{"id":1342,"date":"2024-09-08T07:47:12","date_gmt":"2024-09-08T05:47:12","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1342"},"modified":"2024-11-21T19:32:53","modified_gmt":"2024-11-21T18:32:53","slug":"vila-de-malpica-de-bergantinos","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-malpica-de-bergantinos\/","title":{"rendered":"Vila de Malpica de Berganti\u00f1os"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"596\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/133.-Vila-de-Malpica-a-comezos-do-s.-XX-Arquivo-Vidal-1024x596.webp\" alt=\"133. Vila De Malpica A Comezos Do S. Xx (arquivo Vidal)\" class=\"wp-image-288\" style=\"width:840px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/133.-Vila-de-Malpica-a-comezos-do-s.-XX-Arquivo-Vidal-1024x596.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/133.-Vila-de-Malpica-a-comezos-do-s.-XX-Arquivo-Vidal-300x175.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/133.-Vila-de-Malpica-a-comezos-do-s.-XX-Arquivo-Vidal-768x447.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/133.-Vila-de-Malpica-a-comezos-do-s.-XX-Arquivo-Vidal.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Vila de Malpica a comezos do s. XX (Arquivo Vidal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A vila de Malpica naceu ao abeiro do monte da Atalaia como un pequeno porto pesqueiro vinculado \u00e1 pesca da balea, igual que pasou con Cai\u00f3n ou Camelle. Vascos e asturianos eran os que acud\u00edan a esta costa en tempo de inverno \u00e1 caza destes cet\u00e1ceos, que aproveitaban para facer aceite. A mediados do s\u00e9culo XVI fai referencia a este tipo de pesca o licenciado Molina da que recolle: \u201c\u00c9 pesca de gran proveito porque dun baleato, anque sexa pequeno, s\u00e1canse d\u00faas arrobas ou c\u00e1ntaras de aceite, que serve para todo o que se aproveita o de oliveira, ag\u00e1s para comer\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A comezos do s\u00e9culo seguinte o Cardeal del Hoyo, ach\u00e9ganos m\u00e1is datos sobre esta mesma actividade: \u201cEsta vila \u00e9 o porto onde se pescan m\u00e1is baleas de todos os demais de Galicia. P\u00e9scanse cada ano sete ou oito baleas, d\u00faas m\u00e1is ou menos, arrendan aos bisca\u00ed\u00f1os, que son os que as pescan; ao arcebispo p\u00e1ganlle cada ano sete mil marabed\u00eds de renda fixa\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir do s\u00e9culo XVIII, a pesca da balea perdeu importancia e ser\u00e1 substitu\u00edda pola sardi\u00f1a e congro. O ilustrado Jos\u00e9 Lucas Labrada, com\u00e9ntanos que neste porto, de entrada perigosa, p\u00e9scanse cada ano uns dous mil milleiros de sardi\u00f1as, 250 quintais de congro e tres mil de pescada, export\u00e1ndose tam\u00e9n uns mil ferrados de cebolas.<\/p>\n\n\n\n<p>Malpica, igual que Cai\u00f3n, eran portos de dif\u00edcil entrada, sobre todo con mar picado. Esas condici\u00f3ns naturais adversas determinaron que Malpica fose sempre un porto exclusivamente pesqueiro. O ilustrado Jos\u00e9 Cornide xa nolo advirte no s\u00e9culo XVIII.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cAntes de montar esta punta [da Atalaia] est\u00e1 el puerto de Malpica, que est\u00e1 sobre roca con solo cuatro brazas de agua; por lo que solo pueden entrar barcos pescadores en lo que abunda\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Os mari\u00f1eiros malpic\u00e1ns sempre se tiveron que enfrontar a este mar belicoso que bate con forza contra A Plancha e rompe tam\u00e9n contra os cant\u00eds da praia que fac\u00eda de embarcadoiro, por iso durante o inverno hab\u00eda que subir a trav\u00e9s dunha rampla as embarcaci\u00f3ns para a r\u00faa principal<\/p>\n\n\n\n<p>O escritor andaluz Jos\u00e9 Mas, autor da novela&nbsp;<em>La Costa de la Muerte<\/em>&nbsp;(1928), ambientada na vila malpic\u00e1, ref\u00edrese a esta situaci\u00f3n: \u201cE as lanchas estaban al\u00ed, todas ali\u00f1adas graciosamente nunha r\u00faa mari\u00f1eira e en forma de rampla que escorregaba con suavidade ata desaparecer naquela especie de enseada\u201d. Tam\u00e9n se pode apreciar nas fotograf\u00edas daquela \u00e9poca.