{"id":1377,"date":"2024-09-08T12:39:41","date_gmt":"2024-09-08T10:39:41","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1377"},"modified":"2024-11-21T19:19:50","modified_gmt":"2024-11-21T18:19:50","slug":"do-pindo-a-muros","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/do-pindo-a-muros\/","title":{"rendered":"Do Pindo a Muros"},"content":{"rendered":"\n<p>Desde O Pindo seguimos a ruta cara ao sur pola estrada que bordea o litoral. Atravesamos os n\u00facleos de&nbsp;<strong>Quilmas<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Caldebarcos<\/strong>. A partir deste \u00faltimo a estrada circunda a lagoa e a marisma de Caldebarcos que se formou na desembocadura do r\u00edo Vadebois, un espazo natural de gran interese ecol\u00f3xico, e onde comeza a extensa&nbsp;<strong>praia de Carnota<\/strong>&nbsp;que se estende ao longo duns 7 km ata a punta dos Remedios. Recibe diferentes denominaci\u00f3ns segundo os lugares que se atopen na s\u00faa proximidade: praia de Caldebarcos, praia de San Mamede, praia de Carnota, praia do Cancelo ou praia do Mar de Lira.<\/p>\n\n\n\n<p>Antes de chegar ao lugar do Viso, hai unha desviaci\u00f3n \u00e1 esquerda que leva \u00e1 aldea de Cornido (1,7km), na que se localiza o obradoiro do ceramista&nbsp;<strong>Nacho Porto<\/strong>, un referente na artesan\u00eda de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>A estrada atravesa a estreita chaira do val de Carnota. Despois de pasar os lugares do&nbsp;<strong>Viso<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Pedrafigueira<\/strong>, chegamos a&nbsp;<strong>Carnota<\/strong>, capital do Concello<\/p>\n\n\n\n<p>Esta franxa costeira, constitu\u00edda por terras de aluvi\u00f3n, presenta boas condici\u00f3ns para a agricultura. En tempos pasados formou parte do antigo&nbsp;<em>Commiso<\/em>&nbsp;(condado)<em>&nbsp;<\/em>de<em>&nbsp;Cornatum<\/em>, doado polo rei Ordo\u00f1o III a mediados do s\u00e9culo X ao arcebispo compostel\u00e1n Sisnando II, sobre o que m\u00e1is tarde exercer\u00edan se\u00f1or\u00edo varias familias feudais: Traba, Trast\u00e1mara ou Condes de Lemos.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/166.-Horreo-de-Carnota-1024x685.webp\" alt=\"166. Ho\u0301rreo De Carnota\" class=\"wp-image-245\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/166.-Horreo-de-Carnota-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/166.-Horreo-de-Carnota-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/166.-Horreo-de-Carnota-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/166.-Horreo-de-Carnota.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Ho\u0301rreo de Carnota<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Aqu\u00ed en Carnota conv\u00e9n realizar unha parada para visitar o espl\u00e9ndido&nbsp;<strong>h\u00f3rreo<\/strong>, que xunto coa casa reitoral e a igrexa, constit\u00fae un conxunto arquitect\u00f3nico interesante e singular.<\/p>\n\n\n\n<p>O h\u00f3rreo \u00e9 obra do arquitecto Gregorio Quintela, quen quixo dotar de beleza art\u00edstica unha construci\u00f3n de tipo funcional, por tal motivo deixou gravado o seu nome e a data na que se realizou a obra. Constru\u00eduse en d\u00faas fases. A primeira parte en 1768, cunha lonxitude de once p\u00e9s, e a segunda en 1783, na que se duplicou a s\u00faa longura.<\/p>\n\n\n\n<p>Transmitiulle un aire barroco \u00e1 edificaci\u00f3n, que se mostra nas sobrepenas dos pinch\u00f3ns, nos remates dos extremos das mesmas, ou na cruz. Tam\u00e9n lle dan suntuosidade as ringleiras de ventos, as capas e os p\u00e9s sobre os que se sustenta a construci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>De par do h\u00f3rreo vemos a&nbsp;<strong>casa reitoral<\/strong>&nbsp;e un pombal. Ao norte deste conxunto est\u00e1 a&nbsp;<strong>igrexa parroquial de Santa Comba<\/strong>, un edificio barroco, de planta de cruz latina, con tres naves. Foi constru\u00edda no ano 1755. No interior conserva un interesante retablo maior de estilo neocl\u00e1sico, obra do escultor Xos\u00e9 Ferreiro. A esvelta torre campanario data do s\u00e9culo XIX.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao sur de Carnota sit\u00faase a parroquia de&nbsp;<strong>Santa Mar\u00eda de Lira<\/strong>, na que se conserva tam\u00e9n un&nbsp;<strong>h\u00f3rreo<\/strong>&nbsp;de grandes dimensi\u00f3ns, a\u00ednda que cun par de p\u00e9s menos c\u00f3 de Carnota, pero cunha lonxitude algo superior. Lev\u00e1ntase sobre unha plataforma de pedra e foi constru\u00eddo na mesma&nbsp;\u00e9poca c\u00f3 anterior.