3

CONTEXTO XEOGRÁFICO

03contextogcm

A Costa da Morte comprende a rexión costeira máis occidental da península ibérica, e polo tanto da Europa continental, dentro dela inclúense as comarcas históricas de BergantiñosTerra de Soneira Fisterra (a antiga Nemancos). Os nomes que definían estas bisbarras antigas quedaron en boa parte eclipsados pola inmensa forza que acadou nos últimos tempos este novo topónimo.

Os límites máis orientais desta extensa rexión litoral esténdense polas terras altas que constitúen as mesetas de Ordes, na parte norte e a do Xallas, ao sur. Superficies de aplanamento terciario situadas na marxe dereita do río Tambre. Estas terras máis elevadas van descendendo en forma de escaleira en varios chanzos cara ao mar.

As zonas máis elevadas na parte nordeste correspóndense cos rebordes da Terra de Ordes, e representan a liña divisoria entre as cuncas do Tambre e a do río Anllóns. Ao mesmo tempo separan esta comarca, que forma parte da extensa chaira que se estende polo centro de Galicia, da de Bergantiños, situada máis cara ao oeste.

Page 2
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.