{"id":1411,"date":"2024-09-08T15:53:36","date_gmt":"2024-09-08T13:53:36","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1411"},"modified":"2024-11-21T19:16:44","modified_gmt":"2024-11-21T18:16:44","slug":"camino-dos-faros","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/camino-dos-faros\/","title":{"rendered":"Cami\u00f1o dos Faros"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-full interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"592\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/190.-Portada-do-libro-de-Ruta-a-pie-por-A-Costa-da-Morte.webp\" alt=\"190. Portada Do Libro De Ruta A Pie Por A Costa Da Morte\" class=\"wp-image-236\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/190.-Portada-do-libro-de-Ruta-a-pie-por-A-Costa-da-Morte.webp 592w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/190.-Portada-do-libro-de-Ruta-a-pie-por-A-Costa-da-Morte-215x300.webp 215w\" sizes=\"auto, (max-width: 592px) 100vw, 592px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Portada do libro de Ruta a pie por A Costa da Morte<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta ruta a p\u00e9 de longo percorrido est\u00e9ndese desde Malpica ata o cabo Fisterra seguindo a franxa litoral entre estes dous puntos. Naceu como unha iniciativa dun pequeno grupo de persoas que a finais do ano 2012 tomaron a decisi\u00f3n de realizar esta aventura a p\u00e9, enfront\u00e1ndose a moitas dificultades porque en boa parte dos seus tramos non exist\u00eda un cami\u00f1o con m\u00ednimas condici\u00f3ns para poder transitar. Logo de varias etapas durante fins de semana, lograron chegar ao cabo Fisterra o 26 de xaneiro de 2013.<\/p>\n\n\n\n<p>Antes desta atrevida iniciativa houbera un par de propostas con esta mesma intenci\u00f3n de trazar unha ruta costeira a p\u00e9 por esta mesma rexi\u00f3n, a\u00ednda que menos arriscada e ambiciosa, xa que evitaba os tramos de cami\u00f1o polas zonas de costa m\u00e1is accidentadas. A primeira delas&nbsp;<strong>denominada \u201cItinerario a p\u00e9 pola Costa da Morte<\/strong>\u201d, recollida no libro&nbsp;<em>Deporte e aventura na Costa da Morte<\/em>&nbsp;(Edici\u00f3ns Lea, 1998). Esta ruta coincid\u00eda no inicio e na chegada coa do Cami\u00f1o dos Faros e tam\u00e9n se divid\u00eda en oito etapas.<\/p>\n\n\n\n<p>A segunda proposta data do ano 2011, baixo o ep\u00edgrafe de&nbsp;<strong>\u201cRuta a pi\u00e9 por A Costa da Morte\u201d.<\/strong>&nbsp;Corresp\u00f3ndese co t\u00edtulo do libro publicado pola Asociaci\u00f3n Ner\u00eda, ese mesmo ano. Nesta ocasi\u00f3n o itinerario \u00eda desde Malpica a Muros, dividido en 10 etapas. Ademais da descrici\u00f3n da ruta e mapas de cada etapa, no libro rec\u00f3llese informaci\u00f3n sobre aqueles espazos naturais ou restos hist\u00f3ricos de maior interese que se atopan ao longo do cami\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Este proxecto da Asociaci\u00f3n Neria inaugurouse cun acto na vila de Malpica e a realizaci\u00f3n dunha etapa do itinerario en maio de 2012 entre a punta do Roncudo e o dolmen de Dombate. A crise na que xa estaba inmersa esta asociaci\u00f3n impediu que o proxecto se consolidase. O libro distribu\u00eduse en actos de promoci\u00f3n tur\u00edstica e establecementos deste sector e tam\u00e9n entre persoas que se interesaron por el.<\/p>\n\n\n\n<p>Sen embargo, hai que reco\u00f1ecer que a proposta dos promotores do Cami\u00f1o dos Faros, m\u00e1is achegada ao mar, con maior dificultade e m\u00e1is arriscada, aportoulle maior emoci\u00f3n e atractivo a este itinerario litoral, diferenci\u00e1ndoo dos anteriores como as\u00ed o recolle o periodista do diario&nbsp;<em>El Mundo<\/em>&nbsp;(28\/07\/2015), Javier Mazorra, nunha reportaxe que lle dedica ao Cami\u00f1o dos Faros:<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cCoincide en varios tramos con la antigua Ruta a p\u00e9 pola Costa da Morte pero a diferencia de esta, la casi totalidad de sus doscientos kil\u00f3metros de trayectoria se hacen a lo largo de la misma costa, casi siempre por senderos, sin perder nunca de vista el mar\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Este itinerario do&nbsp;<strong>Cami\u00f1o dos Faros<\/strong>&nbsp;entre Malpica e cabo Fisterra sup\u00f3n un percorrido duns 200 km, bordeando todo o litoral e est\u00e1 sinalizado con frechas e puntos de cor verde. Div\u00eddese en 8 etapas de diferente lonxitude segundo as dificultades do trazado e as condici\u00f3ns apropiadas dos lugares para finalizar cada un dos tramos.