{"id":1310,"date":"2024-09-08T06:25:00","date_gmt":"2024-09-08T04:25:00","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1310"},"modified":"2024-11-21T21:58:56","modified_gmt":"2024-11-21T20:58:56","slug":"torres-de-o-allo","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/torres-de-o-allo\/","title":{"rendered":"Torres de O Allo"},"content":{"rendered":"\n<p>Esta construci\u00f3n, ademais da s\u00faa espl\u00e9ndida arquitectura, ten un gran valor hist\u00f3rico por ser considerada como o primeiro pazo galego, pois a s\u00faa primeira etapa construtiva rem\u00f3ntase a finais do s\u00e9culo XV ou principios do seguinte. Ao longo da s\u00faa dilatada historia sempre pertenceu \u00e1 mesma familia, os Rioboo, orixinarios da torre da Penela (Silvarredonda, Cabana de Berganti\u00f1os), pero o seu apelido procede da parroquia de San Marti\u00f1o de Riob\u00f3, lindeira coa anterior.<\/p>\n\n\n\n<p>Nun principio pensouse que toda a edificaci\u00f3n fora feita ao mesmo tempo, pero trala publicaci\u00f3n do libro&nbsp;<em>Torres do Allo. Arquitectura e historia del primer pazo gallego<\/em>&nbsp;(S\u00e1nchez Garc\u00eda, J. A., 2001), s\u00f3ubose que a torre norte \u201cTorre Viexa\u201d, constru\u00edda entre 1490 e 1512, a iniciativa de Alfonso G\u00f3mez de Rioboo Villardefrancos, \u00e9 uns 175 anos anterior \u00e1 torre sur \u201cTorre Nueba\u201d e ao corpo central, que se levantaron entre 1669 e 1685 por decisi\u00f3n de G\u00f3mez de Rioboo e Seixas e a s\u00faa dona Jacinta de Luces Caama\u00f1o, nunha \u00e9poca na que o estilo barroco xa se estaba a espallar polo territorio galego, non obstante, os promotores mantiveron as formas do g\u00f3tico tard\u00edo ou protorrenacentista da torre primitiva.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/115.-Torres-do-Anllo-despois-da-sua-restauracion-1024x685.webp\" alt=\"115. Torres Do Anllo Despois Da Su\u0301a Restauracio\u0301n\" class=\"wp-image-290\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/115.-Torres-do-Anllo-despois-da-sua-restauracion-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/115.-Torres-do-Anllo-despois-da-sua-restauracion-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/115.-Torres-do-Anllo-despois-da-sua-restauracion-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/115.-Torres-do-Anllo-despois-da-sua-restauracion.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Torres do Anllo despois da su\u0301a restauracio\u0301n<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O edificio, duns 35 metros de longo, consta de dous torre\u00f3ns de forma cuadrangular con cuberta a catro augas, unidos por un corpo rectangular con tellado a d\u00faas ca\u00eddas.<\/p>\n\n\n\n<p>As torres son case sim\u00e9tricas, na parte baixa \u00e1brese unha porta con arco de medio punto e grandes doelas, propias da arquitectura do s\u00e9culo XVI. Na planta alta \u00e9 onde se amosa a maior riqueza decorativa: unha fiestra de dobre arco oxival, cuberta cunha tira p\u00e9trea a xeito de repisa, e de par, outra fiestra m\u00e1is ampla, con balc\u00f3n, na torre sur, e enriba un escudo. Todos estes elementos est\u00e1n rodeados por un arco mixtil\u00edneo. Na \u00faltima planta, \u00e1brese cadans\u00faa fiestra.<\/p>\n\n\n\n<p>O corpo central consta de d\u00faas plantas, no que sobresae unha grandiosa cheminea. Na parte baixa hai d\u00faas portas: a principal, no centro, e unha lateral, na parte esquerda. Na planta alta \u00e1brense seis fiestras rectangulares. Unha cornixa decorada percorre todo o edificio, ag\u00e1s unha parte da zona central, da que sobresaen as g\u00e1rgolas.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos escudos repres\u00e9ntanse os s\u00edmbolos das familias que habitaron esta casa: Rioboo (torre envolta en silvas), Caama\u00f1o (pi\u00f1eiro e lanzas), Seixas (cinco pombas), Losada (dous lagartos baixo unha lousa) e Figueroa (cinco follas de figueira). Personaxes de sona relacionados con esta casa do Allo foron: o licenciado Antonio Rioboo e Seixas, autor do libro<em>\u00a0La barca m\u00e1s prodigiosa. Poema historial sagrado<\/em>\u00a0(1728), sobre a Virxe da Barca de Mux\u00eda, e o naturalista ferrol\u00e1n Victor L\u00f3pez Seoane, que casou con Francisca de Rioboo \u00c1lvarez, a primeira herdeira feminina da casa do Allo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/116.