{"id":1357,"date":"2024-09-08T10:31:23","date_gmt":"2024-09-08T08:31:23","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1357"},"modified":"2024-11-21T19:22:20","modified_gmt":"2024-11-21T18:22:20","slug":"vila-de-carballo","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-carballo\/","title":{"rendered":"Vila de Carballo"},"content":{"rendered":"\n<p>&nbsp;<strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A vila carballesa \u00e9 relativamente nova, se a comparamos con outros n\u00facleos da comarca. A s\u00faa orixe est\u00e1 no redescubrimento das augas termais no ano 1716, que xa foran aproveitadas anteriormente, como se deduce dos restos de construci\u00f3ns aparecidas nas escavaci\u00f3ns realizadas polo arquitecto Miguel Ferro Caaveiro en 1777 e nas que se descubriron vestixios dun antigo balneario que poder\u00eda ter unha orixe romana.<\/p>\n\n\n\n<p>Anterior \u00e1 vila de Carballo \u00e9 a parroquia de San Xo\u00e1n de Carballo, que se creou na Idade Media na banda esquerda do Anll\u00f3ns, no lugar de Cernide, onde se situaba a antiga parroquial. As primeiras noticias das que dispo\u00f1emos&nbsp;datan da metade do s\u00e9culo XV, cando depend\u00eda do mosteiro de San Pedro de Soandres (A Laracha).<\/p>\n\n\n\n<p>Unha vez descubertas de novo as augas medicinais na banda dereita do r\u00edo, preto da aldea da Lagoa, comezaron a constru\u00edrse as primeiras casas na que m\u00e1is tarde ser\u00eda a vila carballesa, coa intenci\u00f3n de acoller aos primeiros ba\u00f1istas que se achegaban a aproveitar as boas propiedades das augas termais.<\/p>\n\n\n\n<p>A mediados do s\u00e9culo XIX cando se reconstru\u00edu o balneario, Carballo xa era un n\u00facleo con dous pequenos barrios, un formado arredor dos ba\u00f1os, constitu\u00eddo sobre todo por hospeder\u00edas para albergar aos ba\u00f1istas e outro situado algo m\u00e1is ao sur, no cruce de cami\u00f1os que atravesaban a localidade, onde se celebraba o mercado e a feira, habitado sobre todo por comerciantes e funcionarios do novo partido xudicial de Carballo.<\/p>\n\n\n\n<p>Polos anos vinte do pasado s\u00e9culo Carballo presum\u00eda de ser unha vila moderna, cun urbanismo ben trazado e unha animada vida comercial, social e cultural. O seu n\u00facleo estend\u00edase ao longo das estradas que o cruzaban, de norte a sur, en direcci\u00f3n \u00e1 Coru\u00f1a e Fisterra, e de leste ao oeste, cara a Santiago e Malpica. Nesta d\u00e9cada realizarase o proxecto da Praza do Mercado, no entorno da nova Casa Consistorial e construirase o grupo escolar de Desiderio Varela e os pavill\u00f3ns para a celebraci\u00f3n do mercado e a feira, que se trasladar\u00e1n a este novo espazo urbano.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante a II Rep\u00fablica intensificarase a vida pol\u00edtica e sindical, que se ver\u00eda truncada tralo o golpe militar franquista de 1936, momento en que tanto os l\u00edderes pol\u00edticos como sindicais foron perseguidos, alg\u00fans asasinados e outros encarcerados.<\/p>\n\n\n\n<p>A finais dos anos trinta e na d\u00e9cada seguinte, Carballo vivir\u00e1 a febre do volframio, pola proximidade da explotaci\u00f3n de monte Neme e o alto valor que acadou este mineral durante a II Guerra Mundial. Ademais dos traballadores contratados pola empresa concesionaria da explotaci\u00f3n, houbo moitas outras persoas que acud\u00edan ao monte de xeito ilegal coa intenci\u00f3n de atopar alg\u00fans restos deste cobizado produto e vendelo no mercado negro para facer uns cartos en tempos de miseria.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"703\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/142.-Antigo-Concello-de-Carballo-Arquivo-Vidal-1024x703.webp\" alt=\"142. Antigo Concello De Carballo (arquivo Vidal)\" class=\"wp-image-284\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/142.-Antigo-Concello-de-Carballo-Arquivo-Vidal-1024x703.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/142.