Capítulo:

RUTAS EN COCHE – RUTA 2, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Capítulo: 6

RUTAS EN COCHE – RUTA 2, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín

Este conxunto de muíños e batáns está distribuído en dous alongados edificios construídos en cachotería e cubertos con tella curva do país. O situado máis preto do río acolle catro muíños: un para o trigo (albeiro), dous para o millo (negreiros) e outro para o relón.

O edificio da parte superior alberga tres muíños (dous de millo e un de trigo) e tres batáns. Estes últimos están constituídos por un mecanismo de madeira de carballo movido pola enerxía hidráulica. Utilizábanse para bater en mollado tecidos de la coa finalidade de que tupisen, e, ao mesmo tempo, lavalos e desengraxalos.

A existencia destes muíños e batáns neste lugar ten unha longa historia, algúns deles xa se citan no Catastro de Ensenada, a mediados do século XVIII, e estiveron en activo ata a década dos anos sesenta do pasado século. Logo fóronse arruinando ao deixar de utilizarse, ata que asociacións culturais e veciñais da comarca loitaron pola súa recuperación. A súa voz foi escoitada pola Deputación da Coruña, que en 1997 decidiu adquirir a propiedade dos dous edificios e logo restauralos.

De non ser por aquela loita veciñal e a sensibilidade da Deputación coruñesa, actualmente non dispoñeriamos deste singular ben patrimonial, que cada vez recibe un maior número de visitantes polo seu gran valor etnográfico, pero tamén polo atractivo espazo natural que o acolle.

Regresamos á estrada principal e tomamos dirección a Vimianzo para realizar unha visita ao seu castelo.

Page 195
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.