{"id":1375,"date":"2024-09-08T12:33:49","date_gmt":"2024-09-08T10:33:49","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1375"},"modified":"2024-11-21T19:19:10","modified_gmt":"2024-11-21T18:19:10","slug":"vila-de-cee","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/vila-de-cee\/","title":{"rendered":"Vila de Cee"},"content":{"rendered":"\n<p>&nbsp;<strong>Historia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>As primeiras noticias que dispo\u00f1emos desta vila corresponden ao s\u00e9culo XII, cando o arcebispo Diego Xelm\u00edrez lle concede ao arcediago de Trast\u00e1mara Arias Mu\u00f1iz a administraci\u00f3n dun se\u00f1or\u00edo que, entre outras parroquias, inclu\u00eda a de Santa Mar\u00eda da Xunqueira de Cee.<\/p>\n\n\n\n<p>Este n\u00facleo costeiro posiblemente se fundara cando diminu\u00edron as frecuentes invasi\u00f3ns musulm\u00e1s e n\u00f3rdicas que atacaban esta costa. Con anterioridade a poboaci\u00f3n viv\u00eda m\u00e1is cara ao interior nos antigos n\u00facleos de San Paio de Refoxos ou San Pedro M\u00e1rtir.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"690\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/156.-A-Vila-de-Cee-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano-1024x690.webp\" alt=\"156. A Vila De Cee Polos Anos 30 Do Pasado Se\u0301culo (r. Caaman\u0303o)\" class=\"wp-image-267\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/156.-A-Vila-de-Cee-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano-1024x690.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/156.-A-Vila-de-Cee-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano-300x202.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/156.-A-Vila-de-Cee-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano-768x517.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/156.-A-Vila-de-Cee-polos-anos-30-do-pasado-seculo-R.-Caamano.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>A Vila de Cee polos anos 30 do pasado se\u0301culo (R. Caaman\u0303o)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A pesca e o comercio foron os verdadeiros motores de desenvolvemento deste porto. O pescado comercializ\u00e1base, ou ben fresco, polos n\u00facleos pr\u00f3ximos, chegando ata Santiago; ou ben curado ao aire, salgado ou afumado, que despois se enviaba a outras zonas do litoral peninsular.<\/p>\n\n\n\n<p>Cee at\u00f3pase na ruta do cami\u00f1o xacobeo que desde Santiago se dirixe a Fisterra. Cerca da s\u00faa igrexa parroquial houbo un hospital de acollida de peregrinos, que xa exist\u00eda no s\u00e9culo XV e mant\u00edvose aberto ata comezos do s\u00e9culo XVIII. Durante os s\u00e9culos XVII e XVIII, esta vila formaba parte dunha pequena xurisdici\u00f3n independente da de Corcubi\u00f3n, dominada polo clero e a fidalgu\u00eda local. A m\u00e1xima autoridade era o arcediago de Trast\u00e1mara, que ti\u00f1a aqu\u00ed a s\u00faa residencia.<\/p>\n\n\n\n<p>A mediados do s\u00e9culo XVIII docum\u00e9ntase a presenza dos fomentadores catal\u00e1ns neste porto, que mudaron os m\u00e9todos de pesca. Cambios que produciron enfrontamentos entre os colectivos de mareantes locais. Precisamente aqu\u00ed se produciu no ano 1757 un dos primeiros mot\u00edns anticatalanistas de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante a invasi\u00f3n das tropas napole\u00f3nicas a vila quedou asolada e a s\u00faa igrexa parroquial foi incendiada. Ao longo do s\u00e9culo XIX a industria de salgadura revital\u00edzase e a actividade comercial e mercantil medra, o que supuxo un crecemento do n\u00facleo urbano.<\/p>\n\n\n\n<p>Coa instalaci\u00f3n a comezos do s\u00e9culo XX da f\u00e1brica de carburos, Cee conv\u00e9rtese no \u00fanico n\u00facleo industrial de toda esta rexi\u00f3n costeira. Na actualidade esta vila constit\u00fae o centro econ\u00f3mico e de servizos m\u00e1is importante da zona sur da Costa da Morte, sobre todo a partir da instalaci\u00f3n do Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/157.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Xunqueira-1024x686.webp\" alt=\"157. Igrexa De Santa Mari\u0301a Da Xunqueira\" class=\"wp-image-265\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/157.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Xunqueira-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/157.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Xunqueira-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/157.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Xunqueira-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/157.-Igrexa-de-Santa-Maria-da-Xunqueira.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Igrexa de Santa Mari\u0301a da Xunqueira<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Ruta a p\u00e9 pola vila<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Iniciamos esta ruta a p\u00e9 polo n\u00facleo ceense diante da Casa do Concello, situada na r\u00faa&nbsp;<strong>Domingo Antonio de Andrade<\/strong>. No extremo occidental desta avenida, sit\u00faase o monumento dedicado a este fillo ilustre ceense. Arquitecto e escultor e un dos principais artistas do barroco galego. Mestre de obras da catedral santiaguesa e autor, entre outras obras, da co\u00f1ecida torre do Reloxo.<\/p>\n\n\n\n<p>Fronte ao concello est\u00e1 a igrexa parroquial de&nbsp;<strong>Santa Mar\u00eda da Xunqueira<\/strong>, unha construci\u00f3n de orixe g\u00f3tica, pero da f\u00e1brica primitiva tan s\u00f3 se conserva a \u00e1bsida. A mediados do s\u00e9culo XVII, sufriu varias modificaci\u00f3ns e logo foi incendiada durante a invasi\u00f3n francesa de 1809. O aspecto actual adquiriuno coas reformas que se levaron a cabo a finais do s\u00e9culo XIX e comezos do XX.