{"id":1412,"date":"2024-09-09T01:28:27","date_gmt":"2024-09-08T23:28:27","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?post_type=libro&#038;p=1412"},"modified":"2024-11-21T19:16:51","modified_gmt":"2024-11-21T18:16:51","slug":"camino-xacobeo-de-santiago-a-fisterra-e-muxia","status":"publish","type":"libro","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/libro\/camino-xacobeo-de-santiago-a-fisterra-e-muxia\/","title":{"rendered":"Cami\u00f1o xacobeo de Santiago a Fisterra e Mux\u00eda"},"content":{"rendered":"\n<p>A orixe do cami\u00f1o xacobeo de Santiago a Fisterra e Mux\u00eda est\u00e1 moi vencellada \u00e1s lendas creadas polo cristianismo para evanxelizar estas terras m\u00e1is occidentais de Galicia nas que ancestrais cultos a elementos da natureza ou ligados \u00e1 fecundidade estaban moi arraigados.<\/p>\n\n\n\n<p>A relaci\u00f3n de&nbsp;<strong>Fisterra<\/strong>&nbsp;co culto xacobeo est\u00e1 vinculada coa lenda da&nbsp;<em>Translatio<\/em>, \u00e9 dicir, coa translaci\u00f3n dos restos do Ap\u00f3stolo Santiago a Galicia, creada no medievo e recollida no&nbsp;<em>C\u00f3dice Calixtino<\/em>. Para que o corpo do Ap\u00f3stolo fose soterrado en terras compostel\u00e1s, tal como relata a lenda, era preciso solicitar autorizaci\u00f3n ao gobernador romano da cidade de&nbsp;<em>Dugium<\/em>, situada no val de Duio (Fisterra) a onde acoden os seus disc\u00edpulos a solicitar ese permiso.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/199-Romeiro-pasando-por-debaixo-da-Pedra-de-Abalar-1024x685.webp\" alt=\"199 Romeiro Pasando Por Debaixo Da Pedra De Abalar\" class=\"wp-image-212\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/199-Romeiro-pasando-por-debaixo-da-Pedra-de-Abalar-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/199-Romeiro-pasando-por-debaixo-da-Pedra-de-Abalar-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/199-Romeiro-pasando-por-debaixo-da-Pedra-de-Abalar-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/199-Romeiro-pasando-por-debaixo-da-Pedra-de-Abalar.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Romeiro pasando por debaixo da Pedra de Abalar<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>No caso de&nbsp;<strong>Mux\u00eda<\/strong>&nbsp;a tradici\u00f3n xacobea relaci\u00f3nase coas pedras do lugar das Cruces ou punta da Xavi\u00f1a e coa Virxe da Barca, que lle apareceu ao Ap\u00f3stolo Santiago neste lugar da beiramar. A Virxe chegou nunha embarcaci\u00f3n de pedra conducida por anxos. Esta lenda foi creada seguramente polos monxes do mosteiro de Moraime, o maior foco evanxelizador deste territorio. Foron estes relixiosos os \u201cinventores\u201d da tradici\u00f3n xacobea de Fisterra e Mux\u00eda?<\/p>\n\n\n\n<p>O feito de que a igrexa cat\u00f3lica a trav\u00e9s destas lendas situase nesta Fisterra atl\u00e1ntica divindades de tan alto rango, como Cristo, a Virxe ou o Ap\u00f3stolo Santiago \u00e9 sinal das dificultades que ter\u00eda para converter ao cristianismo a poboaci\u00f3n que habitaba nesta rexi\u00f3n costeira. \u00c1s d\u00faas primeiras figuras dedicar\u00e1nselle os dous grandes santuarios que se fundar\u00edan neste territorio: o do Cristo de Fisterra e o da Virxe da Barca. Ambas imaxes, segundo a tradici\u00f3n, chegar\u00edan a trav\u00e9s do mar, algo que parece a v\u00eda natural nun espazo xeogr\u00e1fico mal comunicado por v\u00edas terrestres co resto do continente.