<\/p>\n\n\n\n<p>A etapa m\u00e1is curta e doada de realizar \u00e9 a de Laxe-Arou, con 18 km e a m\u00e1is longa, a de Camari\u00f1as-Mux\u00eda con 32, 6 km. As dificultades do trazado van en aumento na medida que se vai avanzando nas etapas, as d\u00faas \u00faltimas quizais sexan as m\u00e1is duras.<\/p>\n\n\n\n<p>A media de duraci\u00f3n de cada unha das etapas est\u00e1 entre 8 e 9 horas, a un ritmo de 3 km\/ h, pensado para que o cami\u00f1ante goce da paisaxe que vai vendo durante o percorrido.<\/p>\n\n\n\n<p>A finais do ano 2013 cr\u00e9ase a asociaci\u00f3n Cami\u00f1o dos Faros coa finalidade de consolidar esta ruta litoral e que se mante\u00f1a no tempo. Durante este ano organiz\u00e1ronse d\u00faas edici\u00f3ns deste itinerario, unha durante o ver\u00e1n e outra a finais de ano. No ano seguinte tam\u00e9n se programaron outras d\u00faas, unha na primavera e outra no outono; e no 2015, organizouse unha durante a primavera. En todas elas houbo unha elevada participaci\u00f3n. Esta asociaci\u00f3n realizou unha activa campa\u00f1a nas redes e medios de comunicaci\u00f3n coa intenci\u00f3n de promocionar esta proposta de sendeirismo e contactou coas diferentes administraci\u00f3ns para a s\u00faa homologaci\u00f3n, tarefa que non foi capaz de levarse a cabo debido \u00e1s numerosas trabas coas que se atopou. A maior\u00eda de n\u00f3s desco\u00f1ecemos cales foron as dificultades para que esta interesante proposta non se chegase a homologar como ruta de longo percorrido despois do \u00e9xito acadado, pois para a Costa da Morte representa un recurso tur\u00edstico de gran interese&nbsp;e ademais contrib\u00fae a vertebrar o territorio desta rexi\u00f3n costeira. Ser\u00eda unha m\u00e1goa que se desperdiciase un recurso coma este cando todos os concellos polos que transcorre est\u00e1n de acordo en que o proxecto se consolide.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>&gt; Etapas de O Cami\u00f1o dos<\/strong> <strong>Faros<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Etapa 1: Malpica-Ni\u00f1\u00f3ns,<\/strong> <strong>21,3 km<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/191.-Praia-da-Seiruga-1024x685.webp\" alt=\"191. Praia Da Seiruga\" class=\"wp-image-225\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/191.-Praia-da-Seiruga-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/191.-Praia-da-Seiruga-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/191.-Praia-da-Seiruga-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/191.-Praia-da-Seiruga.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praia da Seiruga<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta etapa in\u00edciase na vila mari\u00f1eira de Malpica e contin\u00faa en direcci\u00f3n \u00e1 capela de Santo Adri\u00e1n. Pasa polas praias de&nbsp;<strong>Area Maior<\/strong>,&nbsp;<strong>Canido<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Seaia&nbsp;<\/strong>e logo vai ascendendo ata a fonte e a&nbsp;<strong>ermida de Santo Adri\u00e1n<\/strong>, lugar onde se celebra unha concorrida romar\u00eda no mes de xu\u00f1o. Desde este lugar obs\u00e9rvanse espl\u00e9ndidas vistas de Malpica e as&nbsp;<strong>illas Sisargas<\/strong>. Sobre a Sisarga Grande destaca o faro (1853), un dos primeiros que se constru\u00edron nesta costa.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de bordear esta punta de Santo Adri\u00e1n, pasamos polas&nbsp;<strong>praias de Beo<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>A Seiruga<\/strong>. Nesta \u00faltima temos que cruzar o r\u00edo de Vaa. No ver\u00e1n resulta doado, pero no inverno \u00e9 m\u00e1is dif\u00edcil polo abondoso caudal.