{"id":1359,"date":"2024-09-08T10:43:49","date_gmt":"2024-09-08T08:43:49","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1359"},"modified":"2024-11-21T19:22:34","modified_gmt":"2024-11-21T18:22:34","slug":"vila-de-caion","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-caion\/","title":{"rendered":"Vila de Cai\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A orixe deste n\u00facleo costeiro est\u00e1 relacionada coa caza da balea que vascos e asturianos realizaron neste litoral. A mediados do s\u00e9culo XVI o Licenciado Molina xa nos fala deste tipo de pesca, dicindo que se fac\u00eda durante os meses de inverno e que era pesca de gran proveito pola cantidade de aceite que se extra\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>O Cardeal del Hoyo volve a facer referencia a esta actividade pesqueira cando cita este porto. Ademais do aproveitamento da s\u00faa graxa, tam\u00e9n se utilizaban os seus \u00f3sos. Das v\u00e9rtebras fac\u00edanse tallos, e as costelas serv\u00edan de ripas para os tellados das casas mari\u00f1eiras.<\/p>\n\n\n\n<p>Sobre a vila de Cai\u00f3n exerceron se\u00f1or\u00edo os Berm\u00fadez de Castro, se\u00f1ores de Montaos. Un dos seus membros, Francisco Berm\u00fadez de Castro, foi o fundador do convento dos Padres Agosti\u00f1os, que se fixeron cargo da parroquia baixo a advocaci\u00f3n de Nosa Se\u00f1ora do Perpetuo Socorro. Logo, no ano 1772, trasladaranse \u00e1 cidade da Coru\u00f1a para ocupar o convento dos xesu\u00edtas, despois da expulsi\u00f3n destes.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"579\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/151-Vila-de-Caion-na-primeira-metade-do-s.-XX-Arquivo-Vidal-1024x579.webp\" alt=\"151 Vila De Caio\u0301n Na Primeira Metade Do S. Xx (arquivo Vidal)\" class=\"wp-image-271\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/151-Vila-de-Caion-na-primeira-metade-do-s.-XX-Arquivo-Vidal-1024x579.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/151-Vila-de-Caion-na-primeira-metade-do-s.-XX-Arquivo-Vidal-300x170.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/151-Vila-de-Caion-na-primeira-metade-do-s.-XX-Arquivo-Vidal-768x434.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/151-Vila-de-Caion-na-primeira-metade-do-s.-XX-Arquivo-Vidal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Vila de Caio\u0301n na primeira metade do s. XX (Arquivo Vidal)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A principios do s\u00e9culo XIX, a sardi\u00f1a e o congro eran as especies que m\u00e1is se pescaban neste porto, segundo as noticias que nos aporta o ilustrado Jos\u00e9 Lucas Labrada.<\/p>\n\n\n\n<p>A comezos do s\u00e9culo XX, Cai\u00f3n era o n\u00facleo m\u00e1is poboado do concello da Laracha, con preto de cincocentos habitantes. Ti\u00f1a f\u00e1bricas de salgadura, escola de rapaces e posto de carabineiros de terceira categor\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Cai\u00f3n, igual que Mux\u00eda ou Malpica, sit\u00faase sobre una estreita pen\u00ednsula moi batida pola mar, que condicionou a s\u00faa estrutura urbana e a actividade econ\u00f3mica dos seus habitantes, que ti\u00f1an no mar o seu principal recurso.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/152.-Panoramica-de-Caion-actual-1024x685.webp\" alt=\"152. Panora\u0301mica De Caio\u0301n Actual\" class=\"wp-image-260\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/152.-Panoramica-de-Caion-actual-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/152.-Panoramica-de-Caion-actual-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/152.-Panoramica-de-Caion-actual-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/152.-Panoramica-de-Caion-actual.