<\/p>\n\n\n\n<p>Trala aparici\u00f3n destes relatos lendarios e a fundaci\u00f3n destes dous importantes focos relixiosos, comeza a chegada de peregrinos a estas terras m\u00e1is occidentais a principios do s\u00e9culo XII, tal como consta na documentaci\u00f3n do mosteiro moraim\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir do s\u00e9culo XV, cando xa estes dous santuarios cristi\u00e1ns acadaron relevancia como lugares de peregrinaci\u00f3n, comezamos a dispo\u00f1er de testemu\u00f1os de peregrinos ou viaxeiros. Un dos primeiros foi o franc\u00e9s&nbsp;<strong>Nompar II<\/strong>, se\u00f1or de Caumont (1417), que chega a Fisterra e cita a ermida de San Guillerme. Uns anos despois o alem\u00e1n&nbsp;<strong>Sebasti\u00e1n Ilsung<\/strong>&nbsp;(1446) chega a Mux\u00eda, onde aparece nunha imaxe orando diante da primitiva capela da Barca. Logo trasl\u00e1dase a Fisterra. Tam\u00e9n nos deixaron noticias destas terras o nobre bohemio&nbsp;<strong>Leo de Rosmithal<\/strong>&nbsp;(1466), o cabaleiro de orixe polaca&nbsp;<strong>Nicol\u00e1s de Popielovo<\/strong>&nbsp;(1484), o polaco&nbsp;<strong>Erich<\/strong>&nbsp;<strong>Lassota&nbsp;<\/strong>(1580), que cita os lugares polos que pasa cando fai a ruta de Mux\u00eda a Fisterra, e moitos outros.<\/p>\n\n\n\n<p>Erich Lassota de Steblovo, mercenario dos ex\u00e9rcitos de Felipe II, desembarca en Mux\u00eda e fala da existencia dunha gran capela na que se venera con gran devoci\u00f3n a Virxe da Barca, despois trasl\u00e1dase a p\u00e9 ata Fisterra e describe con detalle o cami\u00f1o entre estas d\u00faas vilas. De Fisterra destaca sobre todo as imaxes da Virxe e do Santo Cristo.<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1673 o cl\u00e9rigo bolo\u00f1\u00e9s&nbsp;<strong>Domenico Laffi<\/strong>, que peregrinou catro veces a Santiago de Compostela, na segunda viaxe, ach\u00e9gase a Fisterra. O contacto con estas terras m\u00e1is occidentais debeulle de impactar moito, das que deixa constancia no seu libro&nbsp;<em>Viaggio in Ponente a San Giacomo di Galitia, e Finis Terrae per Francia, e Spagna.&nbsp;<\/em>A comezos do s\u00e9culo XVIII, os frades italianos&nbsp;<strong>Giavan Lorenzo Bonafede<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Giacomo Antonio Naia<\/strong>&nbsp;d\u00e9ixannos constancia do seu paso por Fisterra e Mux\u00eda. Cando estes peregrinos visitan o santuario da Barca est\u00e1base a constru\u00edr a nova capela, grazas \u00e1 aportaci\u00f3n econ\u00f3mica dos Condes de Maceda. Por estes anos a afluencia de romeiros que acud\u00edan aos santuarios do Cristo e da Virxe da Barca era numerosa, non obstante, o n\u00famero de peregrinos que fac\u00edan o cami\u00f1o, era insignificante, ata chegar nos s\u00e9culos seguintes \u00e1 s\u00faa desaparici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"439\" height=\"827\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/200.-Portada-do-libro-de-Domenico-Laffi.webp\" alt=\"200. Portada Do Libro De Domenico Laffi\" class=\"wp-image-223\" style=\"width:439px;height:auto\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/200.-Portada-do-libro-de-Domenico-Laffi.webp 439w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/200.-Portada-do-libro-de-Domenico-Laffi-159x300.webp 159w\" sizes=\"auto, (max-width: 439px) 100vw, 439px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Portada do libro de Domenico Laffi<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Ata os anos oitenta do pasado s\u00e9culo non comezar\u00edan a chegar os primeiros peregrinos a estas terras occidentais, eran sobre todo estranxeiros, atra\u00eddos pola emoci\u00f3n de atoparse con este&nbsp;<em>finis terrae<\/em>&nbsp;atl\u00e1ntico, extremo do vello continente europeo, e contemplar o inmenso oc\u00e9ano. Alg\u00fans deles tam\u00e9n atra\u00eddos por un sentimento relixioso cara ao Santo Cristo de Fisterra ou a Virxe da Barca.