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir do&nbsp;<strong>porto de Barizo<\/strong>&nbsp;o cami\u00f1o faise m\u00e1is dif\u00edcil polo ascenso \u00e1 pen\u00ednsula da Nariga. No extremo desta pen\u00ednsula at\u00f3pase o&nbsp;<strong>faro de punta Nariga<\/strong>, un edificio de recente construci\u00f3n, obra do arquitecto C\u00e9sar Portela. A ruta contin\u00faa bordeando esta costa acantilada e despois de pasar pola&nbsp;<strong>enseada do Lago<\/strong>&nbsp;chegamos \u00e1&nbsp;<strong>praia de Ni\u00f1\u00f3ns<\/strong>, final deste primeiro tramo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Etapa 2: Ni\u00f1\u00f3ns-<\/strong> <strong>Ponteceso, 27,1 km<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/192.-Praia-de-dunas-da-Barra-1024x768.webp\" alt=\"192. Praia De Dunas Da Barra\" class=\"wp-image-222\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/192.-Praia-de-dunas-da-Barra-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/192.-Praia-de-dunas-da-Barra-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/192.-Praia-de-dunas-da-Barra-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/192.-Praia-de-dunas-da-Barra.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praia de dunas da Barra<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta segunda etapa rodea a pen\u00ednsula do Roncudo e presenta d\u00faas partes que ofrecen paisaxes moi diferentes. Unha primeira, dun litoral rochoso e escarpado, que acompa\u00f1a ao cami\u00f1ante ata a punta do Roncudo, e unha segunda, de costa m\u00e1is suave e areais m\u00e1is protexidos, que finaliza no esteiro do r\u00edo Anll\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Iniciamos a ruta na&nbsp;<strong>praia de Ni\u00f1\u00f3ns<\/strong>&nbsp;e desde al\u00ed por un cami\u00f1o costeiro traslad\u00e1monos ao pequeno&nbsp;<strong>porto de Santa Mari\u00f1a<\/strong>. Logo, seguindo un tramo de costa&nbsp;acantilada, chegamos \u00e1&nbsp;<strong>enseada e areal da Barda<\/strong>, para despois emprender o cami\u00f1o que bordea a parte norte desta accidentada pen\u00ednsula. Pasamos pola&nbsp;<strong>aldea do Roncudo<\/strong>, un pequeno n\u00facleo situado nesta agreste paisaxe. O cami\u00f1o contin\u00faa bordeando a pen\u00ednsula ata a&nbsp;<strong>punta do Roncudo<\/strong>, o lugar m\u00e1is emblem\u00e1tico de todo este litoral, onde se sit\u00faa o faro. Desde aqu\u00ed traslad\u00e1monos ata a vila mari\u00f1eira de&nbsp;<strong>Corme<\/strong>, o n\u00facleo m\u00e1is importante da parte norte da r\u00eda e berce do insigne mari\u00f1o&nbsp;<strong>Francisco Mourelle de la R\u00faa<\/strong>&nbsp;(1750-1820).<\/p>\n\n\n\n<p>A ruta contin\u00faa a trav\u00e9s das&nbsp;<strong>praias do Osmo e da Ermida<\/strong>&nbsp;e bordea a parte norte da r\u00eda. Pasa pola acolledora&nbsp;<strong>praia de Balar\u00e9s<\/strong>, cun amplo espazo verde arredor. A partir de aqu\u00ed continuamos por un estreito sendeiro que bordea a costa, ata chegar \u00e1&nbsp;<strong>praia e as dunas da Barra<\/strong>. Se desexamos gozar de magn\u00edficas vistas da contorna, temos que subir \u00e1 cima do&nbsp;<strong>monte Branco<\/strong>&nbsp;e baixar de&nbsp;novo \u00e1 beira do esteiro do r\u00edo Anll\u00f3ns. Logo seguimos o cami\u00f1o que nos conduce a&nbsp;<strong>Ponteceso,<\/strong>&nbsp;final desta etapa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Etapa 3: Ponteceso-Laxe,<\/strong> <strong>25,3 km<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/193.-Praia-do-Pendon-Cabana-de-Bergantinos-1024x685.webp\" alt=\"193. Praia Do Pendo\u0301n (cabana De Bergantin\u0303os)\" class=\"wp-image-219\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/193.-Praia-do-Pendon-Cabana-de-Bergantinos-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/193.-Praia-do-Pendon-Cabana-de-Bergantinos-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/193.-Praia-do-Pendon-Cabana-de-Bergantinos-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/193.-Praia-do-Pendon-Cabana-de-Bergantinos.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praia do Pendo\u0301n (Cabana de Bergantin\u0303os)<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta terceira etapa que se inicia ao p\u00e9 da casa do poeta&nbsp;<strong>Eduardo Pondal<\/strong>&nbsp;(1835-1917), despois de atravesar a ponte sobre o r\u00edo Anll\u00f3ns, entra no concello de Cabana de Berganti\u00f1os e percorre a banda esquerda do esteiro deste r\u00edo e a zona sur da r\u00eda de Corme e Laxe. Realiza un desv\u00edo cara ao interior para visitar dous centros arqueol\u00f3xicos de grande interese: o castro A Cid\u00e1 de Borneiro e o dolmen de Dombate.