Capítulo:

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Capítulo: 6

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

PR-G 250 Ruta da Auga

Punto de partida-chegada: ponte do Sisto (Gándara, Zas)

Percorrido: circular

Distancia: 10 km

Duración aproximada: 3 h

Dificultade: Baixa

Esta ruta denomínase así porque vai seguindo o curso alto do río do Porto e do seu afluente, Budián. É un itinerario de gran beleza natural, na que destacan as súas fervenzas.

Saímos da ponte do Sisto e tomamos camiño cara á fervenza de Budián, na que dispoñemos dun banco que nos permite gozar do espectáculo visual e sonoro producido pola caída da auga. Volvemos á aldea de Budián e desde alí trasladámonos a Parga, para ver a segunda das fervenzas. Seguimos camiño cara ao Rabiñoso un espazo natural de gran beleza, formado pola fervenza, bosque ribeirán e varios muíños. Desde este lugar baixamos ao punto de inicio.

182. Fervenza No Río De Budián, Afluente Do Porto
Fervenza no río de Budián, afluente do Porto
Page 104
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.