{"id":1358,"date":"2024-09-08T10:35:19","date_gmt":"2024-09-08T08:35:19","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1358"},"modified":"2024-11-21T19:24:28","modified_gmt":"2024-11-21T18:24:28","slug":"de-carballo-a-caion","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/de-carballo-a-caion\/","title":{"rendered":"De Carballo a Cai\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p>Desde Carballo collemos a estrada AC 552 en direcci\u00f3n \u00e1 Coru\u00f1a e a uns 3 km, no lugar da Rega, desvi\u00e1monos \u00e1 esquerda pola estrada CP 1909 cara a Cai\u00f3n. \u00c1 altura de San Miguel de Vilela, se ollamos cara \u00e1 esquerda, gozaremos de magn\u00edficas vistas sobre o espazo natural de Razo e Baldaio. Ao pasar o km 8, colleremos \u00e1 esquerda a estrada CP-1913 que se dirixe \u00e1\u00a0<strong>Pedra do Sal<\/strong>\u00a0e nos permite visitar este espazo.<\/p>\n\n\n\n<p>Espazo natural de Razo-Baldaio<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/149.-Espazo-natural-de-Razo-e-Baldaio-1024x766.webp\" alt=\"149. Espazo Natural De Razo E Baldaio\" class=\"wp-image-259\" style=\"width:840px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/149.-Espazo-natural-de-Razo-e-Baldaio-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/149.-Espazo-natural-de-Razo-e-Baldaio-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/149.-Espazo-natural-de-Razo-e-Baldaio-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/149.-Espazo-natural-de-Razo-e-Baldaio.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Espazo natural de Razo e Baldaio<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A orixe de todo este conxunto ecol\u00f3xico est\u00e1 na falla de Baldaio, que, en direcci\u00f3n NO-SE, atravesa por Lendo e A Laracha, e chega ata Meirama. As fracturas provocadas polos movementos tect\u00f3nicos asociados a esta falla determinaron a elevaci\u00f3n duns bloques e o afundimento doutros. Os primeiros corresponder\u00edanse cos terreos altos dos rebordes que delimitan toda a depresi\u00f3n, e os segundos foron os que provocaron o entrante costeiro, no que logo penetrar\u00eda o mar.<\/p>\n\n\n\n<p>Os materiais achegados polos regatos que desembocan nesta enseada foron pouco a pouco colmatando de sedimentos o fondo da depresi\u00f3n e despois a acci\u00f3n das correntes mari\u00f1as ser\u00eda a encargada de formar a barra de area que pechou a sa\u00edda das augas fluviais e deu orixe \u00e1 lagoa. Esta foi evolucionando co paso do tempo, transform\u00e1ndose unha parte en prader\u00eda e outra en marisma, e reduc\u00edndose as\u00ed a zona h\u00eddrica. Polo tanto, neste espazo natural de Baldaio difer\u00e9ncianse varios bi\u00f3topos ou h\u00e1bitats:&nbsp;<strong>praia<\/strong>,&nbsp;<strong>dunas<\/strong>,&nbsp;<strong>xunqueira<\/strong>,&nbsp;<strong>marisma<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>lagoa<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>praia&nbsp;<\/strong>est\u00e1 constitu\u00edda polo extenso areal que se formou debido \u00e1 prolongaci\u00f3n da barra de area desde Razo ata a Pedra do Sal, acadando unha lonxitude de m\u00e1is de cinco quil\u00f3metros. As formas na praia son moi cambiantes segundo a acci\u00f3n das mareas e o estado do mar. Percibimos as\u00ed microacantilados, rizaduras na area (ripple-marks) ou leitos de pedras producidos pola acci\u00f3n do vento.<\/p>\n\n\n\n<p>As&nbsp;<strong>dunas<\/strong>&nbsp;constit\u00faen a barreira de area que separa a marisma e a lagoa do mar. O seu tama\u00f1o oscila entre os cinco e sete metros de altura, estend\u00e9ndose ao longo duns tres quil\u00f3metros no sentido leste-oeste. Difer\u00e9ncianse tres tipos de dunas: primarias, as m\u00e1is achegadas \u00e1 praia e m\u00f3biles, por estaren menos colonizadas pola vexetaci\u00f3n; as secundarias, m\u00e1is fixas e retiradas do mar; e por \u00faltimo, as terciarias, xa totalmente inm\u00f3biles e fixadas pola vexetaci\u00f3n. Este cord\u00f3n de dunas aparece cortado por corredores transversais polos que penetra o mar en momentos de grandes temporais.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/150.-Marisma-e-lagoa-de-Baldaio-1024x766.webp\" alt=\"150. Marisma E Lagoa De Baldaio\" class=\"wp-image-258\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/150.