<\/p>\n\n\n\n<p>Na recuperaci\u00f3n desta ruta tiveron moito que ver as&nbsp;<strong>Asociaci\u00f3ns de Amigos do Cami\u00f1o<\/strong>, principalmente a galega, e, en concreto, o que fora o seu presidente, o historiador corcubion\u00e9s Ant\u00f3n Pombo, que se implicou de cheo no proxecto de recuperaci\u00f3n desta prolongaci\u00f3n do cami\u00f1o xacobeo.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir do ano santo de 1993, esta ruta comeza a inclu\u00edrse nas publicaci\u00f3ns de promoci\u00f3n do Cami\u00f1o de Santiago, e saen \u00e1 luz os primeiros libros e folletos espec\u00edficos sobre este cami\u00f1o, nos que se describen as etapas que o compo\u00f1en, os lugares polos que pasa e os valores m\u00e1is salientables do patrimonio cultural e arquitect\u00f3nico que hai ao longo do traxecto.<\/p>\n\n\n\n<p>A organizaci\u00f3n de&nbsp;<strong>peregrinaci\u00f3ns<\/strong>&nbsp;impulsadas pola Asociaci\u00f3n Neria nos anos 1997, 1998 e 1999 para percorrer esta ruta, acadaron unha numerosa participaci\u00f3n de cami\u00f1antes chegados de diferentes partes do Estado e contribu\u00edron a promocionar este cami\u00f1o xacobeo.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha vez que se sinalou a ruta e obtivo o reco\u00f1ecemento da administraci\u00f3n p\u00fablica, comezaron a constru\u00edrse os primeiros&nbsp;<strong>albergues<\/strong>&nbsp;de peregrinos, infraestruturas fundamentais para consolidar o cami\u00f1o e a afluencia de cami\u00f1antes. O primeiro en constru\u00edrse foi o de Fisterra inaugurado no ano 2001, a continuaci\u00f3n faranse os de Negreira, Olveiroa, Corcubi\u00f3n, Mux\u00eda e Dumbr\u00eda e logo moitos outros privados.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde aqueles primeiros anos o n\u00famero de cami\u00f1antes foi medrando co paso do tempo, a pesar das trabas que puxeron as autoridades relixiosas compostel\u00e1s, que se negaban a reco\u00f1ecer esta ruta xacobea, alegando como motivo que non era un cami\u00f1o relixioso, cando tanto Fisterra como Mux\u00eda, tal como comprobamos anteriormente, xa estaban inclu\u00eddos na lenda da chegada do corpo do Ap\u00f3stolo Santiago a Galicia, fundamento da peregrinaci\u00f3n a Compostela e da importancia que para a igrexa te\u00f1en os santuarios do Cristo de Fisterra e da Virxe da Barca.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta ruta est\u00e1 a ser unha das de maior afluencia de peregrinos despois do Cami\u00f1o Franc\u00e9s que chega a Compostela. Arredor dun 30 %&nbsp;dos peregrinos que entran en Santiago manifestan a s\u00faa intenci\u00f3n de continuar cara a Fisterra e Mux\u00eda<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"766\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/201.-Albergue-publico-de-peregrinos-de-Fisterra-1024x766.webp\" alt=\"201. Albergue Pu\u0301blico De Peregrinos De Fisterra\" class=\"wp-image-217\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/201.-Albergue-publico-de-peregrinos-de-Fisterra-1024x766.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/201.-Albergue-publico-de-peregrinos-de-Fisterra-300x224.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/201.