A ocupación humana no territorio da Costa da Morte é moito máis antiga que a datación que aportaron os poucos útiles líticos que se descubriron en lugares como a lagoa de Alcaián (Coristanco) ou Baldaio (Carballo). A humidade e acidez do solo, coma en case toda Galicia, non permite a conservación de restos óseos por moito tempo.
A primeira cultura da que dispoñemos restos arqueolóxicos abundantes é a megalítica, que ten a súa datación máis antiga a comezos do IV milenio a. C., cronoloxía que os investigadores atribúen ás primeiras antas como a de Dombate antigo.
O seu nome procede das palabras gregas megas (grande) e lithos (pedra). Os seus restos están formados por unha estrutura pétrea popularmente coñecida como anta ou arca, e tamén dolmen, palabra que en bretón significa “mesa grande de pedra”. O túmulo de terra, ás veces reforzado cunha coiraza de pedra, que rodea esta estrutura pétrea coñécese popularmente como mámoa, medoña ou medorra.
A forma máis habitual das mámoas é a circular ou a ovalada e o seu diámetro oscila entre os 10 e 30 metros. A súa elevación sobre o terreo varía entre un e tres metros. Moitas das mámoas que ocultan no seu interior a anta, debido á erosión sufrida polo paso do tempo ou pola acción humana, deixaron ao descuberto parte da estrutura da cámara sepulcral, é dicir, os dolmens que vemos na actualidade. Non obstante, na maioría dos casos, o que percibimos é o túmulo térreo, cunha concavidade na parte superior, que se produciu ao intentar extraer as pedras das cámara para darlle un novo uso ou coa finalidade de facerse cun hipotético tesouro, claramente inexistente, pero presente no ideario popular, sobre todo desde comezos do século XVII, cando o rei Felipe III lle concedeu unha célula ao licenciado Vázquez de Orxas para abrir os túmulos e retirar deles eses posibles tesouros. Isto motivou que a maioría das mámoas sufrisen agresións. Estas aínda continúan na actualidade a pesar de estaren perseguidas pola lei. A construción de pistas da parcelaria e doutras vías de comunicación, así como os labores agrícolas e forestais, foron a causa da desaparición de boa parte deste valioso patrimonio histórico. Con todo isto, na Costa da Morte, hai catalogados máis de 600 xacementos megalíticos entre mámoas e dolmens.

Dentro do longo período que se mantivo a cultura megalítica, distínguense varias etapas ou fases, segundo a tipoloxía dos monumentos. Seguindo ao arqueólogo Antón Rodríguez Casal, diferenciamos tres:
Unha fase inicial, que comprendería aproximadamente desde o ano 3500 a. C. ata o 3000 a. C., que foi cando se construíron as antas máis simples con cámara única, de forma poligonal ou subcircular, cerrada. Un exemplo delas sería a de Dombate antigo. Seguiríalle unha fase intermedia, que se corresponde co momento de expansión deste tipo de arquitectura funeraria, na que se levantaron monumentos de maiores dimensións e con corredor de entrada orientado cara ao leste. Abranguería aproximadamente desde o ano 3000 a. C. ata o 2500 a. C. Foi durante esta fase cando se construíron as antas máis importantes da Costa da Morte: Dombate (Borneiro, Cabana de Bergantiños), Pedra da Arca (Cerqueda, Malpica) Pedra da Arca ou Casa dos Mouros (Baíñas, Vimianzo), Pedra Cuberta (Treos, Vimianzo), Arca da Piosa (Muíño, Zas), Pedra Vixía (Lamas, Zas), Mina da Parxubeira (Eirón, Mazaricos), Pedra Moura (Aldemunde, Carballo) ou Pedra Embarrada (Ferreira, Coristanco).
Por último estaría a denominada fase final, que comprendería desde o ano 2500 a. C. ata o 2000 a. C., caracterizada pola construción de antas de forma cadrada ou rectangular cunha única cuberta. Un exemplo deste tipo serían a Casota de Freán (Berdoias, Vimianzo) ou a Fornela dos Mouros (Nande, Laxe), que serían os últimos monumentos deste tipo de enterramento colectivo. Logo foron substituídos por estruturas máis pequenas, denominadas cistas, de enterramento individual, como a que se descubriu en Taraio (Cerqueda, Malpica), actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de Santo Antón da Coruña.

