{"id":1312,"date":"2024-09-08T06:42:51","date_gmt":"2024-09-08T04:42:51","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1312"},"modified":"2024-11-21T21:59:59","modified_gmt":"2024-11-21T20:59:59","slug":"castelo-medieval-de-vimianzo","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/castelo-medieval-de-vimianzo\/","title":{"rendered":"Castelo medieval de Vimianzo"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/118.-Castelo-de-Vimianzo-1024x768.webp\" alt=\"118. Castelo De Vimianzo\" class=\"wp-image-287\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/118.-Castelo-de-Vimianzo-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/118.-Castelo-de-Vimianzo-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/118.-Castelo-de-Vimianzo-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/118.-Castelo-de-Vimianzo.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Castelo de Vimianzo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta fortaleza foi cabeza reitora da extensa xurisdici\u00f3n de Vimianzo, formada por 36 parroquias e tres vilas: Vimianzo, Camari\u00f1as e Laxe. Ao redor dela foise configurando o que hoxe constit\u00fae a vila de Vimianzo, cuxo n\u00facleo se orixinou nunha encrucillada de cami\u00f1os, convertidos m\u00e1is tarde nas estradas AC-552, en direcci\u00f3n a Fisterra e na AC-432, que conduce a Camari\u00f1as, que se prolonga en direcci\u00f3n contraria cara a Serramo.<\/p>\n\n\n\n<p>Os primeiros donos desta fortaleza foron os Mari\u00f1o de Lobeira, que tras problemas de d\u00e9bedas coa coroa caer\u00e1n en desgraza, e a comezos do s\u00e9culo XV o castelo pasar\u00e1 a poder da familia dos Moscoso, que substituir\u00e1n \u00e1 anterior no dominio destas terras m\u00e1is occidentais.<\/p>\n\n\n\n<p>A primitiva fortaleza ser\u00e1 derrubada polos irmandi\u00f1os cara a 1467 e pouco despois reconstru\u00edda por mandato do arcebispo compostel\u00e1n Alonso II de Fonseca, enfrontado cos Moscoso polo dominio econ\u00f3mico das terras compostel\u00e1s e da Costa da Morte. Este enfrontamento chegou ata o punto de que o prelado foi secuestrado por Bernal E\u00e1ns de Moscoso, que o mantivo preso nesta fortaleza e noutras m\u00e1is da zona.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao pouco de ser reconstru\u00edda ser\u00eda tomada por asalto por Lopo S\u00e1nchez de Moscoso, I conde de Altamira, e a partir de aqu\u00ed permanecer\u00e1 en poder desta familia ata o ano 1872, data na que ser\u00e1 mercada por Ram\u00f3n Martelo N\u00fa\u00f1ez, un fidalgo da casa do Pombal, en Boa\u00f1o (Traba de Laxe), que manti\u00f1a certos lazos de parentesco cos Moscoso. Logo pasar\u00e1 ao seu fillo Evaristo Martelo Paum\u00e1n del Nero, poeta, que a adaptar\u00e1 como vivenda para pasar tempadas al\u00ed. A partir de ent\u00f3n este castelo tam\u00e9n ser\u00e1 co\u00f1ecido como as Torres de Martelo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/118bis.-Festa-do-Asalto-ao-Castelo-de-Vimianzo-asaltoaocastelo.gal_-1024x683.webp\" alt=\"118bis. Festa Do Asalto Ao Castelo De Vimianzo (asaltoaocastelo.gal)\" class=\"wp-image-295\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/118bis.-Festa-do-Asalto-ao-Castelo-de-Vimianzo-asaltoaocastelo.gal_-1024x683.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/118bis.-Festa-do-Asalto-ao-Castelo-de-Vimianzo-asaltoaocastelo.gal_-300x200.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/118bis.-Festa-do-Asalto-ao-Castelo-de-Vimianzo-asaltoaocastelo.gal_-768x512.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/118bis.-Festa-do-Asalto-ao-Castelo-de-Vimianzo-asaltoaocastelo.gal_.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo (asaltoaocastelo.gal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Meses antes da Guerra Civil, a corporaci\u00f3n municipal de Vimianzo intentou expropiar estas torres para trasladar al\u00ed a casa consistorial e outros servizos municipais, feito que traer\u00e1 graves consecuencias para os seus impulsores tralo golpe militar de 1936. No ano 1973, faise coa propiedade do castelo a Deputaci\u00f3n Provincial da Coru\u00f1a, que se encargar\u00e1 da s\u00faa restauraci\u00f3n e despois cederalle o seu uso ao concello de Vimianzo. No seu interior hai salas musealizadas con paneis explicativos da historia desta fortaleza e sobre a Costa da Morte e p\u00f3dese contemplar unha\u00a0<strong>mostra de artesan\u00eda en vivo<\/strong>\u00a0da zona: encaixe de Camari\u00f1as, oler\u00eda de Bu\u00f1o, cester\u00eda, sombreiros de palla, vidro, li\u00f1o etc. A primeira fin de semana do mes de xullo cel\u00e9brase a\u00a0<strong>Festa do Asalto ao Castelo<\/strong>, unha recreaci\u00f3n hist\u00f3rica da revolta irmandi\u00f1a, que congrega a milleiros de persoas na vila vimiancesa.