-Albergue-publico-de-peregrinos-de-Fisterra-768x574.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/201.-Albergue-publico-de-peregrinos-de-Fisterra.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Albergue pu\u0301blico de peregrinos de Fisterra<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>&gt; Etapas do cami\u00f1o xacobeo de Santiago a Fisterra e Mux\u00eda<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Este cami\u00f1o xacobeo de Santiago a Fisterra e Mux\u00eda, que conduce aos peregrinos \u00e1s terras m\u00e1is occidentais do continente europeo, a beira do oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico, ten dous puntos de chegada: Fisterra e Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>A ruta div\u00eddese en tres etapas, \u00e1s que se lle engade unha m\u00e1is que une ambas vilas.<\/p>\n\n\n\n<p>Os dous primeiros tramos: Santiago-Negreira e Negreira-Olveiroa son com\u00fans para chegar a calquera dos dous destinos. O terceiro tramo bif\u00farcase no alto do Hospital de Logoso. O cami\u00f1o da dereita, despois de pasar por Dumbr\u00eda, l\u00e9vanos a Mux\u00eda, e o da esquerda, logo de cruzar por Cee e Corcubi\u00f3n, cond\u00facenos a Fisterra.<\/p>\n\n\n\n<p>Temos unha cuarta etapa que une os dous puntos de chegada: Fisterra e Muxia, un cami\u00f1o que discorre pola costa entre ambas localidades.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Primeira etapa: Santiago-Negreira (21 km).<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Comeza esta primeira etapa na praza compostel\u00e1 do&nbsp;<strong>Obradoiro<\/strong>. Sa\u00edmos da cidade compostel\u00e1 en direcci\u00f3n oeste polas r\u00faas das Hortas e Poza de Bar. Pasada a carballeira de San Lourenzo (antigo mosteiro), cruzamos a&nbsp;<strong>ponte Sarela<\/strong>. Atravesamos varios pequenos n\u00facleos da comarca da Ma\u00eda ata o Alto do Vento, e logo descendemos por Ventosa e Lombao ata&nbsp;<strong>Augapesada<\/strong>, onde se conserva unha pequena ponte medieval. Agora o cami\u00f1o ascende a trav\u00e9s da costa do&nbsp;<strong>Mar de Ovellas<\/strong>, que nos permite contemplar fermosas panor\u00e1micas sobre A Ma\u00eda. Deixamos esta comarca e entramos na da Barcala, pasamos por Santa Mar\u00eda de Trasmonte, na que destaca a torre barroca da s\u00faa parroquial. Logo de descender por Reino e Burgueiros chegamos \u00e1&nbsp;<strong>Ponte<\/strong>&nbsp;<strong>Maceira<\/strong>, onde cruzamos o r\u00edo Tambre pola ponte medieval. A ponte, xunto co n\u00facleo ben conservado, forma un fermoso conxunto arquitect\u00f3nico. Continuamos pola banda dereita do r\u00edo ata pasar por debaixo dun arco da denominada Ponte Nova (s. XIX), atravesamos as aldeas de Barca e Chancela, e, despois de pasar por diante do pazo de Chancela, chegamos \u00e1 vila de&nbsp;<strong>Negreira<\/strong>, capital de A Barcala.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"685\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/202.-Ponte-Maceira-1024x685.webp\" alt=\"202. Ponte Maceira\" class=\"wp-image-207\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/202.-Ponte-Maceira-1024x685.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/202.-Ponte-Maceira-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/202.-Ponte-Maceira-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/202.-Ponte-Maceira.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Ponte Maceira<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Segunda etapa: Negreira-Olveiroa (33 km).