{"id":1339,"date":"2024-09-08T06:48:49","date_gmt":"2024-09-08T04:48:49","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1339"},"modified":"2024-11-21T19:32:18","modified_gmt":"2024-11-21T18:32:18","slug":"de-laxe-a-corme","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/de-laxe-a-corme\/","title":{"rendered":"De Laxe a Corme"},"content":{"rendered":"\n<p>Sa\u00edmos de Laxe en direcci\u00f3n a Ponteceso, ao chegar ao cruce das Agrelas, collemos \u00e1 dereita cara a Baio e na rotonda de Borneiro, desvi\u00e1monos \u00e1 dereita cara ao&nbsp;<strong>dolmen de Dombate.<\/strong>&nbsp;Este monumento prehist\u00f3rico \u00e9 o m\u00e1is co\u00f1ecido de Galicia e considerado como a catedral do megalitismo do noso pa\u00eds. Xa no s\u00e9culo XIX espertou a curiosidade do historiador Manuel Murgu\u00eda e do poeta Eduardo Pondal, que pasaba a car\u00f3n del cando \u00eda cami\u00f1o de Nemi\u00f1a e que o inmortalizou nun dos seus poemas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>(\u2026) Deixando Fontefr\u00eda, cara ao lado de Laxe, e levando o cami\u00f1o de San Sim\u00f3n de Nande; polo chan de Borneiro, de cativos pinales, cuase pasaba arrentes do dolmen de Dombate (\u2026)<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>E. Pondal<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>O t\u00famulo est\u00e1 formado por terra e unha coiraza p\u00e9trea ao redor. A estrutura do monumento consta de sete chantas verticais&nbsp;(ort\u00f3statos) e unha cuberta e mais o corredor de entrada, pouco visible ata as \u00faltimas escavaci\u00f3ns que se realizaron entre os anos 1987 e 1989, dirixidas polo arque\u00f3logo Jos\u00e9 M.\u00aa Bello Di\u00e9guez. Nelas comprobouse que o seu corredor estaba formado por tres tramos de&nbsp;ort\u00f3statos e ti\u00f1a a entrada pechada por unha pedra vertical, pero os achados m\u00e1is sorprendentes foron os&nbsp;<strong>gravados<\/strong>&nbsp;que se atoparon nalgunhas lousas e os restos de&nbsp;<strong>pinturas<\/strong>&nbsp;da c\u00e1mara e do corredor, as\u00ed como o descubrimento dun dolmen anterior, atopado baixo a coiraza e que pasou a denominarse \u201cDombate antigo\u201d. Este estaba formado por unha c\u00e1mara simple, e do conxunto tan s\u00f3 apareceu unha das lousas da c\u00e1mara.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"769\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/120.-Dolmen-de-Dombate-1024x769.webp\" alt=\"120. Dolmen De Dombate\" class=\"wp-image-278\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/120.-Dolmen-de-Dombate-1024x769.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/120.-Dolmen-de-Dombate-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/120.-Dolmen-de-Dombate-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/120.-Dolmen-de-Dombate.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Dolmen de Dombate<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/121.-Detalle-das-pinturas-na-reproducion-da-camara-do-dolmen-1024x682.webp\" alt=\"121. Detalle Das Pinturas Na Reproducio\u0301n Da Ca\u0301mara Do Dolmen\" class=\"wp-image-292\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/121.-Detalle-das-pinturas-na-reproducion-da-camara-do-dolmen-1024x682.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/121.-Detalle-das-pinturas-na-reproducion-da-camara-do-dolmen-300x200.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/121.-Detalle-das-pinturas-na-reproducion-da-camara-do-dolmen-768x512.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/121.-Detalle-das-pinturas-na-reproducion-da-camara-do-dolmen.