{"id":3754,"date":"2024-10-31T13:25:03","date_gmt":"2024-10-31T12:25:03","guid":{"rendered":"https:\/\/costadamorte.info\/?p=3754"},"modified":"2024-11-21T06:53:46","modified_gmt":"2024-11-21T05:53:46","slug":"pequena-autobiografia-de-xan-fernandez-carrera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/pequena-autobiografia-de-xan-fernandez-carrera\/","title":{"rendered":"Pequena autobiograf\u00eda de Xan Fern\u00e1ndez Carrera"},"content":{"rendered":"\n<p>Esta entrada recolle a autobiograf\u00eda de Xan Fern\u00e1ndez Carrera, mestre, investigador e gran divulgador da cultura da Costa da Morte. Nas s\u00faas propias palabras, Fern\u00e1ndez Carrera relata a s\u00faa traxectoria persoal e profesional, desde a s\u00faa infancia en Ponte do Porto ata os anos dedicados \u00e1 docencia en Berganti\u00f1os, impulsando unha pedagox\u00eda innovadora e comprometida co entorno. O seu percorrido vital e o amor por Galicia lev\u00e1rono a co\u00f1ecer profundamente a Costa da Morte, unha terra \u00e1 que dedicou numerosos proxectos e publicaci\u00f3ns para preservar e compartir a s\u00faa esencia coas futuras xeraci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Rese\u00f1a biogr\u00e1fica de Xan Fern\u00e1ndez Carrera<\/h2>\n\n\n\n<p>A casualidade de ter nacido en A Piroga (Bamiro-Vimianzo) no inverno de 1951 foi debido ao traballo itinerante dos meus pais. Pronto regresei \u00e1 terra da s\u00faa orixe, \u00e1 parroquia da Gra\u00f1a (Covelo-Pontevedra), onde pasei a infancia e aprend\u00edn as primeiras letras nunha escola rural. Volv\u00edn despois \u00e1 Terra de Soneira, a Ponte do Porto (Camari\u00f1as), vila que os meus proxenitores elixiron como residencia permanente. Aqu\u00ed viv\u00edn a adolescencia e boa parte da mocidade. Continuei a mi\u00f1a escolarizaci\u00f3n e comecei o bacharelato por libre, que logo completei na Coru\u00f1a, cidade na que cursei a carreira de Maxisterio. Rematados os meus estudos, comecei a mi\u00f1a actividade docente nesa mesma cidade, ampliando ao mesmo tempo a mi\u00f1a formaci\u00f3n en Pedagox\u00eda. Tras un curso no Baixo Mi\u00f1o, en Goi\u00e1n (Tomi\u00f1o), cheguei a Coristanco, ao CP &#8220;Alcalde Xos\u00e9 Pichel&#8221;, onde desenvolv\u00edn toda a mi\u00f1a vida profesional, o que me levou a establecer a mi\u00f1a residencia en Carballo, alternando, por motivos familiares, con Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>A mi\u00f1a maior preocupaci\u00f3n nos primeiros anos de docencia, especialmente ao chegar a Berganti\u00f1os, era a busca dunha nova metodolox\u00eda para ensinar, unha que rompese coa escola tradicional. O descubrimento da psicolox\u00eda de Piaget, a pedagox\u00eda de Freinet e Paulo Freire, e a mi\u00f1a integraci\u00f3n nos grupos de traballo do Movemento Cooperativo da Escola Popular, cambiou completamente a mi\u00f1a visi\u00f3n sobre a educaci\u00f3n e a metodolox\u00eda de aprendizaxe, e tam\u00e9n me achegou a unha nova perspectiva da realidade e do mundo.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta nova escola, onde a cooperaci\u00f3n, a creatividade e a investigaci\u00f3n eran esenciais, f\u00edxose imprescindible co\u00f1ecer o entorno do alumnado e elaborar novos materiais did\u00e1cticos para impartir as clases.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta entrada recolle a autobiograf\u00eda de Xan Fern\u00e1ndez Carrera, mestre, investigador e gran divulgador da cultura da Costa da Morte. Nas s\u00faas propias palabras, Fern\u00e1ndez Carrera relata a s\u00faa traxectoria persoal e profesional, desde a s\u00faa infancia en Ponte do Porto ata os anos dedicados \u00e1 docencia en Berganti\u00f1os, impulsando unha pedagox\u00eda innovadora e comprometida [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2910,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"slim_seo":{"title":"Pequena autobiograf\u00eda de Xan Fern\u00e1ndez Carrera - Costa da Morte, conf\u00edn de Europa","description":"Esta entrada recolle a autobiograf\u00eda de Xan Fern\u00e1ndez Carrera, mestre, investigador e gran divulgador da cultura da Costa da Morte. Nas s\u00faas propias palabras, F"},"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[53],"class_list":["post-3754","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-gl-2","tag-xan-fernandez-carrera-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3754","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3754"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3754\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3755,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3754\/revisions\/3755"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2910"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3754"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3754"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/guia.visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3754"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}