<\/p>\n\n\n\n<p>A primeira parte do cami\u00f1o discorre pola marxe esquerda da enseada da Insua, primeiro por unha zona de monte e despois polo paseo que bordea as&nbsp;<strong>praias da Orexeira e do Pend\u00f3n<\/strong>&nbsp;e chega \u00e1&nbsp;<strong>enseada do Lodeiro<\/strong>. Logo, a trav\u00e9s do sendeiro do&nbsp;<strong>rego dos Mu\u00ed\u00f1os<\/strong>&nbsp;sobe ao&nbsp;<strong>castro A Cid\u00e1 de Borneiro<\/strong>, un poboado prehist\u00f3rico da Idade do Ferro. Desde al\u00ed trasl\u00e1dase ao&nbsp;<strong>dolmen de Dombate<\/strong>, o monumento megal\u00edtico m\u00e1is co\u00f1ecido de Galicia. Despois o cami\u00f1o ascende ao cume do&nbsp;<strong>monte Castelo<\/strong>, a mellor atalaia para gozar desta fermosa paisaxe costeira.<\/p>\n\n\n\n<p>No caso de non visitar o castro A Cid\u00e1 nin o dolmen de Dombate, a ruta recortar\u00edase en case 10 km e ter\u00eda un trazado moito m\u00e1is suave. Desde a enseada do Lodeiro subiriamos \u00e1 igrexa de Canduas e logo&nbsp;continuariamos polo mesmo cami\u00f1o proposto.<\/p>\n\n\n\n<p>Logo a ruta descende cara a&nbsp;<strong>Canduas<\/strong>&nbsp;e ach\u00e9gase de novo \u00e1 costa cabanesa e cruza as&nbsp;<strong>praias de Rebordelo e San Pedro<\/strong>. Contin\u00faa polos cant\u00eds que rodean a&nbsp;<strong>punta do Cabalo<\/strong>, e, despois, en direcci\u00f3n sur, bordea a enseada dos&nbsp;<strong>mu\u00ed\u00f1os de Frexufre.<\/strong>&nbsp;A continuaci\u00f3n alcanza o&nbsp;<strong>Cabo da Area<\/strong>, extremo leste da extensa praia, que atravesamos ata chegar \u00e1&nbsp;<strong>vila de Laxe<\/strong>, final desta etapa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Etapa 4: Laxe-Arou, 18 km<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/194.-Praia-de-Soesto-1024x768.webp\" alt=\"194. Praia De Soesto\" class=\"wp-image-228\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/194.-Praia-de-Soesto-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/194.-Praia-de-Soesto-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/194.-Praia-de-Soesto-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/194.-Praia-de-Soesto.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praia de Soesto<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta \u00e9 a etapa m\u00e1is curta e de trazado m\u00e1is doado de toda a ruta. In\u00edciase no&nbsp;<strong>porto de Laxe<\/strong>, moi preto da&nbsp;<strong>igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda da Atalaia<\/strong>, un templo g\u00f3tico que conv\u00e9n visitar. Logo seguimos pola senda de curto percorrido PR-G 70 que rodea a&nbsp;<strong>pen\u00ednsula da Insua<\/strong>, que nos leva ao&nbsp;<strong>faro<\/strong>, \u00e1&nbsp;<strong>furna da Espuma<\/strong>&nbsp;e \u00e1&nbsp;<strong>praia dos Cristais<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Continuamos circundando este tramo de costa acantilada a trav\u00e9s da&nbsp;<strong>enseada Baleeira<\/strong>&nbsp;e da&nbsp;<strong>punta do Pe\u00f1\u00f3n<\/strong>&nbsp;ata a&nbsp;<strong>praia de Soesto<\/strong>, un amplo areal cunha ondada axeitada para a pr\u00e1ctica do surf. Ascendemos cara ao alto do&nbsp;<strong>monte Castrall\u00f3n<\/strong>&nbsp;e rodeamos a&nbsp;<strong>punta Catasol<\/strong>. Despois continuamos pola&nbsp;<strong>praia do Arnado<\/strong>&nbsp;ata o seguinte areal que forma a extensa&nbsp;<strong>praia de Traba<\/strong>, na que se formou unha pequena lagoa costeira, un espazo apropiado para avistar aves.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasada esta praia, o cami\u00f1o entra nunha zona gran\u00edtica, que nos ofrece penedos de m\u00faltiples formas, que chaman a atenci\u00f3n do cami\u00f1ante. Seguimos pola&nbsp;<strong>enseada de Sabadelle<\/strong>&nbsp;e pasamos polos co\u00eddos da Se\u00f1ora e de Sabadelle. Axi\u00f1a estamos \u00e1s portas da enseada e&nbsp;<strong>vila mari\u00f1eira de Camelle<\/strong>. Este pequeno porto pesqueiro \u00e9 co\u00f1ecido, sobre todo, pola&nbsp;<strong>figura de Man<\/strong>, un alem\u00e1n que viviu aqu\u00ed corenta anos e deixou unha fonda pegada. Hai un museo que recolle parte da s\u00faa obra.