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Detalle das pinturas na reproducio\u0301n da ca\u0301mara do dolmen<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Fronte \u00e1 entrada do corredor do \u201cDombate recente\u201d atopouse unha fileira de vinte idoli\u00f1os (figuras p\u00e9treas con formas antropomorfas rudimentarias), que xa se descubriron tam\u00e9n noutros dolmens deste tipo.<\/p>\n\n\n\n<p>No subsolo do monumento apareceron materiais de diverso tipo: puntas de frecha, follas de s\u00edlex, machados, doas de colar, mu\u00ed\u00f1os, e diferentes clases de cer\u00e1mica precampaniforme e campaniforme.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois do descubrimento das pinturas protexeuse o monumento cunha cuberta pl\u00e1stica provisional, que se mantivo ata o 2011, ano no que se constru\u00edu a estrutura actual que cobre todo o conxunto. Tam\u00e9n se constru\u00edu un&nbsp;<strong>centro de recepci\u00f3n de visitantes<\/strong>&nbsp;no que se instalou unha r\u00e9plica do dolmen, na que se pode visualizar os gravados e os restos de pintura, dado que o acceso ao orixinal est\u00e1 prohibido.<\/p>\n\n\n\n<p>Volvemos do dolmen de Dombate pola mesma estrada e ao chegar \u00e1 rotonda collemos \u00e1 esquerda en direcci\u00f3n a Ponteceso, a pouca distancia encontramos \u00e1 dereita o aparcadoiro para visitar o castro de&nbsp;<strong>A Cid\u00e1 de Borneiro<\/strong>, un recinto prehist\u00f3rico da Idade de Ferro, situado no extremo norte do Chan de Borneiro, nunha ladeira que descende cara ao rego dos Mu\u00ed\u00f1os. Presenta unha forma ovalada de 90 m de longo por 55 de largo, considerado como un castro de tama\u00f1o medio.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa&nbsp;<strong>croa&nbsp;<\/strong>est\u00e1 protexida por unha dobre muralla e un foxo, excepto polo lado leste, que. debido \u00e1 pronunciada pendente, s\u00f3 disp\u00f3n dun muro defensivo. Nesta parte \u00e9 onde se atopa a entrada principal do poboado.<\/p>\n\n\n\n<p>Foi o primeiro castro en dispo\u00f1er dunha dataci\u00f3n de C-14 en Galicia, que lle deu como data m\u00e1is antiga de habitabilidade o ano 524 a. C. e mant\u00edvose habitado ata o s\u00e9culo I d. C.<\/p>\n\n\n\n<p>As primeiras noticias sobre este castro ach\u00e9gannolas Salvador Parga Pondal e P\u00e9rez Bustamante no ano 1924. Na d\u00e9cada seguinte levouse a cabo a primeira intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica por parte de Sebasti\u00e1n Gonz\u00e1lez. Nos anos setenta continuou coas investigaci\u00f3ns Jorge Juan Eirora e nos anos oitenta foi cando se realizou a intervenci\u00f3n m\u00e1is ampla, dirixida pola historiadora Ana Romero Masi\u00e1.&nbsp;Escav\u00e1ronse case as tres cuartas partes do recinto, deixando ao descuberto 36 construci\u00f3ns, a maior\u00eda vivendas, pero tam\u00e9n se aprecian outras edificaci\u00f3ns que funcionar\u00edan como dependencias anexas, relacionadas coas actividades econ\u00f3micas dos habitantes do poboado.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais das construci\u00f3ns de tipo circular existen outras con forma rectangular, cos esquinais en curva. Unha curiosidade que chama a atenci\u00f3n ao visitante \u00e9 a falta de entrada nas edificaci\u00f3ns, o que levar\u00eda a pensar que estar\u00eda a bastante altura. No centro de cada vivenda perc\u00edbese o fogar de forma rectangular, delimitado por unhas lousas chantadas para evitar queimar o poste de madeira que soportar\u00eda o peso do teito.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/123.-Algunhas-das-construcions-escavadas-neste-castro-1024x768.webp\" alt=\"123. Algunhas Das Construcio\u0301ns Escavadas Neste Castro\" class=\"wp-image-289\" style=\"width:840px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/123.-Algunhas-das-construcions-escavadas-neste-castro-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/123.