{"id":1376,"date":"2024-09-08T12:36:53","date_gmt":"2024-09-08T10:36:53","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1376"},"modified":"2024-11-21T19:19:39","modified_gmt":"2024-11-21T18:19:39","slug":"de-cee-ao-pindo","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/de-cee-ao-pindo\/","title":{"rendered":"De Cee ao Pindo"},"content":{"rendered":"\n<p>Desde Cee iniciamos a ruta costeira que nos leva ata Muros, unha estrada que nos permite gozar da extraordinaria paisaxe que nos acompa\u00f1a durante o percorrido.<\/p>\n\n\n\n<p>A primeira parada que realizaremos ser\u00e1 na pequena vila do \u00c9zaro para ver a&nbsp;<strong>fervenza<\/strong>&nbsp;que o r\u00edo Xallas forma na s\u00faa desembocadura. Para chegar ata ela, tomaremos unha estrada \u00e1 esquerda, antes de cruzar a ponte.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/161.-Fervenza-do-Ezaro-1024x766.webp\" alt=\"161. Fervenza Do E\u0301zaro\" class=\"wp-image-247\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/161.-Fervenza-do-Ezaro-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/161.-Fervenza-do-Ezaro-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/161.-Fervenza-do-Ezaro-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/161.-Fervenza-do-Ezaro.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Fervenza do E\u0301zaro<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Fervenza do \u00c9zaro<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O r\u00edo Xallas, despois de atravesar a meseta do mesmo nome, seguindo unha direcci\u00f3n noroeste-suroeste, desemboca na enseada do \u00c9zaro, formando unha espectacular fervenza. Non sempre podemos gozar da plenitude deste impresionante espect\u00e1culo natural porque a maior parte da auga baixa entubada para a produci\u00f3n de enerx\u00eda el\u00e9ctrica. Nalg\u00fans d\u00edas de inverno, cando abren as comportas para evacuar o exceso de auga dos encoros, o espect\u00e1culo \u00e9 sublime. Este \u00e9 o \u00fanico r\u00edo de Europa que desemboca nunha fervenza tan extraordinaria.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/162.-Vila-do-Pindo-e-ao-fondo-o-Alto-da-Moa-1024x766.webp\" alt=\"162. Vila Do Pindo E Ao Fondo O Alto Da Moa\" class=\"wp-image-257\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/162.-Vila-do-Pindo-e-ao-fondo-o-Alto-da-Moa-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/162.-Vila-do-Pindo-e-ao-fondo-o-Alto-da-Moa-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/162.-Vila-do-Pindo-e-ao-fondo-o-Alto-da-Moa-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/162.-Vila-do-Pindo-e-ao-fondo-o-Alto-da-Moa.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Vila do Pindo e ao fondo o Alto da Moa<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O potencial erosivo do r\u00edo era tan potente, cando todo o seu caudal se despenaba a tanta altura, que chegou a socavar un profundo pozo na propia rocha, de m\u00e1is de 16 metros de profundidade. A esta fervenza e ao pozo, denominado Coadoiro, fai alusi\u00f3n o padre Sarmiento, cando en 1745 atravesou o r\u00edo pola barca dos Cregos, que un\u00eda Santa Ux\u00eda con Santiago de Arcos. No lugar onde hoxe vemos a ponte do \u00c9zaro, hab\u00eda a Barca de Abaixo, para cruzar o r\u00edo, pois a ponte non se constru\u00edu ata o ano 1951. Neste paso no ano 1902 produciuse un grave accidente ao envorcar a barca que cruzaba a xente dunha banda a outra, no que faleceron 23 persoas.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde o aparcadoiro da fervenza do \u00c9zaro paga a pena subir ao&nbsp;<strong>miradoiro<\/strong>&nbsp;do dep\u00f3sito de auga, desde onde contemplaremos unha inmellorable panor\u00e1mica sobre toda a desembocadura do Xallas.