<\/p>\n\n\n\n<p>A maior aspiraci\u00f3n dos malpic\u00e1ns foi sempre conseguir protecci\u00f3n para a s\u00faa frota pesqueira. As primeiras obras portuarias que se realizaron foron as do murall\u00f3n e a rampla, custeadas polo benfeitor&nbsp;<strong>Anselmo Villar<\/strong>&nbsp;<strong>Amigo<\/strong>&nbsp;(1850-1918), quen fixera fortuna na Arxentina.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante a II rep\u00fablica inici\u00e1ronse os primeiros traballos de protecci\u00f3n do porto, obras que se viron interrompidas co estalido da Guerra Civil e non ter\u00e1n continuidade ata os anos cincuenta, que foi cando se ampliou o dique e se constru\u00edu a d\u00e1rsena. Despois, polos anos setenta e seguintes, seguirase a ampliar o dique e a mellorar as infraestruturas portuarias.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/134.Praza-de-Anselmo-Villar-1024x686.webp\" alt=\"134.praza De Anselmo Villar\" class=\"wp-image-286\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/134.Praza-de-Anselmo-Villar-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/134.Praza-de-Anselmo-Villar-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/134.Praza-de-Anselmo-Villar-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/134.Praza-de-Anselmo-Villar.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praza de Anselmo Villar<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Polos anos vinte do pasado s\u00e9culo, Malpica ti\u00f1a ao redor dos mil habitantes, e o seu n\u00facleo estend\u00edase ao sur do monte da Atalaia e a trav\u00e9s do istmo que une a pequena pen\u00ednsula co continente. Hab\u00eda escola de nenos e nenas, posto de carabineiros, d\u00faas sociedades recreativas, varios establecementos comerciais e servizo de carruaxes. A luz el\u00e9ctrica non chegar\u00e1 ata 1928.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta Malpica de r\u00faas estreitas e retortas conservaba unha gran harmon\u00eda nas s\u00faas construci\u00f3ns, con casas dunha soa planta ou de dous andares, con paredes de granito e cubertas con tella do pa\u00eds, algunhas con balc\u00f3n ou galer\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir dos anos sesenta do pasado s\u00e9culo, aquela Malpica tradicional comezar\u00e1 a sufrir unha profunda transformaci\u00f3n urban\u00edstica que alterar\u00e1 por completo aquela harmon\u00eda de tempos pasados. A pesar desta grave modificaci\u00f3n sen o m\u00ednimo respecto \u00e1 arquitectura tradicional, o ambiente mari\u00f1eiro deste porto, o seu singular enclave e o colorido das s\u00faas embarcaci\u00f3ns, resultan atractivos para os visitantes.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ruta a p\u00e9 pola vila<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"554\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/135.-Porto-de-Malpica-1024x554.webp\" alt=\"135. Porto De Malpica\" class=\"wp-image-274\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/135.-Porto-de-Malpica-1024x554.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/135.-Porto-de-Malpica-300x162.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/135.-Porto-de-Malpica-768x416.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/135.