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de pasar a parroquial de Santa Mar\u00eda, \u00e1 dereita (km 12), sae o desv\u00edo que leva ao pequeno&nbsp;<strong>porto de Lira<\/strong>, denominado tam\u00e9n Portocubelo, no que podemos contemplar a lonxa, as embarcaci\u00f3ns e un pequeno museo no que se mostran algunhas artes de pesca tradicionais.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Faro de Lari\u00f1o<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Unha vez pasada a parroquia de Lira, entramos na de Lari\u00f1o, a \u00faltima do concello de Carnota. \u00c1 altura do km 9 sae unha pista \u00e1 dereita que nos conduce \u00e1&nbsp;<strong>punta da Insua<\/strong>&nbsp;onde se atopa o&nbsp;<strong>faro<\/strong>, que consta dun edificio de planta baixa recebado e pintado de branco, obra do enxe\u00f1eiro Salvador L\u00f3pez Mi\u00f1o. Polo oeste el\u00e9vase unha torre octogonal de 14 m de altura coroada por unha c\u00fapula cun cataventos coa data de 1920. Desde a s\u00faa construci\u00f3n (1913), tardou varios anos en entrar en funcionamento (1921). O motivo de levantar aqu\u00ed este faro foi o de sinalizar unha ampla zona de costa perigosa situada entre o cabo Fisterra e o cabo Corrubedo. As s\u00faas instalaci\u00f3ns foron rehabilitadas e convertidas nun hotel que se inaugurou no ver\u00e1n de 2021.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/168.-Faro-de-Larino-1024x766.webp\" alt=\"168. Faro De Larin\u0303o\" class=\"wp-image-256\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/168.-Faro-de-Larino-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/168.-Faro-de-Larino-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/168.-Faro-de-Larino-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/168.-Faro-de-Larino.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em> Faro de Larin\u0303o<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Nesta punta da Insua foi onde tivo lugar o naufraxio do\u00a0<strong>Ariete<\/strong>, barco da Armada Espa\u00f1ola, que o 25 de febreiro de 1966 bateu contra estes baixos.\u00a0A bordo \u00edan 190 tripulantes, que lograron salvarse grazas \u00e1 intervenci\u00f3n dos mari\u00f1eiros de Carnota. En sinal de agradecemento conced\u00e9uselles aos veci\u00f1os diversas condecoraci\u00f3ns e ao concello de Carnota unha placa coa inscrici\u00f3n \u201cMuy humanitaria villa\u201d.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/169.-Lagpa-da-Xarfas-e-monte-Louro-1024x768.webp\" alt=\"169. Lagpa Da Xarfas E Monte Louro\" class=\"wp-image-242\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/169.-Lagpa-da-Xarfas-e-monte-Louro-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/169.-Lagpa-da-Xarfas-e-monte-Louro-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/169.-Lagpa-da-Xarfas-e-monte-Louro-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/169.-Lagpa-da-Xarfas-e-monte-Louro.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Lagpa da Xarfas e monte Louro<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde a punta da Insua regresamos \u00e1 estrada principal e continuamos cami\u00f1o cara a Muros. Antes de chegar a esa vila enxergamos \u00e1 dereita o\u00a0<strong>monte Louro<\/strong>, un macizo gran\u00edtico que se eleva a unha altura de 241 m e que sobresae na paisaxe por situarse a car\u00f3n do mar. Pasamos ao lado da\u00a0<strong>lagoa das Xarfas<\/strong>, unha albufeira litoral que se formou polas dunas da praia Maior que impediron a sa\u00edda ao mar das augas do regato Longarelo. Praia, dunas e lagoa constit\u00faen un espazo de grande interese natural. A continuaci\u00f3n cruzamos o n\u00facleo tur\u00edstico de\u00a0<strong>San Francisco<\/strong>\u00a0da parroquia de Louro, cuxo nome procede dun antigo convento medieval que houbo neste lugar, e chegamos \u00e1 vila de Muros.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":122,"template":"","pagina-padre":[91,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1377","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-en-coche-ruta-5-gl","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1377","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1377\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1387,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1377\/revisions\/1387"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1377"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1377"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1377"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}