<\/p>\n\n\n\n<p>Continuamos o itinerario cara ao sur. Cruzamos a ponte do \u00c9zaro e pasamos pola&nbsp;<strong>vila do Pindo<\/strong>, un pequeno porto pesqueiro cun gran encanto, situado no extremo norte do concello de Carnota. A pesar da s\u00faa entidade como n\u00facleo urbano, ata hai poucos anos non foi parroquia, polo que os seus habitantes pertenc\u00edan \u00e1 fregues\u00eda de San Mamede, da que distan por estrada uns dez quil\u00f3metros.<\/p>\n\n\n\n<p>No Pindo houbo unha capela dedicada a San Pedro, hoxe desaparecida, pero o seu nome a\u00ednda se conserva para denominar \u00e1 praia situada ao po\u00f1ente da vila. No s\u00e9culo XVIII, fundouse outra ermida por un particular, que na actualidade fai de parroquial, baixo a advocaci\u00f3n de San Clemente.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde esta vila sae o cami\u00f1o para subir ao monte Pindo, precisamente a car\u00f3n da igrexa. Para realizar este ascenso prec\u00edsanse unhas cinco horas, entre ida e volta, polo tanto haber\u00eda que dedicarlle unha xornada distinta \u00e1 desta ruta.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Subida al monte Pindo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Entre os lugares considerados m\u00e1xicos en Galicia, o monte Pindo representa un dos m\u00e1is notables. Esta gran mole gran\u00edtica, situada moi preto da costa, el\u00e9vase a unha altura de 627 m. Por este achegamento ao mar, polas s\u00faas cristadas e caprichosas formas rochosas e polos seus profundos e pendentes vales, foi un monte que espertou moita curiosidade na xente do seu redor e fixo que se&nbsp;creasen m\u00faltiples lendas sobre el. Tam\u00e9n se co\u00f1ece polo nome de Olimpo Celta, porque, segundo a tradici\u00f3n, as s\u00faas pedras foron esculpidas por membros deste pobo m\u00edtico.<\/p>\n\n\n\n<p>As lendas sobre este macizo rochoso no s\u00e9culo XVIII deb\u00edan ser abundantes, para que o padre Sarmiento na s\u00faa viaxe a Galicia en 1745 escribise:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>\u201cDin mil cousas do que hai dentro: que crece a herba moito de noite para a ma\u00f1\u00e1, que hai infinitas herbas medicinais e moitas inc\u00f3gnitas, e que al\u00ed van buscalas alg\u00fans m\u00e9dicos; que dentro son fecund\u00edsimos os animais, e o\u00edn que nalg\u00fans tempos acostumaban ir ao Pindo os casados est\u00e9riles e infecundos co gallo de ter sucesi\u00f3n, como dixera da ermida de San Guillerme en Fisterra\u201d.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que hai varios cami\u00f1os para subir a este&nbsp;monte, o m\u00e1is co\u00f1ecido e utilizado \u00e9 o que parte da vila do Pindo. Todo el est\u00e1 sinalizado coas cores branca e marela, sinais propias de rutas de curto percorrido.<\/p>\n\n\n\n<p>A ruta comeza por un cami\u00f1o estreito bordeado por valados, ao que acompa\u00f1a unha mesta vexetaci\u00f3n, na que abundan pi\u00f1eiros, loureiros e alg\u00fan acivro. Vai seguindo o curso dun pequeno regato, no que atopamos alg\u00fans mu\u00ed\u00f1os abandonados. \u00c1 medida que ascendemos, a vexetaci\u00f3n dimin\u00fae e o cami\u00f1o conv\u00e9rtese nun carreiro, no que comezan a aparecer os primeiros penedos coas s\u00faas fantasiosas formas. Despois de levar cami\u00f1ado un quil\u00f3metro e medio, vemos \u00e1 dereita o&nbsp;<strong>alto do Pedrullo<\/strong>&nbsp;(265&nbsp;m). Na s\u00faa aba oriental hai un amoreamento de pedras procedentes dunha antiga construci\u00f3n, a fortaleza de San Xurxo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"676\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/163-Guerreiro.-Monte-Pindo-676x1024.webp\" alt=\"163 Guerreiro. Monte Pindo\" class=\"wp-image-253\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/163-Guerreiro.-Monte-Pindo-676x1024.webp 676w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/163-Guerreiro.-Monte-Pindo-198x300.webp 198w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/163-Guerreiro.-Monte-Pindo-768x1164.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/163-Guerreiro.