Opens in a new tab

Capítulo: 3

CONTEXTO XEOGRÁFICO

Concellos de Mazaricos e Carnota

Os concellos de Mazaricos e Carnota uníronse á rexión da Costa da Morte pola súa proximidade á comarca de Fisterra, aínda que o primeiro pertenza a bisbarra do Xallas, xunto con Santa Comba, e o segundo á de Muros.

Mazaricos, aínda que se sitúa preto da costa, as súas terras están illadas do litoral pola barreira montañosa que forma o monte Pindo. As terras do concello mazaricán forman parte da meseta do Xallas. As zonas máis chairas sitúanse ao norte e leste e as partes máis elevadas no centro, arredor do monte Aro e ao oeste, no que se elevan os montes da Ruña (641 m), a maior altura do municipio e as ladeiras do monte Pindo.

Entre estas elevacións ábrense os vales de Mazaricos, Beba e Arcos, atravesados polos ríos dos mesmos nomes, afluentes do río Xallas, que discorre pola parte occidental do concello e encora as súas augas en varias presas, a maior delas o encoro da Fervenza, construído en 1965.

As terras do leste do municipio están regadas polo río Maroñas, tributario tamén do Xallas e o río Santa Baia, que verte augas á ría de Noia.

O clima atlántico deste concello, que favorece a produción de pastos e plantas forraxeiras, fixo que a súa actividade económica principal se orientase cara á gandería vacúa especializada na produción leiteira.

A capital municipal sitúase na Picota, núcleo no que se concentran os principais servizos das doce parroquias que constitúen este concello.

O concello de Carnota, está constituído por unha alongada franxa litoral que se estende desde a desembocadura do río Xallas, ao norte, ata a praia de Lariño, ao sur. A liña divisoria coas terras do interior comeza no mítico monte Pindo, que supera os 600 m de altura e continúa cara ao sur a través dunha zona montañosa que forma os rebordes máis suroccidentais da meseta do Xallas, que, de xeito brusco, descende cara á chaira litoral. Hai zonas nas que este cordal montañoso se achega ao mar como no Pindo ou nas parroquias de Lira e Lariño, ocasionando unha costa rochosa; non obstante, cando a chaira litoral se fai máis ampla, como nas freguesías de San Mamede ou Carnota, da lugar a boas terras de cultivo, sobre todo de millo, que explican a existencia dos hórreos longos de Carnota e Lira. No seu contacto co mar formáronse extensos areais como o da praia de Carnota.

18. Monte Pindo Desde O Ézaro
Monte Pindo desde o Ézaro
Page 6
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.