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/119.-Elaboracion-de-sombreiros-de-palla-no-castelo-de-Vimianzo-1024x768.webp\" alt=\"119. Elaboracio\u0301n De Sombreiros De Palla No Castelo De Vimianzo\" class=\"wp-image-294\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/119.-Elaboracion-de-sombreiros-de-palla-no-castelo-de-Vimianzo-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/119.-Elaboracion-de-sombreiros-de-palla-no-castelo-de-Vimianzo-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/119.-Elaboracion-de-sombreiros-de-palla-no-castelo-de-Vimianzo-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/119.-Elaboracion-de-sombreiros-de-palla-no-castelo-de-Vimianzo.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Elaboracio\u0301n de sombreiros de palla no castelo de Vimianzo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Este castelo \u00e9rguese sobre un outeiro que domina a parte central do val de Vimianzo, rodeado por un foxo. Presenta unha planta poligonal con catro torre\u00f3ns, un en cada esquina, coincidindo cos puntos cardinais. A porta de entrada ao patio de armas sit\u00faase na parte sur e sobre ela vemos os dous escudos orixinais que mostran a cabeza de lobo dos Moscoso e as rodelas dos Castro, os demais son posteriores. A torre da homenaxe \u00e9 a \u00fanica rematada en ameas e merl\u00f3ns, as outras tres est\u00e1n cubertas con tellado a catro augas, a\u00ednda que no pasado mostrar\u00edan tam\u00e9n un aspecto defensivo.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde o patio interior, a trav\u00e9s dunhas escaleiras arrimadas ao muro leste, temos a posibilidade de acceder ao cami\u00f1o de ronda ou adarve, desde onde contemplamos unha espl\u00e9ndida panor\u00e1mica do val e da propia vila.<\/p>\n\n\n\n<p>Por diversos elementos que observamos na arquitectura desta fortaleza, como o arco apuntado da porta de entrada, as fiestras da torre da homenaxe ou unha fiestra seteira rematada en arco conopial da torre norte, deducimos o estilo g\u00f3tico tard\u00edo desta construci\u00f3n militar.<\/p>\n\n\n\n<p>Vimianzo \u00e9 o concello de Galicia que disp\u00f3n do maior n\u00famero de antas ou dolmens no seu territorio, alg\u00fans con notables alteraci\u00f3ns, pero outros perfectamente conservados. A capital deste municipio ser\u00eda o lugar id\u00f3neo para o inicio dunha ruta que nos leve a co\u00f1ecer estes monumentos. Na p\u00e1xina web do concello (vimianzo.gal\/turismo) dispo\u00f1emos de suficiente informaci\u00f3n para documentarnos.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Vimianzo continuamos pola estrada AC-552 ata Berdoias e al\u00ed collemos direcci\u00f3n cara a Mux\u00eda, no cami\u00f1o temos a oportunidade de facer unha parada en&nbsp;<strong>San Marti\u00f1o de Oz\u00f3n<\/strong>&nbsp;para ver o interesante conxunto arquitect\u00f3nico que hai nesta parroquia, formado pola s\u00faa&nbsp;<strong>igrexa<\/strong>&nbsp;que conserva d\u00faas \u00e1bsidas rom\u00e1nicas con interesantes figuras nos seus canzorros; a&nbsp;<strong>casa reitoral<\/strong>, situada ao sur da igrexa, na que se conservan alg\u00fans restos do antigo mosteiro e o seu inmenso&nbsp;<strong>h\u00f3rreo<\/strong>&nbsp;de 22 pares de p\u00e9s, un dos m\u00e1is longos de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde aqu\u00ed regresamos a Mux\u00eda, a vila mari\u00f1eira na que comezamos esta segunda ruta pola Costa da Morte.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":198,"template":"","pagina-padre":[88,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1312","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-2-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1312","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1312\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1337,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1312\/revisions\/1337"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1312"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1312"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1312"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}