Co fin de dar cumprimento ao artigo 10 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, informamos ao usuario dos nosos datos:
Titular: Costa da Morte Asociación Turística
NIF/CIF: G15870025
Enderezo: PQ LIRES 82 15270 CEE (Coruña, A) España
Correo electrónico: info@visitacostadamorte.com
Obxecto
O prestador, responsable do sitio web, pon a disposición dos usuarios o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), así como informar a todos os usuarios do sitio web respecto ás condicións de uso deste.
Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí indicadas, así como de calquera outra disposición legal que fose aplicable.
O prestador resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que poida aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios tales modificacións, entendéndose como suficiente a publicación no sitio web do prestador.
Responsabilidade
O prestador exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.
O sitio web do prestador pode empregar cookies (pequenos ficheiros de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies empregadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal, coa única finalidade de facer máis eficaz a transmisión posterior, e desaparecen ao rematar a sesión do usuario. En ningún caso se empregarán cookies para recoller información de carácter persoal. Consulte a nosa Política de cookies.
Desde o sitio web do cliente é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web. Dado que o prestador non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus sitios web, este non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a ditos contidos. En calquera caso, o prestador manifesta que procederá á retirada inmediata de calquera contido que poida contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección a dito sitio web e poñéndoo en coñecemento das autoridades competentes.
O prestador non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do prestador. Non obstante, en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSI-CE, o prestador ponse a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, no seu caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e orde pública.
En caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que poida ser susceptible desta clasificación, rogámoslle que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web.
Propiedade Intelectual e Industrial
O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, textos e/ou gráficos, son propiedade do prestador ou, no seu caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web están debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.
Calquera uso non autorizado previamente polo prestador será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.
Lei Aplicable e Xurisdición
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou coas actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española.