<\/p>\n\n\n\n<p>O noso seguinte destino \u00e9 a pequena&nbsp;<strong>vila de Arou<\/strong>, \u00e1 que chegamos a trav\u00e9s dun cami\u00f1o que bordea a costa e que nos leva \u00e1 s\u00faa fermosa praia, onde remata esta cuarta etapa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Etapa 5: Arou-Camari\u00f1as,<\/strong> <strong>23,8 km<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/195.-Praia-de-Trece-co-monte-Branco-ao-fondo-1024x768.webp\" alt=\"195. Praia De Trece Co Monte Branco Ao Fondo\" class=\"wp-image-221\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/195.-Praia-de-Trece-co-monte-Branco-ao-fondo-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/195.-Praia-de-Trece-co-monte-Branco-ao-fondo-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/195.-Praia-de-Trece-co-monte-Branco-ao-fondo-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/195.-Praia-de-Trece-co-monte-Branco-ao-fondo.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Praia de Trece co monte Branco ao fondo<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta etapa \u00e9 a m\u00e1is representativa do Cami\u00f1o dos Faros porque percorre un tramo de costa que mostra as caracter\u00edsticas m\u00e1is propias dun litoral rochoso e recortado, e con moito perigo para a navegaci\u00f3n, causante de m\u00faltiples naufraxios, que deron orixe ao top\u00f3nimo Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>O percorrido in\u00edciase seguindo a pista que conduce \u00e1 solitaria&nbsp;<strong>praia das Lobeiras<\/strong>&nbsp;e contin\u00faa por un tramo costeiro de acantilados perigosos, circundado por puntas e pequenas enseadas, que leva ao pequeno&nbsp;<strong>porto de Santa Mari\u00f1a<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde aqu\u00ed o cami\u00f1o sobe ao&nbsp;<strong>Penal do Veo<\/strong>&nbsp;e descende pola ladeira oeste na que se formou a impresionante&nbsp;<strong>duna de monte Branco<\/strong>. Desde o alto gozamos dunha inmellorable panor\u00e1mica sobre a&nbsp;<strong>praia do Trece<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>cabo Tosto<\/strong>. Logo de atravesar este extenso e salvaxe areal chegamos ao&nbsp;<strong>Cemiterio dos Ingleses<\/strong>, un dos maiores s\u00edmbolos de todo este litoral, onde foron soterrados os corpos que o mar botou cara \u00e1 terra, do barco brit\u00e1nico&nbsp;<strong><em>Serpent<\/em><\/strong>,&nbsp;que o 10 de novembro de 1890 bateu contra a punta do Boi.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora a ruta contin\u00faa pola pista de terra que segue paralela \u00e1 costa e nos permite contemplar magn\u00edficas panor\u00e1micas sobre o&nbsp;<strong>cabo e o faro Vil\u00e1n<\/strong>. Pasa polas&nbsp;<strong>praias de Reira<\/strong>, o&nbsp;<strong>alto da Pedrosa<\/strong>&nbsp;e a&nbsp;<strong>enseada da Arli\u00f1a<\/strong>&nbsp;e desemboca na estrada que conduce ao&nbsp;<strong>faro Vil\u00e1n<\/strong>, outro dos lugares m\u00e1is simb\u00f3licos da Costa da Morte. Foi o primeiro faro que alumou con enerx\u00eda el\u00e9ctrica en Espa\u00f1a. Tanto pola s\u00faa localizaci\u00f3n como pola construci\u00f3n da s\u00faa torre, est\u00e1 considerado como un dos mellores edificios deste tipo de toda a costa peninsular.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde o faro collemos a senda costeira que nos leva \u00e1&nbsp;<strong>capela da Virxe do Monte<\/strong>, despois de pasar a&nbsp;<strong>punta do Corno e do Castelete<\/strong>. O antigo santuario que mira ao Atl\u00e1ntico sit\u00faase sobre o&nbsp;<strong>monte Farelo<\/strong>, un lugar estrat\u00e9xico para contemplar a costa de Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Regresamos \u00e1 senda litoral que contin\u00faa&nbsp;<strong>pola praia do Lago e a punta Villueira<\/strong>&nbsp;e chega \u00e1s&nbsp;<strong>ru\u00ednas do castelo do Soberano<\/strong>, unha fortaleza levantada a mediados do s\u00e9culo XVIII. Ata aqu\u00ed chegan as casas da&nbsp;<strong>vila de Camari\u00f1as<\/strong>. Continuamos pola r\u00faa que baixa ao porto, lugar onde remata esta quinta etapa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Etapa 6: Camari\u00f1as-<\/strong> <strong>Mux\u00eda, 32 km<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/196.