{"id":1396,"date":"2024-09-08T14:00:05","date_gmt":"2024-09-08T12:00:05","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1396"},"modified":"2024-11-21T19:08:28","modified_gmt":"2024-11-21T18:08:28","slug":"rutas-a-pie","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/rutas-a-pie\/","title":{"rendered":"RUTAS A PIE"},"content":{"rendered":"\n<p><br>A Costa da Morte re\u00fane unhas \u00f3ptimas condici\u00f3ns para a pr\u00e1ctica do sendeirismo. A variedade e fermosura da s\u00faa paisaxe, xunto coa riqueza do seu patrimonio natural, hist\u00f3rico e cultural, converte a este territorio nun espazo moi atractivo para percorrelo a p\u00e9 e ter a posibilidade de gozar de todos eses atractivos que ofrece.<\/p>\n\n\n\n<p>Os distintos concellos que forman esta rexi\u00f3n costeira nos \u00faltimos anos foron trazando unha ser\u00eda de rutas de sendeirismo de curto percorrido por aqueles lugares m\u00e1is atractivos, a\u00ednda que poucas delas est\u00e1n homologadas e outras precisan unha mellor sinalizaci\u00f3n e promoci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Temos rutas para cami\u00f1ar pola zona costeira, que nos permiten gozar das paisaxes m\u00e1is espectaculares que nos podemos imaxinar e co\u00f1ecer a historia dos naufraxios, dos faros ou das localidades litorais que atopamos no cami\u00f1o; outras seguen o curso de r\u00edos ou regatos, e a trav\u00e9s delas descubrimos a flora e fauna que hai nas s\u00faas beiras, as fervenzas ou construci\u00f3ns, como mu\u00ed\u00f1os, bat\u00e1ns, pontes ou centrais hidroel\u00e9ctricas. Hai roteiros que nos levan ao cume dos montes desde os que divisamos espl\u00e9ndidas panor\u00e1micas e observamos singulares formaci\u00f3ns rochosas, como a dos Penedos de Pasarela e Traba ou a do monte Pindo. Existen tam\u00e9n rutas para co\u00f1ecer restos do patrimonio hist\u00f3rico que nos conducen por dolmens, castros, igrexas, pazos ou cruceiros.<\/p>\n\n\n\n<p>A maior\u00eda te\u00f1en un trazado con pouca dificultade, polo que son aptas para cami\u00f1antes de todas as idades e realizables en calquera \u00e9poca do ano.<\/p>\n\n\n\n<p>De todas elas propo\u00f1emos algunhas que nos parecen m\u00e1is significativas, que est\u00e1n dispo\u00f1ibles en internet na p\u00e1xina visitacostadamorte.com, no apartado de \u201cCami\u00f1os e Sendeiros de Costa da Morte\u201d, da asociaci\u00f3n CMAT (Costa da Morte Asociaci\u00f3n de Turismo), da que extraemos a maior parte da informaci\u00f3n destes itinerarios de curto percorrido. Nesa p\u00e1xina temos a disposici\u00f3n ata trinta e d\u00faas rutas que nos permiten co\u00f1ecer aqueles espazos de maior interese natural e hist\u00f3rico do territorio da Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais das rutas a p\u00e9 de curto percorrido, ofrecemos d\u00faas de longo percorrido, \u00e9 dicir, que te\u00f1en m\u00e1is de 50 km, para realizar en varias etapas como son o<strong>&nbsp;<\/strong>Cami\u00f1o dos Faros e o Cami\u00f1o Xacobeo de Santiago a Fisterra e Mux\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":21,"template":"","pagina-padre":[93],"level-pagina":[66],"class_list":["post-1396","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-66"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1396","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1396\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1397,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1396\/revisions\/1397"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1396"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1396"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1396"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}