6

RUTAS PARA COÑECER A COSTA DA MORTE

06rutasgcm

Para coñecer con detalle un territorio tan amplo como A Costa da Morte de máis de 1500 km2 e 300 km de litoral, cheo de espazos naturais, de patrimonio histórico, etnográfico e cultural, precisariamos moitas xornadas de viaxe en coche e moitas rutas a pé para achegarnos a todos eses centros de interese distribuídos por toda esta rexión.

Con esta proposta de rutas o que se pretende é realizar un primeiro achegamento a aqueles sitios máis relevantes, imprescindibles para facernos unha idea da paisaxe, da historia e da xente que habita estas terras máis occidentais da península ibérica, e, polo tanto, do continente europeo, para que logo todos aqueles que desexen afondar máis no seu coñecemento o fagan cunha maior miudeza e se centren naqueles aspectos que máis lles poidan atraer.

Sabemos que cada viaxeiro ten uns intereses persoais, moi difíciles de satisfacer nunha proposta dirixida a un público amplo como pretende ser esta, pero do que se trata é de presentar un conxunto de itinerarios atractivos e logo que cada quen elixa aquelas visitas que cumpran mellor as súas expectativas.

Por iso a oferta de rutas que se propoñe nesta guía pretende ser orientativa e o máis aberta posible para que o excursionista configure o seu propio percorrido segundo o seu gusto. Na medida do posible, trázanse rutas circulares, de xeito que o viaxeiro se poida incorporar a elas en calquera dos puntos das mesmas, aínda que algunha non permite esta opción e terá que realizarse o camiño de ida e de volta pola mesma vía.

Dividimos o territorio da Costa da Morte en cinco grandes rutas para realizar utilizando un vehículo, que parten de vilas costeiras, por seren estas onde se concentra o maior número de visitantes, outorgándolle deste xeito prioridade á zona litoral porque esperta un maior interese para os viaxeiros, aínda que tamén se visiten todos aqueles lugares do interior que destaquen polo seu valor patrimonial. Cada unha destas rutas está pensada para dedicarlle unha xornada. Tamén se ofrece unha proposta de rutas a pé, tanto de curto como de longo percorrido.

Page 20
0
Logo A Costa da Morte Confín de Europa
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.