Capítulo: 4

Raíces históricas

Idade Moderna

Esta etapa histórica comprende desde finais do século XV ata finais do XVIII, aproximadamente tres séculos. Tamén se coñece como o Antigo Réxime. Iníciase este período cunha maior centralización do poder real trala chegada dos Reis Católicos, que crearon novas institucións que limitarían o poder da nobreza. Parte desta aristocracia trasladarase á corte ao servicio da nova monarquía.

Na división territorial imperarán os dereitos señoriais adquiridos sobre un espazo xeográfico por doazón ou herdanza, dando lugar ás xurisdicións e coutos, sobre os que un señor, eclesiástico ou laico, exercerá a autoridade e terá dereito a cobrar unha serie de tributos aos habitantes dese territorio acoutado. Cada unha destas xurisdicións estaba dividida en parroquias.

A Costa da Morte durante este período pertencía á extensa provincia de Santiago, agás as terras situadas máis ao norte da comarca de Bergantiños, incluídas na provincia da Coruña. Gran parte desta rexión costeira estaba baixo o señorío dos Moscoso ou condes de Altamira, que exercían o seu dominio sobre as amplas xurisdicións de Corcubión, Vimianzo e Mens, que comprendían un total de setenta e dúas parroquias e unha superficie aproximada duns 675 km2, case a metade do espazo xeográfico destas terras máis occidentais. Sobre o resto compartían señorío abades ou priores de mosteiros, bispos e arcebispos, o rei ou outros nobres como os Bermúdez de Castro das torres de Nogueira (Seavia, Coristanco) ou da vila de Caión ou os condes de Maceda que compartían señorío en varias parroquias co conde de Altamira. Do arcebispado de Santiago dependían as vilas de Fisterra, Muxía ou Malpica, mentres que o mosteiro de San Martiño Pinario impoñía a súa autoridade sobre as xurisdicións de Ozón (Muxía), Baíñas (Vimianzo) ou Rus (Carballo).

46bis.torres De Nogueira, Fortaleza Dos Bermúdez De Castro
Torres de Nogueira, fortaleza dos Bermúdez de Castro

Durante os séculos da Idade Moderna a poboación da Costa da Morte aumentou en termos xerais, nos séculos XVI e XVII. O maior crecemento produciuse na zona costeira debido ao aumento da actividade pesqueira e do comercio derivado da mesma. Non obstante, houbo períodos de descenso como o andazo que se produciu cara ao ano 1571, que no caso da vila de Muxía, de 140 veciños tan só quedaron 40 (Benlloch del Río, 2010: 39). Esta tendencia alcista da poboación consolidarase a partir de mediados do século XVII, ocasionada pola introdución do cultivo do millo, chegado de América, que se inicia nas comarcas costeiras, porque presentaban mellores condicións climáticas para a súa adaptación.

Segundo o censo de 1533 sobre a poboación de coutos e xurisdicións da coroa de Castela, as vilas da parte sur da Costa da Morte tiñan este número de veciños: Muxía 57 (uns 228 hab.), Cee 59 (236 hab.), Corcubión 46 (184 hab.) e Fisterra 39 (156 hab.), datos que non son moi fiables, pero que nos dan unha aproximación da poboación destes núcleos.

A comezos do século XVII, segundo os datos que nos achega o cardeal Jerónimo del Hoyo nas súas Memorias (1607), nas vilas de Cee e Corcubión producirase un significativo aumento da súa poboación, mentres que nas demais o incremento foi moito menor.

VilasVeciñosHabitantes (approx.)
Fisterra60240
Corcubión120480
Cee120480
Muxía60240
Camariñas50200
Laxe40160
Malpica62248
Fonte: Memorias Cardeal Del Hoyo

En todas estas vilas a actividade económica principal era a pesca e o comercio marítimo. As especies que máis se capturaban eran a sardiña, a pescada e o congro. Todos estes peixes para seren comercializados era preciso conservalos con sal, con fume ou curalos ao aire. A sardiña, unha vez pescada con rede, salgábase ou afumábase. O sal era un produto escaso que procedía de Portugal ou Bretaña e vendíase en réxime de estanco por funcionarios da coroa nos alfolíns. No século XV xa se citan establecementos deste tipo nas vilas de Fisterra, Corcubión, Cee e Muxía. O afumado realizábase en locais pechados -os fumeiros-, queimando distintas plantas, sobre todo loureiro.

47.secadoiros De Congro De Muxía, Que Se Mantiveron Ata Actualidade
Secadoiros de congro de Muxía, que se mantiveron ata actualidade

O congro e a pescada curábanse ao aire. Esta última tamén se podía salgar. O congro pescábase con gorentes, unha especie de palangre antigo e secábase en estruturas de madeira situadas na beiramar sobre as que se penduraba o peixe despois de eviscerado, lañado e lavado en auga de mar. O vento seco do nordés propio desta costa é o ideal para este proceso. A pescada secábase tamén nuns armazóns de madeira construídos a carón das casas -os caniços-, tal como se recolle na historia da vila de Cee (Castiñeira Castro, V. M., 1999: 253).