-Antigo-Concello-de-Carballo-Arquivo-Vidal-300x206.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/142.-Antigo-Concello-de-Carballo-Arquivo-Vidal-768x527.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/142.-Antigo-Concello-de-Carballo-Arquivo-Vidal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Antigo Concello de Carballo (Arquivo Vidal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Nestes anos corenta comezou a s\u00faa actividade a industria Conservas Calvo, que dar\u00eda emprego a moitas xeraci\u00f3ns de carballeses e berganti\u00f1\u00e1ns, primeiro instalada no n\u00facleo urbano carball\u00e9s e m\u00e1is tarde no lugar da Revolta.<\/p>\n\n\n\n<p>Un feito destacable na historia de Carballo foi tam\u00e9n a posta en funcionamento no ano 1950 da li\u00f1a de trolebuses Carballo-A Coru\u00f1a, que facilitou a comunicaci\u00f3n entre a capital berganti\u00f1\u00e1 e a cidade herculina.<\/p>\n\n\n\n<p>A especulaci\u00f3n urban\u00edstica que se practicou na d\u00e9cada dos anos sesenta e setenta fixo estragos no centro hist\u00f3rico carball\u00e9s, provocando a desaparici\u00f3n dos edificios de maior valor patrimonial como foron a igrexa parroquial, a Casa do Concello e o balneario dos Ba\u00f1os Vellos.<\/p>\n\n\n\n<p>A finais do s\u00e9culo XX e nas primeiras d\u00e9cadas do presente, foi cando se realizou o dese\u00f1o do Carballo actual, coa apertura de novas r\u00faas, a peonalizaci\u00f3n das v\u00edas do centro da vila, a recuperaci\u00f3n das marxes do r\u00edo Anll\u00f3ns e a construci\u00f3n de novos edificios p\u00fablicos, como o Pazo da Cultura, o Forum ou a nova biblioteca. Esa transformaci\u00f3n dos \u00faltimos anos deu lugar a un novo Carballo, unha vila activa na econom\u00eda, na cultura ou no deporte, que afronta con optimismo o seu futuro.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ruta a pie por la villa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Coa intenci\u00f3n de co\u00f1ecer aqueles lugares de maior interese da vila carballesa propo\u00f1emos esta ruta a p\u00e9 que comeza no\u00a0<strong>museo de Berganti\u00f1os<\/strong>, situado no edificio do antigo c\u00e1rcere que data do ano 1855, rehabilitado seguindo os planos do arquitecto Manuel Gallego Jorreto. No seu\u00a0interior, ademais do citado museo, alberga a\u00a0<strong>oficina de informaci\u00f3n tur\u00edstica.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/143.-Parque-do-Anllons-1024x768.webp\" alt=\"143. Parque Do Anllo\u0301ns\" class=\"wp-image-273\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/143.-Parque-do-Anllons-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/143.-Parque-do-Anllons-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/143.-Parque-do-Anllons-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/143.-Parque-do-Anllons.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Parque do Anllo\u0301ns<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O museo inaugurouse no ano 2002 con varias salas dedicadas \u00e1 historia e cultura da comarca de Berganti\u00f1os e da vila carballesa. En 2007 incorpor\u00f3uselle outra relativa \u00e1 Costa da Morte. Despois de vinte anos da s\u00faa entrada en funcionamento, en decembro de 2022, tras unhas obras de remodelaci\u00f3n de todo o espazo muse\u00edstico, inaugurouse unha nova exposici\u00f3n, composta por unha colecci\u00f3n de compo\u00f1entes de&nbsp;<strong>arqueolox\u00eda de m\u00e1quinas de oficina<\/strong>&nbsp;(m\u00e1quinas de escribir, de c\u00e1lculo, de impresi\u00f3n, copiadoras, telefon\u00eda, computadoras, etc.). Arrimada ao edificio do museo, sit\u00faase a&nbsp;<strong>biblioteca municipal<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao sa\u00edr do museo, collemos \u00e1 esquerda e pasamos por diante da&nbsp;<strong>igrexa parroquial de San Xo\u00e1n Bautista<\/strong>. O templo actual \u00e9 o terceiro que se constr\u00fae