-Caminantes-pola-praia-de-Area-Maior-dos-Muinos--1024x768.webp\" alt=\"196. Camin\u0303antes Pola Praia De Area Maior Dos Mui\u0301n\u0303os .\" class=\"wp-image-226\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/196.-Caminantes-pola-praia-de-Area-Maior-dos-Muinos--1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/196.-Caminantes-pola-praia-de-Area-Maior-dos-Muinos--300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/196.-Caminantes-pola-praia-de-Area-Maior-dos-Muinos--768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/196.-Caminantes-pola-praia-de-Area-Maior-dos-Muinos-.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Camin\u0303antes pola praia de Area Maior dos Mui\u0301n\u0303os .<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Estamos diante da etapa m\u00e1is longa desta ruta litoral, que circunda a r\u00eda de Camari\u00f1as e une as d\u00faas vilas mari\u00f1eiras da s\u00faa marxe: Camari\u00f1as e Mux\u00eda. O trazado contrasta co da etapa anterior, que pasa dun mar bravo e costa acantilada a converterse nun litoral suave e protexido, cheo de vexetaci\u00f3n e abundantes areais.<\/p>\n\n\n\n<p>Sa\u00edmos de Camari\u00f1as e ao final do n\u00facleo encontr\u00e1monos coa&nbsp;<strong>praia da Area de Vila,<\/strong>&nbsp;e m\u00e1is adiante, coa&nbsp;<strong>enseada da Basa<\/strong>, un espazo marisqueiro no que abunda o berberecho e a ameixa.&nbsp;O cami\u00f1o bordea esta enseada e o&nbsp;<strong>monte da Insua<\/strong>&nbsp;e pasa polas&nbsp;<strong>praias de Area Branca e do Ari\u00f1o<\/strong>, esta xa no esteiro do r\u00edo do Porto.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde&nbsp;<strong>A Piosa<\/strong>&nbsp;a ruta segue a beira da estrada e cruza por&nbsp;<strong>Dor<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>O Allo<\/strong>&nbsp;ata a vila da&nbsp;<strong>Ponte do Porto<\/strong>, antigo centro comercial dos n\u00facleos da redonda, onde se celebraba unha concorrida feira. Cruzamos o r\u00edo do Porto, pola ponte que lle d\u00e1 nome a este n\u00facleo e seguimos o paseo fluvial que nos leva a&nbsp;<strong>Cereixo<\/strong>, parroquia xa de Vimianzo. Un lugar acolledor no que destacan o mu\u00ed\u00f1o de mareas, a igrexa rom\u00e1nica de Santiago e as torres, que foron dos condes de Maceda.<\/p>\n\n\n\n<p>Logo de cami\u00f1ar un tramo pola estrada, a senda introd\u00facese nunha zona boscosa cara \u00e1 beira da r\u00eda. Pasada a&nbsp;<strong>furna do Sapo<\/strong>&nbsp;e a&nbsp;<strong>praia de Area Grande<\/strong>, chega \u00e1&nbsp;<strong>praia da Barreira ou de Leis,<\/strong>&nbsp;separada da&nbsp;<strong>praia do<\/strong>&nbsp;<strong>Lago<\/strong>&nbsp;por un sa\u00ednte rochoso no que se sit\u00faa un pequeno faro. A praia do Lago \u00e9 unha das m\u00e1is fermosas e concorridas desta r\u00eda. Deixamos este atractivo lugar, e. despois de cruzar a ponte e andar un tramo pola estrada, tomamos unha pista que nos conduce a&nbsp;<strong>Merexo<\/strong>, unha aldea con abundantes casas tradicionais e bos h\u00f3rreos.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde este n\u00facleo continuamos polo tramo do cami\u00f1o xacobeo ata os&nbsp;<strong>Mu\u00ed\u00f1os<\/strong>, para despois baixar pola senda fluvial que segue o curso do&nbsp;<strong>r\u00edo Negro<\/strong>, acompa\u00f1ados dun frondoso bosque aut\u00f3ctono e varios mu\u00ed\u00f1os, que nos leva \u00e1&nbsp;<strong>Area Maior<\/strong>, outra excelente praia desta r\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde aqu\u00ed ascendemos \u00e1 aldea de&nbsp;<strong>Chorente,<\/strong>&nbsp;e para chegar al\u00ed pres\u00e9ntansenos d\u00faas posibilidades: unha&nbsp;primeira, seguindo un sendeiro que sae ao final da praia e a trav\u00e9s do monte, l\u00e9vanos a ese n\u00facleo; e unha segunda, tomando a estrada asfaltada e logo coller \u00e1 dereita o cami\u00f1o xacobeo que conduce a&nbsp;<strong>Moraime<\/strong>, un destacado centro hist\u00f3rico e arquitect\u00f3nico, no que destaca a s\u00faa espl\u00e9ndida igrexa rom\u00e1nica. Desde al\u00ed traslad\u00e1monos a Chorente. Logo baixamos \u00e1&nbsp;<strong>praia do Espi\u00f1eirido<\/strong>&nbsp;e collemos o paseo de madeira que conduce a&nbsp;<strong>Mux\u00eda<\/strong>. Atravesamos esta vila e continuamos o cami\u00f1o en direcci\u00f3n ao&nbsp;<strong>santuario da Virxe da Barca<\/strong>, final desta etapa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Etapa 7: Mux\u00eda-Nemi\u00f1a,<\/strong> <strong>25, 3 km<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/197.