-Algunhas-das-construcions-escavadas-neste-castro-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/123.-Algunhas-das-construcions-escavadas-neste-castro-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/123.-Algunhas-das-construcions-escavadas-neste-castro.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Algunhas das construcio\u0301ns escavadas neste castro<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Na parte leste do recinto descubriuse unha zona co\u00f1ecida como&nbsp;<strong>Barrio Extramuros<\/strong>, a car\u00f3n da entrada, na que se atopou unha gran construci\u00f3n de forma ovalada, unha fonte con desag\u00fce e outra construci\u00f3n cun forno, que hai quen a interpreta como unha sauna, pero tam\u00e9n poder\u00eda funcionar como unha zona de fundici\u00f3n de metais.<\/p>\n\n\n\n<p>Foron moitos os&nbsp;<strong>materiais<\/strong>&nbsp;achados durante as escavaci\u00f3ns, sobre todo na \u00faltima. Obxectos de pedra como mu\u00ed\u00f1os planos, pedras de afiar, moldes de fundici\u00f3n, fusaiolas ou machados pulidos. Moitos restos cer\u00e1micos, moi fragmentados, o que indicar\u00eda que o castro foi abandonado polos seus moradores de xeito pac\u00edfico. Restos de cuncas, olas ou xerras, de cores amarelas ou avermelladas, decorados con diferentes t\u00e9cnicas e motivos. E tam\u00e9n moitos obxectos met\u00e1licos de bronce e ferro: agullas, aneis, f\u00edbulas, coitelos, pu\u00f1ais, fouces&#8230; A maior\u00eda destes materiais procedentes das escavaci\u00f3ns at\u00f3panse depositados no museo Hist\u00f3rico e Arqueol\u00f3xico do Castelo de Santo Ant\u00f3n da Coru\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>De volta do castro tomamos a estrada que baixa cara ao cruce das Agrelas e al\u00ed collemos en direcci\u00f3n a Ponteceso. A v\u00eda vai bordeando o esteiro do r\u00edo Anll\u00f3ns pola s\u00faa banda esquerda e perm\u00edtenos gozar de fermosas vistas sobre o monte Branco e o espazo natural do esteiro, de grande interese ecol\u00f3xico que destaca sobre todo pola gran abundancia de aves que habitan nel e que acolle a moitas outras migratorias, un lugar id\u00f3neo para os afeccionados \u00e1 ornitolox\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasamos pola Carballa, onde se sit\u00faa a Casa do Concello de Cabana de Berganti\u00f1os, e Nea\u00f1o, o n\u00facleo de maior entidade do municipio.&nbsp;Ao atravesar a ponte sobre o r\u00edo Anll\u00f3ns entramos en&nbsp;<strong>Ponteceso,<\/strong>&nbsp;capital do concello do mesmo nome, n\u00facleo co\u00f1ecido sobre todo por ser o lugar de nacemento do poeta&nbsp;<strong>Eduardo Pondal<\/strong>&nbsp;(1835-1917), un dos grandes escritores do Rexurdimento galego e autor da letra do himno galego. \u00c1 beira do r\u00edo vemos a s\u00faa casa natal, unha ampla construci\u00f3n de pedra con galer\u00eda e cunha extensa finca cercada arredor. Pondal sempre se sentiu orgulloso de nacer neste lugar. As\u00ed o expresa na s\u00faa poes\u00eda:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>(&#8230;) Eu non nac\u00edn en vila nin cidade<\/em> <em>mais lonxe do seu ru\u00eddo lisonxeiro;<\/em> <em>eu nac\u00edn cabo de pinal espeso<\/em> <em>eu nac\u00edn na pequena<\/em> <em>Ponteceso (&#8230;).<\/em><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"626\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/124.-O-poeta-Eduardo-Pondal.webp\" alt=\"124. O Poeta Eduardo Pondal\" class=\"wp-image-300\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/124.-O-poeta-Eduardo-Pondal.webp 626w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/124.