neste mesmo soar. O primeiro databa do ano 1864, un proxecto do arquitecto Faustino Dom\u00ednguez, de estilo clasicista tard\u00edo. Ao pouco de ser inaugurado xa presentaba problemas debido a mala execuci\u00f3n do proxecto e a baixa calidade dos materiais empregados e en 1890 decidiuse pechalo ao culto. T\u00edvose que habilitar un templo provisional na r\u00faa San Xos\u00e9 que se mantivo ata o ano 1924, momento no que se inaugurou o novo templo, este de estilo neomedieval, obra do arquitecto Manuel Hern\u00e1ndez y \u00c1lvarez Reyero, unha obra que tampouco se coidou a s\u00faa execuci\u00f3n, pois estivo sen tellado durante moitos anos, o que contribu\u00edu ao seu deterioro.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/145.-Praza-de-Galicia-1024x768.webp\" alt=\"145. Praza De Galicia\" class=\"wp-image-263\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/145.-Praza-de-Galicia-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/145.-Praza-de-Galicia-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/145.-Praza-de-Galicia-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/145.-Praza-de-Galicia.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praza de Galicia<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>En 1974 decidiuse constru\u00edr unha nova igrexa e derrubar a anterior, a pesar de que esta se pod\u00eda restaurar, xa que a canter\u00eda utilizada para a s\u00faa construci\u00f3n era de boa calidade. Elaborou os planos para este terceiro templo o arquitecto carball\u00e9s Jos\u00e9 Manuel Rey Pichel. M\u00e1is que unha igrexa constru\u00eduse un complexo parroquial con varias dependencias, todo el en formig\u00f3n. Da anterior aproveit\u00e1ronse as camp\u00e1s, varias imaxes e obxectos lit\u00farxicos. Dentro do adro tam\u00e9n podemos contemplar un&nbsp;<strong>cruceiro<\/strong>&nbsp;do ano 1811, trasladado de Cernide, lugar onde se atopaba a antiga parroquial.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a igrexa parroquial traslad\u00e1monos \u00e1&nbsp;<strong>praza de Galicia<\/strong>, en tempos atr\u00e1s, praza da Liberdade, encrucillada de cami\u00f1os e centro urbano do Carballo antigo. Aqu\u00ed celebr\u00e1base a feira e o mercado. Polos anos vinte do pasado s\u00e9culo, expropi\u00e1ronse tres vivendas que hab\u00eda na parte central, e no seu lugar f\u00edxose un xard\u00edn. No lateral oriental constru\u00eduse a fonte de catro canos, que a\u00ednda se conserva, cando en 1899 se dotou \u00e1 vila do primeiro abastecemento de auga. O cruceiro que vemos na zona verde colocouse en 1982, en homenaxe a Alfredo Bra\u00f1as, unha obra de Manuel Garc\u00eda V\u00e1zquez, \u201cBuci\u00f1os\u201d. Arredor da praza a\u00ednda se conserva algunha casa de canter\u00eda, de finais do s\u00e9culo XIX ou comezos do XX, con balc\u00f3n ou galer\u00eda, propia das vilas.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"685\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/146.-Estatua-de-Alfredo-Branas-en-Carballo-685x1024.webp\" alt=\"146. Estatua De Alfredo Bran\u0303as, En Carballo\" class=\"wp-image-203\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/146.-Estatua-de-Alfredo-Branas-en-Carballo-685x1024.webp 685w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/146.-Estatua-de-Alfredo-Branas-en-Carballo-201x300.webp 201w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/146.-Estatua-de-Alfredo-Branas-en-Carballo-768x1147.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/146.-Estatua-de-Alfredo-Branas-en-Carballo-1028x1536.webp 1028w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/146.-Estatua-de-Alfredo-Branas-en-Carballo-1371x2048.webp 1371w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/146.