As terras do sur da Costa da Morte comprenden a comarca de Fisterra, a antiga Nemancos, formada polos concellos de Dumbría, Muxía, Cee, Corcubión e Fisterra. Dentro da parte sur desta rexión costeira tamén se inclúen os concellos de Mazaricos e Carnota.
Unha parte deste espazo territorial, xeograficamente pertence á comarca do Xallas, como a zona oriental do concello de Dumbría e todo o concello de Mazaricos por onde discorre o último tramo do río Xallas.
Nace este río na ladeira occidental do monte Castelo e á altura de Castriz úneselle o río Mira, que procede da lagoa da Braña Rubia ou de Alcaián. Logo discorre con augas mainas polas terras chairas desta planicie, formando continuos meandros. Pasa preto da vila de Santa Comba, capital desta bisbarra, centro comercial e de servizos da mesma. En Brandomil, cruza a ponte antiga, que probablemente substituíu a outra anterior de orixe romana, pois neste lugar houbo un importante asentamento daquela época. A esta altura xa se perciben as augas mortas do extenso encoro da Fervenza construído polos anos sesenta do pasado século.

A partir da Ponte Olveira, por onde cruza o camiño xacobeo de Fisterra e Muxía, o relevo é máis accidentado e obriga ao río a encaixarse. As súas augas volven a estancarse, primeiro na presa de Castrelo e despois na de Santa Uxía, para logo percorrer os últimos metros cunha forte pendente e moi encaixado entre o monte Pindo e o alto da Pena. A existencia no seu leito dun granito moi resistente á erosión, xunto cun afundimento costeiro, provocou a formación da espectacular fervenza da súa desembocadura, dando lugar a un dos maiores atractivos naturais da zona.
Outra parte do territorio da comarca fisterrá esténdese cara ao oeste da comarca do Xallas, pola cunca do río Castro, que nace nas terras altas da parroquia vimiancesa de Castrelo e discorre por ela baixo o nome de rego Lavandeira. En Vilaseco atravesa a estrada AC-552 e a partir da parroquia de Berdoias fai de linde entre os concellos de Dumbría e Muxía. No lugar do Castro (Coucieiro, Muxía) forma a fervenza das Caldeiras do Castro, dando lugar a unha atractiva paraxe natural. Continúa o seu curso polas terras chairas de Salgueiros, Coucieiro e Caberta, agora facendo de liña divisoria entre Cee e Muxía. No seu último tramo, debido á tectónica, o río dá un sorprendente xiro cara ao oeste que o obriga a desembocar na pequena ría de Lires, cando pola súa traxectoria, o natural sería que o fixese na ría de Corcubión.
A terceira unidade territorial da comarca de Fisterra comprende a zona costeira que se estende desde a parroquia de Leis (Muxía), no interior da ría de Camariñas, ata a desembocadura do río Xallas, no Ézaro (Dumbría).

En este amplio sector costero los tramos de litoral bajo y arenoso alternan con otros altos y rocosos. Los primeros se extienden por el interior de las rías de Camariñas y Corcubión, así como por las ensenadas en las que se formaron extensos arenales como el de la playa de Lourido, Nemiña, O Rostro o Mar de Fóra. Los tramos acantilados se prolongan por las penínsulas que forman las puntas o cabos que penetran en el océano como la punta de O Cachelmo, en la que se abre la conocida furna de A Burserana, la punta da Buítra, el cabo Touriñán, la punta más occidental de la España peninsular, el cabo de A Nave y el emblemático cabo Fisterra, uno de los lugares más conocidos y visitados de toda la costa española.
