Capítulo:

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Capítulo: 6

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

 Ruta do Refuxio de Verdes

Punto de partida-chegada: Refuxio de Verdes-Pontedona antiga

Percorrido: Lineal

Distancia: 1,70 km

Duración aproximada: 1h (ida e volta)

Dificultade: Baixa

Esta curta ruta permítenos percorrer un dos lugares máis fermosos do curso do río Anllóns. Iniciamos a camiñada no Refuxio de Verdes, un espazo no que o río se encaixa e divide o seu leito en varios brazos, formando rápidos e pequenas fervenzas, que xunto co bosque de ribeira que medra arredor, fai deste lugar un dos máis acolledores da comarca de Bergantiños.

Atravesamos a canle do río a través das pontes peonís e continuamos o camiño pola banda esquerda. Pasamos por algúns muíños en ruínas e, despois dun cambio brusco da canle do río, axiña chegamos á Pontedona antiga, unha construción que data do século XIX, constituída por catro machóns de pedra e as lousas que forman a calzada.

178. Refuxio De Verdes
Refuxio de Verdes
Page 24
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.