-Estatua-de-Alfredo-Branas-en-Carballo-scaled.webp 1714w\" sizes=\"auto, (max-width: 685px) 100vw, 685px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Estatua de Alfredo Bran\u0303as, en Carballo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde a praza de Galicia retrocedemos \u00e1&nbsp;<strong>r\u00faa Coru\u00f1a<\/strong>, v\u00eda que se abriu no ano 1954, para comunicar a r\u00faa Mart\u00edn Herrera coa praza do Mercado. Segundo entramos, na esquina da dereita, at\u00f3pase a casa na que naceu&nbsp;<strong>Alfredo Bra\u00f1as Men\u00e9ndez<\/strong>, o 11 de xaneiro de 1859, ilustre xurista e pol\u00edtico rexionalista. Na s\u00faa vila natal tribut\u00e1ronselle varias homenaxes e no ano 2005 situouse unha estatua s\u00faa, que vemos a car\u00f3n da casa onde naceu, obra do escultor C\u00e9sar Lombera.<\/p>\n\n\n\n<p>Atravesamos a r\u00faa Coru\u00f1a, comercial e con locais de hostaler\u00eda, e chegamos \u00e1&nbsp;<strong>praza do Mercado<\/strong>, o espazo p\u00fablico m\u00e1is amplo e c\u00e9ntrico da vila carballesa, froito da reforma urban\u00edstica que se realizou nos anos vinte do pasado s\u00e9culo, a onde se trasladar\u00eda a celebraci\u00f3n do mercado e da feira.<\/p>\n\n\n\n<p>O \u00fanico edificio situado nesta praza era a antiga&nbsp;<strong>Casa Consistorial<\/strong>, obra do arquitecto Julio Gal\u00e1n, inaugurada en 1913. A torre co reloxo incorpor\u00f3uselle en 1943. Un edificio de estilo modernista propio do momento. Ser\u00eda derrubado ao constru\u00edr a casa do novo concello na esquina oposta \u00e1 anterior, obra do arquitecto carball\u00e9s Jos\u00e9 Manuel Rey Pichel e inaugurada en febreiro de 1974. Nesta nova edificaci\u00f3n, formada por unha serie de volumes rectangulares que van diminu\u00edndo en superficie de abaixo arriba, impera a horizontalidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao leste do concello sit\u00faase&nbsp;<strong>o mercado municipal<\/strong>, que substitu\u00edu aos antigos pavill\u00f3ns levantados no ano 1929. O proxecto foi elaborado polo arquitecto Ram\u00f3n Tenreiro Broch\u00f3n e abriu ao p\u00fablico en 1969. Debido \u00e1s deficiencias e limitaci\u00f3ns, o goberno municipal decidiu levar adiante unha reforma integral de toda a construci\u00f3n coa intenci\u00f3n de adaptala aos tempos actuais. Logo de realizada a obra, as novas instalaci\u00f3ns abr\u00edronse no ano 2010.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta mesma praza destaca tam\u00e9n o edificio das&nbsp;<strong>Escolas do Xard\u00edn,<\/strong>&nbsp;constru\u00eddo en 1929 coa achega econ\u00f3mica do m\u00e9dico Desiderio Varela Puga, coa condici\u00f3n de que na fachada levase unha placa en memoria da s\u00faa dona Amalia G\u00f3mez Rodr\u00edguez. Consta de dous corpos laterais cunha escaleira de acceso a cada lado e un corpo central m\u00e1is cara a dentro. Cada escaleira daba acceso a unha secci\u00f3n escolar: nenos e nenas. Moitas xeraci\u00f3ns de carballeses e carballesas escolariz\u00e1ronse nestas aulas.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/147.-Mercado-municipal-de-Carballo-1024x768.webp\" alt=\"147. Mercado Municipal De Carballo\" class=\"wp-image-272\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/147.-Mercado-municipal-de-Carballo-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/147.-Mercado-municipal-de-Carballo-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/147.-Mercado-municipal-de-Carballo-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/147.-Mercado-municipal-de-Carballo.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Mercado municipal de Carballo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Deixamos a praza e continuamos en direcci\u00f3n oeste pola r\u00faa Desiderio Varela. Ao atravesar a r\u00faa V\u00e1zquez de Parga, en fronte atop\u00e1monos co&nbsp;<strong>Casino<\/strong>. Unha sociedade recreativa creada en 1889, que nos anos vinte do pasado s\u00e9culo, se trasladou ao edificio que ocupa actualmente na r\u00faa Lugo. A asociaci\u00f3n pasou a denominarse Sociedad Cultural y Recreativa Berganti\u00f1os. Durante moitos anos foi o principal centro cultural e social da vila carballesa, sobre todo en certas \u00e9pocas do ano, como o Nadal, o Entroido ou polo San Xo\u00e1n. Ao longo do tempo as s\u00faas instalaci\u00f3ns foron reformadas en varias ocasi\u00f3ns, quizais a de m\u00e1is calado fose a dos anos cincuenta con Julio S\u00e1nchez como presidente, na que a estancia m\u00e1is ampla se converteu no sal\u00f3n de rica decoraci\u00f3n que a\u00ednda se conserva. Na actualidade cunha directiva de xente moza, mant\u00e9n unha intensa actividade social e cultural.