-Grupo-de-caminantes-na-ruta-de-Tourinan-Nemina-1024x768.webp\" alt=\"197. Grupo De Camin\u0303antes Na Ruta De Tourin\u0303a\u0301n Nemin\u0303a.\" class=\"wp-image-214\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/197.-Grupo-de-caminantes-na-ruta-de-Tourinan-Nemina-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/197.-Grupo-de-caminantes-na-ruta-de-Tourinan-Nemina-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/197.-Grupo-de-caminantes-na-ruta-de-Tourinan-Nemina-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/197.-Grupo-de-caminantes-na-ruta-de-Tourinan-Nemina.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Grupo de camin\u0303antes na ruta de Tourin\u0303a\u0301n Nemin\u0303a.<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta etapa quizais sexa a m\u00e1is dura de toda esta longa ruta costeira, sobre todo, o tramo que vai desde a praia de Lourido ata a praia de Moreira (9,3 km), un traxecto con pronunciadas subidas e baixadas.<\/p>\n\n\n\n<p>A ruta comeza na&nbsp;<strong>praza do Co\u00eddo<\/strong>&nbsp;de Mux\u00eda, onde tomamos a estrada cara a Lourido ata a baixada \u00e1 praia deste nome. Atravesamos este areal e de fronte vemos o edificio do&nbsp;<strong>parador Costa da Morte<\/strong>, situado nunha ladeira do monte. O cami\u00f1o bordea a costa ata o co\u00eddo de&nbsp;<strong>r\u00edo Escuro<\/strong>, onde comeza o empinado ascenso ao&nbsp;<strong>monte Cachelmo<\/strong>, desde o que gozamos de magn\u00edficas vistas sobre Muxia. Logo descendemos ata a pequena&nbsp;<strong>praia da Arnela<\/strong>&nbsp;e volvemos a subir outra costa pronunciada pola parte leste da&nbsp;<strong>pen\u00ednsula da Bu\u00edtra<\/strong>&nbsp;ata a pista que conduce ao extremo desta, pola que seguimos. Agora o cami\u00f1o bordea esta punta pola parte oeste e ofrece boas panor\u00e1micas sobre o cabo Touri\u00f1\u00e1n. Baixamos ata o&nbsp;<strong>co\u00eddo de Cu\u00f1o<\/strong>&nbsp;e ao pasar un pequeno regato, emprendemos a subida ao&nbsp;<strong>monte Pedrouzo<\/strong>&nbsp;(272 m). Cami\u00f1amos un tramo por el e descendemos cara \u00e1&nbsp;<strong>praia de Moreira<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir deste lugar o cami\u00f1o faise m\u00e1is suave e por medio dunha pista cond\u00facemos cara ao&nbsp;<strong>cabo Touri\u00f1\u00e1n<\/strong>, ao que rodeamos primeiro pola parte dereita ata o&nbsp;<strong>faro<\/strong>. Atop\u00e1monos no punto m\u00e1is occidental da Espa\u00f1a peninsular. Agora a senda rodea a pen\u00ednsula pola parte oeste ata o&nbsp;<strong>co\u00eddo de Touri\u00f1\u00e1n<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Continuamos pola&nbsp;<strong>aldea de Campos<\/strong>, onde nos desviamos \u00e1 dereita pola pista que leva a Nemi\u00f1a ata o desv\u00edo cara a&nbsp;<strong>Tal\u00f3n<\/strong>. Desde aqu\u00ed baixamos \u00e1&nbsp;<strong>praia de Nemi\u00f1a<\/strong>, un amplo areal que acolle moitos surfistas, final desta pen\u00faltima etapa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Etapa 8: Nemi\u00f1a-Cabo<\/strong> <strong>Fisterra, 26,9\/22,2 km<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"668\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/197-Naufraxio-do-Cason-1024x668.webp\" alt=\"197 Naufraxio Do Cason\" class=\"wp-image-220\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/197-Naufraxio-do-Cason-1024x668.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/197-Naufraxio-do-Cason-300x196.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/197-Naufraxio-do-Cason-768x501.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/197-Naufraxio-do-Cason.