-O-poeta-Eduardo-Pondal-227x300.webp 227w\" sizes=\"auto, (max-width: 626px) 100vw, 626px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em><strong>O poeta Eduardo Pondal<\/strong><\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Influenciado polos historiadores do momento (Murgu\u00eda e Vicetto), inventou un mundo mitol\u00f3xico cheo de hipot\u00e9ticos heroes celtas, tomados da toponimia berganti\u00f1\u00e1 e do resto da Costa da Morte e creou un pasado glorioso para xustificar un pensamento galeguista.<\/p>\n\n\n\n<p>A actual&nbsp;<strong>vila ponteces\u00e1<\/strong>&nbsp;formouse pola uni\u00f3n de dous pequenos n\u00facleos que hab\u00eda no seus extremos, comunicados a trav\u00e9s da avenida que leva o nome do poeta e que atravesa a antiga marisma formada na desembocadura do Anll\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Na parte leste sit\u00faase o n\u00facleo da Trabe, que medrou grazas \u00e1 celebraci\u00f3n da feira que se trasladou da pr\u00f3xima parroquia de Anll\u00f3ns; e no lado oeste, o pequeno n\u00facleo da Ponteceso que naceu a car\u00f3n da ponte, por ser lugar de paso e polo embarcadoiro que hab\u00eda, a trav\u00e9s do que se exportaba madeira, produtos agr\u00edcolas e cer\u00e1mica de Bu\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao cruzar a ponte xiramos \u00e1 esquerda en direcci\u00f3n a Corme, pasamos pola&nbsp;<strong>aldea do Couto<\/strong>, co\u00f1ecida por situarse nela a Asociaci\u00f3n Monte Branco e a Fundaci\u00f3n Eduardo Pondal, que ao longo do ano mante\u00f1en unha intensa actividade cultural, sobre todo arredor do Dia das Letras Galegas.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois do lugar do Couto atopamos unha desviaci\u00f3n \u00e1 esquerda que leva ao alto do&nbsp;<strong>monte Branco&nbsp;<\/strong>(182 m) e \u00e1&nbsp;<strong>praia de Balar\u00e9s<\/strong>. Desde o cume deste monte gozamos dunha das mellores panor\u00e1micas sobre a desembocadura do r\u00edo Anll\u00f3ns e da r\u00eda de Corme e Laxe, polo tanto, paga a pena achegarse al\u00ed. A praia de Balar\u00e9s resulta moi acolledora pola s\u00faa area branca e protexida do vento, pero tam\u00e9n polo extenso pi\u00f1eiral que a rodea.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/125.-Ponte-sobre-o-rio-Anllons-e-casa-de-E.-Pondal-1024x685.webp\" alt=\"125. Ponte Sobre O Ri\u0301o Anllo\u0301ns E Casa De E. Pondal\" class=\"wp-image-281\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/125.-Ponte-sobre-o-rio-Anllons-e-casa-de-E.-Pondal-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/125.-Ponte-sobre-o-rio-Anllons-e-casa-de-E.-Pondal-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/125.-Ponte-sobre-o-rio-Anllons-e-casa-de-E.-Pondal-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/125.-Ponte-sobre-o-rio-Anllons-e-casa-de-E.-Pondal.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Ponte sobre o ri\u0301o Anllo\u0301ns e casa de E. Pondal<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Continuamos ruta cara a Corme. Antes de chegar cruzamos\u00a0<strong>Corme Aldea<\/strong>, que, como seu nome indica, era onde se situaba o primitivo n\u00facleo agr\u00edcola que deu orixe \u00e1 esta parroquia.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":152,"template":"","pagina-padre":[89,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1339","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-3-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1339","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1339\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1346,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1339\/revisions\/1346"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1339"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1339"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1339"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}