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em> Panora\u0301mica de Caio\u0301n actual<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A transformaci\u00f3n urban\u00edstica dos \u00faltimos anos apenas deixou rastro das tradicionais casas mari\u00f1eiras de balc\u00f3n ou galer\u00eda, caleadas de branco ou pintadas de cores vivas, as mesmas pinturas coas que se pintaban as embarcaci\u00f3ns. Non obstante, a s\u00faa singular situaci\u00f3n e magn\u00edfica praia das Salseiras, que se estende ao oeste da vila, converten a esta localidade nunha atractiva vila mari\u00f1eira, que paga a pena visitar en calquera \u00e9poca do ano.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/153.-Pazo-dos-Condes-de-Graxal-1024x686.webp\" alt=\"153. Pazo Dos Condes De Graxal\" class=\"wp-image-268\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/153.-Pazo-dos-Condes-de-Graxal-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/153.-Pazo-dos-Condes-de-Graxal-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/153.-Pazo-dos-Condes-de-Graxal-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/153.-Pazo-dos-Condes-de-Graxal.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em> Pazo dos Condes de Graxal<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Ruta a p\u00e9 pola vila<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Iniciaremos a ruta a p\u00e9&nbsp;<strong>na praza de Eduardo Vila Fano<\/strong>, considerada como o centro desta pequena vila. Nesta praza sit\u00faanse os dous edificios hist\u00f3ricos m\u00e1is importantes: o&nbsp;<strong>pazo dos Condes de Graxal<\/strong>&nbsp;e a&nbsp;<strong>igrexa parroquial<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>O t\u00edtulo de Condes de Graxal adquir\u00edrono os Berm\u00fadez de Castro, cando a filla do fundador do convento, Beatriz Berm\u00fadez de Castro, casou con Juan \u00c1lvarez de Vega, conde de Grajal de Campos (Le\u00f3n).<\/p>\n\n\n\n<p>O pazo \u00e9 un edificio de planta rectangular alongada que ocupa a parte oeste da praza. O acceso principal real\u00edzase a trav\u00e9s dunha porta que remata nun arco semicircular de grandes doelas. A fachada \u00e9 lisa e con poucas aberturas. Perc\u00edbese que o edificio foi ampliado pola parte suroeste xa que a cor do granito presenta unha tonalidade m\u00e1is ros\u00e1cea e sen apenas aberturas. Aqu\u00ed situ\u00e1base o c\u00e1rcere, xa que nesta construci\u00f3n estivo a sede da antiga xurisdici\u00f3n da vila de Cai\u00f3n. Sobre a fachada hai varios escudos moi desgastados pola erosi\u00f3n. O principal sit\u00faase enriba da fiestra central e nel m\u00f3stranse as armas dos Berm\u00fadez e dos Castro.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong>igrexa de Santa Mar\u00eda do Socorro<\/strong>, foi o templo do antigo convento de San Agosti\u00f1o, fundado no s\u00e9culo XVI por Francisco Berm\u00fadez de Castro, se\u00f1or da vila de Cai\u00f3n. M\u00e1is tarde converter\u00edase en parroquial, en substituci\u00f3n da igrexa de Santa Mar\u00eda, situada onde actualmente se atopa a capela da Virxe dos Milagres.<\/p>\n\n\n\n<p>Tr\u00e1tase dun edificio con nave e \u00e1bsida rectangular e cubrici\u00f3n con tellado a d\u00faas augas. A entrada principal \u00e1brese no muro lateral norte que d\u00e1 \u00e1 praza, a trav\u00e9s dunha fermosa portada renacentista con arco de medio punto, flanqueada por d\u00faas columnas que rematan nun front\u00f3n triangular.<\/p>\n\n\n\n<p>No t\u00edmpano da porta de madeira repres\u00e9ntanse unha Anunciaci\u00f3n, a Inmaculada e unha Virxe co Neno. Na fachada lisa hai dous campanarios. Un na esquina norte, formado por unha torre de canter\u00eda, na que se abren catro ocos e o outro en forma de espadana de dous ocos situado sobre o v\u00e9rtice do tellado.