<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Esta \u00e9 unha das etapas m\u00e1is longas deste cami\u00f1o. Sa\u00edmos de Negreira e, despois de atravesar o r\u00edo Barcala, ascendemos cara a Zas, para logo tomar o antigo cami\u00f1o real que sobe pola ladeira do val. A ruta pasa polas aldeas de Cami\u00f1o Real, Rapote, Piaxe, onde se sit\u00faa a igrexa barroca de&nbsp;<strong>San Mamede da Pena<\/strong>, e Portocami\u00f1o, para logo baixar cara a&nbsp;<strong>Vilaser\u00edo<\/strong>. Neste lugar hai un pequeno albergue municipal. Seguimos cara a Cornado, e, unha vez pasada esta aldea, entramos nas terras chairas da comarca do Xallas. M\u00e1is adiante ag\u00e1rdannos as aldeas de Maro\u00f1as e&nbsp;<strong>Santa Mari\u00f1a<\/strong>, esta \u00faltima conserva a s\u00faa igrexa rom\u00e1nica.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de cruzar a estrada de Santa Comba a Muros, o cami\u00f1o segue direcci\u00f3n oeste atravesando as pequenas aldeas de Bon Xes\u00fas, Gueima e Vilar de Castro. Pasada esta \u00faltima, comezamos o ascenso ao&nbsp;<strong>monte Aro&nbsp;<\/strong>(556 m), desde o que se domina toda esta meseta e nos permite gozar dunha magn\u00edfica panor\u00e1mica sobre o encoro da Fervenza. Logo descendemos cara ao r\u00edo Xallas, despois de pasar por Abelairoas e San Cristovo de Corz\u00f3n. Atravesamos o r\u00edo pola&nbsp;<strong>Ponte Olveira<\/strong>, que conserva restos do s\u00e9culo XVI, e entramos no concello de Dumbr\u00eda, para logo chegar a&nbsp;<strong>Olveiroa<\/strong>, final desta segunda etapa.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"686\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/203.Peregrinos-ao-seu-paso-por-Olveiroa-1024x686.webp\" alt=\"203.peregrinos Ao Seu Paso Por Olveiroa\" class=\"wp-image-218\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/203.Peregrinos-ao-seu-paso-por-Olveiroa-1024x686.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/203.Peregrinos-ao-seu-paso-por-Olveiroa-300x201.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/203.Peregrinos-ao-seu-paso-por-Olveiroa-768x514.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/203.Peregrinos-ao-seu-paso-por-Olveiroa.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Peregrinos ao seu paso por Olveiroa<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Terceira etapa: Olveiroa-Fisterra (34 km) ou Olveiroa-Mux\u00eda (32).<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ao pouco de sa\u00edrmos de Olveiroa, o cami\u00f1o ascende a trav\u00e9s dunha pista pola ladeira do monte Sino, seguindo o curso dun regato. Logo pasa pola aldea de Logoso, antes de chegar a&nbsp;<strong>Hospital<\/strong>, top\u00f3nimo que alude a un antigo hospital de peregrinos. Despois deste lugar, chegamos a unha rotonda da estrada, onde o cami\u00f1o se bifurca. Se tomamos a ruta da esquerda l\u00e9vanos a Fisterra, e se continuamos de fronte, dirix\u00edmonos a Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/204.-Cruceiro-A-Cruz-de-Baixar-e-praia-da-Langosteira-1024x768.webp\" alt=\"204. Cruceiro A Cruz De Baixar E Praia Da Langosteira\" class=\"wp-image-206\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/204.-Cruceiro-A-Cruz-de-Baixar-e-praia-da-Langosteira-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/204.-Cruceiro-A-Cruz-de-Baixar-e-praia-da-Langosteira-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/204.-Cruceiro-A-Cruz-de-Baixar-e-praia-da-Langosteira-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/204.