Este peixe curado ou salgado exportábase a diferentes portos da península ibérica. Hai constancia de que durante os século XVI e XVII tratantes das Rías Baixas viñan mercar congro e pescada a distintos portos da Costa da Morte para logo vendelos no País Vasco, en Portugal ou en portos do Mediterráneo. Desde alí introducíase a zonas do interior da Rioxa, Castela ou Aragón. Había tamén barcos destes nosos portos que se dedicaban a transportar este tipo de peixe a outros lugares da costa peninsular, eran os denominados barcos de cuberta. Camariñas era un dos portos que máis se dedicaba a esta actividade comercial. De aquí saían embarcacións cargadas de sardiña para o País Vasco e volvían con ferro.

Por esta época tamén se practicou a pesca da balea en portos da Costa da Morte, sobre todo nos da parte norte. Esta actividade xa se cita na Idade Media, pero a referencia máis detallada achéganola o Licenciado Molina a mediados do século XVI cando fala dos portos de Malpica e Caión. Practicábase nos meses de inverno e aproveitábase para a produción de aceite. A finais do século XVII, abandónase debido á competencia doutros países.

48. Na Costa Da Morte Varios Portos Dedicáronse Á Caza Da Balea (arquivo Da Pesca, Caión)
Na Costa da Morte varios portos dedicáronse á caza da balea (Arquivo da pesca, Caión)

A mediados do século XVIII produciranse notables cambios no sector pesqueiro galego como consecuencia da promulgación das Ordenanzas Generales de 1748, que en teoría liberaban aos mariñeiros das imposicións xurisdicionais da igrexa e nobreza, aínda que se lles continuou a reclamar algúns tributos. Tamén se estableceu a seguranza marítima, a liberdade de pesca e a posibilidade de incorporar tecnoloxías novas tanto no xeito de pescar como na conservación e comercialización, pero esta nova normativa traeralle aos mariñeiros galegos unha serie de compromisos e obrigas que serán moi prexudiciais para exercer o seu traballo e permitirá a chegada dos cataláns ás nosas costas, primeiro de xeito ocasional e despois dunha maneira permanente.

Estes fomentadores gozaban do privilexio de non ter a obriga de prestar o servizo na Armada porque ao estaren matriculados nos gremios cataláns, alí non eran reclamados, mentres que os mariñeiros galegos víanse obrigados a prestar ese servizo entre os 16 e 60 anos, tendo que incorporarse en caso de calquera conflito bélico.

Os cataláns chegaron ás nosas costas coa intención de pescar a abundante sardiña que había e, unha vez salgada, comercializábana no mercado Mediterráneo. A súa presenza introduciu moitos cambios no mundo do mar, xa que chegarán a dominar o sector pesqueiro utilizando técnicas máis avanzadas e agresivas, como a xávega ou o uso do prensado na conserva. No comercio potenciarán a ruta do Mediterráneo, levando sardiña salgada e traendo viños, augardentes ou sal.

Estes novos empresarios integraranse na elite da sociedade das nosas vilas costeiras e ocuparán postos relevantes na administración e na política. Na ría de Corcubión hai datos da chegada dos cataláns cara ao ano 1755. Os portos onde tiveron unha maior presenza foron no de Fisterra, Cee, Corcubión, Camariñas e Laxe. Os apelidos cataláns Xampen, Pou, Agramunt ou Carbonell foron os máis frecuentes na ría de Corcubión, e os de Domènech, Mas, Haz ou Borrell, nas rías de Camariñas e Corme e Laxe.

49. Castelo Do Cardeal, Co Monte Pindo Ao Fondo
Castelo do Cardeal, co monte Pindo ao fondo

Durante os anos da Idade Moderna as nosas vilas costeiras, como outras do litoral galego, sufriron os ataques da piratería procedente de países atlánticos europeos e tamén do norte de África. Os núcleos de Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía, Camariñas ou Laxe foron os que sufriron os maiores saqueos, pois apenas dispoñían de medios para facerlle fronte a estas acometidas por mar, tan só contaban con pequenos redutos defensivos nos que había algún canón. Non será ata mediados do século XVIII cando se constrúan as primeiras baterías defensivas nas rías de Corcubión e Camariñas. Na primeira levantaranse as fortalezas de San Carlos (Fisterra), O Cardeal (Corcubión) e a do Príncipe (Cee), que aínda se conservan na actualidade. Na ría de Camariñas construíuse a do Soberano, da que tan só quedan os alicerces.