Ademais dos dolmens e mámoas, tamén se inclúen neste período megalítico outras construcións, como as pedras fitas ou menhires e os círculos líticos ou crómlech. No concello da Laracha consérvase o menhir do Marco da Anta, na parroquia de Erboedo, que acada unha altura de 2,05 m e a súa base mide uns 74 cm de circunferencia. O arqueólogo Luis Monteagudo xa o deu a coñecer no ano 1950. Hai outra pedra fita ou menhir situado no monte Nariga, nos límites dos concellos de Malpica e Ponteceso, denominado O Fuso da Moura, que mide 2,5 m de alto e uns 40 cm por cada cara na parte intermedia.
Canto á existencia de círculos líticos, hai referencia dalgúns deles neste territorio. O máis coñecido é o da Eira das Meigas de monte Neme, pero non se conserva o orixinal. Hai unha réplica preto de onde estaba o anterior.
Esta cultura megalítica xorde nun momento no que se producen unha serie de cambios nos grupos sociais primitivos que habitaban este noso territorio, coincidindo co período Neolítico, tales como a aparición da práctica da agricultura e da gandería, a invención de novos útiles de pedra pulida ou o uso da cerámica, innovacións que conducirán ás primeiras formas dun sedentarismo progresivo. Estes cambios de tipo económico e social levaron a unha modificación do sentir relixioso que se manifesta nunha crecente preocupación pola vida de ultratumba, que explicaría o motivo da construción de todos estes monumentos funerarios existentes en todo o territorio da Costa da Morte, e no resto de Galicia.

Dispoñemos de moi pouca información de como era a vida destas comunidades que habitaron o noso territorio hai máis de 4000 anos e que nos legaron toda esta arquitectura megalítica. Non conservamos restos dos seus poboados, seguramente construídos con materiais perecedoiros polo seu xeito de vida seminómada e que practicarían un pastoreo transhumante e unha agricultura itinerante.
A existencia de numerosas mámoas en toda esta nosa rexión xeográfica, máis a cantidade delas que se destruíron e non chegaron a nós, indúcenos a pensar nunha poboación bastante numerosa, dispersa polo territorio e agrupada en clans familiares, que ocuparían áreas concretas, nas que os túmulos actuarían como elementos de cohesión do grupo e de dominio do espazo no que habitaban.
O feito de que estes monumentos funerarios fosen de enterramento colectivo indicaría a existencia dunha sociedade sen unha estratificación clara, non obstante, para levantar as grandes antas serían necesarios grupos xerarquizados cunha certa clase dirixente. Isto tamén explicaría as diferenzas entre os enxovais atopados. Tanto o transporte das grandes laxes que forman a cámara desde o lugar de orixe como a propia construción do monumento precisaría de grupos numerosos

El transporte de esas moles pétreas se haría a base de tiro de personas y animales, bien por un sistema de arrastre o utilizando troncos con forma de rollos. Una vez transportadas las piedras, se cavaban los hoyos para colocar los esteos o ortoestatos de la cámara y del corredor, calzándolos con piedras menudas; luego se levantaba el túmulo de tierra, llenando también el interior de la cámara. El propio túmulo hacía de rampa para arrastrar la tampa o cubierta de la construcción. Finalmente se extraía la tierra del interior para dejarlo libre y llevar a cabo los enterramientos.
Los materiales encontrados dentro o en los exteriores de las antas son más bien escasos. Esta pobreza de objetos podría deberse a los continuos saqueos sufridos a lo largo del tiempo, a las pocas excavaciones que aún se realizaron, pero también a la mala conservación de muchos de los monumentos. Entre los objetos encontrados estarían: pequeños útiles de piedra lascada, como cuchillos o puntas de flecha; otros de piedra pulida, como machados o azuelas. Adornos y objetos de culto, indicativos de riqueza o distinción social, como cuentas de collar o idoliños. Son muy abundantes los restos de cerámica, desde formas convexas simples y abiertas hasta las piezas de paredes verticales y formas cerradas o rectas sencillas. Hay cerámica impresa, acanalada, incisa o de tipo campaniforme.
En el interior de algunos dólmenes también aparecieron grabados en algunas losas, de difícil significación como ocurre con la figura denominada The Ting de Dombate o en el dolmen de Pedra Embarrada, de Coristanco. En otros, como en Pedra Cuberta, Casa dos Mouros o en Dombate, se encontraron restos de pintura de color rojo, negro o blanco.
Entre todas las grandes antas o dólmenes que hay en A Costa da Morte destaca el de Dombate, conocido también como la “catedral de las antas gallegas”, excavado por el arqueólogo José M.ª Bello entre 1987 y 1989, en el que entre otros descubrimientos, destacan las pinturas de las losas de la cámara y del corredor, distribuidas en registros horizontales, la aparición dentro de la masa tumular de otro monumento anterior, el denominado “Dombate antigo” y el conjunto de veinte idoliños, encontrados a la entrada del corredor.
La arquitectura megalítica representa uno de los principales activos turísticos de A Costa da Morte, por tal motivo conviene cuidarla y ponerla en valor. En el año 2003 el gobierno de la Xunta de Galicia aprobó el proyecto de la creación del Parque Megalítico da Costa da Morte con esa finalidad, pero desde entonces permaneció en el olvido. En estos últimos años la diputación provincial de A Coruña, propietaria del dolmen de Dombate, se está interesando por recuperar aquella iniciativa con la colaboración de aquellos ayuntamientos que disponen de monumentos de esta época. Estaría bien que todas las administraciones se pusiesen de acuerdo y sacaran este proyecto adelante lo antes posible.