-Cruceiro-A-Cruz-de-Baixar-e-praia-da-Langosteira.webp 1476w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Cruceiro A Cruz de Baixar e praia da Langosteira<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O cami\u00f1o que conduce a&nbsp;<strong>Fisterra<\/strong>&nbsp;pasa polo cruceiro do Couto, capela de Nosa Se\u00f1ora das Neves e San Pedro M\u00e1rtir, e logo descende polo monte da Armada cara \u00e1 r\u00eda de Corcubi\u00f3n. Cruza primeiro a vila de&nbsp;<strong>Cee<\/strong>&nbsp;e logo a hist\u00f3rica de&nbsp;<strong>Corcubi\u00f3n<\/strong>. Desde aqu\u00ed sobe ao alto de&nbsp;<strong>San Roque<\/strong>, onde dispo\u00f1emos dun albergue. Baixamos pola Amarela ata a praia de Estorde, e logo continuamos por&nbsp;<strong>Sardi\u00f1eiro<\/strong>&nbsp;e a pequena cala de Tal\u00f3n, para entrar na extensa&nbsp;<strong>praia da Langosteira<\/strong>, que nos conduce ao cruceiro da Cruz de Baixar, porta de entrada da vila de&nbsp;<strong>Fisterra<\/strong>, final desta parte da ruta. Nesta vila son visita obrigada o&nbsp;<strong>cabo Fisterra<\/strong>&nbsp;e a igrexa parroquial de&nbsp;<strong>Santa Mar\u00eda das Areas<\/strong>, que acolle a capela do&nbsp;<strong>Santo Cristo<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>O cami\u00f1o que leva a\u00a0<strong>Mux\u00eda\u00a0<\/strong>contin\u00faa por un tramo de monte e descende cara \u00e1 aldea das Carizas. Pasa pola zona deportiva e recreativa do Conco, na que hai un albergue de peregrinos. Logo dir\u00edxese a\u00a0<strong>Santa Eulalia de Dumbr\u00eda<\/strong>, onde se atopa a capital do concello e a igrexa parroquial do s\u00e9culo XVII. Segue cara\u00a0\u00e1 ponte de Val de Li\u00f1ares, e, despois de cruzar a estrada comarcal 552, leva a\u00a0<strong>Trasufre<\/strong>, lugar co\u00f1ecido polo santuario da Virxe do Espi\u00f1o. Atravesa o r\u00edo Castro, e a trav\u00e9s dunhas pistas da parcelaria chega a\u00a0<strong>Senande<\/strong>. Pasa pola Grixa, onde se sit\u00faa a igrexa de San Cibr\u00e1n de Vilastose. Unha pista que atravesa por un monte forestal l\u00e9vanos ata\u00a0<strong>Quint\u00e1ns<\/strong>, e desde aqu\u00ed collemos polo antigo cami\u00f1o, convertido en pista, a\u00a0<strong>San Marti\u00f1o de Oz\u00f3n<\/strong>, onde houbo un antigo mosteiro, e agora temos un interesante conxunto arquitect\u00f3nico formado pola igrexa, a casa reitoral e o grandioso h\u00f3rreo. O cami\u00f1o contin\u00faa polo n\u00facleo de Vilar de Sobremonte e dir\u00edxese cara\u00a0aos Mu\u00ed\u00f1os, pasando antes por Merexo. A continuaci\u00f3n ascende cara a\u00a0<strong>Moraime<\/strong>, importante centro hist\u00f3rico.  Conserva restos romanos, visig\u00f3ticos e unha fermosa igrexa rom\u00e1nica e casa reitoral barroca. Desde aqu\u00ed sobe ao alto de\u00a0<strong>Chorente<\/strong>, onde se sit\u00faa a capela de San Roque. Despois de cruzar a aldea de Chorente, descende cara \u00e1s praias do Espi\u00f1eirido e da Cruz e entra na vila de\u00a0<strong>Mux\u00eda<\/strong>, que atravesamos para dirixirnos ao\u00a0<strong>santuario da Virxe da Barca<\/strong>\u00a0e \u00e1s famosas\u00a0<strong>pedras de Abalar e dos Cadr\u00eds<\/strong>, onde finaliza esta etapa.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cuarta etapa: Fisterra-<\/strong> <strong>Mux\u00eda (29 km).