-Igrexa-de-San-Pedro-do-Allo-1024x768.webp\" alt=\"116. Igrexa De San Pedro Do Allo\" class=\"wp-image-297\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/116.-Igrexa-de-San-Pedro-do-Allo-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/116.-Igrexa-de-San-Pedro-do-Allo-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/116.-Igrexa-de-San-Pedro-do-Allo-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/116.-Igrexa-de-San-Pedro-do-Allo.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Igrexa de San Pedro do Allo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Na primeira metade do s\u00e9culo XX, o pazo deixou de ser habitado polos propietarios, e pasaron a vivir nel os apoderados. Na segunda metade dese mesmo s\u00e9culo a casa quedou deshabitada e foise deteriorando ata ameazar ru\u00ednas. A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a foi a instituci\u00f3n que se interesou pola s\u00faa recuperaci\u00f3n, fac\u00e9ndose coa propiedade en 1998, para despois comezar ao ano seguinte a s\u00faa rehabilitaci\u00f3n e abrilo ao p\u00fablico.<\/p>\n\n\n\n<p>Moi pr\u00f3xima \u00e1s Torres, at\u00f3pase a&nbsp;<strong>igrexa de San Pedro do Allo<\/strong>, unha construci\u00f3n renacentista, moi vinculada aos se\u00f1ores do pazo.<\/p>\n\n\n\n<p>O m\u00e1is interesante deste templo \u00e9 a s\u00faa fachada, de estilo renacentista, semellante a un retablo p\u00e9treo dividido en tres panos. No central, o m\u00e1is ancho, \u00e1brese a porta. Os laterais est\u00e1n enmarcados por columnas estriadas sobre plintos. Na parte inferior sit\u00faanse as figuras de Ad\u00e1n e Eva, e na superior, as do arcanxo San Gabriel e Mar\u00eda. No centro, enriba da porta, o patr\u00f3n da parroquia, San Pedro.<\/p>\n\n\n\n<p>Moi cerca da igrexa at\u00f3panse un cruceiro e o novo cemiterio parroquial, obras realizadas no s\u00e9culo XXI, con sensibilidade art\u00edstica e respectuosas co medio.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 sa\u00edda das torres do Allo collemos de novo a estrada AC-552 cara a Baio, cruzamos esta vila e a ponte sobre o r\u00edo do Porto e a algo m\u00e1is dun quil\u00f3metro atopamos un cruzamento \u00e1 dereita cara ao conxunto etnogr\u00e1fico do Mosquet\u00edn, continuamos por esta pista e volvemos a cruzar o r\u00edo e ao chegar a unhas casas, \u00e1 beira do r\u00edo, vemos as construci\u00f3ns tradicionais<strong>.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/117.-Mecanismo-dun-batan-1024x768.webp\" alt=\"117. Mecanismo Dun Bata\u0301n\" class=\"wp-image-298\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/117.-Mecanismo-dun-batan-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/117.-Mecanismo-dun-batan-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/117.-Mecanismo-dun-batan-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/117.-Mecanismo-dun-batan.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Mecanismo dun bata\u0301n<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":194,"template":"","pagina-padre":[88,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1310","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-2-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1310","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1310\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1334,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1310\/revisions\/1334"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1310"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1310"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1310"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}