Capítulo:

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Capítulo: 6

RUTAS A PÉ, RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

Ruta Muxía-Os Muíños

Punto de partida-chegada: Vila de Muxía

Percorrido: circular

Distancia: 9,2 km

Duración aproximada: 3 h

Dificultade: baixa

Esta ruta combina moi ben os valores do patrimonio natural co histórico. O primeiro céntrase sobre todo na senda que bordea o río Negro co seu interesante bosque de ribeira e o histórico ten como elemento principal o conxunto arquitectónico de Moraime, un dos máis salientables da Costa da Morte.

A ruta comeza na vila de Muxía. Seguimos a estrada que leva a Berdoias ata desviarnos á dereita pola pista que conduce a aldea de Figueiras de Abaixo e a Oruxo. Pasadas as Casas Novas, chegamos á igrexa de Moraime. Aquí hai que realizar unha parada obrigada para ver este magnífico templo románico e a casa reitoral. Logo continuamos polo camiño xacobeo ata os Muíños, onde tomamos a senda que bordea o río Negro. Un frondoso bosque de ribeira e muíños de auga acompáñannos ata a desembocadura na praia de Area Maior. A partir de aquí podemos continuar cara á aldea de Chorente pola ruta do Camiño dos Faros ou pola pista asfaltada que leva a ese núcleo. Logo baixamos polo camiño xacobeo que conduce a Muxía, bordeando antes as praias do Espiñeirido e da Cruz.

185. Fervenza No Río Negro Dos Muíños (muxía)
Fervenza no río Negro dos Muíños (Muxía)
Page 30
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.