Se os habitantes das vilas do litoral da Costa da Morte vivían fundamentalmente da pesca, os das zonas do interior facíano da agricultura e gandería. A maioría das terras que traballaban eran arrendadas a través dun contrato foral outorgado por unha institución eclesiástica, por un nobre ou fidalgo, que impoñía a obriga de pagar unha renda anual case sempre en especie: trigo, centeo ou millo.

Os priorados como o de MoraimeOzón ou Baíñas tiñan moitas terras aforadas das que recadaban grandes cantidades de cereal. As rendas que anualmente recibía Moraime durante a segunda metade do século XVII eran duns 3500 ferrados de trigo, máis de 1000 ferrados de millo e uns 600 de centeo, de aí que fose un dos priorados que máis renda achegaba ao mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago, de quen dependía. As rendas que cada ano aportaban conxuntamente os priorados de Ozón e Baíñas, tamén a San Martiño, andaban arredor dos 2700 ferrados de trigo, 1200 de centeo e uns 800 de millo (Castiñeira Castro, 2000: 2019).

50. Hórreo De San Martiño De Ozón
Hórreo de San Martiño de Ozón

Una vez pagadas las rentas forales y demás tributos al campesinado, apenas le quedaba recursos para sobrevivir. El trigo que recogía prácticamente iba todo destinado a abonar foros y otros impuestos; procuraba guardar una reserva de maíz para cocer el pan de borona y alimentar los animales domésticos.

Las fincas de las explotaciones agrarias eran de reducidas dimensiones y en ellas se realizaba una rotación trienal de cultivos. El primer año se sembraba trigo o centeno y los dos siguientes, maíz.

A partir del siglo XVIII se introducirá el cultivo de la patata, planta también llegada de América, que comenzó a extenderse desde las tierras del interior hacia las de la costa. Este tubérculo sustituirá a la castaña y contribuirá a la mejora de la alimentación de las clases más desfavorecidas.

Como muestra de la intensa introducción del maíz en las tierras de A Costa da Morte nos queda la numerosa cantidad de hórreos o cabazos que se construyeron para almacenar y conservar este cereal. De todos ellos, destacan algunos por su longitud, como el de Lira, Carnota, Ozón, Cereixo o Cambeda. Excepto el de Cereixo, los demás pertenecían a la iglesia, en los que se guardaba la cosecha de las rentas e impuestos que los campesinos pagaban a esta institución. En las villas del litoral, la profesión de marinero era predominante, pero también había otras, como la de comerciante, artesano, zapatero, sastre, boticario o abogado, porque estos núcleos cumplían también la función de pequeños centros comerciales y de servicios para la población de alrededor. En las parroquias del rural dominaba el oficio de labrador, aunque también podía haber algún tabernero, carpintero, herrero, zapatero, costurera o tejedora. Algunos de ellos ejercían la profesión a tiempo parcial, alternando con el trabajo agrícola. Un caso especial era el de Buño, especializado en la profesión alfarera, que practicaba la mayoría de su población. Esta actividad ya aparece documentada en el siglo XVI, cuando artesanos de esta parroquia bergantiñana hicieron las cañerías para la primera traída de aguas de la ciudad de A Coruña.

50bis. Oleiría De Buño
Oleiría de Buño

La cerámica de Buño se exportaba por mar desde Ponteceso o Corme a otras partes de Galicia e incluso de Asturias y Portugal. Por tierra, eran los arrieros xalleiros los que la distribuían por ferias y núcleos del interior.

El cultivo del lino también tuvo cierta relevancia en las tierras de A Costa da Morte, sobre todo en las comarcas de Soneira y Bergantiños. Con él se elaboraban diversos tejidos en los telares que había en el medio rural para uso doméstico o para exportar. La llegada del lino de fuera y la industria textil hicieron desaparecer este tejido artesano.

La artesanía que alcanzó un mayor desarrollo en el territorio de nuestra región costera fue la del encaje, sobre todo en la zona litoral. Se desconoce cómo se introdujo en Galicia, pero en el siglo XV ya hay noticias de su presencia. A mediados del siglo XVIII se extendía por todo el litoral gallego y algunas zonas de interior. Finalmente, quedaría reducida su práctica a los aledaños de la ría de Camariñas. Tuvo cierta importancia para la economía familiar, ya que representaba un complemento necesario para los hogares de marineros y labradores. Antes de alcanzar su momento de esplendor a finales del siglo XIX y primeras décadas del XX, cuando esta artesanía aprovechó la gran demanda de los países latinoamericanos, se comercializaba por Galicia y zonas del interior peninsular, llevada por campesinos que iban a la siega a Castilla.

51 Bis. Palilleiras Na Mostra Do Encaixe De Camariñas De 2023
Palilleiras na Mostra do Encaixe de Camariñas de 2023
Page 16
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.