-Marisma-e-lagoa-de-Baldaio-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/150.-Marisma-e-lagoa-de-Baldaio-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/150.-Marisma-e-lagoa-de-Baldaio-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/150.-Marisma-e-lagoa-de-Baldaio.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Marisma e lagoa de Baldaio<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>xunqueira&nbsp;<\/strong>sit\u00faase ao oeste da lagoa e ocupa aproximadamente unhas 100 ha. Ten forma triangular e est\u00e1 delimitada polas dunas, a lagoa e as terras de labranza. Formou tempo atr\u00e1s parte da lagoa, pero foise colmatando ata converterse nunha chaira cuberta de vexetaci\u00f3n. Durante o outono e o inverno as partes m\u00e1is baixas an\u00e9ganse de auga doce.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>marisma<\/strong>&nbsp;est\u00e9ndese principalmente cara ao sur da lagoa. Est\u00e1 formada por masas de lama e bancos de area sucados por canles polas que penetra a auga das mareas e polas que desaugan os regatos que desembocan aqu\u00ed. Hai zonas que temporalmente quedan asolagadas. Na zona m\u00e1is pr\u00f3xima \u00e1 lagoa medran plantas que soportan a salinidade, coma as salicornias ou a acelga salgada.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>lagoa&nbsp;<\/strong>ocupa a parte m\u00e1is oriental da depresi\u00f3n. Ten forma ovalada, co eixo maior en direcci\u00f3n leste-oeste. A s\u00faa masa de auga var\u00eda segundo o estado das mareas e do caudal dos r\u00edos que verten aqu\u00ed as s\u00faas augas. At\u00f3pase bastante alterada pola intervenci\u00f3n humana, sobre todo pola pista que se constru\u00edu en 1975, que a dividiu en d\u00faas partes. Unha m\u00e1is grande, ao norte, e outra, de menor tama\u00f1o, na parte sur. Nela podemos atopar plantas subacu\u00e1ticas coma a leituga de mar.<\/p>\n\n\n\n<p>Toda esta zona \u00e9 rica en nutrientes qu\u00edmicos, o que fai que a vida microsc\u00f3pica se desenvolva con plenitude. De a\u00ed que a fauna sexa abundante e var\u00ede segundo o tipo de ecosistema. Na lagoa viven moluscos (berberecho, ameixa ou longueir\u00f3n); crust\u00e1ceos (cangrexo ou camar\u00f3n) e peixes (robalizas ou muxos). As aves est\u00e9ndense por todo o espazo. Na \u00e9poca de outono e inverno, \u00e9 lugar de parada de aves migratorias. As lim\u00edcolas e as an\u00e1tidas son as m\u00e1is abundantes.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde sempre na marisma houbo un aproveitamento dos recursos marisqueiros por parte da poboaci\u00f3n local, ata que en tempos do franquismo se lle fixo unha concesi\u00f3n a unha empresa para instalar unha factor\u00eda pisc\u00edcola e marisqueira, a\u00ednda que isto fose a escusa para a extracci\u00f3n e venda de area. Isto desencadeou un grave conflito cos veci\u00f1os, aos que prohibiron seguir mariscando. Despois dunha longa loita de m\u00e1is de corenta anos, a veci\u00f1anza recuperou os seus dereitos.<\/p>\n\n\n\n<p>A intervenci\u00f3n humana alterou de xeito grave a situaci\u00f3n deste espazo natural, polo que resulta imprescindible tomar todo tipo de medidas protectoras para evitar que a degradaci\u00f3n siga en aumento.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a Pedra do Sal collemos \u00e1 esquerda por unha v\u00eda que pasa por&nbsp;<strong>Imende<\/strong>&nbsp;e nos leva \u00e1 estrada que vai a Cai\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois do km 12 desta estrada, na banda esquerda temos un extraordinario&nbsp;<strong>miradoiro<\/strong>&nbsp;sobre esta vila mari\u00f1eira e a pen\u00ednsula na que se asenta. Polo que conv\u00e9n facer unha parada neste lugar.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":135,"template":"","pagina-padre":[90,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1358","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-4-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1358","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1358\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1369,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1358\/revisions\/1369"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1358"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1358"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1358"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}