Capítulo:

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Capítulo: 6

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Paseo fluvial polo río Anllóns

Punto de partida: Área recreativa de Gabenlle (A Laracha)

Percorrido: Lineal

Distancia: 4,3 km (ida e volta)

Duración aproximada: 1h e 15 min

Dificultade: Baixa

Ruta que percorre un tramo do río Anllóns que vai desde a área recreativa de Gabenlle ata a ponte do Formigueiro. Durante o traxecto temos a oportunidade de ver varios muíños de auga, restaurados: Tarrulo, Grande de Gabenlle, muíño das Pezas e muíño do Formigueiro. Ademais acompáñanos un frondoso bosque de ribeira formado por ameneiros, salgueiros, carballos, loureiros ou freixos, que medran a carón do río. A área recreativa de Gabenlle dispón de todo tipo de servizos e ofrécenos un lugar acolledor para comer ao aire libre e gozar da natureza.

176. Área Recreativa De Gabenlle
Área recreativa de Gabenlle
Page 22
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.