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde o Casino dirix\u00edmonos cara a&nbsp;<strong>r\u00faa da Estrela<\/strong>, as\u00ed denominada pola capela que hab\u00eda a car\u00f3n do balneario en advocaci\u00f3n a esta Virxe. Acheg\u00e1monos ao balneario&nbsp;<strong>Ba\u00f1os Vellos<\/strong>. O seu nome est\u00e1 en contraste cos Ba\u00f1os Novos, descubertos m\u00e1is tarde.<\/p>\n\n\n\n<p>As orixes do balneario de Carballo poder\u00edanse remontar \u00e1 \u00e9poca romana, tal como se recolle no informe do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro, despois das escavaci\u00f3ns realizadas en 1777, con motivo dun preito sobre a propiedade dos ba\u00f1os.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas augas termais foron redescubertas en 1716, pasando despois a ser propiedade municipal. En 1851 adquiriunas Pedro Sanjurjo, fillo do que fora o primeiro m\u00e9dico director dos ba\u00f1os. O novo propietario reforma todo o edificio. Arrimado a el pola parte sur, situ\u00e1base a capela da Virxe da Estrela e pola parte norte, unha casa de hospedaxe e unha fonte. Diante de todas estas construci\u00f3ns hab\u00eda un espazo verde con \u00e1rbores, que chegaba ata a r\u00faa da Bra\u00f1a (actual V\u00e1zquez de Parga).<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"764\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/148.-Hotel-balneario-de-Carballo-1024x764.webp\" alt=\"148. Hotel Balneario De Carballo\" class=\"wp-image-270\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/148.-Hotel-balneario-de-Carballo-1024x764.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/148.-Hotel-balneario-de-Carballo-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/148.-Hotel-balneario-de-Carballo-768x573.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/148.-Hotel-balneario-de-Carballo.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Hotel balneario de Carballo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Durante a segunda metade do s\u00e9culo XIX e nas primeiras d\u00e9cadas do seguinte, o balneario carball\u00e9s estaba considerado como un dos m\u00e1is concorridos de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois dunha \u00e9poca de decadencia, polos anos setenta dos pasado s\u00e9culo, as s\u00faas instalaci\u00f3ns e terreos de arredor foron vendidos como soares, ata que no ano1985 se constr\u00fae o novo balneario. O hotel inaugurarase en 1994.<\/p>\n\n\n\n<p>As s\u00faas augas de tipo sulfurado s\u00f3dicas bicarbonatadas fl\u00faen actualmente a unha temperatura de 42 \u00baC, e est\u00e1n recomendadas para afecci\u00f3ns do aparello locomotor, v\u00edas respiratorias, pel, aparello dixestivo, sistema nervioso e circulatorio.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":132,"template":"","pagina-padre":[90,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1357","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-4-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1357","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1357\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1365,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1357\/revisions\/1365"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1357"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1357"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1357"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}