-Monte-Pindo.webp 935w\" sizes=\"auto, (max-width: 676px) 100vw, 676px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Guerreiro. Monte Pindo<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>A partir de aqu\u00ed o itinerario vira \u00e1 esquerda, por unha zona relativamente ch\u00e1. \u00c1 dereita deixamos o outeiro Onde se Adora, que poder\u00eda ter relaci\u00f3n cun antigo culto pag\u00e1n, e o&nbsp;<strong>Chan das Lamas<\/strong>, unha zona chaira, por onde pasaba o cami\u00f1o que comunicaba a vila do Pindo coa parroquial de San Mamede.<\/p>\n\n\n\n<p>Logo a ruta segue a valgada dun pequeno regato e o ascenso vaise facendo cada vez m\u00e1is pronunciado. \u00c1 dereita queda o Outeiro do Nar\u00eds, denominado as\u00ed pola forma que adquire unha das s\u00faas rochas. Chegamos a unha zona aberta e chaira, cunha altitude de arredor dos 500 m, \u00e9 o&nbsp;<strong>val de San Lourenzo<\/strong>. Aqu\u00ed en tempos da II Guerra Mundial, houbo unha pequena explotaci\u00f3n de volframio. \u00c1 esquerda do cami\u00f1o, ch\u00e1manos a atenci\u00f3n un impresionante penedo con forma de xigante, denominado O Guerreiro.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/164.-Grupo-de-excursionistas-no-alto-da-Moa-1024x685.webp\" alt=\"164. Grupo De Excursionistas No Alto Da Moa\" class=\"wp-image-252\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/164.-Grupo-de-excursionistas-no-alto-da-Moa-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/164.-Grupo-de-excursionistas-no-alto-da-Moa-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/164.-Grupo-de-excursionistas-no-alto-da-Moa-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/164.-Grupo-de-excursionistas-no-alto-da-Moa.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Grupo de excursionistas no alto da Moa<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde este lugar a senda contin\u00faa ascendendo en zig-zag, a trav\u00e9s dunha zona arborada entre penedos. Agora r\u00e9stanos abordar o&nbsp;<strong>cume da Moa<\/strong>&nbsp;pola parte sur e oriental para acceder a ela pola zona norte.<\/p>\n\n\n\n<p>O cume do Pindo, como o seu nome indica, ten forma dunha xigantesca moa ou plataforma gran\u00edtica, na que abundan as p\u00edas ou marmitas de xigante.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/165.Val-e-praia-de-Carnota-1024x766.webp\" alt=\"165.val E Praia De Carnota\" class=\"wp-image-243\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/165.Val-e-praia-de-Carnota-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/165.Val-e-praia-de-Carnota-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/165.Val-e-praia-de-Carnota-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/165.Val-e-praia-de-Carnota.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Val e praia de Carnota<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde a Moa divisamos impresionantes panor\u00e1micas sobre unha ampla zona costeira. Cara ao norte, vemos o encoro de Santa Ux\u00eda, as terras da parroquia de Arcos e os montes da Ru\u00f1a; ao sur, enxergamos o val e\u00a0a extensa praia de Carnota; e cara ao oeste, ao lonxe, o cabo Fisterra, a inmensidade do oc\u00e9ano, a r\u00eda de Corcubi\u00f3n e as illas Lobeiras. Ao p\u00e9 do monte, as vilas do Pindo e do \u00c9zaro e a desembocadura do Xallas.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":118,"template":"","pagina-padre":[91,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1376","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-5-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1376","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1376\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1385,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1376\/revisions\/1385"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1376"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1376"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1376"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}