{"id":1356,"date":"2024-09-08T10:26:47","date_gmt":"2024-09-08T08:26:47","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1356"},"modified":"2024-11-21T19:22:03","modified_gmt":"2024-11-21T18:22:03","slug":"de-malpica-a-carballo","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/de-malpica-a-carballo\/","title":{"rendered":"De Malpica a Carballo"},"content":{"rendered":"\n<p>Esta cuarta ruta percorre a zona norte da comarca de Berganti\u00f1os e a trav\u00e9s dela visitaremos os lugares m\u00e1is emblem\u00e1ticos dos concellos de Coristanco, Carballo e A Laracha.<\/p>\n\n\n\n<p>Por tratarse dunha ruta circular podemos incorporarnos a ela en calquera punto do itinerario. Propo\u00f1emos o inicio en Malpica por ser a vila na que rematou a anterior.<\/p>\n\n\n\n<p>Deixamos a vila malpic\u00e1 pola estrada AC-418 en direcci\u00f3n a Carballo. Ao chegar \u00e1 rotonda de Bu\u00f1o, desvi\u00e1monos cara a este n\u00facleo para tomar a estrada AC-421 que vai de Bu\u00f1o \u00e1 Agualada. Pasamos por Xornes e cruzamos o r\u00edo Anll\u00f3ns na Pontedona. \u00c1 altura de Cereo Vello, desvi\u00e1monos \u00e1 esquerda cara a&nbsp;<strong>Verdes<\/strong>, para visitar o&nbsp;<strong>Refuxio de Verdes<\/strong>, a nosa primeira parada. Neste lugar o r\u00edo Anll\u00f3ns, arteria principal da comarca de Berganti\u00f1os, forma un espazo natural dunha beleza extraordinaria.<\/p>\n\n\n\n<p>O que nun principio naceu como un simple refuxio de pescadores, categor\u00eda que a\u00ednda conserva hoxe en d\u00eda, converteuse na mellor \u00e1rea recreativa da comarca. A s\u00faa orixe hai que buscala no importante couto de pesca que hab\u00eda neste treito do rio Anll\u00f3ns, un dos mellores de toda a provincia da Coru\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>Foi al\u00e1 polo ano 1982, cando o Instituto Nacional para a Conservaci\u00f3n da Natureza (ICONA), adquiriu os mu\u00ed\u00f1os, que na actualidade funcionan como refuxio, cando comezou a construci\u00f3n desta \u00e1rea recreativa. Os veci\u00f1os de Verdes colaboraron intensamente neste proxecto. Constru\u00edse unha ponte para acceder \u00e1 insua na que se sit\u00faa o refuxio, restaurouse o mu\u00ed\u00f1o grande de tres moas e dous pequenos e recuper\u00e1ronse as s\u00faas canles, fix\u00e9ronse varias pontellas de madeira e mesas ao aire libre. Este espazo l\u00fadico e recreativo foise ampliando co paso do tempo, aumentando as\u00ed a s\u00faa capacidade para acoller cada vez m\u00e1is visitantes.<\/p>\n\n\n\n<p>O r\u00edo Anll\u00f3ns ao seu paso por Verdes forma un espazo natural no que o interese xeol\u00f3xico e bot\u00e1nico se complementa co etnogr\u00e1fico e l\u00fadico-recreativo.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>interese xeol\u00f3xico<\/strong>&nbsp;ap\u00f3rtallo o tipo de rocha que hai nesta parte do r\u00edo. Tr\u00e1tase dun gneis, unha rocha dura formada por bandas paralelas de cuarzo, feldespato e mica, de orixe metam\u00f3rfica. A s\u00faa resistencia \u00e1 erosi\u00f3n impediu que o r\u00edo labrase o seu leito con facilidade, obrig\u00e1ndoo a distribu\u00edr o seu caudal en varios brazos. Esta acci\u00f3n erosiva do r\u00edo viuse favorecida pola tect\u00f3nica, que provocou un desnivel na s\u00faa canle, dando orixe a r\u00e1pidos e fervenzas. Nesta parte son frecuentes as marmitas ou p\u00edas, formadas no seu leito, algunhas de considerables dimensi\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/139.-Refuxio-de-Verdes-1024x768.webp\" alt=\"139. Refuxio De Verdes\" class=\"wp-image-269\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/139.-Refuxio-de-Verdes-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/139.-Refuxio-de-Verdes-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/139.-Refuxio-de-Verdes-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/139.-Refuxio-de-Verdes.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Refuxio de Verdes<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>riqueza bot\u00e1nica<\/strong>&nbsp;c\u00e9ntrase sobre todo no fermoso bosque de ribeira que medra no entorno. Eduardo Pondal na s\u00faa obra po\u00e9tica cita a carballeira de Verdes, que a\u00ednda se conserva en parte, baixo a denominaci\u00f3n de chousa da Se\u00f1ora. Esta fraga est\u00e1 formada sobre todo&nbsp;por carballos, abeneiros, salgueiros, freixos, loureiros e espi\u00f1os albares.<\/p>\n\n\n\n<p>Polo que respecta \u00e1&nbsp;<strong>fauna<\/strong>, o couto de Verdes era un dos que ti\u00f1a m\u00e1is sona na provincia da Coru\u00f1a tanto pola abundancia coma pola calidade da troita que aqu\u00ed hab\u00eda. A contaminaci\u00f3n que sufriron as s\u00faas augas provocou verdadeiros estragos na vida do r\u00edo. Nos \u00faltimos anos a situaci\u00f3n mellorou, pero \u00e9 necesario realizar un gran esforzo para que o Anll\u00f3ns volva a recuperar a fauna de tempos atr\u00e1s.