00e9ntanse as imaxes do friso interior, pero dun xeito comprimido pola limitaci\u00f3n do espazo.<\/p>\n\n\n\n<p>Na fachada \u00e1brese unha porta con arco apuntado, e enriba dela, un roset\u00f3n, que ilumina a nave. A sancrist\u00eda constru\u00eduse no s\u00e9culo XVIII arrimada ao muro leste da capela maior, anteriormente situ\u00e1base na parte baixa da torre campanario.<\/p>\n\n\n\n<p>Se accedemos ao interior e nos achegamos \u00e1 capela maior, observamos como nos capiteis do arco triunfal se representan os s\u00edmbolos dos Castro (rodelas) e dos Lara (caldeiri\u00f1os), correspondentes \u00e1 nai de dona Urraca, que fora a impulsora deste templo.<\/p>\n\n\n\n<p>No muro da cabeceira \u00e1brese un roset\u00f3n con vidreira, no que se sit\u00faa a imaxe p\u00e9trea policromada da&nbsp;<strong>Virxe da Atalaia<\/strong>, a patroa, da mesma \u00e9poca que a construci\u00f3n da igrexa, igual que a imaxe de Santa In\u00e9s que se mostra no muro norte, posiblemente doada por In\u00e9s de Moscoso, irm\u00e1 de Urraca.<\/p>\n\n\n\n<p>Debaixo do roset\u00f3n, sit\u00faase o&nbsp;<strong>relevo da Resurrecci\u00f3n<\/strong>, unha obra escult\u00f3rica de gran valor. Tr\u00e1tase dun friso p\u00e9treo de estilo g\u00f3tico de 4,5 x 1,07 m, descuberto no ano 1955, cando un raio destru\u00edu o retablo barroco anterior que ocultaba esta faixa p\u00e9trea ornamentada. Nela repres\u00e9ntanse cinco escenas sobre a Resurrecci\u00f3n de Cristo. De esquerda \u00e1 dereita, seguen esta orde: A Resurrecci\u00f3n de Cristo, o descenso de Cristo resucitado ao Limbo, a aparici\u00f3n de Cristo \u00e1 Virxe, as Santas Mulleres diante do sepulcro baleiro e a aparici\u00f3n de Cristo a Mar\u00eda Madalena. As escenas non seguen unha orde cronol\u00f3xica dos sucesos segundo aparecen narrados nas Escrituras.<\/p>\n\n\n\n<p>As tumbas que se atopan xunto ao altar maior, sen inscrici\u00f3n, son posteriores \u00e1 construci\u00f3n do templo e poder\u00edan pertencer \u00e1 familia dos Pazos, vasalos dos Altamira, posto que os Moscoso e os Castro soterr\u00e1banse na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos anos noventa do pasado s\u00e9culo descubriuse no muro norte un fresco coa imaxe de Santo Domingo de Guzm\u00e1n. Tan s\u00f3 se aprecia a parte inferior da s\u00faa figura, o can cun facho e unha imaxe en pequeno deste mesmo santo, orando. Esta pintura poida que sexa da mesma \u00e9poca que a construci\u00f3n da igrexa e unha iniciativa de Urraca de Moscoso.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta igrexa de Laxe comparte certas semellanzas con outras da Costa da Morte, como a de Santa Mar\u00eda de Mux\u00eda, San Marcos de Corcubi\u00f3n ou Santa Mar\u00eda das Areas de Fisterra, alg\u00fans autores inclu\u00edronas dentro do denominado g\u00f3tico mari\u00f1eiro.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"714\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/114.-Vila-de-Laxe-e-capela-de-Santa-Rosa-sobre-o-monte-Cornaceiras-1024x714.webp\" alt=\"114. Vila De Laxe E Capela De Santa Rosa Sobre O Monte Cornaceiras\" class=\"wp-image-301\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/114.-Vila-de-Laxe-e-capela-de-Santa-Rosa-sobre-o-monte-Cornaceiras-1024x714.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/114.-Vila-de-Laxe-e-capela-de-Santa-Rosa-sobre-o-monte-Cornaceiras-300x209.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/114.-Vila-de-Laxe-e-capela-de-Santa-Rosa-sobre-o-monte-Cornaceiras-768x535.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/114.-Vila-de-Laxe-e-capela-de-Santa-Rosa-sobre-o-monte-Cornaceiras.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Vila de Laxe e capela de Santa Rosa sobre o monte Cornaceiras<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A partir da igrexa collemos \u00e1 esquerda pola r\u00faa Hospital, que leva este nome en lembranza do antigo hospital que houbo nesta vila, posiblemente fundado por Urraca de Moscoso.. Continuamos pola r\u00faa do Campo, que fai referencia \u00e1 parte agraria da parroquia, na que podemos observar alg\u00fans h\u00f3rreos nos que se gardaba o millo destas terras de cultivo. Logo desviar\u00e9monos \u00e1 esquerda cara a fonte de Arriba e desde aqu\u00ed seguimos o cami\u00f1o que sobe \u00e1&nbsp;<strong>ermida de Santa Rosa,<\/strong>&nbsp;desde onde gozaremos de espl\u00e9ndidas panor\u00e1micas sobre a r\u00eda e o n\u00facleo urbano.<\/p>\n\n\n\n<p>A orixe desta capela e do cruceiro ten relaci\u00f3n cun navegante de Laxe, apelidado Couceiro, que fac\u00eda a ruta Espa\u00f1a-Per\u00fa. Na s\u00faa derradeira viaxe, realizada a finais do s\u00e9culo XVII, trouxo unhas supostas reliquias desta santa peruana e prometeu que se chegaba ben a porto, mandar\u00eda levantar un cruceiro nun lugar elevado para colocar aos p\u00e9s da cruz aquelas reliquias, co\u00f1ecido como a Cruz do Navegante ou tam\u00e9n Cruz da Rosa, arredor do que se celebra unha festa o 21 de xullo. A construci\u00f3n da capela \u00e9 moito m\u00e1is recente, foi levantada no ano 1936 para acoller a festividade desta santa peruana da que hab\u00eda unha imaxe barroca na igrexa parroquial. A Romar\u00eda cel\u00e9brase o 30 de agosto.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde esta ermida baixamos pola r\u00faa Santa Rosa e logo collemos \u00e1 dereita pola Dos Plazuelas, para despois virar \u00e1 esquerda cara a praza do Cant\u00f3n ou do Mercado e chegar de novo ao Paseo Mar\u00edtimo, punto de partida desta ruta urbana.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":187,"template":"","pagina-padre":[88,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1308","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-2-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1308","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1308\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1331,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1308\/revisions\/1331"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1308"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1308"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1308"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}