<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Esta cuarta etapa, de dobre sentido, podemos iniciala tanto en Fisterra como en Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Se comezamos en Fisterra, ao sa\u00edr desta vila, collemos o cami\u00f1o que conduce \u00e1 parroquial de&nbsp;<strong>San Marti\u00f1o de Duio<\/strong>, desde onde divisamos o val, no que se situar\u00eda a lendaria cidade de&nbsp;<em>Dugium<\/em>, citada no&nbsp;<em>C\u00f3dice Calixtino<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde aqu\u00ed por&nbsp;<strong>Hermedesuxo de Abaixo, San Salvador, Rial&nbsp;<\/strong>e<strong>&nbsp;Castrexe<\/strong>, conduce a&nbsp;<strong>Padr\u00eds<\/strong>, deixando \u00e1 esquerda a extensa praia do Rostro.<\/p>\n\n\n\n<p>Logo contin\u00faa por&nbsp;<strong>Canosa<\/strong>&nbsp;ata&nbsp;<strong>Lires<\/strong>, n\u00facleo tur\u00edstico situado no medio desta etapa. Desde aqu\u00ed baixa ao r\u00edo Castro, que cruzamos por unha ponte peonil de pedra, constru\u00edda hai poucos anos. Entra no concello de Mux\u00eda por&nbsp;<strong>Vaosilveiro<\/strong>&nbsp;e segue por&nbsp;<strong>Frixe<\/strong>, que conserva a s\u00faa igrexa rom\u00e1nica. Despois cruza por&nbsp;<strong>Guisamonde<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Morquinti\u00e1n,<\/strong>&nbsp;e, a partir de aqu\u00ed, ascende cara a&nbsp;<strong>Vilela<\/strong>&nbsp;e o alto das Aferroas, para despois baixar cara a&nbsp;<strong>Xurarantes<\/strong>&nbsp;e a praia de Lourido<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large interior\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/\/206.-Peregrinos-na-punta-da-Barca-1024x768.webp\" alt=\"206. Peregrinos Na Punta Da Barca\" class=\"wp-image-213\" srcset=\"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/206.-Peregrinos-na-punta-da-Barca-1024x768.webp 1024w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/206.-Peregrinos-na-punta-da-Barca-300x225.webp 300w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/206.-Peregrinos-na-punta-da-Barca-768x576.webp 768w, https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/206.-Peregrinos-na-punta-da-Barca.webp 1063w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\"><strong><em>Peregrinos na punta da Barca<\/em><\/strong><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Desde este areal segue pola beira da estrada ata\u00a0<strong>Mux\u00eda<\/strong>. \u00c1 entrada da vila, na praza do Co\u00eddo tomamos o cami\u00f1o que se dirixe \u00e1 zona da Pel e que nos leva ao\u00a0<strong>santuario da Virxe da Barca<\/strong>\u00a0e \u00e1s co\u00f1ecidas\u00a0<strong>pedras de Abalar e dos Cadr\u00eds<\/strong>, final desta etapa costeira.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":110,"template":"","pagina-padre":[81,93],"level-pagina":[67],"class_list":["post-1412","libro","type-libro","status-publish","hentry","pagina-padre-rutas-a-pe","pagina-padre-rutas-para-conecer-a-costa-da-morte-gl","level-pagina-67"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1412","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/libro"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1412\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1445,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/libro\/1412\/revisions\/1445"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1412"}],"wp:term":[{"taxonomy":"pagina-padre","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pagina-padre?post=1412"},{"taxonomy":"level-pagina","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/level-pagina?post=1412"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}