<\/p>\n\n\n\n<p>O&nbsp;<strong>interese etnogr\u00e1fico<\/strong>&nbsp;ap\u00f3rtanllo a abundancia de mu\u00ed\u00f1os que se constru\u00edron neste lugar. A maior parte deles constan dun edificio sinxelo, levantado con cachoter\u00eda de pedra de gneis, rocha abundante no entorno. Os mu\u00ed\u00f1os m\u00e1is grandes ti\u00f1an unha lareira para poder quentarse en tempo de inverno e un sobrado para pasar a noite no seu interior.<\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade o estado de conservaci\u00f3n da gran maior\u00eda \u00e9 ruinoso, a non ser os restaurados como refuxio e alg\u00fan outro que conserva as s\u00faas paredes e tellados en p\u00e9.<\/p>\n\n\n\n<p>Este Refuxio de Verdes \u00e9 un lugar id\u00f3neo para realizar unha cami\u00f1ada a p\u00e9 pola s\u00faa contorna e gozar deste espazo de paz e tranquilidade que a natureza nos ofrece neste recuncho tan acolledor. Tam\u00e9n se presta para reunirnos en familia ou con amigos e gozar dunha xornada memorable.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Verdes tomamos a estrada CP 1910 que pasa por Xavi\u00f1a e Oca e enlaza coa AC 552 en Montecelo. Dirix\u00edmonos cara a Carballo, ao cruzar o viaduto da sa\u00edda da autov\u00eda AG-55 collemos \u00e1 dereita a pista que conduce \u00e1&nbsp;<strong>Ponte Lubi\u00e1n<\/strong>, tam\u00e9n co\u00f1ecida como Ponte Romana, constru\u00edda sobre o r\u00edo Lubi\u00e1n, o afluente m\u00e1is importante do Anll\u00f3ns. Por esta ponte cruzaba o antigo cami\u00f1o real que desde A Coru\u00f1a se dirix\u00eda \u00e1s terras de Soneira e Fisterra. Segundo Carr\u00e9 Aldao, por ela pasaba a v\u00eda romana denominada&nbsp;<em>per loca maritima<\/em>, pero non dispo\u00f1emos de datos que verifiquen esta afirmaci\u00f3n, ademais, en todo caso, xa non ser\u00eda a ponte que se conserva actualmente, que data de finais da Idade Media ou posterior, sen\u00f3n outra anterior. Salvador Parga Pondal, na visita que fai a este lugar en 1948, dinos que lle parece unha ponte medieval, a\u00ednda que no seu arco m\u00e1is occidental se poidan apreciar restos de aparello romano.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/140.-Ponte-Lubian-1024x768.webp\" alt=\"140. Ponte Lubia\u0301n\" class=\"wp-image-266\" style=\"width:840px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/140.-Ponte-Lubian-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/140.-Ponte-Lubian-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/140.-Ponte-Lubian-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/140.-Ponte-Lubian.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Ponte Lubia\u0301n<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O feito de que non sexa un monumento romano non quere dicir que non te\u00f1a un gran valor hist\u00f3rico e art\u00edstico que conv\u00e9n conservar. Actualmente representa para a comarca de Berganti\u00f1os o vestixio de maior valor do que foron as s\u00faas v\u00edas de comunicaci\u00f3n antigas. A construci\u00f3n acada unha lonxitude aproximada duns 40 m e uns 2.60 m de anchura. Consta de catro arcos asim\u00e9tricos, dous de maior di\u00e1metro, na banda dereita, e outros dous m\u00e1is pequenos, no outro extremo. Como reforzo da s\u00faa estrutura disp\u00f3n dun tallamar entre os dous arcos maiores e un contraforte de forma circular no lado oposto. A calzada est\u00e1 constitu\u00edda por un lousado de pedra que se prolonga uns metros m\u00e1is al\u00e1 da longura da ponte e forma unha lomba que acada o seu punto m\u00e1is elevado no piar no que apoian os dous arcos maiores. Retornamos pola mesma pista e dirix\u00edmonos a\u00a0<strong>Carballo<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"660\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/141-Antiga-praza-da-Liberdade-de-Carballo-Arquivo-Vidal-1024x660.webp\" alt=\"141 Antiga Praza Da Liberdade De Carballo (arquivo Vidal)\" class=\"wp-image-285\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/141-Antiga-praza-da-Liberdade-de-Carballo-Arquivo-Vidal-1024x660.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/141-Antiga-praza-da-Liberdade-de-Carballo-Arquivo-Vidal-300x193.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/141-Antiga-praza-da-Liberdade-de-Carballo-Arquivo-Vidal-768x495.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/141-Antiga-praza-da-Liberdade-de-Carballo-Arquivo-Vidal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Antiga praza da Liberdade de Carballo (Arquivo Vidal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":130,"template":"","pagina-padre":[90,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1356","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-4-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1356","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1356\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1363,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1356\/revisions\/1363"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1356"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1356"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1356"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}