<\/p>\n\n\n\n<p>Na parte posterior da igrexa sit\u00faase o edificio do antigo convento. Na s\u00faa fachada vemos dous escudos. No da esquerda m\u00f3strase unha torre e a seguinte inscrici\u00f3n:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>Malo mori quam foedari<\/em>&nbsp;(Prefiro morrer antes ca luxarme)<\/p>\n\n\n\n<p>No da dereita repres\u00e9ntanse os s\u00edmbolos dos Berm\u00fadez e dos Castro, relativos ao fundador deste conxunto arquitect\u00f3nico.<\/p>\n\n\n\n<p>Sa\u00edmos da praza polo \u00e1ngulo suroeste e \u00e1 esquerda atop\u00e1monos co&nbsp;<strong>edificio da confrar\u00eda de pescadores<\/strong>&nbsp;constru\u00eddo en 1940. Alberga os fondos do arquivo de pesca e unha exposici\u00f3n permanente sobre a historia e a cultura mari\u00f1eira desta vila larachesa.<\/p>\n\n\n\n<p>No seu interior m\u00f3stranse documentos, \u00fatiles de pesca e paneis explicativos sobre a evoluci\u00f3n da pesca e da vida dos habitantes deste porto desde o seu pasado baleeiro.<\/p>\n\n\n\n<p>Continuamos esta ruta a p\u00e9 seguindo o&nbsp;<strong>paseo mar\u00edtimo<\/strong>&nbsp;que bordea todo o litoral da pen\u00ednsula de Cai\u00f3n e chegamos ao porto, situado na enseada do antigo embarcadoiro. Aqu\u00ed podemos contemplar as instalaci\u00f3ns portuarias e as embarcaci\u00f3ns amarradas ou as que est\u00e1n sobre a explanada. Logo dirix\u00edmonos \u00e1 praza, lugar de inicio da ruta. Tam\u00e9n temos a oportunidade de percorrer o paseo costeiro que se dirixe \u00e1 praia das Salseiras e que contin\u00faa pola pista de terra que bordea o litoral.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao regreso de Cai\u00f3n podemos visitar o&nbsp;<strong>Santuario dos Milagres<\/strong>, situado a dous quil\u00f3metros do n\u00facleo urbano, en direcci\u00f3n a Carballo. Neste lugar estivo situada a primitiva parroquial de Santa Mar\u00eda de Cai\u00f3n, antes de que a mediados do s\u00e9culo XVI, os padres agosti\u00f1os fundaran o convento na vila. A igrexa conventual absorbeu a esta parroquial, convert\u00e9ndose en capela anexa e mantendo culto tan s\u00f3 na festividade de Nosa Se\u00f1ora. A actual capela de estilo barroco, constru\u00eduse en 1833. A romar\u00eda cel\u00e9brase cada 8 de setembro e a ela acoden xentes de toda a comarca de Berganti\u00f1os. \u00c9 tradici\u00f3n ir cami\u00f1ando de noite ata o santuario ou \u00e1 ma\u00f1anci\u00f1a, para chegar a escoitar misa. O domingo anterior \u00e1 romar\u00eda, trasl\u00e1dase en procesi\u00f3n a Virxe dos Milagres ao santuario e retornar\u00e1 \u00e1 parroquial o domingo seguinte de celebrada a festa.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/155.-Romaria-dos-Milagres-de-Caion-1024x685.webp\" alt=\"155. Romari\u0301a Dos Milagres De Caio\u0301n\" class=\"wp-image-261\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/155.-Romaria-dos-Milagres-de-Caion-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/155.-Romaria-dos-Milagres-de-Caion-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/155.-Romaria-dos-Milagres-de-Caion-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/155.-Romaria-dos-Milagres-de-Caion.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Romari\u0301a dos Milagres de Caio\u0301n<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde Cai\u00f3n regresaremos \u00e1 Malpica, a vila na que iniciamos esta cuarta ruta.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":138,"template":"","pagina-padre":[90,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1359","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-4-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1359","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1359\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1373,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1359\/revisions\/1373"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1359"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1359"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1359"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}