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Naufraxio do Cason<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Esta \u00faltima etapa do Cami\u00f1o dos Faros tam\u00e9n ten un percorrido dificultoso polas pronunciadas pendentes nalg\u00fans dos seus tramos, sobre todo nas inmediaci\u00f3ns do cabo da Nave e do monte Facho.<\/p>\n\n\n\n<p>O inicio da etapa podemos facelo na praia de Nemi\u00f1a, onde rematou a anterior ou en Lires. De facelo en Nemi\u00f1a, temos o inconveniente de cruzar o&nbsp;<strong>r\u00edo Castro<\/strong>&nbsp;a p\u00e9, que tan s\u00f3 se pode facer de marea baixa e no ver\u00e1n. Se non teriamos que dar un rodeo de m\u00e1is de tres quil\u00f3metros e cruzalo pola&nbsp;<strong>ponte de Vaosilveiro<\/strong>. Se comezamos a ruta en Lires, aforrariamos este rodeo e en lugar de cami\u00f1ar 26,9 km, percorreriamos 22,2.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde&nbsp;<strong>Lires<\/strong>&nbsp;dirix\u00edmonos \u00e1 praia desta mesma denominaci\u00f3n para despois continuar a ruta pola costa. Pasamos polas&nbsp;<strong>praias de Area Pequena e Area Grande<\/strong>&nbsp;e polos acantilados de&nbsp;<strong>punta da Lagoa<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>punta Besugueira<\/strong>&nbsp;e chegamos \u00e1 salvaxe&nbsp;<strong>praia do Rostro<\/strong>, un extenso areal moi batido polo mar.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir de aqu\u00ed afrontamos outra zona de acantilados provocados polo&nbsp;<strong>monte Castelo<\/strong>. Nun sa\u00ednte da beiramar sit\u00faase o poboado castrexo de&nbsp;<strong>Castromi\u00f1\u00e1n<\/strong>. Nesta zona embarrancou en 1987 o barco<em>&nbsp;<\/em>o&nbsp;<strong>Cason<\/strong>&nbsp;que provocou o p\u00e1nico en toda a poboaci\u00f3n desta comarca.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de pasar a arredada&nbsp;<strong>praia da Arnela<\/strong>, iniciamos o tramo m\u00e1is duro desta etapa, o ascenso ao&nbsp;<strong>monte Veladoiro<\/strong>, que forma o&nbsp;<strong>cabo da Nave<\/strong>. A trav\u00e9s dunha forte pendente baixamos cara \u00e1&nbsp;<strong>praia do Mar de F\u00f3ra<\/strong>, o \u00faltimo dos areais desta ruta costeira. Logo seguimos o cami\u00f1o que nos conduce \u00e1 pequena&nbsp;<strong>aldea da Insua<\/strong>&nbsp;e desde aqu\u00ed collemos a pista que bordea o&nbsp;<strong>monte Facho<\/strong>&nbsp;pola parte occidental e chega a s\u00faa cima. Este \u00faltimo esforzo verase compensado polas espectaculares panor\u00e1micas das que gozaremos desde esta sensacional atalaia. Agora a trav\u00e9s dun c\u00f3modo descenso baixamos ao&nbsp;<strong>faro Fisterra<\/strong>, punto final desta extraordinaria aventura que comezamos en Malpica. Logo de oito xornadas, este Cami\u00f1o dos Faros non pod\u00eda ter un mellor remate que o cabo e faro Fisterra, fin do continente europeo<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/198.-Praia-do-Mar-de-Fora-e-cabo-A-Nave-1024x685.webp\" alt=\"198. Praia Do Mar De Fora E Cabo A Nave\" class=\"wp-image-216\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/198.-Praia-do-Mar-de-Fora-e-cabo-A-Nave-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/198.-Praia-do-Mar-de-Fora-e-cabo-A-Nave-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/198.-Praia-do-Mar-de-Fora-e-cabo-A-Nave-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/198.-Praia-do-Mar-de-Fora-e-cabo-A-Nave.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Praia do Mar de Fora e cabo A Nave<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":105,"template":"","pagina-padre":[81,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1411","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-a-pe","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1411","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1411\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1443,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1411\/revisions\/1443"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1411"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1411"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1411"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}