Capítulo:

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Capítulo: 6

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

 PR-G 142: Ruta das férvedas de Carballo

Punto de partida-chegada: A Brea (Carballo)-Férveda de San Paio de Entrecruces

Percorrido: Lineal

Distancia: 18,6 km

Duración aproximada: 5h

Dificultade: Baixa

Unha ruta que se inicia na aldea da Brea, pasa pola parroquia de Ardaña, férveda de Ramil, igrexa de Santa María de Rus, igrexa de San Xes de Entrecruces, capela de San Paio de Entrecruces e remata na espectacular férveda de San Paio. Esta ruta combina moi ben os valores naturais, como son as dúas fervenzas e o seu entorno, cos do patrimonio histórico que representan as igrexas de Santa María de Rus, un dos templos máis interesantes da comarca, a igrexa de Entrecruces e a capela de San Paio coa súa fermosa bóveda de crucería e un interesante retablo barroco.

A arqueoloxía industrial tamén é outro dos seus valores. Antes de chegar á férveda de San Paio pasamos polos restos da minicentral que subministrou a primeira enerxía hidroeléctrica á vila de Carballo.

177. Fervenza De Entrecruces
Fervenza de Entrecruces
Page 23
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.