-Porto-de-Malpica.webp 1535w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Porto de Malpica<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Comezaremos a visita a esta vila no\u00a0<strong>porto<\/strong>, o lugar m\u00e1is axeitado para estacionar o veh\u00edculo. Dependendo da hora de chegada o traballo portuario var\u00eda, dando un paseo polo peirao observaremos a actividade pesqueira que nos coincida; se temos a sorte de que haxa faena na\u00a0lonxa, entraremos a vela e co\u00f1ecer as diferentes clases de peixe que se poxan e o ambiente mari\u00f1eiro que se percibe dentro e f\u00f3ra. Logo de percorrer a explanada do peirao subimos \u00e1\u00a0<strong>praza do Cruceiro<\/strong>\u00a0e desde al\u00ed pola r\u00faa T\u00edo Paz dirixirnos ao\u00a0<strong>Miradoiro<\/strong>\u00a0desde o que dispo\u00f1emos dunha fermosa vista de toda a enseada portuaria. Aos nosos\u00a0p\u00e9s, a d\u00e1rsena, que acolle as embarcaci\u00f3ns de menor tama\u00f1o; m\u00e1is ao lonxe, o barrio novo do Cami\u00f1o do R\u00edo, que vai ascendendo cara a capela das Neves ou de Santo Ant\u00f3n, tam\u00e9n enxergamos a enseada do porto coas embarcaci\u00f3ns de maior tama\u00f1o e a costa escarpada na que rompe o mar. Volvemos \u00e1 praza do Cruceiro e continuamos pola\u00a0<strong>r\u00faa Eduardo Vila Fano<\/strong>, que leva o nome do enxe\u00f1eiro que elaborou o proxecto do primeiro dique de abrigo para este porto, pola que continuamos ata a\u00a0<strong>praza de Anselmo Villar<\/strong>, considerada como o centro da vila. Aqu\u00ed vemos a Fonte de Abaixo, doada por este benfeitor malpic\u00e1n e inaugurada en 1897 \u00e1 que se lle incorporou o seu busto en 1957. Desde aqu\u00ed a trav\u00e9s da r\u00faa Praia dirix\u00edmonos \u00e1\u00a0<strong>praia de Area Maior<\/strong>, un extenso areal, ateigado de ba\u00f1istas en temporada de ver\u00e1n. Temos a oportunidade de percorrela cami\u00f1ando polo paseo que a bordea\u00a0e, ao mesmo tempo, contemplar a magn\u00edfica panor\u00e1mica sobre o cabo de Santo Adri\u00e1n e as illas Sisargas.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/136.-Praia-de-Area-Maior-de-Malpica-1024x686.webp\" alt=\"136. Praia De Area Maior De Malpica\" class=\"wp-image-282\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/136.-Praia-de-Area-Maior-de-Malpica-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/136.-Praia-de-Area-Maior-de-Malpica-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/136.-Praia-de-Area-Maior-de-Malpica-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/136.-Praia-de-Area-Maior-de-Malpica.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praia de Area Maior de Malpica<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Volvemos de novo \u00e1 praza de Anselmo Villar e dirix\u00edmonos cara a&nbsp;<strong>Casa do Pescador<\/strong>, constru\u00edda no ano 1956 sobre a rampla que baixaba ao porto. No seu interior cons\u00e9rvanse varias obras do pintor surrealista coru\u00f1\u00e9s&nbsp;<strong>Urbano Lugr\u00eds Gonz\u00e1lez<\/strong>&nbsp;(1908?-1973), ao que se lle encargou o dese\u00f1o de decoraci\u00f3n do edificio. No bar da planta baixa podemos ver unha Rosa dos ventos, copia da pintada por Lugr\u00eds para un dos seus murais. No Fogar do Pensionista (1.\u00ba&nbsp;andar) e no segundo andar exp\u00f3\u00f1ense varias obras deste importante pintor: dous tr\u00edpticos con imaxes de santos, a Rosa dos Ventos, Balea, Profundidade Mari\u00f1a ou as illas Sisargas desde Malpica.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 sa\u00edda da Casa do Pescador collemos de novo cara ao porto, pero desta vez pola zona sur. Ao pouco de sa\u00edr atopamos a escultura dunha cola de&nbsp;balea, obra do artista Miguel Couto, inspirada na Balea de Lugr\u00eds. Bordeamos a d\u00e1rsena e regresamos ao lugar de inicio da ruta.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":159,"template":"","pagina-padre":[89,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1342","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-3-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1342","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1342\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1352,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1342\/revisions\/1352"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1342"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1342"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1342"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}