<\/p>\n\n\n\n<p>No seu interior cons\u00e9rvase a imaxe da Virxe da Xunqueira, doada en 1812 por Pedro D\u00edaz de Porr\u00faa. A lenda conta que esta virxe apareceu entre os xuncos da ribeira, de a\u00ed o seu nome. Na s\u00faa honra cel\u00e9branse as festas m\u00e1is importantes da vila o 15 de agosto.<\/p>\n\n\n\n<p>Dende a r\u00faa Domingo Antonio de Andrade acheg\u00e1monos \u00e1 praza da Constituci\u00f3n, considerada como o centro urbano. \u00c1 entrada at\u00f3pase o edificio da Escola de Nenas no que se ubica o&nbsp;<strong>museo da Fundaci\u00f3n Fernando Blanco<\/strong>, que abriu ao p\u00fablico o ano 2001. Nel exp\u00f3\u00f1ense o instrumental cient\u00edfico e material did\u00e1ctico do que fora dotado este centro educativo, documentaci\u00f3n hist\u00f3rica-educativa do colexio e os fondos pict\u00f3ricos e art\u00edsticos desta Fundaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Consta de d\u00faas plantas. Na parte baixa m\u00f3strase unha visi\u00f3n hist\u00f3rica da Fundaci\u00f3n e o seu labor desenvolvido, xunto cos fondos art\u00edsticos e os materiais educativos relacionados coa m\u00fasica, o debuxo e a agricultura. A primeira planta est\u00e1 dedicada a instrumental cient\u00edfico e material did\u00e1ctico relacionado coa f\u00edsica, qu\u00edmica e historia natural. Este espazo tam\u00e9n se utiliza para exposici\u00f3ns temporais.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/158.-Museo-da-Fundacion-Fernando-Blanco-1024x768.webp\" alt=\"158. Museo Da Fundacio\u0301n Fernando Blanco\" class=\"wp-image-264\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/158.-Museo-da-Fundacion-Fernando-Blanco-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/158.-Museo-da-Fundacion-Fernando-Blanco-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/158.-Museo-da-Fundacion-Fernando-Blanco-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/158.-Museo-da-Fundacion-Fernando-Blanco.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Museo da Fundacio\u0301n Fernando Blanco<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Nesta mesma praza vemos tam\u00e9n interesantes casas da pequena burgues\u00eda local de finais do s\u00e9culo XIX e comezos do XX. Na parte suroeste sit\u00faase o edificio da Escola de M\u00fasica, que anteriormente fora a Casa do Concello.<\/p>\n\n\n\n<p>Sa\u00edmos da praza pola r\u00faa Rosal\u00eda de Castro e desvi\u00e1monos \u00e1 esquerda pola primeira traves\u00eda, que nos conduce \u00e1 praza da fonte Pen\u00edn, onde se sit\u00faa o&nbsp;<strong>pazo do Cot\u00f3n<\/strong>, unha construci\u00f3n da \u00e9poca barroca, tal como apreciamos no seu escudo, na porta que d\u00e1 ao pat\u00edn e nas balaustradas dos balc\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Fundaron o v\u00ednculo desta casa dous veci\u00f1os de Cee: Fernando P\u00e9rez e Alberta Gonz\u00e1lez, a finais do s\u00e9culo XVI. O edificio actual foi constru\u00eddo no s\u00e9culo XVIII. O nome de pazo do Cot\u00f3n proc\u00e9delle dun dos \u00faltimos propietarios: Jos\u00e9 Mar\u00eda Cot\u00f3n. Actualmente pertence \u00e1 familia Creus Andrade.<\/p>\n\n\n\n<p>No seu espl\u00e9ndido escudo vemos unha \u00e1rbore, que poder\u00eda representar aos P\u00e9rez, d\u00faas torres, o xadrezado dos Berm\u00fadez e as rodelas dos Castro.<\/p>\n\n\n\n<p>Continuamos pola r\u00faa de Arriba e desvi\u00e1monos \u00e1 dereita pola de V\u00e1zquez Queipo, que nos leva \u00e1 avenida de Fernando Blanco, onde nos atopamos de fronte co&nbsp;<strong>edificio da Fundaci\u00f3n<\/strong>, actualmente instituto de ensino medio. Este suntuoso edificio rematouse de constru\u00edr en 1886, obra do arquitecto madrile\u00f1o Aguilar e custeado, como xa indicamos, cos recursos que deixou para tal fin o fil\u00e1ntropo Fernando Blanco de Lema (1796-1875). Na zona axardinada que rodea a construci\u00f3n cons\u00e9rvanse interesantes exemplares de plantas ex\u00f3ticas.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou-1024x686.webp\" alt=\"53. Escultura De Fernando Blanco Diante Do Edificio Escolar Que Fundou\" class=\"wp-image-367\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/53.-Escultura-de-Fernando-Blanco-diante-do-edificio-escolar-que-fundou.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Escultura de Fernando Blanco diante do edificio escolar que fundou<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Continuamos cami\u00f1o por esta mesma avenida en direcci\u00f3n a Muros, para logo baixar pola r\u00faa Campo do Sacramento e chegar ao paseo mar\u00edtimo e \u00e1 praia da Concha e volver ao lugar de partida.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":115,"template":"","pagina-padre":[91,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1375","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-5-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1375","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1375\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1381,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1375\/revisions\/1381"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1375"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1375"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1375"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}