Capítulo:

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Capítulo: 6

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

PR-G 158 Ruta Costa da Morte

Punto de partida-chegada: ruínas do castelo do Soberano (Camariñas)

Percorrido: circular

Distancia: 22,5 km

Duración aproximada: 7 h

Dificultade: Media

184. Cabo Vilán Desde Reira
Cabo Vilán desde Reira

Este roteiro percorre parte da costa de Camariñas e permite gozar de magníficas vistas sobre este litoral e o faro Vilán, pero tamén ten un interese histórico polos numerosos naufraxios ocorridos neste tramo costeiro.

Desde as ruínas do castelo do Soberano tomamos camiño cara á praia do Lago, para despois subir á capela da Virxe do Monte, desde onde gozaremos de fermosas vistas sobre Muxía e a súa contorna. A senda continúa en dirección ao faro Vilán. Despois de cruzar a estrada que se dirixe ao faro, collemos a pista de terra en dirección a Reira. Pasamos a carón do Foxo do Lobo e seguimos cara ao Cemiterio dos Ingleses, onde foron soterrados parte dos náufragos do barco inglés Serpent. A partir de aquí o camiño introdúcese cara ao interior pola Portela de Reira, miradoiro do monte das Seixas e chega á aldea de Mourín. Desde alí baixamos á vila de Camariñas e regresamos ao punto de inicio.

Page 28
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.