Capítulo:

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Capítulo: 6

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Ruta Vieiro Fidalgo

Punto de partida-chegada: igrexa de San Pedro de Berdoias (Vimianzo)

Percorrido: circular

Distancia: 9 km

Duración aproximada: 3 h

Dificultade: Baixa

Esta ruta destaca pola súa riqueza arqueolóxica, histórica e etnográfica. Iníciase na igrexa de San Pedro de Berdoais e desde alí collemos camiño cara ao monte para chegar ao petróglifo do Pedrouzo. Baixamos cara ao dolmen da Casota de Freán e volvemos á aldea de Berdoias, interesante polas súas construcións tradicionais (casas, eiras e cabazos). Logo atravesamos a estrada AC-552 cara a Boallo, e continuamos por un camiño que cruza o río do Castro e a carballeira de Chavín.

Dirixímonos cara ao Outeiro do Recosto para ver outro conxunto de petróglifos, e desde alí baixamos ao núcleo de Boallo, onde quedan os restos da casa fidalga dos Lema, que construíu o fillo de Alonso de Lema II, Martiño de Castiñeira, e outras construcións de interese. Desde este lugar regresamos ao punto de inicio.

183. Ruta Do Vieiro Fidalgo Pola Parroquia De Berdoias.
Ruta do Vieiro Fidalgo pola parroquia de Berdoias.

Page 27
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.